Upload
hoangmien
View
221
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2
GUÍA DOCENTE DA MATERIA “TÉCNICAS DE TRATAMENTO DA
DOCUMENTACIÓN”, QUE SE IMPARTE NO GRAO DE “CIENCIAS DA
CULTURA E DIFUSIÓN CULTURAL” (FACULTADE DE HUMANIDADES,
USC).
Autor: Gonzalo Francisco Fernández Suárez
Dirección:
Facultade de Humanidades – Campus Universitario s/n
27002 LUGO
Tlf. 982 824 739 – Fax 982 285 875
Extensión 24739
E-mail: [email protected]
3
1. Datos descriptivos da materia.
1.1 Descripción da materia.
A asignatura á que se refire a presente guía docente, denominada “Técnicas de
tratamento da documentación” (Código G5101222), é unha materia obrigatoria do
primeiro semestre dentro do segundo curso do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión
Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades da USC, sita no campus de Lugo.
O seu número de créditos ECTS é de 6, correspondendo a un total de 60 o
número de horas de actividade presencial e outras 100, de actividade non presencial.
1.2 Prerrequisitos.
Dado que esta materia impártese no 2ª curso do citado Grao, soe ser a primeira
vez na que os alumnos entran en contacto coa disciplina científica que se aborda nela.
Como prerrequisito básico e esencial establécese o saber leer e escribir, pois calquera
persoa con estes coñecementos pode acceder e entender os principios básicos que rixen
a organización, clasificación e descripción dos documentos custodiados nos arquivos.
1.3 Profesor que imparte a materia e lingua na que vai ser impartida.
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco
Fernández Suárez, Profesor Contratado Doutor do Departamento de Historia I, Área de
Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas
intervencións na clase será o galego, se ben poderase facer uso do castelán e incluso do
inglés cando as circunstancias así o esixan..
1.4 Horario e lugar das titorías.
As titorías desenvolveranse no seu despacho da Facultade de Humanidades, sito
no primeiro andar do edificio, co número 129, os luns de 9:00h. a 11:00h. e os martes de
9:00h. a 13:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do
alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo
permitan. Neste caso será necesario que o alumno se poña en contacto mediante
teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha tutoría.
4
Para os alumnos que cursan esta materia na súa opción semipresencial, a atención
titorial realizarase preferentemente a traverso do foro habilitado na plataforma virtual da
materia, se ben poderán igualmente acudir ás titorías presenciais.
2. Sentido da materia na titulación.
2.1 Identificación do bloque formativo ao que pertence a materia no Plan de
Estudos.
Tradicionalmente, as ensinanzas contidas na materia “Técnicas de Tratamento
da Documentación” gardan unha estreita relación con outras disciplinas científicas que
a auxilian como a Paleografía e a Diplomática en tanto en canto comparten un mesmo
obxeto material, isto é, o documento. É por isto que a análise do tipo de escritura,
obxeto formal da Paleografía, axudará a fixar un documento no tempo e no espacio,
mentres que o recurso á Diplomática, ciencia que a grandes rasgos ocúpase, entre outras
cousas, do estudo da tipoloxía documental, proporcionará ao arquiveiro unha ferramenta
indispensable para a correcta clasificación, organización e descripción dos documentos
de arquivo. Visto así, resulta moi recomendable para o alumno que, a fin de completar
as ensinanzas nesta asignatura e adquirir os coñecementos necesarios de Paleografía e
Diplomática, curse a materia optativa do segundo cuatrimestre do cuarto curso
denominada “Escritura e documento no mundo moderno e contemporáneo”,
fundamental para calquera que pretendar orientar o seu futuro laboral hacia o mundo
dos arquivos.
Coa Historia, esta materia establece unha doble relación. Por un lado, constitúe
unha guía inexcusable na localización das fontes documentais polo alumno no momento
de realizar unha investigación sobre calquera aspecto humán: economía, sociedade,
política etc. E, ao mesmo tempo, e isto en segundo lugar, o coñecemento das
institucións que xeneraron estes caudais documentais, contribuirá a unha mellor
organización e clasificación dos documentos, pois para isto será preciso partir do
organigrama interno da propia institución: funcións, actividades desenroladas, oficiñas,
negociados nos que se divide etc.
2.2 Papel que xoga a nosa materia no bloque formativo e no conxunto do Plan de
Estudos.
5
A asignatura “Técnicas de tratamento da documentación” impártese no 2º curso
do grao en “Ciencias da Cultura e Difusión Cultural”. Esta materia vaille a permitir ao
alumno acceder ao coñecemento do mundo dos arquivos, en especial, no referente á
clasificación, organización e descripción dos documentos atesourados. Trátase, polo
tanto, duns coñecementos sumamente útiles tanto na vertente investigadora como na
profesional se decide encamiñar os seus pasos hacia este campo laboral ou noutros da
xestión cultural na que se vexa obrigado a realizar tarefas que lle esixan o recurso á
consulta de documentación.
2.3 Interese da materia para a futura profesión.
Os contidos e ensinanzas desenvolvidas nesta materia resultan de suma interese
para os alumnos que, como apuntábamos no apartado anterior, decidan encauzar o seu
futuro profesional no amplo abano do campo dos arquivos: históricos, administrativos,
de empresa etc. Do mesmo xeito, para aqueles outros que decidan acadar unha maior
especialización nos seus estudos cursando un máster ou posgrao, tanto de orientación
profesional como investigadora, constituirá unha ferramente sumamente útil para a
búsqueda, localización, tratamento e uso de fontes documentais.
3. Obxetivos e competencias a traballar na nosa materia.
O noso desexo é conseguir que ao remate deste curso o alumno conquira os
seguintes obxetivos ou competencias:
a) Relacionadas cos contidos específicos do curso.
Neste sento, os obxetivos ou competencias a acadar, consisten en facilitar ao
alumno as ferramentas que lle permitan coñecer e diferenciar os distintos tipos de
arquivos, a súa finalidade, o fluxo documental, os tipos de documentos de arquivo, a súa
clasificación, organización e descripción xunto cos instrumentos empregados para isto.
En resume, con isto pretendemos amosar a doble vertente dos arquivos: unha posible e
atractiva saída laboral en diferentes facetas e concienciar sobre o seu valor no eido da
investigación. (2G, 3G, 4G, 5G)
b) Relacionadas coas competencias xerais:
- en relación coas instrumentais, posibilitar o desenrolo da comunicación
verbal mediante a constante intervención do alumnado nas clases. (E5, E6)
6
- en relación coas sistémicas, fomento da estimulación intelectual ao
plantexárselle ao alumno numerosos aspectos que noutras materias apenas se abordan.
(E5, E6)
- e, finalmente, en relación coas interpersoais, favorecer a comunicación
interpersoal entre o alumnado ao abordar a resolución de exercicios de forma conxunta.
(E5, E6)
4. Contidos do curso.
Esta materia consta dos seguintes bloques temáticos:
Bloque I: A Arquivística e os arquivos.
Tema 1: Definición de arquivo e Arquivística. Ciencias auxiliares da
Arquivística.
Tema 2: As funcións dos arquivos. Tipos de arquivos.
Tema 3: O fluxo documental: do arquivo de oficiña ao arquivo histórico.
Bloque II: Os documentos de arquivo: a súa clasificación, organización e
descripción.
Tema 4: O documento de arquivo: definición, características e valores.
Tema 5: A clasificación, organización e descripción dos documentos de arquivo.
Tema 6: A instalación e conservación dos documentos de arquivo e os seus fondos.
Tema 7: O documento electrónico.
Bloque III: O acceso á documentación.
Tema 8: O acceso á documentación: consulta, búsqueda e difusión.
Bloque IV: O persoal de arquivos.
Tema 9: O perfil profesional do arquiveiro: coñecementos e perspectivas laborais.
Bloque V: Arquivos españois.
Tema 10: O sistema arquivístico español.
Bloque VI: Os arquivos e as novas tecnoloxías.
7
Tema 11: Os arquivos no entorno dixital: webs e redes sociais.
Tema 12: A dixitalización dos fondos arquivísticos.
TEMA 1: Definición de arquivo e Arquivística. Ciencias auxiliares da Arquivística.
1.1 Sentido do tema.
Tal e como se indica no título, trátase dun tema introductorio no que os seus
contidos céntranse en definir a ciencia arquivística e o concepto de arquivo, así como
identificar, definir e acotar o papel das ciencias afíns e das auxiliares da Arquivística.
1.2 Epígrafes do tema.
1. Concepto de Arquivística.
2. Concepto de arquivo.
3. Ciencias afíns á Arquivística: concepto de Biblioteconomía e Documentación.
4. Diferencias entre Arquivística, Biblioteconomía e Documentación.
5. Ciencias auxiliares da Arquivístiva.
1.3 Materiais para o seu estudo.
Este tema pode seguirse basicamente a traverso das explicacións do docente e os
materiais que se faciliten e, en caso de querer ampliarse ou resolverse dúbidas, pódese
recurrir á bibliografía citada no apartado correspondente.
1.4 Médoto de traballo aconsellado.
Neste senso, existen tres posibilidades: estudiar o tema que se colgará no campus
virtual, tanto para os alumnos presenciais como semipresenciais, asistir á hora de clase
semanal ou ben recurrir aos manuais citados máis adiante.
1.5 Actividade a desenrolar.
8
Aínda que se trata dun tema meramente teórico, realizarase algunha actividade
práctica que consistirá en representar nun cadro sinóptico as relacións existentes entre
certas disciplinas abordadas neste tema.
1.6 Competencias traballadas.
Basicamente, a competencia desenrolada sería a instrumental ante a posible
intervención do alumno na clase ou ben mediante o foro habilitado ao efecto a fin de
resolver as posibles interrogantes que se lle puideran plantexar sobre algún dos puntos
abordados. Outra competencia a desenrolar neste tema sería a sistémica posto que o
alumno deberá resolver algunhas tarefas por si mesmo.
1.7Dificultades principais.
En xeral, non é un tema que presente dificultades significativas nos conceptos
expostos.
1.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Para este primeiro tema o traballo máis completo é o de Heredia Herrera,
Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991. Tamén da mesma autora
pode consultarse ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007. Máis esquemático e resumido é o
traballo de Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994 ou máis
amplo como Archivística: gestión de documentos y administración de archivos. Madrid,
2012. Unha síntese de cada unha destas disciplinas científicas aparece igualmente
recollida por López Yepes, José: Manual de Ciencias de las Información y
Documentación. Madrid, 2011. Outro manual como o de Blanca Rodríguez Bravo: El
documento: entre la tradición y la renovación. Gijón, 2002 contén un apartado
interesante para a relación entre a Arquivística e o resto de ciencias.
TEMA 2: As funcións dos arquivos. Tipos de arquivos.
2.1 Sentido do tema.
9
A introducción na Arquivística prosegue con este tema que se centra en definir
as funcións dos arquivos dacordo coa tipoloxía de cada un deles.
2.2 Epígrafes do tema.
1. As funcións dos arquivos.
2. Clasificación dos arquivos.
2.3 Materiais para estudialo.
Como en tantos outros, o alumno pode asistir ás sesións nas que o docente
abordará os puntos citados no apartado dos epígrafes do temario. Igualmente os libros
recomendados no apartado de bibliografía xunto con outros materiais que o docente
subirá á plataforma virtual da materia, poden axudarlle a comprender mellor estes
conceptos polos exemplos que presenta.
2.4 Método de traballo aconsellado.
A asistencia voluntaria á clase pode ser unha peza fundamental para a
comprensión deste tema, en especial no caso de alumnos que teñan dificultades para
entender o tema. Outro recurso é a bibliografía recomendada. Tamén se recomenda ao
alumno realizar as tarefas prácticas porque, ao seren esquemas sobre os conceptos
explicados no tema, poden axudarlle a sintentizar e a entender mello o tema.
2.5 Actividade a desenrolar.
As actividades que ao alumno se lle plantexan gardan unha estreita relación cos
conceptos explicados neste tema e consisten basicamente na elaboración de cadros
sinópticos nos que se establezan as relacións entre uns conceptos e outros.
2.6 Competencias traballadas.
O alumno poderá intervir na clase ou ben mediante o foro habilitado ao efecto a
fin de resolver as posibles interrogantes que se lle puideran plantexar sobre algún dos
10
puntos abordados. Igualmente a competencia sistémica sería outra competencia
desenrolada neste tema posto que o alumno deberá resolver algunhas tarefas por si
mesmo.
2.7 Dificultades principais.
Non é un tema que presente especiais dificultades.
2.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Aparte dos traballos reseñados para o tema anterior, cómpre destacar tamén a
Gallego Domínguez, Olga e López Gómez, Pedro: Introducción na Arquivística. A
Coruña, 1985 e a Lodolini, Elio: Archivística: principios y problemas. Madrid, 1993.
Tema 3: O fluxo documental: do arquivo de oficiña ao arquivo histórico.
3.1 Sentido do tema.
Con este tema, describimos o fluxo dos documentos dende o seu nacemento no
arquivo de oficiña ata a súa custodia definitiva e última no arquivo histórico.
3.2 Epígrafes do tema.
1. O arquivo de oficiña.
1.1 A xestión dos documentos.
1.2 O arquivo de xestión.
1.3 A documentación e o seu tratamento no arquivo de oficiña.
1.4 Os instrumentos de control.
2. O arquivo central.
2.1 Consideracións xerais.
2.2 Funcións do arquivo central.
2.3 As transferencias.
3. O arquivo intermedio.
3.1 A xestión dos documentos.
11
3.2 As transferencias de documentos.
3.3 O expurgo.
4. O arquivo histórico.
4.1 Concepto e funcións do arquivo histórico.
4.2 O ingreso dos documentos.
4.2.1 Ingresos ordinarios.
4.2.2 Ingresos extraordinarios.
4.3 As consultas.
3.3 Materiais para estudialo.
Este tema pódese estudiar mediante as explicacións desenroladas polo propio
docente e tamén por medio da bibliografía reseñada ao efecto. A fin de que as
explicacións sexan facilmente comprensibles, repartirase un esquema no que aparece
representado o sistema de transferencias de documentos dende o arquivo de oficiña ata
o histórico.
3.4 Método de traballo aconsellado.
En xeral, trátase dun tema que pode prepararse combinando as explicacións do
docente, os materiais e esquemas facilitados polo docente e recurrindo aos manuais se
se pretende afondar en certos aspectos ou completalos.
3.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema plantexaremos unha actividade relacionada coas transferencias
documentais.
3.6 Competencias traballadas.
Basicamente as competencias presentes neste caso son as instrumentais mediante
o desenrolo da comunicación verbal do alumno á hora de plantexar dúbidas. Igualmente
a competencia sistémica sería outra competencia desenrolada neste tema posto que o
alumno deberá resolver algunhas tarefas por si mesmo.
12
3.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades poden proceder da terminoloxía empregada durante a
exposición do tema. Neste caso, como en outros tantos, o alumno pode recurrir ao
docente para aclaralos ou ben consultar dos diccionarios de terminoloxía que se lle
facilitan no apartado correspondente.
3.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Aparte dos traballos de Antonia Heredia Herrera, José Ramón Cruz Mundet e
Manuel Romero Tallafigo, tamén recomendamos a Conde Villaverde, María Luisa:
Manual de tratamiento de archivos administrativos. Madrid, 1992; Núñez Fernández,
Eduardo: Organización y gestión de archivos. Gijón, 1999 e a López Gómez, Pedro:
Organización de los fondos de los archivos históricos provinciales. Madrid, 1994
TEMA 4: O documento de arquivo: definición, características e valores.
4.1 Sentido do tema.
Como “materia prima” dos arquivos, os documentos de arquivo precisan un
tratamento aparte a fin de esclarecer as características que os individualizan fronte ao
resto.
4.2 Epígrafes do tema.
1. Etimoloxía e definición de documento.
2. A clasificación dos documentos.
3. Acepcións.
4. A xénese dos documentos.
5. Concepto de documento de arquivo.
6. Caracteres do documento de arquivo.
7. Os fins dos documentos de arquivo.
8. O valor dos documentos e a idade dos documentos.
13
4.3 Materiais para estudialo.
Antes da sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, facilitaranse a
traverso da plataforma virtual unha serie de materiais nos que se conteñan exemplos que
ilustren os aspectos desenvolvidos.
4.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo estes
materiais que se distribuirán a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle
expón.
4.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema plantexaremos unha actividade para comprobar se o alumno
entendeu as explicacións sobre o concepto de documento.
4.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir e tamén deberá realizar unha actividade. En
resume, as competencias instrumentais e sistémicas estarán unha vez máis presentes
como as principais.
4.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía empregada.
4.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Neste tema recomendamos os manuais de Antonia Heredia Herrera así como o de Pedro
López Gómez e Olga Gallego Domínguez: El documento de archivo: un estudio. A
Coruña, 2007 en canto proporciona exemplos dos puntos tratados neste tema. Outros
14
traballos dignos de reseñarse neste en canto á definición do concepto de documento e a
súa acepción no eido da Arquivística son os traballos de Blanca Rodríguez Bravo, José
Ramón Cruz Mundet: Manual de Archivística. Madrid, 1994 e resto de manuais deste
autor; Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos: soportes, edificio y
organización. Carmona, 1997 e Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de
Archivística. Madrid, 1995. Con respecto ao apartado adicado á xénese documental,
remitimos aos capítulos adicados a este tema nos traballos de Marín Martínez, Tomás y
otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002 e Riesco Terrero, Ángel y otros:
Introducción a la Paleografía y Diplomática general. Madrid, 1999. Xunto á
bibliografía xa mencionada anteriormente, recomendaríamos de cara a resolver calquera
posible dúbida procedente da terminoloxía o Diccionario de terminología archivística.
Madrid, 1995.
TEMA 5: A clasificación, organización e descripción dos documentos de arquivo.
5.1 Sentido do tema.
Tras acotar o concepto de documento de arquivo, neste tema abordaremos a
clasificación dos fondos documentais de arquivo xunto coa organización e descripción
das agrupacións documentais que os integran.
5.2 Epígrafes do tema.
1. Os fundamentos teóricos: o principio de procedencia e o de respeto á orde
orixinal.
2. As agrupación documentais: agrupacións documentais naturais e agrupacións
documentais artificiais.
3. A clasificación.
3.1 A clasificación funcional.
3.2 A clasificación orgánica.
3.3 A clasificación por materias.
3.4 A elección do sistema de clasificación.
3.5 O cadro de clasificación.
4. A ordenación.
15
4.1 Cronolóxica.
4.2 Alfabética.
4.3 Topográfica.
5. A descripción.
5.1 A norma internacional de descripción arquivística: a ISAD (G).
6. A indización.
7. A instalación.
8. Os instrumentos de control.
5.3 Materiais para estudialo.
Este tema pode estudiarse a traverso de calquera dos manuais que logo
sinalaremos no apartado bibliográfico correspondente. Ademais facilitaranse a traverso
da plataforma virtual unha serie de materiais como exemplo de certos aspectos que
abordaremos na clase a fin de que o alumno poida seguilos con maior facilidade.
5.4 Método de traballo aconsellado.
Coma noutros tantos temas, recoméndase ao alumno que, a fin de que asuma con
facilidade as explicacións, durante as clases teña sempre a man as materiais que se lle
proporcionan. Deste xeito poderá entender con maior facilidade os aspectos que se lle
vaian explicando.
5.5 Actividade a desenrolar.
A actividade a desenrolar neste tema abordará as cuestións relativas á
clasificación e organización dos arquivos e que podemos concretar no seguinte:
- a clasificación dun fondo arquivístico, partindo dende as agrupacións máis
amplas ata as máis sinxelas, identificando cada unha delas e comentándoas.
- a ordenación dos documentos dacordo cos sistemas explicados
- describir cada unha destas agrupacións documentais mediante a normativa
internacional de descripción arquivística.
- indización documental.
16
Cómpre sinalar que nestes exercicios empregaremos casos reais e que incluso
algunhas actividades serán progresivas. Por poñer un exemplo do que acabamos de
dicir, o docente facilitará unha serie de datos ao alumno para que confeccione un cadro
de clasificación dun fondo documental, logo ordenalo, describir algunha das súas
agrupacións e finalmente indizar algunha das súas unidades documentais.
5.6 Competencias traballadas.
Duas competencias aparecen representadas neste tema: as instrumentais dacordo
co desenrolo da comunicación verbal mediante as dúbidas que se poidan presentar e as
interpersoais porque a práctica apuntada favorecerá a comunicación entre os alumnos ao
abordar a súa resolución de forma conxunta.
5.7 Dificultades principais.
As principais dificultades que pode presentar este tema, proceden da práctica
plantexada. Isto é debido a que o alumno enfróntase por primeira vez a un aspecto que
normalmente nunca tratou durante a súa etapa de formación académica previa. Polo
tanto, recoméndase a máxima atención ás explicacións e que plantexe as dúbidas que
poidan suscitarse dato que algún exercicio parecido a estes pode ser o que lle caia no
exame. Ademais cómpre sinalar que, como logo veremos ao abordar a cuestión dos
criterios de avaliación, a correcta resolución das probas prácticas é un dos criterios que
se empregará na avaliación do alumno.
5.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Dada a complexidade deste tema e os diferentes aspectos abordados nel,
recomendamos os seguintes traballos:
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se
aplican. Gijón, 2011
- Bonal Zazo, José Luis: La descripción archivística normalizada: origen, fundamentos,
principios y técnicas. Gijón, 2001
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
17
- Idem: ¡Archívese!: los documentos del poder, el poder de los documentos. Madrid,
1999
- Idem: La gestión de los documentos en las organizaciones. Madrid, 2006
- Idem: ¿Qué es un archivero?. Gijón, 2009
- Idem: Archivística: gestión de documentos y administración de archivos. Madrid,
2012
- Gallego Domínguez, Olga y López Gómez, Pedro: Introducción na Arquivística. A
Coruña, 1985
- Gil Leiva, Isidoro: La automatización de la indización de documentos. Gijón, 1999
- Idem: Manual de indización: teoría y práctica. Gijón, 2008
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Lodolini, Elio: Archivística: principios y problemas. Madrid, 1993
- López Gómez, Pedro: Organización de los fondos de los archivos históricos
provinciales. Madrid, 1994
- López Gómez, Pedro, Gallego Domínguez, Olga: El documento de archivo: un
estudio. A Coruña, 2007
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord..): Manual de Ciencias de la
Información y Documentación. Madrid, 2011
- Mesa de Trabajo Sobre Organización de Archivos Municipales: Arquivos municipais,
proposta de cadro de clasificación de fondos. Santiago de Compostela, 1998
- Núñez Fernández, Eduardo: Organización y gestión de archivos. Gijón, 1999
- Pinto Molina, Manuel: El resumen documental: principios y métodos. Madrid, 1992
- Idem: Indización y resumen de documentos digitales y multimedia: técnicas y
procedimientos. Gijón, 2002
- Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos: soportes, edificio y organización.
Carmona, 1997
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Sierra Valentí, Eduardo: “El expediente administrativo. Esbozo de tipología
documental.” En: Boletín de la Anabad, XXIX, 2, 1979, pp. 61-74
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
- La terminología de la archivística. Joaquín García Palacios (coord.). Gijón, 2010
- Vázquez Murillo, Manuel: Manual de selección documental. Carmona, 1995
18
TEMA 6: A instalación e conservación dos arquivos e os seus fondos.
6.1 Sentido do tema.
Este tema oríentase a desvelar ao alumno cales son as condicións que debe
reunir un edificio para arquivo e para a conservación dos seus fondos.
6.2 Epígrafes do tema.
1. O edificio de arquivos.
2. O depósito.
6.3 Materiais para estudialo.
Volvemos a remitirnos ás explicacións do docente.
6.4 Método de traballo aconsellado.
Ao ser un tema meramente de teoría, recoméndase a asistencia á clase ou ben a
súa preparación mediante a bibliografía apuntada no apartado correspondente.
6.5 Actividade a desenrolar.
Non se plantexa ningunha actividade.
6.6 Competencias traballadas.
Basicamente as instrumentais mediante a intevención do alumno nas sesións.
6.7 Dificultades principais.
Non é un tema que revista especiais dificultades.
6.8 Bibliografía para ampliar o tema.
19
Remitimos ao traballo de Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos:
soportes, edificio y organización. Carmona (Sevilla), 1997.
TEMA 7: O documento electrónico.
7.1 Sentido do tema.
O sentido deste tema no programa é o de achegar ao alumno ao concepto de
documento electrónico, dado que o desenrolo das tecnoloxías da información e da
comunicación dan lugar a unha nova categoría de documentos agrupados todos eles
baixo o epígrafe de electrónicos.
7.2 Epígrafes do tema.
1. Definición de documento electrónico.
2. As características do documento electrónico vs documento analóxico
(documentos en papel ou de imaxe e son).
3. A problemática do documento electrónico.
7.3 Materiais para estudialo.
Aparte dos títulos reseñados no apartado bibliográfico, a impartición deste tema
completarase coa entrega de esquemas para facilitar o seguimento das explicacións.
7.4 Método de traballo.
Coma na maioría dos casos, recomendamos a presencia na clase e o seguimento
das explicacións mediante os materiais facilitados.
7.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema propoñeremose unha actividade na que o alumno terá que analizar os
compoñentes dun documento electrónico que se lle proporcionará.
20
7.6 Competencias traballadas.
Fundamentalmente as instrumentais dacordo co desenrolo da comunicación
verbal mediante as dúbidas que poidan plantexarse en cada momento e as sistémicas ao
encargarse ao alumno realizar certas actividades.
7.7 Dificultades principais.
Trátase dun tema que pode entrañar unha certa dificultade polo emprego dunha
terminoloxía moi particular.
7.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Para este tema recomendamos o traballo de Jordi Serra Serra: Los documentos
electrónicos: qué son y cómo se tratan. Igualmente tamén ten aportacións a este tema
José Ramón Cruz Mundet: Archivística: gestión de los documentos y administración de
archivos.
TEMA 8: O acceso á documentación: consulta, búsqueda e difusión.
8.1 Sentido do tema.
O sentido deste tema no programa é o de achegar ao alumno ao funcionamento
dos arquivos.
8.2 Epígrafes do tema.
1. A comunicación do documento.
1.1 Consulta directa.
1.2 Copias e certificacións.
1.3 Exposicións e actividades culturais.
2. A formación dos usuarios.
3. A lexislación e o acceso aos documentos.
21
8.3 Materiais para estudialo.
Recomendamos calquera dos manuais de Antonia Heredia Herrera ou Manuel
Romero Tallafigo presentes no apartado de bibliografía. Ademais completarase coa
entrega de esquemas para facilitar o seguimento das explicacións.
8.4 Método de traballo.
Coma na maioría dos casos, recomendamos a presencia na clase e o seguimento
das explicacións mediante os materiais facilitados.
8.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema a actividade que se contempla é a de realizar unha búsqueda
documental. Ao alumno daránselle unha serie de datos e el mesmo terá que localizar un
documento, indicar onde está e facilitar a súa signatura.
8.6 Competencias traballadas.
Fundamentalmente as instrumentais dacordo co desenrolo da comunicación
verbal mediante as dúbidas que poidan plantexarse en cada momento e as sistémicas ao
encargarse ao alumno realizar certas actividades.
8.7 Dificultades principais.
Non se trata dun tema que entrañe demasiadas dificultades. Ademais trátase dun
tema complementario das tarefas de catalogación, organización e descripción, pois
trátase en definitiva de saber se o alumno sabe manexar e interpretar os instrumentos de
descripción.
8.8 Bibliografía para ampliar o tema.
22
Calquera dos manuais presentes na bibliografía conteñen algún apartado deste
tema, se ben volvemos a recomendar a Antonia Heredia, Manuel Romero e José Ramón
Cruz Mundet.
TEMA 9: O perfil profesional do arquiveiro: coñecementos e perspectivas laborais.
9.1 Sentido do tema.
Neste tema trátase de achegar ao alumno, como o seu título indica, á profesión
de arquiveiro dende o punto de vista dos coñecementos que debe posuír e manexar así
como amosarlle as múltiples posibilidades laborais derivadas do mundo dos arquivos.
9.2 Epígrafes do tema.
1. Orixe e historia da profesión de arquiveiro.
2. As funcións dun arquiveiro.
3. As competencias profesionais e coñecementos da profesión de arquiveiro?.
4. As perspectivas laborais no terreo dos arquivos.
9.3 Materiais para estudialo.
Durante a sesión ou sesións que dure a exposición deste tema, facilitaranse unha
serie de materiais nos que se recollan de maneira esquemática os aspectos
desenvolvidos.
9.4 Método de traballo aconsellado.
Recoméndase ao alumno que durante as explicacións teña sempre consigo os
materiais facilitado a fin de que poida ir vendo con claridade todo o que se lle expón.
9.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema plantexamos unha actividade que consistirá nunha visita a un
arquivo. Unha vez feita esta visita, o alumno deberá entregar un pequeno resume no que
23
se recollan todas as actividades que, ao seu modo de ver, se levan a cabo en dito
arquivo.
9.6 Competencias a desenrolar.
Sempre que o desexe, o alumno poderá intervir na clase a fin de aclarar certos
conceptos e dúbidas que lle poidan xurdir. En resume, as competencias instrumentais
estarán unha vez máis presentes como as principais.
9.7 Dificultades principais.
As únicas dificultades presentes poden derivarse da terminoloxía empregada.
9.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Dous son os libros recollidos no apartado adicado á bibliografía e que
recomendamos para este tema: Estudiar archivística: dónde y por qué. Gijón, 2008;
¿Qué es un archivero?. Gijón, 2009
TEMA 10: O sistema arquivístico español.
10.1 Sentido do tema.
Tal e como se indica no título, neste tema achégase ao alumno ao sistema
arquivístico español.
10.2 Epígrafes do tema.
1. Os arquivos españois.
10.3 Materiais para estudialo.
Este tema abórdase basicamente a traverso das explicacións do docente na aula e
tamén por medio da bibliografía indicada.
24
10.4 Método de traballo aconsellado.
Este tema pode prepararse seguindo as explicacións do docente ou recurrindo á
bibliografía indicada.
10.5 Actividade a desenrolar.
Non se plantexa ningunha actividade para este tema.
10.6 Competencias traballadas.
Fundamentalmente as instrumentais por medio das dúbidas que o alumno poida
plantexar.
10.7 Dificultades principais.
Non é un tema que revista dificultades significativas.
10.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Remitimos ao alumnos ao traballo Auxiliar de archivos y bibliotecas: temario
general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994. Igualmente os traballos de
Antonia Herrera Heredia conteñen aspectos sobre este tema.
TEMA 11: Os arquivos no entorno dixital: webs e redes sociais
11.1 Sentido do tema.
Neste tema achégase ao alumno ao papel das webs e redes sociais no eido dos
arquivos.
11.2 Epígrafes do tema.
25
1.O impacto das webs e redes sociais nos arquivos.
2. O uso das redes sociais no eido dos arquivos.
11.3 Materiais para estudialo.
Este tema abórdase basicamente a traverso das explicacións do docente na aula e
dos materiais facilitados xunto coa bibliografía indicada.
11.4 Método de traballo aconsellado.
Este tema pode prepararse seguindo as explicacións do docente ou recurrindo á
bibliografía indicada.
11.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema comentaremos algunhas páxinas webs de arquivos así como o uso
que se fai das redes sociais nalgún deles.
11.6 Competencias traballadas.
Fundamentalmente as instrumentais por medio das dúbidas que o alumno poida
plantexar e as sistémicas ao plantexarse unha actividade práctica.
11.7 Dificultades principais.
Este tema pode revestir algunha dificultade derivada do emprego da
terminoloxía.
11.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Remitimos aos alumnos aos seguintes traballos Archivos y redes sociales: la web social como vehículo para la difusión de los archivos https://www.google.es/?gws_rd=ssl# e Presencia de los archivos españoles en las redes sociales https://www.google.es/?gws_rd=ssl#
26
TEMA 12: A dixitalización dos fondos arquivísticos.
12.1 Sentido do tema.
Neste tema achégase ao alumno a un dos procesos de divulgación do documento
entre os usuarios
12.2 Epígrafes do tema.
1.A finalidade da dixitalización documental.
2. A preservación dos documentos dixitalizados.
3. O acceso e a difusión dos documentos dixitalizados.
12.3 Materiais para estudialo.
Este tema abórdase basicamente a traverso das explicacións do docente na aula e
dos materiais facilitados xunto coa bibliografía indicada.
12.4 Método de traballo aconsellado.
Este tema pode prepararse seguindo as explicacións do docente ou recurrindo á
bibliografía indicada.
12.5 Actividade a desenrolar.
Neste tema plantéxase unha actividade relativa á dixitalización de documentos.
12.6 Competencias traballadas.
Fundamentalmente as instrumentais por medio das dúbidas que o alumno poida
plantexar e as sistémicas ao plantexarse unha actividade práctica.
12.7 Dificultades principais.
27
Non é un tema que revista dificultades significativas, se ben pode plantexarse
algunha debido á terminoloxía empregada.
12.8 Bibliografía para ampliar o tema.
Remitimos ao alumnos ao traballo David Iglésias Franch recollido no apartado
bibliográfico.
5. Indicacións metodolóxicas e atribución da carga ECTS.
En relación cos contidos do curso, atópanse as indicacións metodolóxicas para o
desenrolo e bo aproveitamento desta materia. Estas indicacións xiran entorno a catro
puntos que logo desenrolaremos e que de maneira resumida son os seguintes:
1º As clases maxistrais.
2º As clases prácticas.
3º Traballos obrigatorios.
4º Consellos para o alumno.
Comezando polas clases maxistrais, o seu cometido é o de proporcionar os
coñecementos teóricos necesarios para afrontar as sesións de prácticas. Trátase, polo
tanto, dunhas ferramentas necesarias e cunha clara aplicación nos exercicios que
posteriormente se desenrolarán na aula. Así, entender a estructura interna dun fondo
documental así como o proceso de clasificación, organización e descripción da
documentación que o integra, constitúe un paso previo fundamental para a posterior
elaboración por parte do alumno dun cadro de clasificación ou dos instrumentos de
descripción como un inventario e un catálogo.
Polo que se refire ás clases prácticas, as actividades que se plantexan, dacordo
cos contidos do curso, son as seguintes:
a) A identificación de diversos tipos de documentos de arquivo que se presentarán ao
alumno, sinalando se son simples, compostos etc. Esta actividade pretende comprobar
se o alumno entendeu os conceptos de documento simple e documento composto.
b) Tendo en conta os principios que rixen a clasificación dun arquivo, realizaranse
comentarios sobre cadros de clasificación plantexados ao alumno quen deberá
28
identificar as distintas agrupacións, diferenciando, de ser o caso, as naturais das
artificiais, xustificando se son orgánicas ou funcionais, as posibles causas disto e
tratando de explicar as razón desta división. Gracias a esta actividade, comprobaremos
se o alumno comprende a organización da documentación mediante un cadro de
clasificación, pois obrígalle a ter moi claros conceptos tales como a diferencia entre
agrupacións naturais e artificiais, a súa identificación, as causas do uso dun ou doutro
tipo etc.
c) A clasificación, organización e descripción dun suposto fondo arquivístico,
comezando pola elaboración dun cadro de clasificación para progresivamente ir
descendendo a un maior nivel de particularización mediante a confección de inventarios
e catálogos. Gracias a este exercicio o alumno adquire os coñecementos necesarios
sobre como se elaboran os instrumentos de descripción arquivística.
d) Búsquedas documentais consistentes en que o alumno, partindo duns datos que se lle
facilitan dun determinado documento, localice este documento e indique a continuación
en que arquivo, fondo, sección e serie documental se atopa, aportando para iso a
signatura arquivística correspondente. Con esta actividade, desenrolada nun arquivo,
preténdese que o alumno se familiarice co manexo dos instrumentos de descripción.
Como coñecedores da materia que impartimos, damos dous consellos ao alumno
para o seu estudo:
1º A conveniencia dunha asistencia continua e regular ás clases como forma de que o
alumno vaia coñecendo e asumindo a terminoloxía tan propia e específica desta materia.
Aos alumnos que cursan a modalidade semipresencial, ademais de recordarlles a
posibilidade que teñen de asistir unha hora semanal, insistímoslle en que consulten
constantemente todos os materiais (temas, esquemas, pdf, vídeos etc.) que se lle vaian
colgando a fin de comprender as explicacións do docente e os exercicios que
posteriormente se lle plantexarán.
2º Esta asistencia resulta particularmente convinte nas sesións prácticas dado que a
realización correcta dos exercicios, máxime cando algún caso parecido figurará como
proba práctica do exame, esixe un traballo constante, diario e progresivo, comezando
por casos máis sinxelos para ir evolucionando pouco a pouco a outros de maior
complexidade. No caso dos alumnos matriculados na opción semipresencial, moitos
destes exercicios serán resoltos nas clases que se lles grabarán e tamén se subirán
exemplos dos mesmos xunto con material didáctico no que, dunha forma sinxela, se lles
29
explicará como facer ditos exercicios. Ao igual cos alumnos presenciais, tamén
insistimos que as prácticas deben ser constantes para acostumbrarse á metodoloxía de
traballo nesta materia a fin de conseguir o máximo aproveitamento de cara a superala.
3º Todos os materiais desta materia (temas, esquemas, vídeos, ppts, etc.) subiranse á
plataforma virtual coa suficiente antelación para que estean a disposición do alumno.
4º Por favor, prégase ao alumnado que empregue os foros habilitados para poder
consultar dúbidas ou outros aspectos da materia. Trátase dunha ferramenta moi eficaz
porque as respostas do docente a unha dúbida dun alumno súbense a este espacio e
poden servir para resolver a mesma dúbida que teñan outros alumnos. Se por motivos de
horario ou outros un alumno non pode acudir ás titorías, empreguen igualmente o foro.
O docente procurará conectarse a esta ferramenta todos os días para poder resolver
dúbidas ou consultas realizadas polo alumnado.
6. Indicacións sobre a avaliación.
Tanto a asistencia como o traballo persoal do alumno resultan claves para a
superación desta materia. Polo que se refire á avaliación, os criterios que se terán en
conta tanto na primeira como na segunda oportunidade, agás no caso que se reseñará ao
final, son os seguintes:
1º A asistencia á clase e participación voluntaria e activa do alumnado presencial
na resolución dos exercicios plantexados na clase contabilizará 2 puntos no total da nota
global, sendo necesario que o alumno obteña unha puntuación mínima de 1 punto para
darse como superada. Por razóns obvias, ao alumnado matriculado na opción
semipresencial non se lle terá en conta para a súa avaliación dado que, como se
establece na normativa, a asistencia no seu caso é voluntaria.
2º A correcta resolución das prácticas que se desenrolen fóra da aula suporán ata 1
punto do total da nota global e o alumno deberá acadar unha puntuación mínima de 0,5
puntos para darse por superada. Estas prácticas non serán de carácter individual senón
en grupos que non superen nunca os 3 compoñentes como máximo e, en consecuencia,
a nota que acaden en conxunto, será a que posteriormente se atribua a cada un dos seus
membros.
30
3º A realización dun traballo e a súa exposición equivalerá a 2 puntos na nota global.
Este traballo será seleccionado de entre unha lista proporcionada polo docente a comezo
de curso e nel valorarase o grado de complexidade da temática abordada, a claridade na
súa redacción e a profundidade coa que se aborde a temática. Sobre a entrega e
realización deste traballo queremos facer as seguintes puntualizacións:
1º Deberá ser entregado impreso polo alumno, non por correo electrónico nin en
formato dixital (CD, DVD, pen etc.).
2º O alumno poderá entregar o traballo en man ao docente, depositalo no seu
casilleiro na conserxería da Facultade de Humanidades ou remitilo por correo postal.
3º No caso de depositalo no casilleiro ou remitilo por correo, deberase solicitar
que se faga constar a data de recepción ou depósito do mesmo mediante as canles
establecidas.
4º Este traballo deberá ser entregado antes da data oficial do exame da materia
na primeira oportunidade, nunca no mesmo día de realización do exame nen despois do
mesmo nin tampouco antes da data da segunda oportunidade, se o alumno opta por esta
opción.
5º Este traballo poderá realizarse en grupos, pero a dimensión dos mesmos
nunca poderá superar os 3 membros.
6º Outra advertencia que queremos facer ao alumno radica no plaxio do traballo.
O plaxio na realización deste traballo mediante a copia literal de párrafos de obras
doutros autores o mediante o emprego de maneira non indicada doutras fontes ou de
Internet equivale a que este traballo se dea por suspenso, ademais de enfrontarse ás
posibles sancións que a normativa da Universidade de Santiago de Compostela
estableza neste caso.
4º Polo que respecta ao exame, tanto para a primeira como para a segunda convocatoria
constará de duas partes: unha parte práctica na que se plantexará algún exercicio
parecido aos vistos na clase e que será valorada cun máximo de 4 puntos, e unha parte
teórica valorada con 2 puntos e que consistirá en preguntas de resposta curta entorno á
teoría vista na materia. Tales preguntas consistirán en cuestións que fagan que o alumno
teña que razoar para responder e, en consecuencia, amosar así se entendeu a teoría. O
exame contabilizará un total de 6 puntos na nota global, pero será necesario que o
alumno para poder contabilizar o resto de méritos (asistencia á clase e participación na
31
resolución dos exercicios plantexados, prácticas fóra da aula e realización dun traballo e
exposición) acade unha puntuación mínima dun 4.
No caso dos alumnos que teñan dispensa para non asistir á clase, os criterios
de avaliación que se lles aplicarán, serán dous: a realización dun traballo individual e
obrigatorio entre algún dos propostos polo docente e entregado sempre antes da data
de realización do exame, tanto se opta pola primeira convocatoria como pola segunda.
Este traballo suporá 2 puntos dentro da nota global. Tamén deberá superar o exame da
materia que constará, como xa se dixo, dunha parte teórica e dunha parte práctica. Neste
caso o exame equivalerá a 8 puntos, debendo acadar unha puntuación dun 6 para darse
como superado e poder así sumarlle os restantes 2 puntos do traballo individual e
obrigatorio.
Aqueles outros alumnos repetidores desta materia ao ano seguinte de tela
cursado, se teñen superada algunha parte dela no curso anterior, sexa a resolución dos
exercicios ou o exame, soamente serán avaliados da parte que teñan pendente. Este
criterio só se lles aplicará ao ano seguinte de tela cursado, pois se repiten por segunda
vez, deberán aterse aos criterios de evaluación da materia como se a cursaran por
primeira vez.
Criterios empregados na avaliación de “Técnicas de tratamento da documentación”
Aspecto Criterio Instrumento Valoración
Asistencia á clase
(só os alumnos
presenciais) e
participación
voluntaria e activa
Participación activa
e voluntaria e
correcta resolución
dos exercicios
plantexados.
Observación,
corrección dos
exercicios, notas do
profesor e folla de
control de
asistencia dos
alumnos presenciais
Ata 2 puntos na
nota global
Prácticas fóra da
aula
Correcta resolución Observación, notas
do profersor e folla
de control de
asistencia
Ata 1 punto na nota
global
Realización dun Complexidade e Revisión polo Ata 2 puntos na
32
traballo e
exposición
profundidade da
temática abordada e
claridade na
redacción.
docente. nota global
Exame Dominio dos
contidos teóricos e
correcta resolución
da proba práctica
Corrección polo
profesor
Ata 6 puntos na
nota global
7. Bibliografía
- Archivos universitarios e historia de las universidades. Ed. a cargo de José Ramón
Cruz Mundet. Madrid, 2003
- Archivos y redes sociales: la web social como vehículo para la difusión de los archivos. https://www.google.es/?gws_rd=ssl#
- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez …
[et alii]. Sevilla, 1994
- Ballesteros San-José, Plácido; Rodríguez Clavel, José Ramón: Los archivos de las
diputaciones: qué son y cómo se tratan. Gijón, 2010
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se
aplican. Gijón, 2011
- Bello Urgellès, Carme: Los documentos de archivo: como se conservan. Gijón, 2008
- Bonal Zazo, José Luis: La descripción archivística normalizada: origen, fundamentos,
principios y técnicas. Gijón, 2001
- Conde Villaverde, María Luisa: Manual de tratamiento de archivos administrativos.
Madrid, 1992
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- Idem: ¡Archívese!: los documentos del poder, el poder de los documentos. Madrid,
1999
- Idem: La gestión de los documentos en las organizaciones. Madrid, 2006
- Idem: ¿Qué es un archivero?. Gijón, 2009
- Idem: Archivística: gestión de documentos y administración de archivos. Madrid,
2012
33
- Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona,
2009
- Directrices para proyectos de digitalización de colecciones y fondos de dominio
público, en particular para aquellos custodiados en bibliotecas y archivos. Madrid,
2005
- Documento y archivo de gestión: diplomática de ahora mismo. Carmona (Sevilla),
1994
- Gallego Domínguez, Olga: Manual de archivos familiares. Madrid, 1993
- Gallego Domínguez, Olga y López Gómez, Pedro: Introducción na Arquivística. A
Coruña, 1985
- García Ruipérez, Mariano: Los archivos municipales: qué son y cómo se tratan. Gijón,
2009
- Gil Leiva, Isidoro: La automatización de la indización de documentos. Gijón, 1999
- Idem: Manual de indización: teoría y práctica. Gijón, 2008
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Ibáñez Montoya, Joaquín: Los archivos: cómo construirlos. Gijón, 2008
- Iglésias Franch, David: La fotografía digital en los archivos: qué es y cómo se trata.
Gijón, 2008
- Laso Ballesteros, Ángel: Los archivos provinciales: qué son y cómo se tratan. Gijón,
2009
- Lodolini, Elio: Archivística: principios y problemas. Madrid, 1993
- López Gómez, Pedro: Organización de los fondos de los archivos históricos
provinciales. Madrid, 1994
- López Gómez, Pedro, Gallego Domínguez, Olga: El documento de archivo: un
estudio. A Coruña, 2007
- López Gómez, Pedro: La formación de los archiveros españoles en el siglo XX: una
mirada retrospectiva. Ourense, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord..): Manual de Ciencias de la
Información y Documentación. Madrid, 2011
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Mauri Martí, Alfred; Perpinyà Morera, Remei: Estudiar archivística: dónde y por qué.
Gijón, 2008
34
- Mesa de Trabajo Sobre Organización de Archivos Municipales: Arquivos municipais,
proposta de cadro de clasificación de fondos. Santiago de Compostela, 1998
- Núñez Fernández, Eduardo: Organización y gestión de archivos. Gijón, 1999
- Pagarolas Sabaté, Laureà: Los archivos notariales: qué son y cómo se tratan. Gijón,
2007
- Pinto Molina, Manuel: El resumen documental: principios y métodos. Madrid, 2001
- Idem: Indización y resumen de documentos digitales y multimedia: técnicas y
procedimientos. Gijón, 2002
- Presencia de los archivos españoles en las redes sociales
https://www.google.es/?gws_rd=ssl#
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introducción a la Paleografía y Diplomática general.
Madrid, 1999
- Rodríguez Bravo, Blanca: El documento: entre la tradición y la renovación. Gijón,
2002
- Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos: soportes, edificio y organización.
Carmona, 1997
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Serra Serra, Jordi: Los documentos electrónicos: qué son y cómo se tratan. Gijón,
2008
- Sierra Valentí, Eduardo: “El expediente administrativo. Esbozo de tipología
documental.” En: Boletín de la Anabad, XXIX, 2, 1979, pp. 61-74
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
- La terminología de la archivística. Joaquín García Palacios (coord.). Gijón, 2010
- Vázquez Murillo, Manuel: Manual de selección documental. Carmona, 1995
8. Diccionarios e manuais de terminoloxía arquivística
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Cruz Mundet, José Ramón: Diccionario de archivística: (con equivalencia en inglés, francés, catalán, euskera y gallego). Madrid, 2011
- García Palacios, Joaquín (dir.): La terminología de la archivística. Gijón, 2010