12
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA PAUL DANIEL Director CLAUDIA HUCKLE Mezzosoprano Coro de Mulleres da Comunidade de Madrid PEDRO TEIXEIRA Director do Coro Escolanía da Catedral de Santiago JOSÉ LUÍS VÁZQUEZ Director da Escolanía 12 xoves XANEIRO 2017 20.30 h AUDITORIO DE GALICIA TEMPORADA 2016/2017 CONvers@ndo con PAUL DANIEL Director JOAM TRILLO Compositor Sala Mozart | 19.45 h

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

REAL FILHARMONÍADE GALICIA

PAUL DANIEL Director

CLAUDIA HUCKLE Mezzosoprano

Coro de Mulleres da Comunidade de Madrid

PEDro TEIxEIrA Director do Coro

Escolanía da Catedral de Santiago

JoSé LUíS VázqUEz Director da Escolanía

12xoves

XANEIRO 201720.30 h

AUDITORIO DE GALICIA

TEMPORADA 2016/2017

CONvers@ndo conPAUL DANIEL Director

JOAM TRILLO CompositorSala Mozart | 19.45 h

Page 2: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

ProGrAMA

GUSTAV MAHLEr (1860-1911)

Sinfonía núm. 3 en re menor (arr. Joam Trillo)

I

Con Forza. Decisivo(Breve pausa de 4 minutos. Pregámoslles que non abandonen a sala)

II

MinuetoScherzando

Moi lento. Alto solo “O Mensch! Gib Acht!”Voces dos rapaces e voces das mulleres. Alto solo “Es sungen Drei Engel”

Lento. Tranquilo

Coro de Mulleres da Comunidade de Madrid

Escolanía da Catedral de Santiago

Duración aproximada do concerto: 1 hora e 50 minutos

Pregámoslle ao público que non faga fotografías e quedesconecte os teléfonos móbiles, reloxos, etc.

Page 3: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

rEAL FILHArMoNíA DE GALICIA

Cincuenta músicos de diferentes nacionalidades achegan cada temporada a súa experiencia, formación, tradición musical, esforzo e ilusión para ofrecer ao público propostas sorprenden-tes. Coa orquestra colaboran de maneira habitual directores e solistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, apostando por figuras consagradas e tamén por novos músicos que brillan no panorama musical. O seu director titular e artístico é o mestre Paul Daniel, Maximino Zumalave é o seu director asociado e Jonathan Webb o principal director convidado. Xestio-nada polo Consorcio de Santiago, nace en 1996 promovida pola Xunta de Galicia e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia.

VIoLíNS I James Dahlgren (Concertino)

Adriana Winkler (Axuda de Concertino)

Ildikó Oltai **Michal Ryczel

Ilya FisherJuan Gomollón ***Anna Alexandrova

Garazi Echeandía ***Daniel KordubayloIrene Vilanova ***

Yulia PetrushevskayaVictoria Jurov

Paula González

VIoLíNS IIGrigori Nedobora *Nikolay Velikov **

Samira AjkicKiyoko OhashiEnrique Roca

Irene García ***Gyula Vadaszi

Paloma Diago ***Irina Gruia

Uxía González ***Elina Viksne

Narazet Canosa (R)

VIoLASTilmann Kircher *

Natalia Madison **Oxana BakulinaTimur Sadykov

Iriana FernándezJoana De Melo ***

Anne SchlossmacherIonela Ciobotaru

VIoLoNCELLoSPlamen Velev *

Barbara Switalska **Carlos GarcíaThomas Piel

Millán AbeledoEnrique García ***

Ailsa Lewin

CoNTrAbAIxoSCarlos Méndez *Alfonso Morán **

Oriol Xicart Amador Del Pozo ***

FrAUTASLaurent Blaiteau *

Luis Soto **Lola Salas ***

ÓboESChristina Dominik *Sara Fernández ***Avelino Ferreira (R)

CLArINETESBeatriz López *

Vicente López **Daniel González ***

FAGoTESJuan Carlos Otero *

Manuel Veiga **Azucena Miras ***

TroMPASJordi Ortega *Alfredo Varela *Xavier Ramón **Mario Fuertes ***

José Miguel Asensi (R)

TroMPETASJavier Simó *

Ramón Llátser **Borja Suárez ***Diego Aragón (R)

TroMbÓNSRubén Prades (R)Juan Luis Novo (R)Marcos Dorado (R)

FLISCorNoJuan Lois (R)

TIMbALJosé Vicente Faus *

PErCUSIÓNFrancisco Revert (R)Germán Agulló (R)Pablo Salgueiro (R)

Marta Prado (R)Álvaro Jurado ***

ArPAAlba Barreiro (R)

* principal | ** coprincipal | *** EAEM (Curso Avanzado de Especialización Orquestral) | (R) reforzo

Page 4: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Paul Daniel Director

É o director titular e artístico da RFG dende 2013 e tamén se encarga da dirección musical da Orquestra Nacional de Burdeos. Entre 2009 e 2013 foi o principal director e conselleiro artístico da West Australian Symphony Orchestra de Perth e foi director musical da English National Opera e da Ópera de North, ademais de principal director da Opera Factory. Foi director invitado das máis destacadas orquestras e compañías de ópera por todo o mundo. Dirixiu no Royal Opera House Convent Garden, en La Monnaie en Bruxelas, na Ópera Estatal de Baviera en Múnic ou no Metropolitan Opera de Nova York.

Recentes e futuros compromisos operísticos inclúen Lucrecia Borgia e As vodas de Fígaro coa English National Opera, Gloriana no Covent Garden, Lulu en La Monnaie, un dobre cartel con L’Enfant et les Sortilleges e Der Zwerg coa Ópera Nacional de París; Os troianos coa Ópera de Berlín; ou A Village Romeo and Juliet coa Ópera de Frankfurt. Ademais dos seus concertos coa West Australian Symphony Orchestra e a Real Filharmonía de Galicia, dirixirá a Filharmónica da BBC, Orquestra Nacional de Burdeos, Royal Philharmonic, Sinfónica de Hamburgo, Orquestra da Radio de Múnic, Tapiola Sinfonietta, Australian National Academy of Music, National Youth Orchestra e participará no Festival de Bregenz (Austria).

Entre as súas numerosas gravacións destaca o éxito alcanzado polo CD coa Sinfonía núm. 3 de Elgar e o DVD da gravación de Lulu en La Monnaie coa soprano Barbara Hannigan. Coa Orquestra Nacional de Burdeos gravou obras de Wagner, Mahler e Chaikovski. En 1998 recibiu un Premio Olivier pola súa dedicación á ópera e nos New Year’s Honours de 2000 foi condecorado coa Cruz do Imperio Británico.

Claudia Huckle Mezzosoprano

A mezzosoprano británica Claudia Huckle estudou no Royal College of Music de Londres, no New England Conservatory e no Curtis Institute of Music. En 2004 resultou gañadora do Metropolitan Opera National Council Auditions e graduouse no prestixioso Programa para Xoves Artistas Domingo-Cafritz na Ópera Nacional de Washington. En 2013 gañou o Birgit Nilsson Remembrance Award no certame Plácido Domingo’s Operalia en Verona, sendo a primeira muller e a primeira británica en conseguir este premio.

Os seus proxectos para a presente e vindeiras temporadas inclúen Suzuki nunha nova produción de Madama Butterfly para Glyndebourne on Tour; Olga en Eugene Onegin para a Ópera Nacional Galesa e o retorno á Royal Opera para o Ciclo Wagner 2018. Misa en Sol maior de Schubert e Fantasía Coral de Beethoven con Kent Nagano e a Orquestra Sinfónica Alemá de Berlín; O Mesías de Haendel coa Sociedade Coral de Huddersfield e a Real

Page 5: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Filharmonía de Liverpool; e El amor brujo de Manuel de Falla coa Britten Sinfonia e Mahan Esfahani.

Entre os seus recentes roles operísticos inclúese o papel principal en O rapto de Lucrecia de Britten para o Glyndebourne on Tour; Hipólita en O soño dunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa na nova produción de Jovánschina de Mussorgsky de Graham Vick para a Birmingham Opera Company; Mérope en Edipo coa Royal Opera no Covent Garden, onde tamén apareceu como Terceira Dama en A frauta máxica, un papel que ten cantado no Festival d’Aix en Provence e na Ópera de Dresden. Ten cantado como Anna en Os troianos de Berlioz con Valery Gergiev e The Hogboon de Maxwell Davies baixo a batuta de Sir Simon Rattle, ambas coa Orquestra Sinfónica de Londres; como Segunda Serventa en Elektra con Andris Nelsons e a Orquestra Sinfónica de Boston. En 2016 debutou na Opera North como Erda no Ring Cycle.

Outros concertos recentes inclúen a Sinfonía núm. 2 de Mahler coa Orquestra Filharmónica de Malaisia; Cancións do camiñante e Cancións aos nenos mortos de xira por España e Rückert Lieder coa Britten Sinfonia e a Royal Scottish National Orchestra; Missa Solemnis con Sir Roger Norrington no King’s College en Cambridge e María Magdalena en Os Apóstolos de Elgar no Three Choirs Festival.

Coro de Mulleres da Comunidade de Madrid

Recoñecido como un dos mellores e máis dinámicos coros españois, tense distinguido dende a súa creación, en 1984, por iniciativa da entón Consejería de Cultura de la Comunidad de Madrid, pola versatilidade das súas actividades, que abranguen tanto concertos a capella e con orquestra, como a presenza constante na escena lírica e nos estudos de gravación. A crítica ten destacado sempre a “coidada calidade das súas voces e o calibrado empaste do conxunto”.

O seu primeiro director, Miguel Groba, consolidou o conxunto e estableceu o seu sólido prestixio. Dende o ano 2000 ata 2011 Jordi Casas Bayer proseguiu o labor iniciado por Groba e ampliou o seu repertorio, dende a polifonía e o Renacemento ata os nosos días. No seu haber destaca a estrea absoluta de numerosas obras de compositores como Román Alís, Alfredo Aracil, Antón García Abril, Cristóbal Halffter, Carmelo Bernaola, Tomás Marco, Ángel Oliver, Claudio Prieto, José Luis Turina ou Luis de Pablo; sendo director artístico do coro José Ramón Encinar entre 2000 e 2013.

A súa actividade no ámbito do repertorio sinfónico coral permitiulle colaborar, ademais de coa Orquesta de la Comunidad de Madrid, con orquestras como a Sinfónica de Madrid, Radio Televisión Española, Nacional

Page 6: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

de España, Sinfónica de Galicia, Ciudad de Granada, Córdoba, Brasil, a Xove da República Federal de Alemaña, Orquestra Nacional Rusa, Bach Akademie, así como a Mahler Chamber Orchestra e o Coro Arnold Schoenberg.

No eido escénico destacan as súas frecuentes colaboracións no Teatro Real, onde ten participado, entre outras, na coprodución de Fidelio, que, baixo a dirección de Claudio Abbado, levaron a cabo xunto ao Real os teatros de Reggio Emilia, Baden-Baden, Modena e Ferrara.

Non menos significativa é a súa actividade discográfica para selos como Decca, Deutsche Grammophon, Naxos, Verso, Auvidis… Ten colaborado en distintas gravacións como La verbena de la Paloma de Tomás Bretón, dirixida por Antoni Ros Marbà; Merlin e Pepita Jiménez de Albéniz, con José de Eusebio; El hijo fingido de Rodrigo, con Miguel Roa; ademais da súa participación na colección Madrid en el tiempo. Outras gravacións nas que ten participado o coro son Canciones de Navidad de España e Hispanoamérica, La revoltosa e La Gran Vía xunto a Plácido Domingo…Ten gravado tamén en DVD O barbeiro de Sevilla e Noche de verano en la verbena de la Paloma.

Entre os directores que teñen estado á fronte do coro figuran Heribert Breuer, Edmon Colomer, Eric Ericson, Rafael Frühbeck de Burgos, García Navarro, Miguel Ángel Gómez Martínez, Cristóbal Halffter, Juanjo Mena, Robert King, Jesús López Cobos, Peter Maag, Salvador Mas, Víctor Pablo Pérez, Krzysztof Penderecki, Alejandro Posada, Antoni Ros Marbà, Martin Schmidt, Vladímir Spivakov, Günter Theuring, Harry Christophers, Fabio Biondi , Alberto Zedda, Mariss Jansons e Claudio Abbado.Dende 2012 Pedro Teixeira é o seu director titular. Víctor Pablo Pérez é na actualidade director titular e artístico da Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid.

Escolanía da Catedral de Santiago

A Escolanía da Catedral de Santiago é un dos coros con máis historia da cidade. Foi refundada en 2008 por iniciativa do Cabido e, dende esa data, compaxinou as súas actuacións regulares en actos litúrxicos dentro da Catedral cos concertos fóra do recinto catedralicio.

Actuou en acontecementos tan relevantes como a visita do Papa Bieito XVI a Santiago, xunto á Real Filharmonía de Galicia dirixidos por Maximino Zumalave. No VIII Festival de Músicas Contemplativas (Santiago de Compostela) cantou o Stabat Mater de Pergolesi co grupo Resonet baixo a dirección de Fernando Reyes, coa actuación das sopranos Mercedes Hernández e María Altadill e Mateo Iglesias ao órgano. Na IX edición deste festival e tamén con Resonet, interpretou as Cantigas de Santa María de Afonso X “O Sabio” coa soprano Mercedes Hernández e o baixo Antonio Fajardo, dirixidos por Fernando Reyes. Recentemente actuou coa Real

Page 7: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Filharmonía de Galicia na súa programación de abono con obras de Vaughan Williams e Piotr Illich Chaikovski baixo a batuta de Paul Daniel.

Tamén ten actuado con outros coros como a Escolanía de Lluc (Mallorca) e o Georgia Boy Chorus (Atlanta, EUA). Ademais, participou no II Festival Internacional “Peregrinos Musicales”, en concertos benéficos a favor de Manos Unidas, Juntos Podemos e Cáritas (Ferrol), en varios programas da TVG (“Polo camiño da fe” e “Luar”), así como en diversos lugares da xeografía galega.

É o coro anfitrión no tradicional concerto de Nadal que se celebra na Catedral de Santiago, onde ten actuado con outros coros como os Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia. Con motivo da celebración do seu quinto aniversario, publicou o seu primeiro disco, “A la Puerta del Paraíso”, no que se recolle o traballo realizado nese período.

O coro, que na actualidade está formado por uns 35 nenas e nenos de entre 8 e 17 años, está dirixido dende a súa refundación por José Luis Vázquez, que ademais é director dos Nenos Cantores da Sinfónica de Galicia e do Coro Cardenal Quiroga da Catedral de Santiago. Co fin de ofrecer formación ao máis alto nivel a todos os seus compoñentes, a Escolanía incorporou á soprano Mercedes Hernández como profesora de canto. E, ademais, para que os seus membros teñan a posibilidade de cursar estudos musicais, asinou un convenio de colaboración co Conservatorio Histórico de Santiago.

Page 8: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Ao longo da súa vida, Mahler repartiu o seu tempo entre a dirección orquestral á que se dedicaba no inverno e a composición da que se ocupaba ao final de cada primavera na súa casa de Toblach (no sur do Tirol austríaco). A súa Sinfonía núm. 3, concibida entre 1893 e 1896, representa a súa filosofía case obsesiva tal e como reflicten as palabras á súa entón amadísima Anna von Mildenburg “Imaxina unha grande obra na que de feito se reflicta o mundo enteiro”. Unha obsesión que queda patente no programa que a inspirou, que frecuentemente confiou aos seus máis achegados e que, segundo algúns estudosos, puido atopar inspiración na visión poética da xestación do mundo escrita polo seu amigo o poeta Siegfried Lipiner en 1880. Un primeiro borrador do programa para a Terceira sinfonía estaba encabezado por: A vida feliz. Soño dunha tarde de verán (non baseado en Shakespeare segundo críticos e académicos especializados neste autor) e unha tardía versión -que escribiu a Max Marschalk en agosto de 1896 e quedou reflectida no autógrafo da sinfonía- recollía: Soño dun mediodía de verán: Primeira parte. Introdución. Pan esperta; 1. O verán marcha. O cortexo de Baco; 2. Segunda parte. O que me contan as flores do prado; 3. O que me contan os animais do bosque; 4. O que me conta o home; 5. O que me contan os anxos; 6. O que o amor me conta. Mahler publicou a partitura da súa Sinfonía núm. 3 en 1899, xa sen subtítulos literarios, e foi estreada en 1902 no Festival da Allgemeiner Deutscher Musikverein en Krefeld. Foi un dos maiores éxitos do compositor e valeulle, ademais, un dos raros recoñecementos unánimes da crítica. No verán seguinte iniciou unha lenta revisión da partitura que culminou coa publicación da versión definitiva en 1906.Esta obra está caracterizada pola expresión longa, o virtuosismo orquestral, a portentosa claridade instrumental e o timbre luxurioso, que chegarían máis tarde a caracterizar a Mahler como compositor. Os seus dilatados e expansivos adagios e a mestría nas combinacións tímbricas, o seccionamento orquestral constante, tanto de voces como de instrumentos, están aquí xa totalmente aquilatados. Mahler, gran coñecedor do mundo da sinfonía, cunha rica experiencia xa como director de orquestra, que domina en extensión e profundidade, procede á súa absoluta renovación. Facendo seu aquel consello de Beethoven de «coñece as regras para transgredelas só cando che interese», desbarata todo o plan tradicional da sinfonía e procede a unha fundición de temas e tempos.O primeiro movemento, en forma sonata de grande instrumentación e desenvolvementos colosais, é o máis longo movemento puramente instrumental escrito por Mahler. Presenta consecutivamente o espertar do semideus na mitoloxía grega, Pan, e a chegada do verán, mostrando a vida na natureza, aspecto moi apreciado polos románticos e simbolizado polas trompas, e a vida na gran cidade, sen a cal o progreso non é posible. Mahler dixo nunha ocasión que necesitaba “unha banda de rexemento que dese un efecto rudo, cru e marcial” e, así, na súa orquestración decidiuse polos

Page 9: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

ventos, o baixo e a percusión de modo que a orquestra albergase unha banda militar. A música inclúe fanfarras, marchas, fantasías e cadencias de tambores cos que o autor tendía unha ponte entre o popular e cotián e o elitista.No segundo movemento, un alegre e danzarín minueto que por unha vez é un tributo ao pasado nada sarcástico nin grotesco, predomina o vento-madeira apoiado nas cordas, fundamentalmente en doces frases dos violíns, que iluminan a bucólica paisaxe debuxada por Mahler. Dous episodios altérnanse de forma simétrica e a pesar de que o tempo non varía, o segundo parece máis rápido debido ao menor valor das súas notas. A música do terceiro movemento provén da canción Ablösung im Sommer (Substitución da garda de verán), onde no verán, o reiseñor releva o cuco outonal. Unha fanfarra interrompe o silencio despois dun máxico solo de trompa que toca unha evocadora melodía como idea de contraste. Case ao final, un impetuoso golpeteo lembra, coa súa ferocidade, a fraxilidade da paz, a civilización, o home… O que me conta o home, o cuarto movemento, é un delicado e precioso lied para contralto sobre a “Canción de medianoite” que Mahler tomou de Así falou Zaratustra de Nietzsche. Trátase de breves frases con longas pausas entre elas que contribúen a crear unha sensación de illamento implícita nas propias palabras. As familias instrumentais máis graves da orquestra conversan ao lonxe e a voz da contralto elévase entre harmonías sinxelas dos timbres agudos da orquestra, procedentes do titulado “Armer Kinder Bettlerlied”. O quinto movemento é o máis breve dos tempos sinfónicos de Mahler sobre un texto de Des Knaben Wunderhorn (A canción dos nenos esmoleiros) que interpreta un dobre coro de mulleres e nenos -imitando as campás fúnebres- e a contralto solista e ofrece unha visión cándida e á vez realista do paraíso. O sexto e último movemento, “O que me conta o amor”, é un amplo adagio final. Posiblemente se trate do Mahler máis tradicional, pero tamén é probable que sexa a música máis bela que xamais compuxo e sen dúbida a máis optimista e amorosa, un dos maiores tempos lento de todo o xénero. A música chega a un plano máis elevado próximo ao Beethoven da Novena Sinfonía e os últimos cuartetos de corda e as sinfonías finais de Bruckner. A melodía dos violíns é serena e solemne pero, case imperceptiblemente, o caudal sonoro ascende, coa intervención de toda a orquestra, nun torrente musical irresistible.En palabras de Mahler “... a miña obra (Terceira Sinfonía) é un poema musical que abarca todas as etapas do desenvolvemento en orde progresiva. Comeza coa natureza inanimada e elévase ata chegar ao Amor de Deus, pois El só pode ser comprendido como Amor”.

Page 10: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Cuarto movemento (Así falou Zarathustra, Friedrich Nietzsche)

O Mensch! Gib Acht! Was spricht die tierfe Mitternacht? Ich schlief, ich schlief!

Aus tiefem Traum bin ich erwacht: Die Welt ist tief,

Und tiefer als der Tag gedacht. O Mensch! Tief ist ihr Weh, Lust tiefer noch als Herzleid!

Weh spricht: Vegeh!

Doch alle Lust will Ewigkeit! Will tiefe, tiefe Ewigkeit!

Quinto movemento (Es sungen Drei Engel, de O Raparigo da Trompa Máxica)

Bimm, bamm!Es sungen drei Engel einen süssen Gesang, Mit Freuden es selig in dem Himmel klang,Sie jauchzen fröhlich auch dabei, Dass Petrus sei von Sünden frei! Und als der Herr Jesus zu Tische sass, Mit seinen zwölf Jüngern das Abendmahl ass, Da sprach der Herr Jesus: “Was stehst du denn hier?Wenn ich dich anseh’ , so weinest du mir!”. “Und sollt ich nicht weinen, du gütiger Gott, Ich hab übertreten die zehn Gebot. Ich gehe und weine ja bitterlich.” “Du sollst ja nicht weinen.” “Ach komm und erbarme dich über mich!” “Has du denn übertreten die zehn Gebot, So fall auf die Knie und bete zu Gott. Liebe nur Gott in alle Zeit! So wirst du erlangen die himmlische Freud.” Die himmlische Freud, die Selige Stadt; Die himmlische Freud, die kein Ende mehr hat. Die himmlische Freude war Petro bereit’Durch Jesum und allen zur Seligkeit.

Page 11: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

Cuarto movemento (Así falou Zarathustra, Friedrich Nietzsche)

Oh, home, presta atención!Que di esta medianoite profunda? Estaba durmido, durmido!

E espertei dun profundo soño;O mundo é profundo,

Máis profundo do que cría o día.Home! Profunda é a dor!Pero o pracer é máis intenso que o sufrimento.

Di a dor: morrerás!

Pero todo pracer devece eternidade.Devezo profundo, profunda eternidade.

Quinto movemento (Es sungen Drei Engel, de O Raparigo da Trompa Máxica)

¡Bim, Bam!Tres anxos cantaban unha canción doce, que resoaba alegre no ceo. Escoitáronse tantos berros de xúbilo que San Pedro quedou libre dos seus pecados.Cando o Señor Xesús sentou á mesa para cear cos doce discípulos, díxome entón o Señor Xesús: “Que fas ti aquí?Cando te miro, rompes a chorar”.“Como podería non chorar, Deus de bondade! Quebrantei os Dez Mandamentos, vago errante, chorando amargamente. Ven e apiádate de min!”“Así que quebrantaches o Dez Mandamentos!Entón axeónllate e prega a Deus: Amarás a Deus toda a túa vidaE así alcanzarás a dita celestial”A dita celestial é unha cidade feliz. Non ten límitesA alegría celestial entregóunola Xesús.A San Pedro e a todos para a nosa ledicia.

Page 12: REAL FILHARMONÍA DE GALICIAdunha noite de verán de Britten para o Glyndebourne Festival Opera; Marfa ... Cancións do camiñante e Cancións aos ... É o coro anfitrión no tradicional

PRÓXIMOS CONCERTOS

xoves 19 de xaneiro

20.30 h

CICLo DE PIANo áNGEL brAGEolga Scheps, Piano

F. ChopinFantasía en fa menor op. 49

Balada núm. 1 en sol menor op. 23

E. SatieTrois GymnopédiesTrois Sarabandes

S. ProkofievSonata núm. 2 en re menor op. 14

Sonata núm. 7 en si bemol maior op. 83

Venres 27 de xaneiro

rEAL FILHArMoNíA DE GALICIA

Pierre Dumoussaud, DirectorTasso Adamopoulos, Viola

H. Berlioz, Harold en Italia H68

F. Mendelssohn, Sinfonía núm. 4 en La maior op. 90 “Italiana”

AUDITorIo DE GALICIAAvda. Burgo das Nacións s/n

15705 Santiago de Compostela

DESPACHo DE bILLETES T 981 57 10 26T 981 57 39 79

oFICINAST 981 55 22 90T 981 57 41 52

www.rfgalicia.orgwww.compostelacapitalcultural.gal

RealFilharmoniadeGaliciaCompostelaCapitalCultural

@rfgalicia@CCultura