7
ACHEGAS A VIDA DE VEREMUNDO RIESCO VÁZQUEZ Aproximación a la vida de Veremundo Riesco Vázquez Approach to the life of Veremundo Riesco Vázquez Portela Vázquez, Alberto Manuel Historia Veterinaria Galega (HISVEGA) Congreso Historia Veterinaria Octubre 2008 RESUMO Neste traballo realízase unha achega á figura de Veremundo Riesco Vázquez, o cal é representante dunha xeración de veterinarios impulsores en abrir novos camiños de desenvolvemento profesional de carácter renovador da veterinaria española na segunda metade do século XX RESUMEN En este trabajo se realiza un acercamiento biográfico a la figura de Veremundo Riesco Vázquez, el cual es representante de una generación de veterinarios impulsores en abrir nuevos caminos de desarrollo profesional de carácter renovador de la veterinaria española en la segunda mitad del siglo XX ABSTRACT In this work is made a biographical approach to the figure of Veremundo Riesco Vázquez, which is representing of a generation of veterinarians, who opened new ways of professional development of the Spanish Veterinary Medicine in second half of century XX INTRODUCIÓN Dentro das actividades da Asociación “Historia Veterinaria Galega. (HISVEGA)”, estase a realizar unha recuperación da memoria viva da Veterinaria Galega. A través de entrevistas con veterinarios xubilados preténdese plasmar experiencias vitais que no seu conxunto reflictan a Historia Contemporánea da profesión. En maio do 2007, falamos con Veremundo Riesco, do que tiñamos coñecemento do seu papel na docencia e como institución galega en avicultura, por Teresa Moreno, gran amiga súa, tristemente desaparecida, ao pouco tempo desta data. Así que, tendo esta premisas, HISVEGA, tiña que coñecer a vida e semblanza deste veterinario, exemplo da rexeneración da Veterinaria.

VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

ACHEGAS A VIDA DE VEREMUNDO RIESCO VÁZQUEZ

Aproximación a la vida de Veremundo Riesco Vázquez

Approach to the life of Veremundo Riesco Vázquez

Portela Vázquez, Alberto Manuel

Historia Veterinaria Galega (HISVEGA)

Congreso Historia Veterinaria Octubre 2008

RESUMO

Neste traballo realízase unha achega á figura de Veremundo

Riesco Vázquez, o cal é representante dunha xeración de veterinarios

impulsores en abrir novos camiños de desenvolvemento profesional de

carácter renovador da veterinaria española na segunda metade do

século XX

RESUMEN

En este trabajo se realiza un acercamiento biográfico a la

figura de Veremundo Riesco Vázquez, el cual es representante de una

generación de veterinarios impulsores en abrir nuevos caminos de

desarrollo profesional de carácter renovador de la veterinaria española

en la segunda mitad del siglo XX

ABSTRACT

In this work is made a biographical approach to the figure of Veremundo Riesco Vázquez, which is

representing of a generation of veterinarians, who opened new ways of professional development of the

Spanish Veterinary Medicine in second half of century XX

INTRODUCIÓN

Dentro das actividades da Asociación “Historia Veterinaria Galega. (HISVEGA)”, estase a realizar

unha recuperación da memoria viva da Veterinaria Galega. A través de entrevistas con veterinarios xubilados

preténdese plasmar experiencias vitais que no seu conxunto reflictan a Historia Contemporánea da profesión.

En maio do 2007, falamos con Veremundo Riesco, do que tiñamos coñecemento do seu papel na

docencia e como institución galega en avicultura, por Teresa Moreno, gran amiga súa, tristemente

desaparecida, ao pouco tempo desta data. Así que, tendo esta premisas, HISVEGA, tiña que coñecer a vida e

semblanza deste veterinario, exemplo da rexeneración da Veterinaria.

Page 2: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

PRIMEIROS ANOS

Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de

marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era

carabinero; a súa nai Luísa Vázquez Freixeiro, dona de

casa e seu irmán, xa morto, era catro anos máis novo.

Pasou a súa infancia e parte da adolescencia na

súa vila natal estudiando no “ Instituto Nacional de

Ensino Medio” en Tui, no primeiro ano e despois no

colexio recoñecido “Santo Angel” dende 1936 o 1943,

con una media de 9,5 nos sete cursos. Recorda con

cariño ao sacerdote de Guillarei, que lle daba aulas

particulares de latín e ambos cruzaban parrafadas nesta

lingua. Era un estudiante exemplar, pero como a todo

estudiante lle chega o seu primeiro suspenso, o cal foi na reválida de 7º en Santiago, na convocatoria de

xuño, tendo que esperar a setembro a ter superadas as probas, e poder así entrar na universidade.

Veremundo tiña en mente estudar medicina, pero seu pai animouno a facer veterinaria, porque entón

gañábase máis de veterinario ca de médico, co tema das guías e ademais era un ano menos de estudio.

Así que a opción escollida foi veterinaria na facultade da Universidade Complutense de Madrid, na

que ingresou o 2 de novembro de 1944 ata o 30 de xuño de 1949. Fixo a proba de licenciatura con

sobresaínte .

Mentres estudiaba foi bolseiro do Instituto de Investigacións Veterinarias na propia facultade e no

P.B.A.(Padroado de Bioloxía Animal) a partir do segundo ano ata a súa terminación.

Atopou un gran cambio entre os estudios de bacharelato aos universitarios, onde a diferencia era

abismal, ponos como exemplo que o 1º tema da química experimental no primeiro ano estaba composto de

94 páxinas. Isto asustouno e foi un estímulo para dedicarlle moito tempo a estudiar, diariamente.

En Madrid vivía na pensión Riesco, propiedade do seu tío, situada na rúa Correos, nº2 segundo,

esquina coa Porta do Sol, e a Rúa Maior.

Alí pasaría horas de estudio, nunha mesa con tres compañeiros máis, que selarían unha amizade que

perduraría cos anos ata o presente.

Os amigos eran:

♦ Felipe Rodríguez Mezquita (Zamora), que exercía como veterinario militar, sendo coronel en

Valladolid.

♦ José María Prat Frígola (Besalú, Girona), do corpo nacional veterinario, sendo Xefe de Servizo de

loita contra a PPA ( peste porcina africana), con destino en Badaxoz.

Page 3: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

♦ José Aguiló Bonín (Palma de Mallorca), dedicouse á clínica de pequenos animais e coma técnico do

hipódromo das trotadas, na mesma localidade.

Entre os catro, elaborarían apuntes, realmente completos, nas materias de Inmunoloxía e

Farmacoloxía , nas cales non había texto oficial, que despois vendían aos compañeiros. Isto fai referencia a

aquel dito da universidade de “que non hai nada que una tanto aos amigos como uns bos apuntes feitos en

común”.

Tamén farían as Milicias Universitarias xuntos e na mesma tenda de campaña, no campamento

Monte da Reina (Segovia). No segundo ano de carreira saían de sarxentos, no 3º, de alférez e ao rematar a

licenciatura, 6 meses de prácticas nun rexemento coma oficiais. Foi destinado ao Rxto. De Cazadores de

Santiago nº 2, en Alcalá de Henares, prestando servizo entre 01/10/1949 a 31/03/1950.

Na súa etapa universitaria destaca como profesor a José Morros Sardá, excelente docente e gran

pedagogo; era tamén médico e impartía clases de Fisioloxía nas facultades de Veterinaria e Medicina na

Complutense. Tiña un magnífico libro propio sobre Fisioloxía1.

Coméntanos a anécdota dese profesor cun alumno cando, nun exame oral, pídelle que explique o

acto fisiolóxico da “defecación”. O alumno púxose tan nervioso e colorado que o profesor Morros

exclamoulle: “díxenlle que nos contara, non que o fixera”.

Tamén recorda co segundo suspenso, foi durante a vida académica universitaria, na materia de

Inmunoloxía, no 2º curso, sendo mestre Gabriel Colomo de la Villa.Tiña por norma suspender a tódolos

alumnos en xuño. Con esta determinación complicáballes a vida no segundo ano de carreira.

Foi alumno interno no Departamento de Patoloxía de doenzas esporádicas e cirurxía con Cristino

García Alfonso (Catedrático de Anatomía e Decano).

Na promoción 1944-49 licenciáronse 14 novos veterinarios en xuño, cando no 1º curso

matriculáranse máis de 200 alumnos.

COMEZO PROFESIONAL

Abríase agora o mundo laboral, que estaba na súa plétora profesional, xa que os veterinarios

distribuíanse nas capitais de provincia e poboacións de mais de 100.000 habitantes, en partidos abertos e o

resto eran partidos pechados (so podían traballar os titulares). En total mais de 6.000 profesionais con

traballo fixo, e outros tantos atopábanse en postgrado . Estes chegaron a editar unha revista de veterinarios

postgraduados.

1 Morros Sardá, José. Elementos de Fisiología General (prologo de Gregorio Marañón). Editorial Tipografía Artística. Madrid 1931.

Page 4: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

Ante este panorama, o futuro era incerto. Tíñanse que ir abrindo novas saídas, como veterinarios en

fábricas de pensos, laboratorios, grandes empresas gandeiras e avícolas, técnicos sanitarios en industrias

alimentarias, etc. E así foi.

En 1950 iniciou a súa actividade profesional como bolseiro interno no laboratorio Zeltia (Porriño),

cando este vai comezar no eido das menciñas veterinarias, farmacolóxicas e biolóxicas (soros e vacinas). Os

seus titores foron Nicanor Ocampo Otero, en farmacolóxicas e Rafael Campos Oneti, nos biolóxicos .

Pediunos que dende HISVEGA, dedicarlles o máis merecido homenaxe a ambos veterinarios, que tanto

colaboraron a completar a súa formación universitaria e seu maior agradecemento pola súa axuda e

ensinanza que, como moi bos mestres, moldearon o seu espírito para facer na vida un traballo ben feito e con

gusto.

Tamén estábanse creando centros de Ensinanza Media e Profesional, de modalidade Industrial

(Vilagarcía), Marítimo- pesqueira (Marín) e Agrícola- gandeira (Tui).Os tres entre os 14 primeiros creados

en España.

No ano 1951, sendo bolseiro de Zeltia conseguiu, por concurso libre de méritos, unha praza como

profesor de Organografía Animal e Vexetal, hoxe Ciencias Naturais, no Instituto de Tui, compatibilizando os

dous postos.

No decorrer dos anos, Zeltia asociouse con Cooper e como xa estaba rolando ben as especialidades

Fármaco-biolóxicas, foi a Inglaterra para especializarse na parasitoloxía (interna e externa), no C.T.B.

(Cooper Tecnical Bureau), en Berkhamsted; condado de Herts.

Alí, baixo a titoría do Dr. Sloan, xefe do servicio, aprendeu coproanálise (recollida de mostras,

análise coprolóxico pola técnica de flotación, recoñecemento de ovos para diagnóstico das parasitoses e

tratamentos adecuados).

Page 5: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

Cando volveu, paseou por toda España facendo diagnósticos parasitolóxicos en centos de

explotacións gandeiras, por coproanalise, axudado polo laboratorio que levaba consigo, tanto en empresas

privadas como colaborando co Ministerio de Agricultura.

Co Ministerio e coa colaboración de Zeltia, levou a dirección técnica para rematar coa Hipodermose

Bovina (“barros”) no vacún da illa de Menorca, e aumentar a produción de leite e acadar peles de calidade,

para a fabricación de queixo duro (fundido) e zapatos de artesanía, típicos das localidades de Alayor e

Ciudadela, respectivamente.

A nivel de empresa, como por exemplo, na finca Jandilla, dos Sres Domecq e Díaz, que tiñan touros

bravos, que non medraban completamente, diagnosticou unha infestación masiva de Neoáscaris vitulorum,

que foi eliminada. E tamén na finca de Álvaro Domecq, en Medina Sidonia, outra infestación nun rabaño de

porcos, por Macracantonrincus hirudinaceo (Sin. Equinorincus jigas), entre outras moitas intervencións,

perante os anos dedicados a parasitoloxía.

Por outra banda compartiu a súa experiencia con moitos compañeiros, facendo demostracións, unha

verdadeira pelexa contra o cancro económico das explotacións, producido por parásitos externos e internos.

Finalmente sinalou que a máis desta labor, levaba o Servizo de Coordinación e Asesoramento das

delegacións técnico-veterinarias provinciais de Zeltia.

O 31 de Nadal de 1965, deixou o laboratorio, xa que tivo que escoller na docencia entre horario

normal, compatible de 15 horas , ou exclusivo de 24 horas. Na súa elección pesou a opinión da súa muller,

casados no ano 1956, xa que ela era catedrática de Xeografía e Historia, no mesmo centro docente de Tui.

CAMIÑO DOCENTE

No ano 1956 gañou, por oposición e co número 1, a cadeira de Ciencias Naturais, ante un tribunal

formado por catedráticos de veterinaria e enxeñeiros agrónomos, presididos por Carlos Luís de Cuenca,

catedrático da Facultade de Veterinaria de Madrid.

Nos manifesta Veremundo que foi o primeiro catedrático, veterinario de España, de Ciencias

Naturais e Bioloxía de Instituto, abrindo un camiño novo aos licenciados en veterinaria, despois de vencer un

fronte que poñían os antigos colexios de licenciados en Ciencias, conseguindo así unha saída máis para a

profesión.

Sendo catedrático, fixo algúns viaxes co Ministerio de Educación por Europa e participou como

presidente en tribunais de reválida elemental e superior.

Ao pouco de acadar a cátedra, foi nomeado Director do Instituto de Tui, permanecendo no cargo

durante 21 anos ininterrompidos que cos nove de catedrático, suman 30 anos de docencia nesa cidade.

Deixou Tui, e trasladouse a Vigo ó Instituto “Santa Irene”, onde estivo 12 anos ata súa xubilación, os

65 anos de idade, con 42 anos e 8 meses de docencia.

Page 6: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

PAPEL DE VEREMUNDO RIESCO NA AVICULTURA GALEGA

Outra faceta da súa dilatada vida profesional comeza a partir do ano 1965, dedicándose a poñer a súa

experiencia veterinaria e docente ó sector da avicultura industrial, fundamentalmente na aptitude cárnica.

Interveu na creación de Avícola de Galicia S.A, como socio fundador, con sedes en Galicia e Valença do

Miño (Portugal). En Barro (Pontevedra), con naves de cría, recrías, produción, chocadeira e fábrica de

pensos para uso propio. En Valença, non había fabricación de pensos, pero si o demais.

Prestou asesoría profesional desinteresada a outras empresas españolas e portuguesas do ramo. En

Portugal nas cooperativas de Afife (Viana do Castelo), Avigui e Unipinto (Guimaraes), Avitrofa (Trofa),

Gapa en Porto d’Ave e outras menores, chegando a colaborar coa Dirección Xeral dos Servizos Veterinarios

do Ministerio de Agricultura, no control de efectividade de determinadas vacinas aviares.

Todo dun modo desinteresado,

so pola vocación docente e o cariño,

case patolóxico, pola profesión.

Dentro da actividade avícola, a

mais de España e Portugal visitou

convidado por diferentes empresas

estranxeiras no eido da investigación e

explotación avícola: Inglaterra,

Holanda, Francia e Israel, así como ,

Brasil, Argentina, Chile, Paraguai e

Perú con motivo da Exposición

Mundial de Avicultura en Río.

XUBILACIÓN

Despois de xubilado na docencia, seguiu coa súa actividade avícola ata o 30 de xuño de 2006, con 79

anos, deixando toda actividade o ter considerado que chegara a hora de descansar e xa cumprir coa súa

misión laboral na vida.

O 6 de outubro 2007, os seus compañeiros de profesión, do Colexio Oficial de Veterinarios de

Pontevedra, coincidindo coa festividade de San Francisco, fanlle unha homenaxe por levar máis de 50 anos

colexiado (nº 44) dende o ano 1951, xunto con outros excelentes compañeiros,e noméanse membros de

honra do citado colexio.

Por último, no mundo familiar, Veremundo está viúvo dende 1989. Tivo catro fillos: dous homes, o

primeiro químico, profesor no Instituto de Tui e o último é enxeñeiro en telecomunicacións, que traballa para

unha empresa do ramo en San Francisco de California dende España; e dúas fillas: unha médico do I.S.M. en

Congreso de avicultura en Israel

Page 7: VEREMUNDO RIESCO VAZQUEZ - AEHV (Asociación Española ... · PRIMEIROS ANOS Veremundo Riesco Vazquez nace en Tui o 11 de marzo do 1927. O seu pai, Pío Riesco Mata, era carabinero;

Vigo e a outra profesora de filoloxía inglesa no Instituto do Carballiño. Ningún quixo seguir coa veterinaria,

pero confiemos que moitos compañeiros collan o relevo de Veremundo nos distintos ámbitos desempeñados

por el.

Actualmente dedícase a súa paixón de viaxar e aumentar a súa colección de mouchos decorativos,

contando con 1.500 unidades de todo o mundo, que ten repartidos por toda a súa casa e nos mostra orgulloso

este feito, antes de abandonar a mesma. Tamén ten outra colección de anécdotas (chistes) españois e

portugueses, xa que na súa filosofía da vida, está a do humor (“día sen humor, día perdido” dinos) e coma

mostra son os numerosos chistes que nos narrou nos distintos días que compartimos con el , mentres

elaborabamos esta semblanza.