Upload
tranduong
View
218
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Tema 3.- Os Reis Católicos e a Monarquía Hispánica.
Bloque 3.- A formación da monarquía hispánica e a súa expansión mundial (1474-1700)
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe
1. Os Reis Católicos: unión dinástica de
Castela e Aragón; reorganización do
Estado; política relixiosa; conquista de
Granada; descuberta de América;
incorporación de Navarra; relacións con
Portugal.
1. Analizar o reinado dos Reis Católicos como
unha etapa de transición entre a Idade Media e a
Idade Moderna, e identificar as reminiscencias
medievais e os feitos salientables que abren o
camiño á modernidade.
1.1. Define o concepto de unión dinástica aplicado a
Castela e Aragón en tempos dos Reis Católicos e describe
as características do novo Estado.
1.2. Explica as causas e as consecuencias dos feitos máis
relevantes de 1492.
1.3. Analiza as relacións dos Reis Católicos con Portugal e
os obxectivos que perseguían.
2. Auxe do Imperio no século XVI: dominios
de Carlos I e de Filipe II; modelo político
dos Austrias; conflitos internos; conflitos
relixiosos no seo do Imperio; conflitos
exteriores; exploración e colonización de
América e do Pacífico; política económica
respecto a América; a revolución dos
prezos e o custo do Imperio.
2. Explicar a evolución e a expansión da
monarquía hispánica durante o século XVI,
diferenciando os reinados de Carlos I e Filipe II.
2.1. Compara os imperios territoriais de Carlos I e de Filipe
II, e explica os problemas que provocaron.
2.2. Explica a expansión colonial en América e no Pacífico
durante o século XVI.
2.3. Analiza a política respecto a América no século XVI e
as súas consecuencias para España, Europa e a poboación
americana.
3. Crise e decadencia do Imperio no século
XVII: os validos; expulsión dos mouriscos;
proxectos de reforma de Olivares; guerra
dos Trinta Anos e perda da hexemonía en
Europa en favor de Francia; rebelións de
Cataluña e Portugal en 1640; Carlos II e o
problema sucesorio; crise demográfica e
económica.
3. Explicar as causas e as consecuencias da
decadencia da monarquía hispánica no século
XVII, relacionando os problemas internos, a
política exterior e a crise económica e
demográfica.
3.1. Describe a práctica do valemento e os seus efectos na
crise da monarquía.
3.2. Explica os principais proxectos de reforma do Conde
Duque de Olivares.
3.3. Analiza as causas da guerra dos Trinta Anos e as súas
consecuencias para a monarquía hispánica e para Europa.
3.4. Compara e comenta as rebelións de Cataluña e
Portugal de 1640.
3.5. Explica os principais factores da crise demográfica e
económica do século XVII, e as súas consecuencias.
3.6. Representa unha liña do tempo desde 1474 ata 1700,
e sitúa nela os principais acontecementos históricos.
4. Século de Ouro español: do Humanismo
á Contrarreforma; Renacemento e Barroco
na literatura e na arte.
4. Recoñecer as grandes achegas culturais e
artísticas do Século de Ouro español, extraendo
información de interese en fontes primarias e
secundarias (en bibliotecas, internet, etc.).
4.1. Procura información de interese (en libros e internet) e
elabora unha breve exposición sobre os seguintes pintores
do Século de Ouro español: El Greco, Ribera, Zurbarán,
Velázquez e Murillo.
1.- Os Reis Católicos (1469/1479-1516).
Isabel I, raíña de Castela
Fernando II, rei de Aragón
Os Estados da Península Ibérica a mediados do século XV
O proxecto de unificación peninsular.
Data Proceso
1469
Matrimonio de Isabel de Castela e Fernando de Aragón (príncipes herdeiros)
Isto supuña a unión dinástica da Coroa de Castela e a Coroa de Aragón (ambos príncipes
pertencían á mesma dinastía (os Trastámara)
1474 Morte do rei Enrique IV de Castela ⟹ Isabel (irmá do rei) proclámase raíña de Castela ⟹
guerra civil entre Isabel e Juana (“la Beltraneja), filla de Enrique IV
1475 Concordia de Segovia: Isabel e Fernando acordan administrar de forma conxunta as dúas
Coroas, mantendo cada unha as súas características (lingua, moeda, leis, institucións...)
1479
Fin da guerra civil na Coroa de Castela ⟹ Isabel I confírmase como raíña de Castela
Morte de Xoán II de Aragón ⟹ Fernando II, rei de Aragón
Inicio do reinado conxunto
1482-1492 Os Reis Católicos conquistan o reino nazarí de Granada, incorporado á Coroa de Castela
1490 - 1500
Enlaces matrimoniais de Isabel e María, fillas dos Reis Católicos cos reis de Portugal
Isabel ⧟ Alfonso, príncipe herdeiro (1490-1491)
Isabel ⧟ Manuel I, rei de Portugal (1496-1498) ⤍ príncipe Miguel († en 1500)
María ⧟ Manuel I (1500-1517)
A unión da Coroa de España e o Reino de Portugal realizarase no reinado de Felipe II (1580).
Ambos Estados estiveron unidos ata 1640.
1493 Reincorporación do Rosellón e a Cerdaña á Coroa de Aragón
1512-1515 Conquista do Reino de Navarra, incorporado á Coroa de Castela
A proxección exterior da monarquía.
América
1492
(1470-1498) (1478-1497) (1479-1555) (1482-1517) (1485-1536)
(1475-1491) príncipe
heredero del rey Juan II
hijos del emperador Maximiliano de Austria
(1486-1502) príncipe
heredero del rey Enrique VII
rey de 1495 a 1521
A construción da monarquía autoritaria.
Coroa de Castela
Santa Irmandade corpo armado encargado de perseguir malfeitores e criminais (1476)
Exército corpo profesional e permanente para a defensa do reino
Consellos organismos formados por xuristas, que asesoraban ao rei no goberno e actuaban tamén
como tribunais de xustiza
Xustiza Real Audiencia: tribunal de xustiza (A Coruña, Sevilla, Canarias, Mallorca)
Chancelería: tribunais superiores de xustiza (Valladolid e Granada)
Facenda organismos encargados de controlar o sistema de recadación de impostos e financiar as
novas institucións (Contaduría Xeral de Contas...)
Correxedores funcionarios reais que presidían os concellos e exercían funcións de goberno
Coroa de Aragón
Sentenza Arbitral
de Guadalupe
medidas adoptadas en 1486 para solucionar o conflito dos paieses de remensa (campesiños
sometidos aos señores) en Cataluña
Insaculación sistema de elección dos cargos municipais mediante sorteo, para evitar o monopolio dos
mesmos polo patriciado urbano
Pactismo
relación que existía na Coroa de Aragón entre o rei e os seus súbditos, segundo a cal a
autoridade real se fundamentaba no consentimento dos gobernados. Así, o rei debía
comprometerse a respectar as institucións, leis e costumes de cada un dos Estados
asociados na Coroa para poder gobernar; a cambio os súbditos comprometíanse a
respectar a monarquía.
A consecución da unidade relixiosa.
Medidas
Establecemento do Tribunal da Inquisición (Tribunal do Santo Oficio da Inquisición) 1478
Expulsión dos xudeus dos territorios da monarquía 1492
Conversión forzosa dos musulmáns (mudéxares) que vivían nos reinos da monarquía 1499-1502
Os grandes descubrimentos: expedicións portuguesas
O mapa imaxinado por Colón
Cristóbal Colón
(1451-1506)
O descubrimento de América: as viaxes de Colón.
O reparto do mundo
O tratado de Tordesillas
Planisferio de Cantino, do ano 1502 que mostra o meridiano designado no Tratado de Tordesillas (7 de xuño de 1494).
Acordo diplomático firmado entre os Reis Católicos e o rei Xoán II de Portugal o 7 de xuño de 1494 en Tordesillas
(Valladolid), polo cal a Coroa de Castela e o reino de Portugal se repartían o océano e as terras descubertas e por descubrir.
O documento establecía como fronteira unha liña imaxinaria (un meridiano) situada 370 leguas [legua mariña = 5.555,5 m. /
370 leguas = 2.055,5 Km] ao oeste das illas de Cabo Verde [aproximadamente o meridiano 46º 30' O]. As terras situadas ao
oeste dese meridiano serían dominio de Castela; as terras situadas ao leste serían dominio de Portugal.
2.- A Monarquía dos Austrias.
2.1.- A Monarquía hispánica. Trazos xerais.
Monarca Anos de reinado Caracteres
Carlos I 1516-1556 Instaurou a dinastía chamada de
Habsburgo ou de Austria Gobernaron sobre un inmenso Imperio,
formado polas posesións europeas e
polos territorios americanos ⟹ guerras
constantes Filipe II 1556-1598 Foi rei de España pero non
emperador de Alemaña
Filipe III 1598-1621 O Imperio iniciou a súa lenta decadencia.
A crise da economía, o descenso da poboación e as derrotas militares
puxéronlle fin á hexemonía hispánica en Europa
Filipe IV 1621-1665
Carlos II 1665-1700
Trazos básicos do Imperio español
Monarquía formada pola unión de diversos Estados que mantiñan as súas leis e institucións particulares
Carácter común: todos os territorios estaban gobernados polo mesmo rei, auxiliado por diversos consellos
Carecía de continuidade territorial: os dominios españois estaban dispersos. Isto dificultaba a cohesión e as
comunicacións, multiplicaba os problemas e os inimigos
Os reis afrontaron numerosas guerras para: manter a unidade do imperio, conservar a hexemonía política, e
defender e expandir o catolicismo
O centro do imperio era a Coroa de Castela
2.2.- Carlos I e o Imperio universal (Universitas Christiana).
A formación do imperio de Carlos I.
Herdanzas do seu pai Filipe I de
Habsburgo (o Fermoso)
Países Baixos [17 provincias, incluía os actuais Países Baixos,
Bélxica e Luxemburgo]
Franco Condado
Charolais
Herdanzas da súa nai Xoana I de Castela
(a Tola)
Coroa de Castela
illas Canarias
enclaves no Norte de África (Melilla, Orán…)
territorios conquistados en América
Herdanzas do seu avó Fernando II de
Aragón (o Católico)
Coroa de Aragón: territorios en España + posesións
mediterráneas
Reino de Sardeña
Reino de Sicilia
Reino de Nápoles
Herdanzas do seu avó Maximiliano I de
Habsburgo
Arquiducado de Austria
feudos dos Habsburgo (Sur de Alemaña)
dereitos ao trono do Sacro Imperio Romano Xermánico (SIRX)
Conquistas de Carlos I
Milán
territorios conquistados en América (imperio azteca, inca…)
prazas africanas
2.3.- A Monarquía católica de Filipe II.
O imperio de Filipe II
territorios
herdados do
seu pai
Carlos I en
Europa
España + as posesións aragonesas no Mediterráneo (Sardeña, Sicilia e Nápoles)
dominios da casa de Borgoña:
Países Baixos
Franco Condado
Charolais
Milanesado
África enclaves na costa mediterránea (Melilla, Orán...)
América Vicerreinado de Nova España (México, Centroamérica e illas do Caribe)
Vicerreinado de Perú (colonias de América do Sur)
territorios
incorporados
durante o
seu reinado
Europa
En 1580 herdou Portugal co seu inmenso imperio ultramarino, que comprendía:
Brasil en América
illas do Atlántico (Azores, Madeira, Cabo Verde...) e colonias nas costas de
África (Angola, Mozambique, Zanzíbar...)
colonias nas costas de Asia (na India, en China...) e no océano Índico (Sri Lanka,
Xava...) e Pacífico (illas Molucas)
Asia as illas Filipinas e outros arquipélagos no Pacífico
América a península de A Florida
A expresión no imperio español nunca se puña o sol fai referencia á complexidade xeográfica do imperio: posuía territorios
estendidos por varios continentes, separados por enormes distancias e caracterizados pola súa heteroxeneidade (leis e
institucións diferentes).
Reaccións ante o poder dos Austrias
Os esforzos por manter o Imperio: os conflitos exteriores.
Carlos I
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1521 - 1556
loita pola hexemonía europea
disputas territoriais (Milán, Navarra…)
sucesivas guerras e treguas que non
cambiaron as posicións
Carlos I anexiona Milán
Turcos 1529 - 1541
impedir a expansión do Imperio turco,
polo val o Danubio, as costas do
Mediterráneo e o norte de África
éxito na defensa de Viena (1532)
conquista de Tunes en 1535
fracaso da conquista de Alxer en 1541
Príncipes
alemáns 1540 - 1555
relixiosas: evitar a propagación da
Reforma protestante de Lutero
políticas: varios príncipes alemáns
apoiaban a Lutero e enfrontábanse á
autoridade do emperador
vitoria de Mühlberg (1547) sobre os
príncipes protestantes alemáns
pero tivo que firmar a Paz de
Augsburgo (1555), que recoñecía a
liberdade relixiosa dos Estados
alemáns ⟹ división de Europa entre
católicos e protestantes ⟹ guerras de
relixión
Filipe II.
Conflito con Cronoloxía Causas / obxectivos Resultado
Francia 1556 - 1559 loita pola hexemonía europea vitoria española na batalla de San
Quintín (1557)
Turcos 1571
frear a expansión musulmá polo
Mediterráneo
vitoria da Liga Santa (Papa, Venecia e
España) na batalla naval de Lepanto
(Grecia) en 1571
Gran
Bretaña 1585 - 1604
apoiaba os protestantes (sobre todo
de Flandres)
atacaba a flota española que
comerciaba con América (piratería)
fracaso do proxecto de invasión de
Inglaterra: o desastre da Armada
Invencible (1588)
Protestantes
de Flandres 1566 - 1609
descontento dos flamengos polos
fortes impostos
conflito relixioso pola extensión do
calvinismo nos Países Baixos
división dos Países Baixos en 2 áreas
(7+10 provincias):
a N calvinista e independente
(Provincias Unidas, hoxe Países
Baixos)
a S católica e fiel ao rei (Países
Baixos do Sur, hoxe Bélxica e
Luxemburgo)
A decadencia do Imperio dos Austrias (século XVII).
A crise xeral do século XVII: principais manifestacións.
sector principais manifestacións causas consecuencias
demografía
descenso da poboación (de 8
millóns de habitantes en 1600
a 7 en 1700)
malas colleitas ⟹ grandes fames
sucesión de epidemias (peste)
continuas guerras
emigración cara a América
expulsión dos mouriscos
Os señores esixiron rendas máis
altas aos campesiños. ⟹ unha
parte deles emigrou ás cidades,
onde malviviu da mendicidade.
agricultura despoboamento do campo
industria
e comercio
retroceso da produción
industrial e do comercio
escasa capacidade produtiva
a gran cantidade de impostos que
gravaban os intercambios
escasa capacidade de compra
dunha poboación cada vez máis
empobrecida
retroceso do comercio con
América
dependencia da produción
estranxeira
redución da demanda de
produtos desde as colonias, que
comezaron a autoabastecerse
ou recorreron a compañías
comerciais inglesas e francesas
finanzas
falta de recursos para poder
pagar os numerosos gastos da
monarquía
diminución das remesas de ouro e
prata que chegaban das Indias
a meirande parte desas remesas
destinábase a:
financiar as continuas guerras
que se mantiñan en Europa
pagar as importacións de
manufacturas
a monarquía viuse obrigada a
pedir préstamos a banqueiros
estranxeiros, que esixían un
elevado xuro
aumento dos impostos
a insuficiencia desta medidas ⟹
a Facenda real tivo que
declararse en bancarrota varias
veces
Os “Austrias menores”.
Felipe III (1578-1621)
reinado: 1598-1621
Felipe IV (1605-1665)
reinado: 1621-1665
Carlos II (1661-1700)
reinado: 1665-1700
Os validos máis importantes dos Austrias menores
Francisco de Sandoval y Rojas
duque de Lerma
valido de Felipe III
Gaspar de Guzmán y Pimentel
conde-duque de Olivares
valido de Felipe IV
Juan José de Austria
fillo bastardo de Felipe IV
valido de Carlos II
Feitos básicos do reinado dos Austrias menores
Reinado Política interior Política exterior
FILIPE III
1598-1621
goberno mediante validos ou privados (duque de
Lerma
expulsión dos mouriscos (1609)
crise: despoboación, esgotamento económico
política pacifista:
Tregua dos Doce Anos coas Provincias Unidas
(1609-1621)
paz con Francia e Inglaterra
FILIPE IV
1621-1665
a política centralizadora do valido Conde-Duque de
Olivares: o proxecto da Unión de Armas (1625)
as reaccións: a crise de 1640, a escisión da
monarquía:
a insurrección de Cataluña (1640-1652)
a independencia de Portugal (1640-1665)
sublevacións en Andalucía, Aragón, Sicilia e
Nápoles
intervención na Guerra dos Trinta Anos (1618-1648)
guerra paralela contra as Provincias Unidas desde
1621
enfrontamento simultáneo con Francia desde
1635
derrotas militares e fin da hexemonía española en
Europa
Paz de Westfalia (1648)
Paz dos Pireneos (1659)
CARLOS II
1665-1700
inestabilidade política: sucesión de rexencias e
validos
decadencia económica e quebra financeira do Estado
decadencia ante a expansión de Francia: perda de
varias cidades de Flandres fronteirizas con Francia
+ o Franco Condado (1678)
morte sen descendencia de Carlos II ⇒ cambio de
dinastía: dos Austria aos Borbón (1700) ⇒ Guerra
de Sucesión
Europa despois da Paz de Westfalia (1648)
Consecuencias da Paz de Westfalia (1648)
O Imperio Hispánico no século XVII
Carlos II: o problema sucesorio.
3.- Conquista e explotación da América española.
3.1.- As grandes conquistas e expedicións.
Unha
conquista
rápida, por
superioridade militar: armas, cabalos, armaduras, pólvora...
superioridade científica: xeógrafos, botánicos, enxeñeiros militares...
afán de aventuras e de riqueza
loitas internas entre os pobos indíxenas
os indíxenas pensaban que os conquistadores eran deuses (armas, armaduras, cabalos, cans...)
profecías indíxenas que predicían a chegada de enviados dos deuses
Expedición de conquista Data Protagonistas
Conquista do Imperio azteca entre 1518 e 1521 dirixida por Hernán Cortés
Dominio da civilización maia entre 1523 e 1524 Pedro de Alvarado
Conquista do Imperio inca entre 1531 e 1535 dirixida por Francisco Pizarro
Exploración de Florida, Texas e California entre 1528 e 1536 Álvar Núñez Cabeza de Vaca
Conquista de Chile entre 1536 e 1553 Diego de Almagro e Pedro de Valdivia
Exploración do río Amazonas 1541-1542 Francisco de Orellana
Conquista das illas Filipinas e apertura da ruta entre Filipinas e México
entre 1565 e 1571 Miguel López de Legazpi
e Andrés Urdaneta
Fundación de Bos Aires e Santa Fe (Arxentina)
1580 Juan de Garay
1518-1521
1531-1535
1523-1524
A primeira volta ao mundo (1519-1522).
3.2.- A organización do Imperio americano.
Institucións Data de creación Funcións
ESPAÑA
Consello
de Indias
1524
(sen sede fixa)
Institución que se encargaba dos asuntos americanos,
asesoraba o rei neles e redactaba as leis específicas para os
territorios conquistados.
Casa de
Contratación
1503
(Sevilla)
Institución que controlaba todo o tráfico de persoas e
mercancías con América.
Aseguraba a recadación do quinto real para a Coroa
AMÉRICA
Vicerreinados
e vicerreis
Nova España en
1534
Perú en 1542
O vicerrei era o representante directo do rei.
Acumula funcións de gobernador, presidente da Audiencia e
capitán xeneral.
Audiencias
A primeira foi
establecida en
1511
Función administrativa e xudicial. Están baixo o control dos
vicerreis.
A finais do século XVI había 4 en Nova España e 6 en Perú.
Gobernacións
ou provincias A primeira en 1502
Territorios baixo o mando dun gobernador nomeado polo rei.
Función administrativa e xudicial. Están subordinados ás
Audiencias.
A finais do século XVII había 37.
Cabidos A partir de 1507 Órgano de goberno e administración dun municipio.
3.3.- A explotación das Indias.
Unha encomenda española en América
A mita