View
152
Download
12
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Citation preview
Palabrade
Vida
Maio 2014
Palabrade
Vida
Maio 2014
“Pedímovolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus"
(2 Cor 5, 20).
Esta é a exhortación de Paulo aos Corintios despois dun gran anuncio que constitúe o núcleo de todo o Evanxeo:
Deus reconciliou o mundo consigo por medio de Cristo (cf 2 Cor 5, 19).
Na cruz, coa morte do seu Fillo, Deus deunos a proba suprema do seu amor.
Por medio da cruz de Cristo, El reconciliounos consigo.
Esta verdade fundamental da nosa fe está hoxe de plena actualidade.
É a revelación que toda a humanidade espera: si, Deus está cerca co seu amor a todos e
ama apaixonadamente a cada un.
O noso mundo necesita este anuncio, pero poderémolo dar se antes o anunciamos unha
e outra vez a nós mesmos, ata sentirnos envoltos por este amor,
incluso cando todo nos levaría a pensar o contrario.
“Pedímovolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus"
(2 Cor 5, 20).
Pero esta fe no amor de Deus non pode permanecer pechada na interioridade de cadaquén, como ben explica
Paulo:
Deus deunos o encargo de levar a outros á reconciliacióncon El (cf 2 Cor 5, 18), encomendando a cada cristián
a gran responsabilidade de testemuñaro amor de Deus polas súas criaturas.
Como? Todo o noso comportamento debería facer crible esta verdade que anunciamos.
Xesús dixo claramente que antes de levar a ofrenda ante o altar deberiamos reconciliarnos co noso irmán
ou irmá se estes tivesen algo contra nós. (cf Mt 5, 23-24).
E isto vale ante todo dentro das nosas comunidades: familia, grupo, asociación, Igrexa. É dicir:
Estamos chamados a abater todas as barreiras que se opoñen á concordia entre persoas e pobos. […]
“Pedímovolo por Cristo: deixádevos reconciliar con Deus"
(2 Cor 5, 20).
«No nome de Cristo», significa «no seu lugar».
Facendo as súas veces, vivindo con El e coma El, amémonos coma El nos amou, sen obstinación nin
prexuízos, senón abertos a captar e apreciar os valores positivos do noso próximo, dispostos a dar a
vida uns polos outros.
Este é o mandato por excelencia de Xesús, o distintivo dos cristiáns, válido tamén hoxe como o
era en tempos dos primeiros seguidores de Cristo.
Vivir esta palabra significa converternos en reconciliadores.
E se todos os nosos xestos, as nosas palabras e as nosas actitudes están impregnados de amor,
serán como os de Xesús.
Seremos, coma El, portadores de alegría e de esperanza,
de concordia e de paz; en definitiva, dese mundo reconciliado con Deus (cf 2 Co 5, 19)
que toda a creación espera.
“Pedímovolo por Cristo: deixádevos reconciliar con
Deus" (2 Cor 5, 20).
Texto de Chiara LubichPublicada en Ciudad Nueva n. 328 (1/1997, p.33.),
na súa versión íntegra.*
O comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a
través da prensa, radio, televisión e internet.
Texto de Chiara LubichPublicada en Ciudad Nueva n. 328 (1/1997, p.33.),
na súa versión íntegra.*
O comentario da Palabra de Vida tradúcese cada mes a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a
través da prensa, radio, televisión e internet.
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:
“Comprendemos que as nosas dioceses de Galicia e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode
devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por
exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos Evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós no nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así
evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: