4
UN OLLO DE VIDRO Castelao Patricia Lojo Un libro que a pesar da súa brevidade non é fácil de ler. En cincuenta páxinas escasas fai referencia a multitude de aspectos e opinións. Escrito nun galego diferente, difícil de entender, pero dende o meu punto de vista, máis orixinal. ¿Qué hai despois da morte? Uns din que absolutamente nada, outros din que hai outra vida e o os máis relixiosos aseguran que vamos ó ceo. Neste libro, Catelao, mediante o humorismo mostra unha realidade na que ninguén repara; un nunca morre. Despois de que os vermes acaban coas túas carnes, poderás erguerte e descubrir unha nova forma de vida xunta con outros esqueletos. ¿Es dos que pensa que os mortos deben enterrarse xunto coas súas pertenzas por si na outra vida as necesita? ¿Ou crees que iso é unha sarta de necidades? Neste libro móstrase o importante que foi para o esqueleto o feito de morrer cun ollo de vidro e que ninguén se decatara de quitarllo. Castelao fainos ver que nese novo mundo que nos descobre, os esqueletos teñen moita semellanza cos vivos; solo pensan en bailar, na festa e rodéanse doutros tan parvos coma eles para contar as súas aventuras de vivos. Segundo afirma, todos son iguais. Móstranos unha realidade tan presente no mundo dos vivos, como dos mortos. Unha realidade cruel e inxusta. Unha realidade na que eu e centos de galegos estamos en contra pero nada facemos para remedialo. Esta realidade non é outra ca relación do progreso e o castelán, e pola contra, a relación do galego e o atraso. Facendo que a lingua que falaron os nosos avós agora veña collida da man coa incultura. O meu parecer, neste libro Castelao mostra o humorismo na contraposición de palabras. Así, cando o esqueleto fala dos mortos, conta que un “pataqueiro” morreu de fame e un americano farto de matar indios, morreu coma un santo o deixar cartos para hospitais e para colexios. A historia comeza cando un enterrador encontra uns papeis xunto cun ollo de vidro nunha caixa fúnebre. Este enterrador de cidade, amigo de Castelao, cóntalle o seu segredo e pregúntalle por algún lugar onde puidera vender estes dous obxectos. A súa intención non era outra que gañar algo de diñeiro a cambio dese ollo e deses papeis os cales nunca podería ler debido a Comentario [m1]: NOTA: 10

RESEÑA CASTELAO PATRICIA LOJO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

RESEÑA LITERARIA DE UN OLLO DE VIDRO. AUTORA DA RESEÑA PATRICIA LOJO. 4º ESO

Citation preview

Page 1: RESEÑA CASTELAO PATRICIA LOJO

UN OLLO DE VIDRO Castelao

Patricia Lojo

Un libro que a pesar da súa brevidade non é fácil de ler. En cincuenta

páxinas escasas fai referencia a multitude de aspectos e opinións. Escrito

nun galego diferente, difícil de entender, pero dende o meu punto de vista,

máis orixinal. ¿Qué hai despois da morte? Uns din que absolutamente nada,

outros din que hai outra vida e o os máis relixiosos aseguran que vamos ó

ceo. Neste libro, Catelao, mediante o humorismo mostra unha realidade na

que ninguén repara; un nunca morre. Despois de que os vermes acaban coas

túas carnes, poderás erguerte e descubrir unha nova forma de vida xunta

con outros esqueletos. ¿Es dos que pensa que os mortos deben enterrarse

xunto coas súas pertenzas por si na outra vida as necesita? ¿Ou crees que

iso é unha sarta de necidades? Neste libro móstrase o importante que foi

para o esqueleto o feito de morrer cun ollo de vidro e que ninguén se

decatara de quitarllo. Castelao fainos ver que nese novo mundo que nos

descobre, os esqueletos teñen moita semellanza cos vivos; solo pensan en

bailar, na festa e rodéanse doutros tan parvos coma eles para contar as

súas aventuras de vivos. Segundo afirma, todos son iguais.

Móstranos unha realidade tan presente no mundo dos vivos, como dos

mortos. Unha realidade cruel e inxusta. Unha realidade na que eu e centos

de galegos estamos en contra pero nada facemos para remedialo. Esta

realidade non é outra ca relación do progreso e o castelán, e pola contra, a

relación do galego e o atraso. Facendo que a lingua que falaron os nosos avós

agora veña collida da man coa incultura.

O meu parecer, neste libro Castelao mostra o humorismo na

contraposición de palabras. Así, cando o esqueleto fala dos mortos, conta

que un “pataqueiro” morreu de fame e un americano farto de matar indios,

morreu coma un santo o deixar cartos para hospitais e para colexios.

A historia comeza cando un enterrador encontra uns papeis xunto cun

ollo de vidro nunha caixa fúnebre. Este enterrador de cidade, amigo de

Castelao, cóntalle o seu segredo e pregúntalle por algún lugar onde puidera

vender estes dous obxectos. A súa intención non era outra que gañar algo de

diñeiro a cambio dese ollo e deses papeis os cales nunca podería ler debido a

Comentario [m1]: NOTA: 10

Page 2: RESEÑA CASTELAO PATRICIA LOJO

súa ignorancia. Castelao, aproveitando a ocasión e facendo honor a súa

curiosidade de escritor comprounos por catro cartos.

A primeira páxina destes papeis levaba un título que dicía “memorias

dun esquelete”. Dalgunha forma, aquel enterrador había transportado os

ideais dun home doutro mundo ó noso, ó mundo dos vivos.

Por desgracia, descoñezo o nome deste home morto con espírito de

escritor. Pero si nos fixo coñecedores dunha enfermidade que tivo nun ollo e

que nunca se lle recuperou de todo. Máis tarde, pola culpa dun galo e do seu

picada, o seu ollo quedou torto para sempre. E así o enterraron, cun ollo de

vidro en substitución do seu ollo enfermo. Pasaron os días mentres os

vermes acababan coas súas carnes, e un bo día, puido erguerse e coñecer

aquel novo mundo. Aquel ollo de vidro que de pouco lle servira na outra vida,

agora lle permitía ser o único que podía ver. Saíu da súa “cova” e

encontrouse cun esqueleto que estaba a chorar desconsoladamente. Era

unha muller que choraba de tristura, de amargura, de amor. Choraba pola

morte que causou a súa pena, choraba por un home que lle roubara a vida.

Farto do seu cemiterio, o esqueleto marchou o cemiterio civil onde

todo era serio e ninguén bailaba. Un fato de esqueletos rodeaban unha

caveira, que con ímpeto e valentía, falaba acerca do burato da súa cabeza.

Era un esqueleto suicida, cun só ideal: A República.

Estas caveiras non falaban outro idioma que non fose o castelán

debido os crueis ideais do momento. O esqueleto protagonista armouse de

valor e defendeu a fala do galego, o verdadeiro idioma da cultura e da

innovación. E así coñeceu o seu bo amigo, un inglés de fala galega. No que

descubriu un gran defecto debido o seu humor tan pouco nobre. O inglés

entretíñase tirándo

a caveira dun rapaciño o chan. Mentres o pequeno a buscaba a

tentas, o inglés prometía non volver a facelo. Pero todo era en vano, pois en

seguida o repetía. Este incidente custoulles a amizade.

Alí coñeceu outro amigo, un amigo pelicular, culto e interesado. Un

esqueleto cunha biblioteca na caveira. Un esqueleto co que podías falar de

todo e para todo tiña resposta, para todo menos para qué é o humorismo.

Descoñecía por completo a súa definición. E aquí Castelao fai referencia

unha vez máis a este termo mostrando o humorismo en multitude de

ocasións.

Page 3: RESEÑA CASTELAO PATRICIA LOJO

Outra historia que merece ser contada é a dunha moza sen sorte no

outro mundo. Esta moza, era a criada dun señorito, que un bo día ofreceulle

diñeiro para arranxar o dente que se lle caera. Ela aceptouno debido a súa

ignorancia, e aquel diñeiro custoulle un fillo; e aquel fillo, a morte.

Chegando o final das memorias, o esqueleto cóntanos a súa propia

historia, falando do seu pai que marchara a América e volvera coa morte

entre as mans. Aquelas terras foron maldicidas infinidade de veces por

causar o fracaso do seu pai, quen sempre fora admirado. Aínda non

rematara de contalo, cando un esqueleto acercóuselle cos brazos abertos,

aquel home era o seu pai.

Un bo día, díxolle que marchaba a San Andrés de Teixido, xa que de vivo no

fora, tería que ir de morto, pediulle que coidara da súa cova e alí marchou en

busca de ser enterrado nun cemiterio de aldea.

No tempo co esqueleto levaba enterrado xa reparara varias veces nun

home de carne e óso que sae da súa cova e marcha para a cidade, de alí a

unhas hora regresa desaparecendo de contado debaixo da terra. Uns días

máis tarde decidiu seguilo e puido contemplar a escena máis arrepiante da

súa vida, como o pantasma pousaba os beizos no pescozo dunha rapaza.

Cando o home se separaba, un fío de sangre corría pola pel da nena e a

brancura do seu rostro semellaba a morte. E aquel vampiro causou a morte

de moitas persoas ós ollos do esqueleto. Aquel home na outra vida, fora un

cacique, dono da xustiza e do roubo. O esqueleto, buscando como causarlle

a morte, falou co seu amigo. Este aclaroulle que non cría nese tipo de seres

deixando a crenza da súa existencia á xente inculta. Finalmente soubo como

matalo, só había unha solución, queimar o seu corpo.

E aquí remataron as memorias, e o libro concluíu cunhas palabras de

Castelao nas que aseguraba o paradoiro do ollo de vidro. Segundo conta,

marchou camiño da parroquia de Tal onde estaba enterrado un bo amigo seu.

Pasada a media noite abriu a sepultura e agasallouno co ollo de vidro e

enriba da súas mans pousou papel e un bolígrafo mentres lle pedía que

escribira todo canto quixese asegurándolle que el vería a buscalo o cabo

duns meses. E así podería mostrar as diferencias entre ser soterrado nun

cemiterio de cidade ou no adro dunha igrexa.

As memorias do seu amigo nunca foron publicadas, pero gustaríame

saber se algún curioso tivo a valentía de buscar a tumba do amigo de

Castelao e asegurar todo canto dixo. Eu o houbera feito sen ningunha

dúbida.

Page 4: RESEÑA CASTELAO PATRICIA LOJO