23
ÍNDICE 1. Introdución I. Que é o TDAH? II. Subtipos de trastorno de déficit de atención/hiperactividade III. Importancia das funcións executivas IV. Tratamento do TDAH 2. Proceso de detección, valoración e intervención. 3. Estratexias a desenvolver co alumno con TDAH no centro e na aula I. Organización do centro II. Adaptacións e estratexias dentro da aula III. Actuacións coas familias 4. Orientacións para as familias 5. Bibliografía

Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

ÍNDICE1. Introdución

I. Que é o TDAH?

II. Subtipos de trastorno de déficit de atención/hiperactividade

III. Importancia das funcións executivas

IV. Tratamento do TDAH

2. Proceso de detección, valoración e intervención.

3. Estratexias a desenvolver co alumno con TDAH no centro e na aula

I. Organización do centro

II. Adaptacións e estratexias dentro da aula

III. Actuacións coas familias

4. Orientacións para as familias

5. Bibliografía

Page 2: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

1 INTRODUCCIÓNI. ¿QUÉ É O TDAH?

O alumno ou alumna presenta un trastorno por déficit de atención con ou sin hiperactividade (TDAH) cando a súa conduta manifesta un patrón persistente de desatención ou hiperactividade e impulsividade que é máis frecuente e grave que o observado en escolares da súa idade, repercutindo negativamente na súa vida social, escolar e familiar. Estes síntomas deben estar presentes tanto no ámbito escolar como familiar e algún deles debeu de aparecer antes dos sete anos, non debendo estar motivado por outro tipo de trastornos claramente definidos.

O TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade e o grao de actividade. O déficit de atención maniféstase en que o alumno ou alumna se aburre con frecuencia e distraese con facilidade.

Outra característica do TDAH é a impulsividade. Os escolares con TDAH son impacientes, interrompen en ocasións nas que non é adecuado, cústalles pararse e pensar nas consecuencias das súas accións, e non tenden a planificar os seus actos futuros.

O terceiro trazo distintivo é a hiperactividade. Parecen incansables e nunca se están quietos. Cústalles moito estar sentados, e cando o conseguen non deixan de mover as pernas, tocar todo o que esta ao seu alcance, dar golpiños cos dedos e cos pés.

A intervención para a mellora da adaptación do alumno-a require unha avaliación das súas necesidades educativas e sanitarias, que virán determinadas pola avaliación psicopedagóxica e clínica, respectivamente. A primeira será realizada polos orientadores-ás e a segunda polos servizos sanitarios públicos.

Page 3: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

II. SUBTIPOS DE TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN/HIPERACTIVIDAD

O DSM-IV-TR ( Manual Diagnóstico e Estatístico dos trastornos Mentais) establece os seguintes subtipos para o TDAH:

. TDAH combinado: seis criterios de inatención máis seis criterios de hiperactividade-impulsividade.. TDAH predominantemente desatento: seis criterios de inatención.. TDAH predominantemente hiperactivo-impulsivo: seis criterios de hiperactividade-impulsividade.

OS CRITERIOS DIAGNÓSTICOS DO DSM-IV-TR SON:

A. Presenta os seguintes síntomas: Seis (ou máis) dos seguintes síntomas de desatención persistiron polo menos durante 6 meses cunha intensidade que é desadaptativa e incoherente en relación co nivel de desenvolvemento:

a. Desatención:

. A miúdo non presta suficiente atención aos detalles, ou comete erros por descoido nas súas tarefas escolares ou noutras actividades. . A miúdo ten dificultades para manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas. . A miúdo parece non escoitar cando se lle fala directamente. . A miúdo non segue instrucións e non finaliza tarefas escolares, encargos, ou obrigas no centro de traballo (non se debe a comportamento negativista ou a incapacidade para comprender instrucións).

Page 4: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

. A miúdo ten dificultades para organizar tarefas e actividades. . A miúdo evita, desgústalle ou é renuente en canto a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental sostido (como traballos escolares ou domésticos). . A miúdo extravía obxectos necesarios para tarefas ou actividades (p. ex. xoguetes, exercicios escolares, lapis, libros ou ferramentas). . A miúdo distráese doadamente por estímulos irrelevantes. . A miúdo é descoidado nas actividades diarias.

b. Hiperactividade:

. A miúdo move en exceso mans ou pés, ou remóvese no seu asento.

. A miúdo abandona o seu asento na clase ou noutras situacións en que se espera que permaneza sentado.. A miúdo corre ou salta excesivamente en situacións en que é inapropiado facelo (en adolescentes ou adultos pode limitarse a sentimentos subxectivos de inquietude).. A miúdo ten dificultades para xogar ou dedicarse tranquilamente a actividades de ocio.. A miúdo «está en marcha» ou adoita actuar coma se tivese un motor.. A miúdo fala en exceso.

c. Impulsividade:

. A miúdo precipita respostas antes de ser completadas as preguntas.

. A miúdo ten dificultades para gardar quenda.

. A miúdo interrompe ou entrométese nas actividades doutros (p. ex. entremétese en xogos).

B . Algúns síntomas de hiperactividade-impulsividade ou desatención que causaban alteracións estaban presentes antes dos 7 anos de idade.

C. Algunhas alteracións provocadas polos síntomas preséntanse en dous ou máis ambientes (p. ex. na escola e na casa).

D. Deben existir probas claras dunha deterioración clinicamente significativa da actividade social, académica ou laboral.

7L

Page 5: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

III. IMPORTANCIA DAS FUNCIÓNS EXECUTIVAS

Actualmente existe acordo en que o trastorno por déficit de atención con hiperactividade é reflexo dunha disfunción executiva, especificamente dun déficit para o control inhibitorio conductual.

Segundo R.A. Barkley o TDAH é un fallo do sistema executivo do cerebro e polo tanto un trastorno das capacidades executivas deste e máis concretamente un fallo no seu sistema de inhibición. Isto maniféstase nos nenos con TDAH do seguinte xeito:

. Limitacións para inhibir as respostas, para controlar os impulsos e para atrasar as gratificacións.

. Dificultade para axustar o nivel de actividade ás esixencias da tarefa.

. Os resultados escolares non se corresponden coa súa capacidade intelectual e o seu rendemento é irregular.

. Menor habilidade no control das emocións e noutras competencias interpersoais como a automotivación, a persistencia ou a toma de decisións.

. Alteración na focalización da atención, o seu mantemento, a resistencia á distracción e a capacidade de estar alerta.

IV. TRATAMENTO DO TDAH

O tratamento axeitado ao trastorno debe ser multiprofesional, é dicir, debe incluír tratamento médico, educativo - psicopedagóxico e psicolóxico.

A intervención médica adoita incluír tratamento farmacolóxico. Convén que o profesor coñeza que o alumno está a seguir un tratamento xa que así pódese solicitar a súa colaboración en caso de ser necesaria: observando e rexistrando se aparecen melloras ou non no rendemento académico, no comportamento e nas relacións cos seus compañeiros. Esta

Page 6: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

colaboración é de grande utilidade para o médico á hora de valorar a efectividade do tratamento.

A intervención psicopedagóxica no marco educativo é imprescindible debido a que é no ámbito escolar onde os nenos con TDAH van encontrar o seu maiores dificultades, pola súa falta de atención e de control de impulsos, un mal seguimento das instrucións escritas e orais, traballos de peor calidade e dificultade para organizar e planear actividades que requiren varios pasos. Estas dificultades aumentan a súa vulnerabilidade cara ao fracaso escolar se non reciben o tratamento educativo apropiado. O seu obxectivo é mellorar as habilidades académicas do neno, previr e superar posibles dificultades de aprendizaxe, mellorar a conduta ante as esixencias académicas, mellorar a motivación ante o estudo, mellorar o seu autoconcepto académico e fomentar a adquisición de hábitos de estudo.

O TDAH é un dos trastornos máis sensibles á acción educativa do ámbito, principalmente familia e escola. Por iso, unha detección temperá, un diagnóstico correcto e un bo manexo psicopedagóxico, médico e familiar do TDAH favorecerán o bo pronóstico do neno afectado.

Page 7: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

2 PROCESO DE DETECCIÓN,VALORACIÓN E INTERVENCIÓN

Este apartado pretende establecer dunha forma xeral os pasos a seguir para a detección temperá, valoración, elaboración de informe e a responsabilidade de cada un dos profesionais implicados neste proceso. O seguimento deste protocolo deberá adaptarse necesariamente en función das características de cada centro, de cada etapa educativa e de cada alumno.

A primeira sospeita de que un alumno poida presentar TDAH pode provir de distintas fontes: da familia, do pediatra, dun titor ou profesor ou do propio orientador educativo, ante a presenza de determinadas dificultades no alumno. Neste contexto o docente é un observador privilexiado do ámbito escolar e unha figura clave no acceso á información e á observación da realidade cotiá do alumno. En caso de que a demanda non proveña da familia informaraos do inicio do proceso de valoración.

Ante esta demanda, en caso de que existan dificultades que afecten ao rendemento académico do alumno, ao comportamento ou á súa relación cos demais, o orientador iniciará un proceso de valoración de necesidades que permita determinar a existencia de síntomas de TDAH.

1. A recollida inicial de datos debe incluír: a observación directa do alumno, unha entrevista coa familia, unha entrevista co profesorado, e a utilización de cuestionarios e/ou probas específicas coa finalidade de valorar a existencia de indicadores de inatención e de problemas de inquietude e impulsividade, no ámbito familiar e no escolar e que repercutan de forma negativa no seu desenvolvemento, seguindo os criterios do DSM-IV. No suposto de que a familia achegue un diagnóstico sanitario de TDAH continuarase coa avaliación psicopedagóxica no ámbito educativo.

2. En caso de que esta valoración non confirme a existencia de síntoma comunicaráselle á familia e revisarase a hipótese diagnóstica.

3. En caso de que esta valoración confirme a existencia de indicadores suficientes dalgún subtipo de TDAH darase aos pais a información obtida e

Page 8: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

indicaráselles a necesidade de acudir aos servizos sanitarios especializados para a realización dun diagnóstico clínico. Se os servizos sanitarios solicitasen (a través da familia) a cumprimentación de cuestionarios por parte do profesorado, será o titor ou o profesor que máis horas pase co alumno quen deba realizar esta tarefa. É preferible que estes cuestionarios os encha un só profesor.

4. Unha vez que a familia reciba o diagnóstico pediráselle que o faga chegar ao orientador para poder coñecer as conclusións deste, así como o tratamento indicado. Só así os docentes poderán realizar un labor educativo eficaz. Solicitarase o seu permiso para trasladar ao profesorado a información necesaria para que poidan cumprir coa súa función educativa.

5. O orientador completará a avaliación psicopedagóxica do alumno con aqueles datos que considere necesarios e que aínda non explorase: intelixencia xeral, atención, estilo de aprendizaxe, funcionamento executivo, dificultades de aprendizaxe, nivel de competencia curricular, problemas de conduta etc. Cada orientador elixirá aquelas probas e cuestionarios que mellor se adapten ás características do alumno e do seu momento evolutivo.

6. O proceso debe completarse coa elaboración dun Informe Psicopedagóxico, que incluirá como mínimo os seguintes elementos: datos persoais, datos da avaliación psicopedagóxica coas técnicas empregadas e os resultados obtidos, necesidades específicas de apoio educativo con indicación do diagnóstico clínico e orientacións para a proposta curricular. Este informe pode incluír outros datos como historia educativa, nivel de competencia curricular, estilo de aprendizaxe, influencia do medio social ou familiar ou outros, a criterio do orientador.

7. Trasladarase á familia toda a información relativa á avaliación psicopedagóxica e daranse orientacións para o tratamento das dificultades no ámbito familiar. É importante que a comunicación entre os profesores e a familia sexa fluída e que exista coordinación nas actuacións nos dous ámbitos.

8. O orientador xunto co titor e o resto do equipo docente establecerán as medidas curriculares e metodolóxicas necesarias para a atención educativa do alumno. Así mesmo estableceranse os mecanismos de coordinación entre os distintos profesionais educativos para que as actuacións co alumno se desenvolvan de forma coherente e sistemática.

9. Pode darse o caso de que o alumno recibise un diagnóstico clínico de TDAH pero non presente dificultades educativas nin necesidades específicas neste ámbito. Neste caso a avaliación psicopedagóxica, a adopción de medidas específicas e a consideración de alumno con necesidade específica de apoio educativo estará supeditada á súa evolución escolar. En todo caso recoméndase por parte do orientador un seguimento periódico da súa evolución escolar e manter contacto co titor e a familia, así como emprender accións preventivas se fose necesario.

Page 9: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade
Page 10: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

3 ESTRATEXIAS A DESENVOLVER CO ALUMNO CON TDAH NO CENTRO NA AULA

A atención educativa ao alumnado con TDAH esixe do profesorado unha formulación diferenciada na utilización de metodoloxías e na organización da aula. O centro debe ser consciente de que estes alumnos aprenden dun modo diferente e polo tanto é necesario introducir cambios. O axeitado asesoramento por parte do orientador educativo do centro, a consulta de documentos e manuais, a información recollida no informe psicopedagóxico e no seu caso unha formación específica neste trastorno son instrumentos que indubidablemente axudarán nesta tarefa.

I. ORGANIZACIÓN DO CENTROEste trastorno enmárcase dentro da diversidade de alumnado que existe

no centro, polo que as medidas para a súa atención quedarán concretadas no Plan de Atención á Diversidade. En todo caso é aconsellable apoiar o docente e favorecer a flexibilidade na organización metodolóxica e da aula para que poida adaptarse ás necesidades do alumno.

Ampliar a formación dos profesionais da educación permite un mellor coñecemento do trastorno, e unha maior competencia do profesor para identificar indicios do trastorno a idades temperás e para implementar as intervencións educativas máis axeitadas ás necesidades do alumno.

O centro deberá establecer as necesarias canles de coordinación entre todos os profesores que dan clase ao alumno para unificar as pautas metodolóxicas, as técnicas de control de conduta e outras técnicas máis específicas que se empreguen para mellorar os síntomas do trastorno e o progreso académico.

Tamén se debe garantir o intercambio de información nos cambios de curso e de etapa educativa ou de centro para asegurar a continuidade das pautas establecidas.E por suposto garantirase a coordinación entre a familia, o profesorado, os servizos de orientación e os servizos sanitarios a través da familia.

Page 11: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

II. ADAPTACIÓNS E ESTRATEXIAS DENTRO DA AULA

Dentro da aula é necesario introducir adaptacións ambientais e metodolóxicas que poidan beneficiar tanto ao alumno con TDAH coma ao resto do grupo. Preséntanse a continuación unha serie de pautas e estratexias que poden servir ao profesorado de guía de actuación e que cada profesor debe adaptar ao seu grupo e ás idades dos seus alumnos.

Situación do alumnado na aula. Sentalo nun lugar no que poidamos ter vixilancia continua, preto do profesor e lonxe de distraccións. Elixir para el compañeiros que lle poidan axudar a realizar tarefas, tomar anotacións e que non o distraian.

Manter un ambiente estruturado, con rutinas estables, motivador, e predicible. Co obxectivo de que o alumno saiba o que ten que facer en cada momento e se sinta seguro na aula. É bo utilizar material visual para recordar o alumno en que momento do traballo de clase nos encontramos.

Tarefas e deberes. É conveniente reducir e fragmentar as actividades. Utilizar un formato simple e claro. Supervisar os exercicios a medida que os remata e asegurarse de que coñece as tarefas que ten que realizar. Aconséllase utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral e variar os exercicios. Non sobrecargar de tarefas para casa o alumno, seleccionar ben aquelas actividades que se consideren máis importantes.

O traballo na aula. Asegurarse de que entendeu o que se lle pide, establecer contacto ocular con frecuencia e dar as instrucións dunha nunha. Advertir individualmente ao alumno dos cambios de actividade. Resaltar a información importante aumentando o ton de voz, utilizando cores ou tamaños da escritura, etc. Incluiranse actividades que poidan resultar máis motivadoras e utilizarase o reforzo inmediato dos progresos do alumno. Negociar co alumno os períodos de atención individual e grupal, segmentando aquelas tarefas máis longas ou difíciles.

As estratexias expositivas. A memoria de traballo do alumno con TDAH adoita presentar algunhas dificultades, xa que a súa capacidade está limitada pola cantidade de información que pode reter simultáneamente e o tempo que pode ser mantida. Para compensar esta carencia convén que o profesorado, cando explique en presenza dun alumno con TDAH, teña en conta o seguinte:

. utilizar frases curtas, claras con construcións sintácticas sinxelas;

Page 12: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

. focalizar a atención nos conceptos "claves"

. presentar a idea principal explicitamente ao principio da explicación;. utilizar estratexias de categorización e de formación de imaxes mentais dos conceptos;. proporcionar ao alumno un sistema de titoría por parte dun compañeiro que lle axude a revisar os puntos fundamentais da explicación.

O docente asegurarase de que o alumno entende o exposto e de que copiou o que o profesor sinalou. Así mesmo recordaranse as tarefas pendentes de entregar segundo se vaia aproximando a data. É convinte deixalo por escrito nun lugar da clase visible para o alumno.

Exames e probas escritas. Débense alternar a forma de presentación das cuestións a responder polo alumno, de forma oral, escrita ou valéndose das novas tecnoloxías. Aconséllase dividir os exames ou probas escritas en dúas sesións polo menos, sendo flexibles na súa duración. É mellor realizar dúas probas curtas en días sucesivos que efectuar unha longa nun só día. O texto dos exames presentaráselle escrito e resaltando as partes máis importantes de cada cuestión. As preguntas serán breves e pechadas. Convén ir indicando ao alumno que controle o tempo e vaia repasando o realizado.

Uso da axenda. O profesorado fomentará o uso da axenda xa que pode cumprir tanto o obxectivo de axudar ao alumno a levar ao día as súas tarefas coma o de servir de canle de comunicación coa familia. É necesaria a supervisión tanto do profesor coma dos pais para que o alumno aprenda a usar a axenda. O profesor dedicará un tempo cada día para que o alumno anote as tarefas na axenda. É importante que o alumno e os pais teñan acceso ás datas de exames con suficiente antelación, o contido que se debe preparar, as datas previstas para a entrega de traballos, os libros que deben ler, etc. para planificar os tempos de estudo e a supervisión familiar. Asegurarse de que levan á casa o material necesario para realizar as tarefas. A axenda pódese converter nun espazo idóneo para reforzar e eloxiar o bo comportamento do neno, evitando o seu uso como intercambio de críticas e aspectos negativos da conduta ou o rendemento do neno. Cando haxa que comunicar aos pais aspectos negativos da conduta ou do rendemento é preferible escribir: "necesito falar con vostedes" ou "solicitar cita", en vez de escribir "hoxe tampouco fixo os deberes". Ter en conta que a axenda é do alumno e ten acceso a todo o que se escribe por ambas as dúas partes.

Estratexias para mellorar a conduta. O obxectivo é aumentar os comportamentos apropiados e diminuír os comportamentos inadecuados. Cada vez que se produce unha consecuencia positiva a unha conduta auméntase a probabilidade de que se incremente a devandita conduta. Son criterios xerais de manexo da conduta: utilizar o reforzo positivo de comportamentos axeitados ou as súas aproximacións; evitar as

Page 13: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

recriminacións verbais; ignorar os comportamentos de levantarse, removerse no asento; utilizar táboas de puntos para conseguir premios ou incentivos; permitir ao neno momentos de desafogo erguéndose, facendo algún recado; establecer consignas non verbais co alumno para advertirlle do incumprimento dalgunha norma, etc.

Estratexias para mellorar a reflexividade. Existen algunhas técnicas moi útiles no adestramento cognitivo e o control atencional específicas para os nenos con TDAH. Estas técnicas levan consigo axudar o neno a adquirir estratexias de tipo analítico durante o proceso de aprendizaxe: adestrar o mantemento da atención, fragmentar en pequenos pasos e apoiarse en explicacións verbais detalladas, seleccionar a información relevante, axudar a decidir cando se chegou á solución dun problema. Outras estratexias inciden en ensinar ao neno a falar con el mesmo, a explicarse paso a paso o que ten que facer (adestramento auto instruccional); proporcionarlle estratexias de memorización; ensinar diferentes formas de solucionar un problema para que aprenda a xeneralizar; proporcionarlle axudas para o repaso e a autoavaliación.Outra estratexia será supervisar a orde na súa mesa e os materiales,diciéndole como debe facelo ata que se converta nun hábito.

Mellora da motivación e autoestima. Fomentar unha relación positiva entre o alumno e o profesor, baseada no coñecemento e a comprensión do problema. Procurar que o alumno con TDAH teña experiencias de éxito en relación á aprendizaxe escolar, reforzando calquera pequeno logro ou avance. Axudarlle a aceptar as dificultades e os erros de forma obxectiva sen que se sinta menosprezado, ofrecerlle confianza e proxectar expectativas positivas, facer correccións respecto á súa tarefa achegando propostas de mellora. As emocións inflúen de forma determinante na motivación, os nenos con TDAH teñen, polo xeral, baixa tolerancia á frustración e dificultades para atrasar as gratificacións, por esta razón beneficiarase da axuda para coñecer e manexar as súas emocións negativas e positivas e identificar os seus desexos, sentimentos e pensamentos tanto de si mesmo coma dos demais. Ensinar todo o grupo a ser empático e a comprender as emocións dos demais.

Dificultades de aprendizaxe. Xa se sinalou que o TDAH pode ir acompañado dalgunhas dificultades de aprendizaxe. Nestes casos as devanditas dificultades deben ser abordadas de forma específica. Unha das dificultades que se presenta na maioría dos alumnos con TDAH é a escritura. Adoitan ter unha caligrafía pouco aceptable, polo que outro obxectivo a conseguir será que adquira unha escritura lexible, sen chegar a ser obsesivos coa caligrafía.

III. ACTUACIONS COA FAMILIAUnha positiva evolución académica do alumno dependerá non só da

actuación do profesorado senón tamén do apoio da súa propia familia. A

Page 14: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

relación que se estableza entre ambos os dous axentes pode ser determinante.

Faise necesario ter citas regulares coa familia para o intercambio de información tanto do comportamento do alumno na casa, coma no centro educativo. O contido das entrevistas incluirá o comentario das dificultades encontradas e dos progresos no plano académico social e emocional poñendo coidado en non resaltar unicamente os aspectos negativos. Intentarase traballar de forma conxunta, con intervencións comúns e obxectivos concretos e planificados que se revisarán periodicamente.

Se a mensaxe que se trasmite á familia é positivo, centrado nas posibilidades de progreso e nos obxectivos máis que nas dificultades, se facilita unha actitude de traballo en común.

4 ORIENTACIÓNS PARA ASFAMILIAS

Algunhas das actuacións que as familias poden levar a cabo para mellorar o rendemento académico serán:

Coordinación co centro. A coordinación da familia co centro é esencial para programar de forma conxunta as estratexias educativas deseñadas para o alumno.

. Aproveitar as entrevistas para falar das dificultades encontradas, os progresos e para establecer obxectivos conxuntos e revisalos periodicamente. Centrarse nos aspectos comúns e nos acordos e non nas desavinzas.

. Supervisar a axenda como medio para controlar deberes, exames, traballos, material, etc. e para comunicacións puntuais co profesor evitando comentarios que evidencien desacordos entre familia e escola.

Control da conduta. A utilización de estratexias comúns entre a familia e a escola multiplican a eficacia destas.

. Hai que falarlles con claridade, de forma directa e mirándoos aos ollos. As instrucións deben ser curtas e concretas, paso a paso e asegurar que a comprenderon.

Page 15: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

. Ser coherente en manter as mesmas expectativas na casa e no colexio: o que o alumno é capaz de facer nun ámbito, pódeo conseguir no outro. De igual xeito deben ser coherentes ambos os dous pais para ter a mesma liña de actuación.

. Reforzar as condutas positivas. Cando o comportamento é o axeitado, hai que indicalo e felicitalo por iso.

. Facilitar comentarios sobre a súa conduta que poidan axudalo a entender que comportamentos son adecuados e cales non. Axudarlle a pensar en voz alta sobre os acontecementos da súa vida, as súas emocións, os seus plans.

•Establecer normas de disciplina explícitas, claras, comprensibles para o fillo. E deben ser consistentes, é dicir, as estratexias e as normas deben ser sempre as mesmas ao igual que as consecuencias.

• Expoñer claramente as consecuencias do mal comportamento e ser pertinente e coherente na súa aplicación. Actuar de forma inmediata.

• Cando se incumpra unha norma hai que recordala e actuar en consecuencia, sen deixarse influír polas protestas e sen perder a calma.

•Tamén pode ser eficaz advertir das consecuencias e dar unha marxe de tempo para que faga o que se lle indicou.

• Utilizar a recompensa máis que o castigo. Se sabemos cal é a conduta positiva que queremos cambiar pola inadecuada, cando esta se produza poderemos eloxiala e recompensala.

• Ser persistentes. Os cambios tardan en producirse.

• Unha das formas de aprendizaxe máis eficaz é a observación da conduta dos adultos. O pai e a nai poden converterse nun modelo para o seu fillo dando unha imaxe axeitada e ensinándolle estratexias de autocontrol, planificación, etc.

• Un ambiente relaxado e libre de estrés contribúe a que os nenos se mostren máis tranquilos. A familia pode axudar a crear este ambiente na casa.

Establecemento de rutinas e organización do tempo. Os nenos con TDAH necesitan máis estruturación e supervisión para poder organizarse e manexar o tempo. Ter unhas rutinas e un horario estable axúdalles a afrontar as súas responsabilidades en todos os ámbitos.

Realización de tarefas na casa. Seguindo algunhas pautas sinxelas, as familias poden axudar a que o seu fillo faga as tarefas na casa e realice as aprendizaxes iniciadas no colexio.

Page 16: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

. Xestión do tempo de estudo: ensinalo a establecer unhas rutinas á hora dos deberes, facer descansos breves e frecuentes, realizar o máis difícil ao principio cando a atención é maior.

. Optimización do estudo: dividir as tarefas en apartados máis pequenos. Durante o estudo facer esquemas que resuman os puntos máis importantes e así analizar a información en apartados de menor tamaño.

. Organización do material: utilizar un lugar de estudo que sexa sempre o mesmo e sen elementos que o poidan distraer. Asegurarse de que prepara todo o material necesario para o día seguinte. Pode utilizar unha carpeta para gardar as tarefas rematadas e así non esquecer ningunha. Axudarlles a preparar a mochila facendo diso unha rutina e dando instrucións claras. Pode ser práctico baleirar a mochila ao chegar á casa para ordenar o material e asegurarse de non esquecer nada dentro.

. Reforzo da realización de tarefas: establecer prazos realistas para facer os deberes e estudar, de acordo co seu fillo, e acordar xuntos as recompensas que conseguirá tras o traballo ben feito: tempo propio para ver a televisión ou xogar, actividades coa familia que lle gusten, algún extra para o fin de semana... Valorar positivamente os seus esforzos e os seus progresos, poñendo máis interese na realización dos seus traballos que nos resultados obtidos. É importante estimular a autonomía mediante o desempeño de actividades propias da súa idade ( lavarse, vestirse, recoller o seu cuarto..).

Desenvolvemento emocional/autoestima. Non se debe esquecer a importancia dun axeitado desenvolvemento emocional do neno, coidando as mensaxes que se lle fan chegar e os comentarios que pode escoitar. Debemos axudalo a afrontar as súas dificultades con realismo e espírito de superación. Necesitan axuda para comprender as súas emocións e controlalas. É importante axudalo a distinguilas e falar delas. Os fracasos continuos poden afectar á súa autoestima, polo que convén proporcionarlle actividades nas que poida obter éxito e goce.

Relacións sociais. A pesar que poidan aparecer condutas non apropiadas débense realizar as actividades de xogo e deportivas en grupo axeitadas a cada idade.

Técnicas específicas. Existen técnicas específicas para a mellora dalgúns comportamentos asociados ao TDAH que se aconsella que as familias coñezan e utilicen: técnicas de modificación de conduta, adestramento en autoinstruccións, técnicas de relaxación.

A familia non debe dubidar en acudir aos profesionais do centro educativo para recibir orientación e asesoramento sobre as pautas educativas máis apropiadas para o ámbito familiar.

Page 17: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

5 BIBLIOGRAFÍA- “RUBÉN EL NIÑO HIPERACTIVO”

Autor: E. Manuel García PérezEditorial: Albor-Cohs

- “¡SOY HIPERACTIVO-A! ¿QUÉ PUEDO HACER?Autor: E. Manuel García PérezEditorial: Albor-Cohs

- “HIPERACTIVIDAD” PREVENCIÓN, EVALUACIÓN Y TRATAMIENTO EN LA INFANCIAAutora: Inmaculada Moreno GarcíaEditorial: Pirámide

- “NIÑOS HIPERACTIVOS”COMO COMPRENDER Y ATENDER SUS NECESIDADES ESPECIALESAutor: Rusell A. BarkleyEditorial: Paidós

- “MITOS Y ERRORES EN LA EDUCACIÓN”Autor: Josep Toro TralleroEditorial: Albor-Cohs

- “SÍNDROME DE DÉFICIT DE ATENCIÓN CON O SIN HIPERACTIVIDAD”Autor: Thomas ArmstrongEditorial: Paidós

- “EL NIÑO MUY MOVIDO O DESPISTADO”Autor: Christopher GreenEditorial: Medici

- “HIPERACTIVO, IMPULSIVO, DISTRAIDO ¿ ME CONOCES?”Autor: J. J. BauermeisterEditorial: Albor-Cohs

Page 18: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

ESTA BIBLIOGRAFÍA ATÓPASE NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN A DISPOSICIÓN DOS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Page 19: Web viewO TDAH é un trastorno neurobiolóxico que se manifesta en dificultades de autorregulación en tres aspectos concretos: a capacidade para manter a atención; o control da impulsividade

TDAHNA

AULA

CPI ATIOS- VALDOVIÑO