28
Viqui Veiguela Vai chover… as meigas voan baixiño

Vai chover, as meigas voan baixo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Historia iniciática sobre vacas que foron outras criaturas previamente, mais atoparon meigas brincalleiras...

Citation preview

Page 1: Vai chover, as meigas voan baixo

Viqui Veiguela

Vai chover… as meigas

voan baixiño

Page 2: Vai chover, as meigas voan baixo

2

© Texto: Viqui Veiguela, 2011.

© Lastura, 2011. www.lastura.blogspot.com

Creative Commons

Alcálima by Xavier Frias Conde is licensed under a Crea-

tive Commons Reconhecemento-Não comercial-Sem

obras derivadas. 3.0 Espanha License.

All rights reserved worldwide.

Page 3: Vai chover, as meigas voan baixo

VAI CHOVER…

AS MEIGAS VOAN

BAIXIÑO

Page 4: Vai chover, as meigas voan baixo
Page 5: Vai chover, as meigas voan baixo

5

–Vai chover –pensou a vaca–. As meigas

voan baixiño este serán.

E efectivamente, iso fan as bruxas moitas

tardes de verán, cando lles fai falla algún

ingrediente secreto para as súas beberaxes.

E é que as bruxas non só utilizan barbas de

sapo ou pegadas de sombra, non ho, iso non

son máis que faladoiros de vellas como todo

o mundo sabe, ou debería saber, un dos in-

gredientes máis importantes das apócemas

de bruxas son os raios e as puvisas. E xa me

diredes onde raios (con perdón) van atopar

as pobres un bo raio fresco e brillante preci-

samente cando e necesario. E por iso, que

moitas veces se miramos para o ceo a esa

hora entre lusco e fusco, vemos unhas man-

chiñas negras que van dando voltas arredor

das nubes. Eu sei ben que desde lonxe po-

den parecer pegas ou grallas, ou que sei eu,

pero non debemos permitir que os sentidos

nos leven a engano. Ai, ho, iso e o que elas

máis queren e por iso fanse pequeniñas, pe-

Page 6: Vai chover, as meigas voan baixo

6

queniñas, para que a xente que aínda ten

tempo de mirar para o ceo non saiba que

son elas, as meigas. E ese é o motivo por

que toman aparencia de paxaro, para pasar

desapercibidas, unha especie de camuflaxe,

como nas guerrillas, como os maquis ou nas

pelis de Vietnam.

Mais nós, as vacas, ai, onde nos vedes,

tan mansiñas e pintas ou rubias, non somos

tan fatas como puidera parecervos. Non, o

que pasa, e que nós pensamos. Estamos to-

do o día dándolle a moleira. Por iso as mei-

gas non nos conseguiron trabucar.

Elas seranche moi rápidas, eu iso non vo-

lo discuto, pero a cousa e que elas tampouco

se molestaron moito en ocultarse de nós.

Así que sabemos ben que, cando as meigas

voan baixo, é que se achega unha boa, boí-

sima treboada.

E non é que a chamen, mirade vós, é que

non tedes nin idea, e estariades moito me-

llor caladiños, porque se non queredes que

Page 7: Vai chover, as meigas voan baixo

7

volo conte, pois non o fago, e aquí non pasa

nada.

Non, o que fan é moito máis sinxelo. Po-

ñen as súas medias a raias, enchen a pel cu-

nha boa crema hidratante e flops! Na vasoi-

ra...e voan, iso si, moi atentas ás normas de

circulación aérea, porque non sería a pri-

meira vez que unha delas morre atropelada

por una avión.

Cando por fin se achegan dabondo á nube

elixida, comezan a dar voltas ao seu redor, e

a facerlle cóxegas no nariz coas barbas da

vasoira. E así ata que a desventurada nube

empeza a chorar de riso (entón e cando co-

meza a chover) e, por fin, espirra.

Ese e o punto culminante da operación,

porque hai que metelos raios nun bote canto

antes para que non perdan calidade e forza

en contacto co ar. Ese negocio non é tan

fácil como podería parecer porque os raios

teñen ganas de darlle ao rabo por aí e non

de enfurruñarse nunha botella, e a saber ata

Page 8: Vai chover, as meigas voan baixo

8

cando.

Chegados a este punto, cada meiga utili-

za a súa técnica secretísima, que por (case)

nada do mundo rebelaría a (case) ninguén.

Unhas perseguen o raio ata que o pillan pola

cola, pero e este un método perigoso, por-

que non e fácil manter o equilibrio na vasoi-

ra.

A outras, máis ben gústalles enganar as

puvisas ensinándolles un pau seco ou ata un

pararraios, si, home, deses que teñen forma

de galo, coas ás e todo.

Suponse que entón os raios van detrás do

obxecto en cuestión, e cando están a piques

de collelo, zas! Vai a meiga e cázaos co bo-

te.

Non sei, tampouco quero eu quedar aquí

de experta, pero paréceme que o mellor e

botarlle a lingua e facerlle moita burla para

que se pique, veña a por nos e xusto nese

momento, cun xesto elegante metelo no bo-

te. Supoño que a expresión ter a alguén no

Page 9: Vai chover, as meigas voan baixo

9

bote vén de aí, o que pasa e que as meigas

botáronvos teas de araña nos ollos para fa-

cervos crer que e outra cousa.

Como, queredes saber para que concre-

tamente queren as condenadas bruxas os

raios; pois moi fácil, para darlle maior po-

tencia aos seus meigallos... e en tardiñas

coma esta, véspera de San Martiño, quére-

nos claramente para gañar a competición de

feitizos que se celebra todos os anos nestas

datas.

Ai... recordo eu ben a do ano pasado..si,

demasiado ben, porque foi entón cando, eu

– permitide que me presente: D. Gustavo

Brzoza, único herdeiro do reino de máis aló

da mar– tiven a desgraza de me cruzar no

camiño dunha desas malísimas, felonas e

perfidísimas bruxas.

A historia e a que segue, se me permiti-

des narrala, a historia de D. Gustavo, o

príncipe-vaca...

Como volo explicar? Eu, a parte diso de

Page 10: Vai chover, as meigas voan baixo

10

ser príncipe, non tiña nada de especial... non

era nin alto, nin louro, nin tiña os ollos azuis

como os nonmesquezas. Por non ter, non

tiña nin unha boa espada. O problema era

que o

meu rei-

no, quero

dicir, o

reino do

meu pai,

éravos

máis ben

modes-

to... ve-

ña, vale,

modestí-

simo...

nin dra-

góns, nin bandidos, nin xustas nas que de-

mostrar as miñas virtudes virís. No noso

reino non había de nada, porque, xa me di-

redes que vai facer un dragón nun reino on-

Page 11: Vai chover, as meigas voan baixo

11

de non pode roubar tesouros ou fermosas

doncelas para a súa cova, e moito menos ten

que facer un bandido...ai, a verdade e que

no noso reino tiñamos so unha meiga vella e

desmelada e un astrólogo romanés, que co-

mo non tiña nada bo que predicir traballaba

de bufón da corte, pregoeiro e aínda de xar-

dineiro no noso horto.

Eu, que nunca vira outra cousa, pasei alí

os anos da miña infancia, a xogar co astró-

logo e revoándome coas vacas… ata que un

día, hai disto máis de catro anos, comecei a

crecer ata facerme máis alto que meu pai,

saíume barba, a voz non respondía moito

aos meus desexos... e meu pai, ou sexa, o

rei, caeu na conta de que se eu casaba cunha

princesiña rica, o noso reino pasaría a ter

polo menos unha estrela e medía na guía

“Reinos de Ensoñación para a fin de sema-

na”

O problema co que foi dar, así e todo,

non tiña unha solución sinxela. Como xa

Page 12: Vai chover, as meigas voan baixo

12

vos dixen, non me dotara a natura de atrac-

tivos especiais, e como a miña bolsa tiña

máis ben a barriga fraca... en ningunha casa

real de pro quixeron mirar para min seque-

ra. E en máis dunha non me deixaron nin

entrar, en vez diso, déronme esmola e ás

veces tamén o enderezo do psiquiátrico.

Non podían crer que eu fora a súa alteza

real D.Gustavo Brzoza...

Ao cabo do tempo, vendo que non conse-

guía a branca, ou moura, ou amarela (xa

todo daba igual) man de princesa ningunha,

tiven que volver ao pazo do meu pai..

Esperábame alí, co astrólogo e a meiga, e

cunha cara máis longa que o inverno pola-

co.

Eu pensei que, en vista do meu fracaso,

acougaría e resignaríase a súa non tan triste

sorte. Polo menos iso me parecía a min.

Ou que, como moito, me mandaría a lin-

dar as vacas (tres) da corte real.

Page 13: Vai chover, as meigas voan baixo

13

Pois non, como xa comezaba a ser habi-

tual, resultou que me equivocaba.

Caera o bo do meu pai na conta de que

nos libros as princesiñas teñen a incompre-

sible manía de bicar ras, que sempre, sem-

pre se converten en apostos príncipes, e de

que logo os pais das devanditas princesiñas,

teñen a aínda máis incomprensible manía de

casalas con estes ex batracios. Decatouse

tamén, o meu pai, de que xamais e nunca se

mencionan cuestións financeiras relaciona-

das coa ra.

Page 14: Vai chover, as meigas voan baixo

14

E como é de todos coñecido, o que se di

nos libros é verdade, que si non ninguén

non o escribiría… pois, sen comelo nin be-

belo, a bruxa sacou da faldriqueira un raio e

un pouco de canela, e zas! Converteume en

ra.

Croei eu con desesperación, pero non me

valeu de nada porque o meu pai, xa me tiña

metido nun bote de

marmelada, e o bote

no peto. Durante

case tres días non

vin nada, e recibín

de comida dúas

moscas e catro uvas

pasas.

Penso que o rei nun tiña moi claro o que

comen os príncipes encantados. A verdade e

que eu tampouco, porque non acababa de

entender de todo a situación.

Ben, non vos impacientedes, que xa vou

acabando... na mañá do cuarto, ou pode que

Page 15: Vai chover, as meigas voan baixo

15

terceiro día, –non o sei porque en prisión

pérdese a conta das horas–, meu pai, como

quen non quere a cousa, meteuse ás agacha-

das no xardín estilo Versalles do reino veci-

ño, e alí, tamén como quen non quer a cou-

sa, deixoume caer nunha poceira. E mar-

chou.

Alí quedei eu, a esperar a princesa e pre-

guntándome se me querería bicar.

Non sei vós, pero eu sempre tiven moitas

dúbidas sobre a veracidade destas informa-

cións literarias. Polo que eu sabía, as ras

non son precisamente animais populares.

Quero dicir que os pícaros que eu coñecera

ata entón, máis ben as torturaban que outra

cousa... e, eu, avisado destas atrocidades,

temíame xa o peor.

Así pois, sentei a beira da poceira, moi

acougado e poñendo cara de simpático, a

espera de que a princesa caeráselle a coroí-

ña de ouro ou a pelota á auga, e de que, a

cambio do seu rescate, quixese bicarme.

Page 16: Vai chover, as meigas voan baixo

16

E como tiña que ser foi, a princesa, moi

enfurruñada coa súa madrasta porque a

obrigaba a vestirse de princesiña repoluda e

con coroa, botou a correr ata a poceira e alí,

disimuladamente, deixou caer a súa coroí-

ña...

Como podedes ver, meus nenos, era cos-

tume daquela botar o lixo á auga... si, xa sei

que agora tamén, que pasa, non pode unha

vaca ser irónica?

A cousa e que pensei que unha ocasión

coma esa non a volvería ver endexamais. E

sen encomendarme a deus nin ao demo,

hop! Saltei á auga e moi orgulloso saquei a

coroa e púxenme a dar pulos diante da prin-

cesiña, que xusto naquel intre beliscárase xa

o bastante forte como para chorar de modo

máis que convincente. E alí, eu, como un

fato, coa coroa na boca, dando botes diante

da princesa e das súas ás...

A princesiña non sabía moi ben como saír

desta, así que tentou darme un piqueiro toda

Page 17: Vai chover, as meigas voan baixo

17

disimulada por ver se se desfacía de min...

pero non lle saíu ben a xogada, porque o

mesmísimo rei me colleu nas mans, recoro-

ou a princesa e mandoulle bicarme nos fo-

ciños...non sei eu se como recompensa para

min ou como castigo para a parva dela...

A princesa puxo cara de noxo, mais non

lle valeu de nada. A fin de contas, por moito

pai dela que fora, éra-

chelle máis rei que

pai... e bicar, bicoume,

con tan mala sorte que

tamén ela transformou-

se en ra, para conster-

nación e oprobio da corte.

Ai, e que facer agora con dúas ras máis

no reino e ningún herdeiro...

Que facer?

Home, pois chamar pola meiga máis

achegada para que inverta o meigallo...

E así se fixo.

Máis ou menos...

Page 18: Vai chover, as meigas voan baixo

18

A meiga, nun principio, non quería saber

nada do asunto, pero a posibilidade de lucir-

se no aquelarre de S. Martiño bastou para

convencela...

Amodiño, a vella untouse cos seus un-

güentos, montou na vasoira e foi buscar

alustros...o que aquel serán choveu no reino

só se pode comparar co diluvio universal...

raios e máis raios, e a bruxa cos pelos de

punta e os pololos á vista, e veña chover, e

veña chover... e a miña compañeira de in-

fortunios e máis eu, alí, pequeniños e verdes

na poceira... baixo a choiva,esquecidos case

de todos, que corrían a buscar paraugas e

zocas.

E veña chover, e veña chover... e tanto

choveu que desbordou o río, e levou a me-

tade do reino... e veña chover, ata que vol-

veu a bruxa, pingando e rebentada, mais

cunha sacada de raios nos petos.

A princesiña e máis eu mirabamos para o

chan. A verdade e que a min xa todo me

Page 19: Vai chover, as meigas voan baixo

19

daba o mesmo, e ela tampouco parecía moi

preocupada polo seu cambio de forma.

A meiga tamén miraba para nosoutros,

máis non dicía nada. En vez de falar, sacou

do peto un calendario e dixo que precisa-

mente ese era o mellor día para nos desen-

meigar porque estabamos xustamente na

véspera de San Martiño.

Logo preguntounos moi seriamente se de

verdade queriamos cambiar de forma, por-

que para inverter o feitizo doutra meiga te-

ría que usar un meigallo potentísimo e irre-

versible...

-Croac!!! – que máis podiamos dicir, ca-

Page 20: Vai chover, as meigas voan baixo

20

tivos, se nin sequera tiñamos a posibilidade

de falar.

Ouvindo isto, a meiga rañou a barba e,

sen dar tempo a que ninguén reaccionase,

meteunos nun frasco, gabeou na vasoira e

marchou de alí...

Voamos e voamos, ata que, á noitiña, a

bruxa aterrou, sacounos do frasco e, outra

vez preguntou, se de verdade queriamos

cambiar de forma.

– Croac!!!

– Coitadiños, non poden falar... pero eu

heilles dar esa posibilidade... iso si, só pode-

redes dicir tres frases, así que pensade ben

que queredes dicir, porque nesta noite o

Poder da Verba é inmenso.

Page 21: Vai chover, as meigas voan baixo

21

Xa dito, xa feito...segundo ía preparando

o seus arteluxos para o feitizo, foron apare-

cendo outras meigas. Nós entón no o sa-

biamos, máis aquel era o lugar do aquela-

rre...

Cada vez estaba máis escuro. As outras

meigas mira-

ban para nós

cos ollos che-

os de descon-

certo. E así,

ata que unha

delas, preci-

samente a que

traballaba no

reino do meu

pai, botouse a rir e aquel riso si que daba

medo: saíalle da gorxa a cachón e facía que

se lle movera o bandullo como se fose xela-

tina...

Dixo, cos papos revoados de tanto

rir...”vedes, vedes, irmás, son eu este ano a

Page 22: Vai chover, as meigas voan baixo

22

gañadora. Co meu meigallo non so enganei

o rei, tamén fixen malfadado ao seu fillo e

sementei o pranto no reino veciño...” e volta

a rir e a rir.

As outras meigas alí presentes, deron

palmas e dixeron que había moito que non

viran un feitizo tan malvado...

Mais daquela, a bruxa que nos trouxera

alí, fixo estoupar un raio dos que roubara ás

nubes, e, como era de esperar, as outras

meigas calaron..

Teño que dicir que entre as meigas, un bo

raio e un obxecto moi custoso, que ningu-

nha desperdicia así como así.

Entón berrou... ou murmurou, xa non me

acordo... o caso e que naquel momento o

único que existía no ar era a súa voz..

– Eu, valorando as malas artes da nosa

amiga, farei un meigallo aínda peor:

Estas dúas ras teñen o don da fala... e elas

mesmas terán de decidir sobre o seu desti-

no.

Page 23: Vai chover, as meigas voan baixo

23

– Que a verba sexa!!! –dixo, abrindo o

bote dos raios...

A primeira en falar foi a princesiña...

– Ai, ho, non sei se isto é peor que ser

princesiña e levar coroa. Polo menos entón

comíache boas cousas, e agora teño a boca

como unha caixa do correo en que só caen

moscas e moscóns e mosquitos e tabáns

…slurp! ( pasaba por alí unha bolboreta )...

eu o que quero é ser meiga coma vós e facer

o que me pete…

E, así foi... estouparon un par de puvisas

e, no canto da ra, apareceu unha nena de

moi mal xesto, cun gorro de punta e vestida

de mouro.

Eu asistín á transformación moi sorpren-

dido e deume tantísimo medo que o que

acertei a dicir cambiou o meu destino e ata a

posición das estrelas no ceo (supoño que

isto con gran desconcerto do noso astrólo-

go).

– E eu…e eu, eu quero que me deixedes

Page 24: Vai chover, as meigas voan baixo

24

en paz, que o meu pai quede contento comi-

go e non molestar a ninguén...

Non sei moi ben porque, pero o que dixen

causou gran sensación entre as bruxas…

botaron a rir, e a rir, e a bailar arredor de

min.

O

seguin-

te que

recor-

do é a

cara do

meu

pai,

moi,

moi

leda

porque

nos arredores do horto atopara unha vaca

sen dono… e xa tería asegurado o leite do

almorzo.

Agora xa sabedes por que son unha vaca.

Page 25: Vai chover, as meigas voan baixo

25

E por que sei tanto de meigas e meigallos e

porque o meu desacougo non ten nome can-

do as meigas voan baixo.

Que? Ai, ho, o de que por que podo falar

e outra historia…

Page 26: Vai chover, as meigas voan baixo
Page 27: Vai chover, as meigas voan baixo
Page 28: Vai chover, as meigas voan baixo