Upload
cabanas-1ciclo
View
237
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Visita ao museo de Pontevedra
Citation preview
Ceip Cabanas- SalcedoCeip Cabanas- SalcedoCurso 2012-2013Curso 2012-2013
Os nenos e nenas de 2º de Primaria, o día 7 de maio visitamos o Museo
de Pontevedra.
Entramos polo edificio Castro Monteagudo, que é a parte do museo onde están as coleccións de Ourivería, Pratería e Pintura, pero nós por unhas escaleiras e unha terraza que da á rúa, pasamos ao edificio García Flórez, onde está a cociña e o despacho de Méndez Núñez.
Na cociña o noso guía leunos as historias de Nuno e Viki
Esta é a lareira onde cociñaban.
A cociña é grande. Ten lareira, fregadeiro, fresqueira, armarios grandes con louza antiga…
Pasamos por corredores e escaleiras do Museo para ir ao despacho de Méndez Núñez.
O despacho é unha sala onde Méndez Núñez traballaba. Aquí está o seu escritorio , os mobles onde gardaba os seus libros e moitos recordos que traía das súas viaxes , como un ovo de avestruz, algas, madeiras exóticas, cunchas mariñas…
Tamén visitamos esta sala con maquetas de barcos.
Con carabelas coma esta, Cristóbal Colón chegou a América.
Diante da foto das Torres de Catoira, vimos a maqueta dun drákar, que é como se chamaban as naves vikingas por levar a imaxe dun dragón na proa.
Pasamos pola sala onde se expoñen os obxectos de acibache.
Antes de baixar ao camarote, vimos o diario no que cada día o capitán escribía o rumbo e todo o que acontecía a bordo, e a réplica da fragata Numancia, un barco recuberto de ferro co que Méndez Núñez deu a volta ao mundo.
Esta é a réplica da fragata Numancia co casco recuberto de ferro que a facía máis resistente nas batallas.
Ben protexido polo cristal, está o diario de Méndez Núñez.
Gustounos moito o camarote de Méndez Núñez.
Era como se estivésemos dentro dun barco de verdade!!
Atendimos con moito interese ás explicacións que nos daba o guía
Non quedou ninguén sen mirar polos catalexos.
Mirade que formais agardamos a que nos toque!!
Encantounos poñer os gorros de Nuno e Viki durante a visita.
Gustounos moito o Museo!!
Volveremos con mamá e papá!!
Este é o edificio Castro Monteagudo
Este é o edificio García Flórez
Estamos moi content@s co conto que nos deron de agasallo.
Ao chegar a clase, lembramos a excursión, e fixemos postais sobre o Museo para regalar a persoas que queremos.