Upload
others
View
6
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Boletín da Biblioteca Mario Pereira do IES “Ramón María Aller Ulloa”
A marela tarabela
O noso poder com
o lectores é unive
rsal e
universalmente t
emido [Roberto M
anguel]
Extra, nº1
Maio-2019
Mario Pereira e a Biblioteca
É o cuarto dos ratos? É o
templo dunha
seita? Non, só é a Biblioteca... Só é a Biblioteca, un espazo para atopar e
atoparse. Así de simple. Na biblioteca, buscas
o que queres ou o que non
sabes. Na biblioteca, buscas e aprendes a
buscar. Buscas ou déixaste atopar.
Son centos, miles, millóns de persoas, as que
contan o mesmo: empezas buscando (libros,
películas, discos...) e vas aprendendo a
atopalos. Cada busca realizada con éxito
convértese nunha pequena festa íntima. Con
todo, o acontecemento, o grande
acontecemento, aínda está por chegar. Un día,
sen saberes cómo, non atopas o que estiveches
buscando. É o libro (ou a película, ou o disco...)
quen dá contigo. Ti non sabías del, pero el
sabía de ti. A partir da aí xa serás outra persoa,
unha persoa diferente e mellor, porque, a
partir de aí, xa terás un compañeiro, un amigo
–se cadra– que raramente te abandonará. Será
un amigo que che presentará outros amigos, e
amigos que chamarán por outros, e outros, e
outros..., amigos nada celosos que desexarán
que os compartas e que quererás compartir. É
probable que na nosa Biblioteca estea ese
amigo e, se tes sorte, ese que te busca a ti.
Busca e déixate encontrar. Hai 13.000 títulos
(máis de 15.000, se contamos as obras en
formato dixital, centos de miles se sabes
peneirar na Internet) e algún pode ser o teu.
Para axudarte e para que nos axudes, ideamos
este boletín. A través del podes
dialogar coa Biblioteca, podes
aproximala a quen non a coñece,
podes facela máis rica, máis práctica,
máis confortábel. Ven vindo.
Mario Pereira
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/system/
files/A+marela+tarabela+1.pdf
Mario Pereira Fernández (Lalín, 1961). Nacín no
Barrio de Abaixo de Lalín, na casa do Mazaroco. El,
Secundino Pérez, fora o taxista do Seminario de Estudos
Galegos polas terras de Deza e, cando fixen os seis meses,
empezoume a levar de copiloto. As súas fillas líanme contos
case todos os días e hoxe manteñen moita memoria da
miña infancia. Hai pouco contáronme unha das miñas
primeiras "mentiras". Andaría eu nos seis anos e latei a
escola por primeira vez. Meus pais pedíronme unha
explicación e eu deilla: "Fun pescar troitas a unha silveira".
Non sei se o creron, pero tampouco non recordo que me
preguntasen se pillara algunha... Visto agora, iso de pescar
troitas nunha silveira non me parece unha mala definición
da miña afección literaria.
Obra:
Velaí vai o verme (2000). Premio de literatura infantil "Raíña
Lupa" 1999.
A comarca de Deza no Mapa Sociolingüístico Galego, in
Lingua e Literatura da comarca de Deza (2000).
Contos para Manuela (2001).
Colaborou na edición do libro de contos Nós? Coma Vós
(2001).
Coautor (con Manuel Igrexas) dunha edición crítica do libro de contos O Naranxo de Ramón de Valenzuela publicado pola
Asociación Cultural O Naranxo (2002).
http://editorialgalaxia.gal/autor/mario-pereira-
fernandez/
Unha breve autobiografía
Mario, de noso:
Mario anfitrión e moito máis
Este o noso oficio de profesor lévanos por infinidade de centros e un non sabe o que se atopará cando chega ao seu novo destino. No Aller Ulloa eu atopeite a ti, Mario, o ministro, como algúns te chamamos. Xuntos puxemos a andar o recanto do Toc Toc, compartimos horas de traballo, sorrisos e moitas e pracenteiras conversas. Agora que a xubilación parece querer arredarte do teu trono de bibliotecario, ese afastamento só pode ser virtual. De seguro que volverás visitar a Marela. Ela, dende a súa bufarra, pensará que está soñando por non estares ao seu carón, mais lembrará, ao abrir os ollos no albor de cada mañá, que fuches ti quen lle buscou acomodo nunha corte nova.
Ana R. Este impensable retiro de Mario Pereira converxe coa miña maioría de idade nesta terra de don Ramón. Son, xa que logo, 18 os anos que tamén ten Mario para min: seica pode ser esta unha boa forma de dicir o que aínda espero del. O que xa teño, o que aprendín neste tempo, non o sei; pero si sei o que ensinou: urdir a trama da educación coa perseveranza e a profesionalidade do que sabe que sempre traballamos para os que veñen tras de nós.
C. Míguez El o caso foi que andando por un carreiro estreito aparecéuseme un home de brancos cabelos e colleume da man e díxome que por mandado de Cunqueiro viña ver de facer de min e que me deixara xa de lerias e non podendo eu zafarme fomos facendo camiño xuntos e os meus cabelos negros fóronse tornando canos ata un día que me soltou a man e faloume deste xeito: camiña só que eu quedo á espreita. Velaí o Mario!
Moncho F. A miña relación con Mario principia cun frechazo de agradecemento. “Está a praza esperando por ti”, dime un día. Meu dito meu feito, após disto coideime sempre en débeda, que se acrecentou polo ben que soubo turrar de todos nós contaxiándonos o verme de tentar sermos mariopereiras. Tal que se a entrega de Mario á biblioteca se medise en cartos, arestora estaría forrado. Foron horas e horas dedicadas a dinamizar a Biblioteca. Se un preguntaba á tardiña, ou xa noitiña, el e onde está o Mario? E a ti que che parece, nunha das súas outras casas. Ana, ao cabo gañamos todos, ti un xubilado, nós unha biblioteca, con padriño.
X. Payo Cando cheguei á Dirección, alá polo 2004, atopeime co meu amigo Mario, que me propuxo converter a biblioteca no corazón do centro. E a bo fe que o conseguiu sobradamente. Hoxe a biblioteca é o motor de dinamización da vida do centro, polo que só podo ter palabras de agradecemento para Mario, o artífice desta proeza, quen dedicou moitas horas do seu tempo persoal a este traballo. Aínda que esteas xubilado, sei que non vas abandonar esta criatura tan fermosa que creaches e que tantas alegrías nos deu ao longo destes anos, e que a partir de agora levará o nome do seu creador: Biblioteca Mario Pereira.
Xoana M.
Ma
re
la p
ara
Ma
rio
Con Victorino Gutiérrez Aller e José Ángel Docobo na mostra do 50 aniversario do
falecemento de Don Ramón Mª Aller Ulloa
Co recordado Xosé Neira Vilas e, como non, coas Memorias...
Con Antón Riveiro Coello ao fío de Casas baratas
Con Joan Manuel Gisbert en animada conversa
En Madrid, na entrega do segundo premio do Con-curso convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) sobre boas prácticas nas bibliotecas
escolares en 2006. De esquerda a dereita: Cristóbal Fernández (daquela Delegado Provincial de Educa-
ción), Laura Sánchez Piñón (entón Conselleira de Educación), Xoana Mouriño (a directora), Mario e
Mª Jesús Gracia (como vicedirectora).
Con Ana Reboiro, no XXXI Congreso ENCIGA
Coa investigadora Jeanette Martínez Val, o irmán desta, Suso, e a nosa compañeira Raquel; logo do
relatorio sobre cancro. Mario e Suso comparten a afouteza da vitoria.
Foto, Ana Reboiro
Corría o ano 2006, cando Mario
decidiu que a Biblioteca tiña que
ter voz, nace así o boletín A
Marela Tarabela, e nace coa
emotiva carta É o cuarto dos
ratos? , que Mario lle escribiu á
Biblioteca. No fondo estabamos
asistindo a un parto e ao mesmo
tempo á unión intemporal entre
bibliotecario e biblioteca. Si,
nacía o noso Fozabibliotecas,
como gusta de chamarse Mario a si
mesmo. Toda unha declaración de
amor plural ao abeiro de máis de
24.400 títulos, preto do dobre dos
13.000 dos que falaba Mario no
2006. E seguimos medrando para
manter vivo o reclamo:
Ven vindo...
Mario, coprotagonista da curta Cantigas da emigra-ción, produción de Deza Cine Galego, dirixida por Daniel González Alén. Toda unha alegoría do presente. Fotograma: O cine en Gali-cia, Xosé Nogueira.
Mario, relator nas VI XBEG
http://editorialgalaxia.gal/autor/mario-pereira-fernandez/http://editorialgalaxia.gal/autor/mario-pereira-fernandez/
A marela tarabela
A Marela Tarabela
Breve historia gráfica da Biblioteca Mario Pereira
Plano, obra do noso compañeiro Javier Enjamio, que nos achega o espazo gañado para a Biblioteca a conta da Sala de profesorado, esta na parte esquerda. A dobre liña laranxa marca o linde, ao igual que a liña tamén laranxa con respecto ao corredor de acceso á sala, na parte superior. Tamén podemos ver como estaba distribuído o mobiliario.
... e os libros de “okupas”, dixo Mario
Área de lectura informal... E Avelina que aínda hoxe, ás veces, nos dá a impresión de estar véndoa acariñar nos libros, rodeada de rapaces ávidos de lectura.
Panorámica cos ordenadores no medio e o mapeiro ao fondo.
Pasarían anos antes de afrontar unha fonda renovación da biblioteca, que non chegaría ata a modificación da superficie destinada á mesma, que se incrementaría notablemente, deica os 204 m2, cando a reforma integral do instituto, grazas á teima de Mario quen propuxo, xunto coa dirección do centro, a ampliación da Biblioteca á Unidade Técnica da Delegación que respondeu afirmativamente, sendo delegado de educación o noso compañeiro Cristóbal. Corría o ano 2006, decembro, as obras tomaban corpo...
Mércores de cinzas na biblioteca
Aluminio retorto, tabiques rebentados, plásticos fundidos, cristais rotos, fume solidificado, cinzas, cinzas, cinzas... Así atopamos a biblioteca hai 26 anos (30 xa), ao regreso do Entroido. As fotos son as que, daquela, Victorino Gutiérrez Aller unira á acta notarial. Desta maneira rememoraba Mario (en febreiro de 2015 no blog A Marela) o incendio sufrido pola Biblioteca. As cinzas dan fe de que os libros arden mal. Na foto da esquerda e na marxe dereita, podemos ver como eran os
mobles chineiro, moi decorativos, pero pouco funcionais.
Coas obras en marcha, entre o 19 e o 20 de xuño de 2007, a Biblioteca
ficou en coiros.
Unha Biblioteca sen libros, coma un banco sen cartos, como diría O
Naranxo.
Que denso silencio deitan as fotos
da dereita.
Un mundo sen libros! Meigas fóra!
Panorámicas da biblioteca antes da reforma na que podemos contem-plar, á esquerda, a sección informática con ordenadores de última xeración. As dúas instantáneas móstrannos un es-pazo moito máis reducido que o de agora.
O proceso é narrado por Mario como quen agarda por un caramelo:
21 xuño, 2007. Nada é permanente agás o cambio. A Biblioteca da Marela Tarabela vai entrar en obras. Salvados os libros, a destrución creadora xa pode comezar...
4 setembro, 2007. Heráclito tiña razón.
E foi. O soño de Mario facíase realidade, e así coma quen non quere a cousa, estabamos a ser testemuñas do nacemento dunha das mellores bibliotecas escolares de Galicia. Abaixo fotos da primeira distribución do mobiliario e do espazo, logo da reforma. Após, o posterior cambio de mobiliario melloraría a circulación e postos de lectura. Xa ninguén se lembraba daquelas vellas mesas graffiteiras!
Hoxe, grazas a Mario, podemos desfrutar dunha Biblioteca que enfeitiza. Estética e funcionalidade, o binomio perfecto. Verdadeiro pulmón do centro, os anos xa transcorridos fan dela testemuña de moitos encontros con homes e mulleres do mundo da ciencia, da investigación, da literatura, da historia, das artes... (podemos asegurar que toda a CDU tivo presenza no marco dos Encontros con); e de eventos diversos (actos de entrega de premios, certames, conmemoracións, lembranzas, Avelina, Maribel, Vitoria...; e con Mario, xa para sempre.
Novas infraestruturas e prestacións foron, grazas ao labor de Mario, conformando unha biblioteca marco dentro do ámbito escolar. Biblioteca viva en constante movemento para axustala ás demandas do alumnado. E o punto de inflexión chegaría a raíz do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 05/06. O noso centro foi un dos seleccionados tras superar as esixencias establecidas na convocatoria do DOG (29/03/05) para o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de Galicia. Talvez a primeira medida realizada con rigor e coñecemento preciso sobre Biblioteca Escolar que apareceu no DOG, sentenciou Mario no seu momento. O noso Centro, xunto a outros trinta e nove (quince IES) foi seleccionado para este Plan. Isto supuxo un maior investimento para publicación e adquisición de material e para mobiliario. Nacía daquela o Equipo de Apoio á Biblioteca. E nesas estamos, sabedores de que sempre poderemos contar co asesoramento do Mario fozabibliotecas.
Arriba fotos, xentileza de Carlos Míguez, como pequena mostra do actual estado da Biblioteca, coa nova área de lectura informal de estética naíf rodeada da etiqueta vermella, do revisteiro e do bosque da banda deseñada; os mó-dulos de cine, a zona do libro dixital, a área de ordenadores, o canón, a histórica foto da Conferencia Solvay...…
Curso 1954-1955, créase de facto a Biblioteca do Centro de Enseñanza Media y profesional de Modalidad Agrícola y Ganadera “Ramón Mª Aller Ulloa”, no antigo edificio do Hospitalillo.
Curso 1978-79, a Biblioteca, xunto co Instituto, migra para o actual edificio.
1989, a Biblioteca sobrevive a un incendio.
Curso 1995-1996, a Biblioteca comeza o labor de dixitalización dos seus fondos.
2005, o noso Centro, xunto a outros trinta e nove (quince IES) foi un dos seleccionados na primeira convocatoria do PLAMBE.
2006, xaneiro; nace A Marela Tarabela (dixital e analóxica),
boletín da Biblioteca, ao abeiro do blog tarabelateca.blogspot. com/
2007, os libros de “okupas”.
2007, outubro. Os libros regresan á renovada Biblioteca.
2007, maio. A Biblioteca do centro recibe o segundo premio do Concurso convocado polo Ministerio de Educación e Ciencia (MEC) sobre boas prácticas nas bibliotecas escolares en 2006.
Curso 2008-2009, outubro; estrea das novas librarías e mobiliario específico de almacenaxe-exposición.
Curso 2008-2009, nace a Bufarra, pantalla de promoción e dinamización de actividades.
Curso 2008-2009, doazón dos Manuscritos de Don Ramón por Victorino Gutiérrez Aller.
2012-2013, xaneiro; nace o proxecto Toc-Toc-A-Ciencia, actividade impulsada desde a Biblioteca para facer visible as ensinanzas STEM.
2012, ve a luz o blog Marela BD, dedicado á banda deseñada (alimentado por Mario).
2013, a Marela informa de que Kareal, cuadernos de creación literaria y arte, revista editada polo Departamento de Lingua Castelá do noso instituto, foi galardoada nos Premios Lobo 2013.
2014, maio. A biblioteca acolle o acto de entrega do I Premio de creación literaria Mª Vitoria Taboda. Lembramos así a Vitoria, á que Mario retratou con exactitude: a ela correspondeulle (a ela e a Avelina) o traballo invisíbel. O traballo que seica non era traballo. -Chegou este par de libros. E como non era traballo: -Queres que os mire? E como non daba traballo: -Mira... E ao cabo de dous ou tres días xa os traía de volta e debullados. -Que? -Están ben...
Curso 2018-2019, acondicionamento naíf do espazo Recanto de lectura.
2018, novembro; XXXI Congreso ENCIGA. A Biblioteca semellaba invadida por un grupo de turistas xaponeses tirando fotos a esgalla. Moito gustou!
2019, 8 de marzo. A biblioteca inaugura o espazo Feminismo e situación da muller.
2019, marzo. O libro dixital xa dispón de espazo de seu na Biblioteca.
2019, 31 de maio. A Biblioteca adquire personalidade de seu: Biblioteca Mario Pereira do IES Ramón Mª Aller Ulloa.
Contamos no momento da publicación desta Marela para Mario con máis de 24.400 rexistros. E seguimos a medrar servindo a toda a comunidade escolar: instituto, escola de idiomas (unha das teimas da recordada Maribel) e en xeral calquera persoa ávida de coñecemento.
O fondo documental
Os temas tarabeleiros
O alicerce son os Encontros con, esta idea de Mario compleméntase coa constante actualización documental da Biblioteca e as variadas exposicións, o que contribúe a manter en constante renovación os temas tarabeleiros.
Da vitalidade dos Encontros con dá fe a interminábel listaxe de personalidades de diferentes ámbitos profesionais que nos visitaron e que nos seguirán a visitar...
Efemérides
Foto: 50 anos de historia. Centro de Enseñanza
Media y Profesional (Instituto Laboral “Ramón
Mª Aller Ulloa”). Colección Deza básicos, nº 7.
Os inicios
Abaixo foto da Biblioteca, curso 1958-1959. Nela podemos observar como era o mobiliario. Os mobles libraría acompañaron o centro na súa peregrinaxe ao actual emprazamento deixando atrás os restos do que fora o
Hospitalillo, e xa van alá 40 anos.
Foto
s: F
ondo d
ocum
enta
l da B
ibliote
ca
2 outubro, 2007. Xa vai.
http://tarabelateca.blogspot.com/http://tarabelateca.blogspot.com/http://toca-ciencia.blogspot.com/http://marelabe.blogspot.com/http://tarabelateca.blogspot.com/search/label/encontros