Upload
others
View
24
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
XUNTA DE FACULTADE
Sesión extraordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016
Resumo da Acta número 392
1. Constitución da Xunta de Facultade.
A Xunta de Facultade queda constituída por 34 membros, distribuídos do seguinte xeito: PDI con vinculación permamente 01.- Blanco Mosquera, Vicente 02.- Candia Durán, Francisco Xosé 03.- Díaz Rodríguez, Mª Carmen 04.- Fernández Fernández, Mª Pilar 05.- Fiuza Asorey, Mª José 06.- Freire Paz, Elena 07.- Garrido Filgueira, Uxía 08.- González Fernández, Rufino 09.- Iglesias Forneiro, Mª Lina 10.- López Gómez, Santiago 11.- López Rúa, Paula 12.- López de la Calle Sampedro, Mª Ángeles 13.- Otero Urtaza, Eugenio Manuel 14.- Poncet Souto, Marta María 15.- Rodríguez Lestegás, Francisco 16.- Rodríguez Neira, Modesto Aníbal 17.- Sarceda Gorgoso, Carmen 18.- Silvosa Costa, Francisco José 19.- Vázquez Carballo, José Mario 20.- Veiga Alonso, Xosé Ramón 21.- Viña Rouco, María del Mar PDI sen vinculación permanente 01.- Crujeiras Pérez, Beatriz 02.- González Sequeiros, Pablo 03.- Navarro Patón, Rubén Persoal de administración e servizos 01.- Brao Viña, Ana 02.- Galego Varela, Julia 03.- Vázquez Carreira, Xosé Manuel Estudantes: 01.- Calvín López, Jorge 02.- Cuba Dorado, Roi 03.- Durán Fernández, Pablo
04.- Fernández Río, Miguel Ángel 05.- Iglesias Seoane, Rubén 06.- Lema Canosa, Xaquín 07.- Losada Romero, Julio José
XUNTA DE FACULTADE
Sesión ordinaria celebrada o 8 de marzo de 2016
Resumo da Acta número 393
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
Apróbase a acta nº 391, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 21 de decembro de 2015. 2. Informe do Decanato.
- Incorporación de Miguel Cons Ferreiro (profesor asociado, Didáctica da expresión corporal), Romina Mouriz Corbelle (profesora asociada, Psicoloxía evolutiva e da educación), Mª Concepción Felpeto Fernández (profesora interina de substitución, Didáctica da matemática) e Teresa Susana Vázquez Regueiro (profesora asociada, Didáctica e organización escolar).
- Parabéns a Montserrat Pena Presas pola obtención do título de doutora; Pablo González Sequeiros e Dolores Rodríguez Vivero pola organización e desenvolvemento do III Seminario de Investigación en Educación Matemática Infantil (3-4 marzo 2016).
- Condolencias a Uxío Otero Urtaza polo falecemento da súa nai; Ana Brao Viña polo falecemento do seu marido.
- Representación dos decanos e directores de centro no Consello de Goberno a partir do 4 de febreiro de 2016: Física, Química, Ciencias Políticas e Sociais, Ciencias da Comunicación, Filosofía, Enfermaría, Farmacia, Veterinaria e Formación do Profesorado.
- Convenio de Cooperación Educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a USC para a realización das prácticas académicas externas curriculares (Prácticum) correspondentes aos títulos de grao impartidos na Facultade de Ciencias da Educación e na Facultade de Formación do Profesorado.
- Constitución do grupo de traballo para a mellora da formación docente (Espazo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Universidades do SUG).
- Execución do exercicio orzamentario 2015 EXERCICIO ORZAMENTARIO 2015
Partida Crédito definitivo Crédito dispoñible
Reparación e mantemento de edificio 3.260,00 -7.698,65
Reparación de mobiliario e equipamento 0,00 -3.777,19
Material de oficina 10.398,34 5.591,51
Subministracións 7.572,83 7.161,86
Comunicacións 1.920,00 -245,71
Transportes 0,00 -123,19
Atencións protocolarias 180,00 -167,05
Traballos encargados ao exterior 544,50 -89,62
Cursos e conferencias 2.250,00 -97,18
Custo e locomoción Centro 0,00 -508,64
Custo e locomoción prazas docentes 1.072,11 0,00
Asistencia prazas docentes 1.847,82 0,00
Total Capítulo II 29.045,60 46,14
Moblaxe e equipamento 3.983,12 0,01
Total Capítulo VI 3.983,12 0,01
Prácticas de campo 5.200,00 156,00
TOTAL 38.228,72 202,15
- Datas previstas para a renovación da acreditación dos títulos de Grao en Mestre/a de Educación Primaria (15 e 16 de marzo) e Mestre/a de Educación Infantil e Máster DAEN (26 e 27 de abril).
- Proceso de creación e modificación de departamentos: acordos do Consello de Goberno do 1 de marzo de 2016.
- Comisión Permanente (27 de xaneiro de 2016): proposta de límite de prazas nas titulacións de Grao para o curso 2016-2017; táboa de recoñecementos entre as titulacións de Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria, previamente aprobada pola Comisión de Docencia e Validacións.
3. Elección de membros da Comisión Permanente.
PDI con vinculación permanente: Francisco X. Candia Durán, María Fiuza Asorey, Uxía Garrido Filgueira, Rufino González Fernández, Uxío Otero Urtaza, Marta Poncet Souto, José Mario Vázquez Carballo. PDI sen vinculación permanente: Beatriz Crujeiras Pérez. PAS: Julia Galego Varela. Estudantes: Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa, Julio J. Losada Romero. 4. Constitución das Comisións delegadas e outras comisións. 1) Comisión de docencia e validacións Vicedecana PDI: Uxía Garrido Filgueira, Rufino González Fernández, Rubén Navarro Patón, Marta Poncet Souto. Estudantes: Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa, Julio J. Losada Romero. PAS: Ana Brao Viña. 2) Comisión de asuntos económicos e servizos Decano PDI: Pablo González Sequeiros, Rubén Navarro Patón, Uxío Otero Urtaza, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudantes: Roi Cuba Dorado, Miguel Ángel Fernández Río, Xaquín Lema Canosa.
3) Comisión de normalización lingüística PDI: Francisco X. Candia Durán, Uxía Garrido Filgueira, Pablo González Sequeiros, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudante: Miguel Ángel Fernández Río. PAS: Julia Galego Varela. 4) Comisión de xénero PDI: Beatriz Crujeiras Pérez, Uxía Garrido Filgueira, Santiago López Gómez, Marta Poncet Souto. Estudante: Julio José Losada Romero. PAS: Julia Galego Varela. 5) Comisión de biblioteca Secretaria Directora da Biblioteca PDI: Paula López Rúa, Mª de los Ángeles López de la Calle Sampedro, Rubén Navarro Patón, Marta Poncet Souto, José Mario Vázquez Carballo, Xosé Ramón Veiga Alonso. Estudantes: Roi Cuba Dorado, Rubén Iglesias Seoane, Xaquín Lema Canosa. 6) Comisión do Prácticum e TFG (representación dos estudantes) Pendente 7) Comisión de Calidade (representación dos estudantes) Miguel Ángel Fernández Río. 8) Comisión do título de Grao en Mestre/a de Educación Infantil (representación dos estudantes) Miguel Ángel Fernández Río. 9) Comisión do título de Grao en Mestre/a de Educación Primaria (representación dos estudantes) Rubén Iglesias Seoane. 5. Aprobación, se procede, da Memoria de Calidade do curso 2014-2015.
Apróbase. 6. Aprobación, se procede, da Memoria do dobre Grao en Mestre/a de Educación
Infantil e Mestre/a de Educación Primaria. Apróbase. 7. Adhesión á solicitude do Premio Princesa de Asturias 2016, sección de Ciencias
Sociais, para as Escolas Infantís de Reggio Emilia. Apróbase. 8. Asuntos de trámite.
Apróbanse diversas modificacións do PDA 2014/15 (Prácticum, TFG e materia optativa “Educación emocional”). 9. Rogos e preguntas.
Intervencións relacionadas coa posibilidade de creación dun departamento propio do centro, recoñecemento da docencia e titorización do Prácticum e prohibición de fumar nas inmediacións da Facultade.
XUNTA DE FACULTADE
Sesión ordinaria celebrada o 11 de abril de 2016
Resumo da Acta número 394
1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
Apróbanse as actas nº 392 e 393, correspondentes ás sesións extraordinaria e
ordinaria, respectivamente, celebradas o 8 de marzo de 2016.
2. Informe do Decanato.
- Cesamento de Mª Concepción Felpeto Fernández, profesora interina de
substitución, área de Didáctica da matemática, por reincorporación da persoa
substituída, con efectos do 15 de marzo de 2016.
- Incorporación de Martázul Busto Núñez, profesora asociada, área de Filoloxía
francesa, con efectos do 7 de marzo de 2016.
- Incorporación de Carlos Emilio Reigosa Castro, profesor asociado, área de Didáctica
das ciencias experimentais, con efectos do 17 de marzo de 2016.
- Representantes dos estudantes na Comisión do Prácticum e TFG: Julio José Losada
Romero (Grao en Mestre/a de Educación Infantil) e Jorge Calvín López (Grao en
Mestre/a de Educación Primaria).
3. Aprobación, se procede, do Plan Docente Anual (PDA) correspondente ao curso
2016-2017.
Apróbase o PDI proposto pola Vicerreitoría de Organización Académica e PDI, coas
seguintes consideracións:
- Reiterar a solicitude de “desinclusión” das materias de formación básica
incluídas nos dous graos que oferta o centro.
- Manter os grupos expositivos e interactivos (de seminario ou laboratorio) que
figuran na proposta da Vicerreitoría, agás nos casos en que os Departamentos
responsables da docencia das materias solicitaron expresa e razoadamente
algo diferente: diminuír un grupo de docencia expositiva nas materias
G3131104 Teoría e institucións contemporáneas de educación infantil e
G3151103 Teoría e historia da educación escolar; diminuír un grupo interactivo
de laboratorio nas materias G3151223 Ensino e aprendizaxe de competencias
comunicativas (inglés), G3151225 Fundamentos da educación física e
G3151328 Música na educación primaria; aumentar un grupo interactivo de
seminario na materia G3151101 Socioloxía da educación; aumentar un grupo
interactivo de laboratorio na materia G3131207 Procesos de mellora e uso das
TIC.
- Manter para todas as materias obrigatorias de primeiro curso 6 grupos de
titorías (12 no caso das incluídas). No caso das materias obrigatorias dos
restantes cursos adóptase o criterio de que, como norma xeral, o número dos
grupos de titoría sexa o dobre dos de docencia interactiva en cada materia.
- Polo que se refire ás materias optativas, fanse propostas diferentes en función
do número de estudantes de cada unha delas.
- Con respecto ás materias do Prácticum e Traballo Fin de Grao, efectúase a
distribución de horas tendo en conta o reparto real do presente curso
académico.
- Solicítase a reincoporación das materias optativas G3151451 Historia,
patrimonio e educación en Galicia e G3151454 Literatura, lectura e
creatividade.
4. Asuntos de trámite.
Concédese dispensa de asistencia a clase ás estudantes Mª Pilar Estar López (Curso
ponte do Grao en Mestre/a de Educación Primaria), Laura Freire Guzman (4º curso do
Grao en Mestre/a de Educación Infantil, temporal) e Mauro Burgos Lahuerta (1º curso
do Grao en Mestre/a de Educación Primaria, temporal).
5. Rogos e preguntas.
Non houbo.
XUNTA DE FACULTADE
Sesión extraordinaria celebrada o 28 de abril de 2016
Resumo da Acta número 395
1. Aprobación, se procede, do procedemento alternativo de avaliación dos Traballos
Fin de Grao.
O artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de
Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobado polo
Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, establece que “na normativa de TFG
dos centros cunha elevada ratio de alumnos por profesor poderá recollerse outro tipo
de avaliación alternativa ou complementaria á do tribunal”. Por outra banda, a
Disposición final deste regulamento indica que “entrará en vigor no curso académico
2016/2017”, se ben o apartado 2 desta disposición permite que os artigos 6.4 e 6.7
sexan de aplicación xa no vixente curso académico 2015/2016, sempre que a
Vicerreitoría con competencias en titulacións o autorice previa solicitude do centro.
Acolléndose a esta excepcionalidade, perfectamente xustificada pola elevada
desproporción entre alumnado e profesorado (arredor de 180 estudantes
matriculados en 4º curso e só 33 docentes con dedicación a tempo completo neste
centro), a Xunta de Facultade, co informe favorable da Vicerreitoría de Oferta Docente
e Innovación Educativa, acorda avaliar os TFG nas dúas oportunidades do curso 2015-
2016 (xullo e setembro) consonte o seguinte procedemento:
1º. O TFG do alumnado que expresamente así o solicite será avaliado polo titor ou
titora do traballo, quen deberá documentar rigorosamente todas as fases do proceso
avaliador:
a) Convocatoria do acto de defensa pública dos TFG, na que se indique día e
hora, lugar e relación dos TFG que van ser defendidos.
b) Acta individual por cada alumno/a e traballo, na que conste o nome do
titor, o título do traballo defendido, a cualificación recibida e a data de
defensa. A acta estará asinada polo titor ou titora.
c) Esta documentación permanecerá custodiada na Secretaría da Facultade.
2º. A defensa do TFG realizarase de xeito presencial. Non obstante, para casos
excepcionais debidamente autorizados pola Comisión do Prácticum e TFG, poderá
realizarse a defensa a través de medios telemáticos, coas garantías que se determinen
na autorización.
3º. Para a defensa do TFG o alumnado disporá dun máximo de dez minutos e poderá
empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, o titor ou titora disporá
duns cinco minutos para efectuar as preguntas que entenda precisas, e o alumnado
disporá polo menos dun tempo equivalente para contestalas. No caso dos TFG
realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse
proporcionalmente en función do número de membros do grupo.
4º. A cualificación máxima que poderá obterse por este procedemento é 7,5 (Notable).
A cualificación dos TFG farase pública nun prazo non superior ás vinte e catro horas
desde a súa defensa.
5º. O alumnado que obteña esta cualificación máxima poderá optar a ser avaliado
complementariamente a través da exposición e defensa pública do TFG diante dun
tribunal, consonte o establecido no Artigo 6 do Regulamento de matrícula, elaboración
e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de
Compostela. Neste caso, a cualificación do TFG outorgada polo tribunal será
totalmente independente da cualificación previamente outorgada polo titor ou titora
do traballo e prevalecerá sobre esta.
6º. Así mesmo, na circunstancia contemplada no parágrafo anterior, o informe
confidencial do titor ou titora sobre o seguimento e desenvolvemento do traballo
poderá ser o mesmo que o utilizado polo propio titor ou titora para a avaliación do
TFG. A este respecto, utlizarase unha serie de rúbricas referidas, entre outros aspectos,
a: asistencia ás reunións programadas co titor ou titora e seguimento das
recomendacións, presentación e elaboración do TFFG, e defensa oral do mesmo.
A Xunta de Facultade aproba este procedemento, así como o seguinte calendario para
a avaliación dos TFG nas oportunidades de xullo e setembro de 2016:
Oportunidade de xullo
27-29 xuño: compromiso de presentación do TFG na oportunidade de xullo e opción
de avaliación polo titor/a ou por un tribunal.
8 xullo (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) destinados a
seren avaliados por un tribunal.
12-15 xullo: avaliación a cargo dos titores e titoras. Cada titor ou titora establecerá
previamente a data final para a entrega dos TFG que vai avaliar. O TFG será entregado
no formato que o titor ou titora determine e, ademais, un CD.
18 xullo (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) que obtiveron
a máxima cualificación na avaliación a cargo do titor ou titora e que van ser avaliados
de novo por un tribunal.
20-22 xullo: avaliación a cargo dos tribunais.
Oportunidade de setembro
1-2 setembro: compromiso de presentación do TFG na oportunidade de setembro e
opción de avaliación polo titor/a ou por un tribunal
5 setembro (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) destinados
a seren avaliados por un tribunal
8-13 setembro: avaliación a cargo dos titores e titoras. Cada titor ou titora establecerá
previamente a data final para a entrega dos TFG que vai avaliar. O TFG será entregado
no formato que o titor ou titora determine e, ademais, un CD.
15 setembro (14:00 horas): data final para a entrega dos TFG (3 copias e CD) que
obtiveron a máxima cualificación na avaliación a cargo do titor ou titora e que van ser
avaliados de novo por un tribunal.
19-21 setembro: avaliación a cargo dos tribunais.
2. Aprobación, se procede, de modificacións do PDA para o curso 2016-2017.
Apróbase unha modificación do PDA que afecta a materias da área de Didáctica da
expresión corporal.
XUNTA DE FACULTADE
Sesión ordinaria celebrada o 6 de xullo de 2016
Resumo da Acta número 396
1. Aprobación, se procede, das actas das anteriores sesións.
Apróbanse as actas nº 394, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 11 de abril
de 2016, e nº 395, correspondente á sesión extraordinaria celebrada o 28 de abril de
2016.
2. Informe do Decanato.
- Incorporación de Zeltia Martínez López, profesora interina de substitución, área de
Psicoloxía evolutiva e da educación, con efectos do 25/05/2016.
- Parabéns a Carmen Ares Vázquez, profesora do departamento de Filoloxía galega, pola
presentación e lectura da súa tese de doutoramento.
- Condolencias polo falecemento do pai de Carmen Fernández Arza, administrativa do
Departamento de Didáctica da lingua e a literatura e das ciencias sociais e membro do
persoal de administración e servizos adscrito a este centro.
- Acordos da Comisión de Xénero: accións de desenvolvemento do Plan Estratéxico de
Igualdade de Oportunidades (2014-2018) entre Mulleres e Homes da USC (aprobado
polo Consello de Goberno o 16 de decembro de 2013).
1) Solicitar ao Decanato que desenvolva a acción 4.8: “Convocatoria das reunións e a
súa finalización nun horario que facilite a conciliación da vida persoal, familiar e
laboral”. Debe procurarse que as reunións rematen antes das 18:00. Así mesmo, a
convocatoria deberá incluír unha hora prevista de remate de maneira que se
invaliden as decisións tomadas despois dese horario establecido.
2) Solicitar ao Decanato que desenvolva a acción 4.10: “Garantir que nas demandas
de cambio de grupo teña preferencia o alumnado que sexa responsable do
coidado de persoas dependentes”.
- A Memoria de Calidade 2014-2015 foi informada favorablemente pola Comisión de
Calidade delegada do Consello de Goberno na sesión que tivo lugar o día 13 de abril de
2016.
- Recoñecemento de actividades da Universidade de Verán 2016 para ser imputadas nos
estudos de Grao cunha equivalencia de 1 ou 2 créditos.
- Oferta Pública de Emprego do PDI 2016 (CG 03/05/2016):
1) 1 praza de Profesor Contratado Doutor (Didáctica e organización escolar),
convocatoria anulada 2012.
2) 1 praza de Profesor Contratado Doutor (Didáctica da lingua e a literatura),
estabilización por convenio colectivo do profesorado axudante doutor que
rematou en 2014.
- Acordo de convocatoria de prazas e das comisións de selección correspondentes (CG
05/07/2016).
- Prazas xa convocadas e publicadas no DOG:
1) Profesor Axudante Doutor: Psicoloxía evolutiva e da educación, Didáctica da
expresión corporal, Didáctica e organización escolar.
2) Profesor Asociado: Didáctica da expresión plástica (P6), Didáctica da matemática
(P3), Didáctica e organización escolar (P6), Didáctica e organización escolar (P3),
Psicoloxía evolutiva e da educación (P3).
3) Profesor interino de substitución: Didáctica das ciencias sociais (P3).
3. Aprobación, se procede, dos horarios para o curso 2016-2017.
Apróbanse.
4. Aprobación, se procede, do calendario de exames para o curso 2016-2017.
Apróbase.
5. Aprobación, se procede, dos programas das materias para o curso 2016-2017.
Apróbanse, coa excepción do programa da materia G3131446/G3151447 Educación
ambiental e a súa didáctica, que debe modificar o apartado de avaliación para
adaptalo ao contemplado nas fichas da materia incluídas nas Memorias de verificación
dos títulos.
6. Asuntos de trámite.
Non houbo.
7. Rogos e preguntas.
- Intervención en relación cos actos de graduación celebrados o pasado mes de xuño. - Intervención en relación co reiterado incumprimento da prohibición de fumar en todo
o espazo situado fronte á fachada da Facultade.
XUNTA DE FACULTADE Sesión extraordinaria celebrada o 26 de setembro de 2016
Resumo da Acta número 397
1. Aprobación, se procede, da Normativa para a elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao (TFG) na Facultade de Formación do Profesorado.
Sométese a debate e aprobación, se procede, unha proposta de Normativa para a
elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao nesta Facultade. Esta proposta foi
previamente aprobada pola Comisión do Prácticum e TFG e trata de aplicar aos nosos
títulos de Grao o “Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin
de Grao en Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado polo
Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016. No caso de contar coa aprobación da
Xunta de Facultade, a normativa propia do centro deberá ser finalmente aprobada
polo Consello de Goberno da USC, previo informe da Asesoría Xurídica.
A Xunta de Facultade aproba a Normativa para a elaboración e defensa dos TFG que a
seguir se detalla.
Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación
Esta normativa ten por obxecto a adaptación do “Regulamento de matrícula, elaboración e
defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de
Compostela”, aprobado polo Consello de Goberno do 10 de marzo de 2016, aos Graos en
Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria que se imparten na
Facultade de Formación do Profesorado. A todos os asuntos non contemplados expresamente
nesta Normativa seralles de aplicación subsidiaria o disposto no devandito Regulamento.
Artigo 2.- Natureza do TFG.
2.1. O Traballo Fin de Grao forma parte dos respectivos plans de estudos das titulacións de
Graduado ou Graduada en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria
pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha carga lectiva de 9 ECTS en cada caso.
2.2. O TFG consistirá na elaboración por parte do ou da estudante dun proxecto, traballo,
memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades,
competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Incluirá,
como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración da información,
elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.
2.3. Excepcionalmente, e previo informe razoado do titor ou titora e autorización da Comisión
do Prácticum e Traballo Fin de Grao, o TFG poderá adoptar un formato que non se axuste
exactamente ao indicado no parágrafo anterior, sempre que permita mostrar de forma
integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título.
2.4. O TFG poderá ser elaborado de forma individual ou en grupo. Neste último caso o traballo
deberá contemplar unha clara delimitación de tarefas entre os membros do grupo, de xeito
que sexa perfectamente avaliable a participación de cada estudante no resultado global. O
título do traballo será único e a cualificación será individual para cada membro do grupo.
2.5. O TFG desenvolverase baixo a supervisión dun ou máis titores/as académicos/as.
Artigo 3.- Órganos encargados da xestión dos traballos.
3.1. O centro designará un/unha coordinador/a de TFG para cada un dos graos.
3.2. A Comisión do Prácticum e Traballo Fin de Grao é a encargada de atender ás cuestións
propias do desenvolvemento da materia “Traballo Fin de Grao”.
3.3. No que se refire aos TFG, as competencias da devandita comisión serán:
- Propoñer anualmente a guía docente na que se determinen as diferentes formas de
desenvolvemento, as modalidades de defensa admitidas en cada caso, os
instrumentos de seguimento e os criterios xerais de avaliación, establecendo a
porcentaxe de cualificación asignada ao desenvolvemento da memoria, exposición do
traballo, resposta a preguntas e outras características de avaliación fundamentais das
titulacións.
- Establecer a convocatoria anual de traballos nas tres oportunidades.
- Determinar os sistemas de titoría.
- Aprobar a proposta das liñas temáticas e temas, previa consulta aos departamentos
con docencia nos títulos.
- Establecer e publicar un procedemento para a asignación dos titores/as e os temas
que poderán desenvolverse na elaboración dos traballos.
- Decidir sobre a modificación de temas e/ou titor/a asignado derivada de situacións
excepcionais, previa consulta ao/s departamento/s afectado/s.
- Fixar as características dos traballos (extensión, formato, contido mínimo,…).
- Aprobar os tribunais de avaliación.
- Autorizar a presentación dos traballos en casos excepcionais.
- Propoñer os prazos de entrega dos traballos e informes de seguimento e as datas de
defensa dos traballos de acordo co calendario académico.
- Solucionar as incidencias graves relativas a esta materia.
- Calquera outra que a Xunta de Facultade lle encomende.
3.4. A Xunta de Facultade aprobará a guía docente e os períodos de entrega e defensa dos
TFG, que se publicarán xunto coa convocatoria oficial de exames de cada curso académico.
Artigo 4.- Convocatorias.
4.1. A Comisión do Prácticum e TFG aprobará as datas concretas de entrega e defensa dos TFG,
que estarán comprendidas dentro dos intervalos temporais que determine o calendario
académico.
4.2. Os TFG entregados só poderán ser defendidos e avaliados unha vez que se teña constancia
de que o/a estudante superou todos os créditos necesarios para a obtención do título de grao,
salvo os correspondentes ao propio traballo. A Facultade verificará que se cumpren estes
requisitos para autorizar a súa defensa. Para estes efectos, no caso de que na data de defensa
aínda non se recepcionaran todas as actas de avaliación das materias, o/a secretario/a da
Facultade solicitará do profesorado encargado das mesmas que informe sobre as cualificacións
do alumnado que vaia defender os traballos na mesma convocatoria.
4.3. A Comisión do Prácticum e TFG, atendendo a criterios organizativos e de programación
docente, concretará as datas para a celebración das defensas dos traballos nos intervalos
temporais que determine o calendario académico.
Artigo 5.- Do/a titor/a docente, da súa asignación e da elección do tema do traballo.
5.1. Os TFG deberán ter un/unha titor/a que asista ás/aos estudantes na realización do
traballo. Por razóns xustificadas e previo acordo da Comisión do Prácticum e TFG, poderá
designarse outro/a titor/a, un/unha cotitor/a, ou excepcionalmente dous cotitores/as.
5.2. O/a titor/a será Persoal Docente e Investigador (PDI) das áreas que impartan docencia na
propia titulación. Procurarase, ademais, que o/a titor/a imparta docencia doutras materias na
mesma titulación.
5.3. Tras a correspondente comunicación por parte dos departamentos con docencia na
titulación, a Facultade publicará a listaxe de titores/as e temas dos traballos.
5.4. A asignación do PDI encargado de titorizar ás/aos estudantes farase en tempo e forma
segundo determine a Comisión do Prácticum e TFG, dependendo do período en que se
matricule o estudante e a convocatoria á que se vaia presentar.
5.5. O/a titor/a programará sesións de traballo coas/cos estudantes, nas que establecerá a
programación das tarefas a realizar e orientará o traballo. Será responsable de expoñer a cada
estudante as características do traballo, de orientalo no seu desenvolvemento e de velar polo
cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir o informe
preceptivo e confidencial sobre este seguimento no prazo que estableza a Facultade antes da
defensa do traballo e para os efectos de que se teña en conta para a avaliación establecida no
Artigo 6 desta normativa.
5.6. O informe de seguimento poderá ser todo o detallado que o titor ou titora considere
oportuno, e deberá incluír, como mínimo, información sobre: asistencia regular ás sesións
programadas, interese e implicación, e grao de cumprimento dos obxectivos programados. No
caso de TFG realizado en grupo, o/a titor/a deberá sinalar, para cada estudante implicado, e a
maiores das informacións xa indicadas, outras que atendan ao seu grao de compromiso co
traballo grupal e a súa capacidade de realizar achegas para o correcto desenvolvemento do
TFG.
Artigo 6.- Avaliación do TFG.
6.1. A avaliación dos traballos realizarase a través da súa exposición e defensa pública diante
dun tribunal ou diante do/a titor/a do traballo. Os/as estudantes solicitarán expresamente ser
avaliados por un tribunal ou polo/a titor/a do seu traballo.
6.2. Os membros dos tribunais serán PDI da titulación. Os tribunais de avaliación
configuraranse da forma que estableza a Comisión do Prácticum e TFG, atendendo ao número
de alumnos/as que soliciten ser avaliados por un tribunal, á temática e ás modalidades dos
diferentes traballos.
6.3. Os tribunais estarán formados por tres membros e, polo menos, un suplente que
substituirá, de ser o caso, ao membro ausente. O/a titor/a non poderá formar parte do
tribunal avaliador, pero poderá ser convidado por este ás deliberacións, por acordo da maioría
dos seus membros, unha vez rematada a defensa do traballo por parte do/da estudante.
Procurarase que, polo menos, un dos membros do tribunal pertenza a unha área de
coñecemento afín ás liñas temáticas xerais dos traballos. A participación nos tribunais é
obrigatoria para as persoas nomeadas, agás causa de forza maior debidamente acreditada.
Poderá constituírse un tribunal único para a avaliación dos traballos da mesma convocatoria.
6.4. O tribunal estará formado por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a e un/unha
vogal. Utilizarase o criterio de categoría docente e antigüidade para nomear o/a presidente/a,
que será o de maior categoría e o máis antigo, e o/a secretario/a, que será o de menor
categoría e máis novo. O/a presidente/a e o/a secretario/a exercerán como tales en todas as
actuacións. Procurarase que a participación do PDI nos tribunais sexa equitativa entre o PDI da
titulación.
6.5. O tribunal emitirá a súa valoración definitiva despois de coñecer o informe do titor ou
titora.
6.6. En aplicación do disposto no Artigo 6.7 do Regulamento de matrícula, elaboración e
defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela,
o TFG do alumnado que expresamente así o solicite será avaliado polo titor ou titora do
traballo, quen deberá documentar rigorosamente todas as fases do proceso avaliador:
- Convocatoria do acto de defensa pública dos TFG, na que se indique día e hora, lugar e
relación dos TFG que van ser defendidos.
- Acta individual por cada alumno/a e traballo, na que conste o nome do titor, o título
do traballo defendido, a cualificación recibida e a data de defensa. A acta estará
asinada polo titor ou titora.
- Esta documentación permanecerá custodiada na Secretaría da Facultade.
Artigo 7.- Modalidades de defensa do TFG.
7.1. Como norma xeral, a defensa pública dos traballos consistirá na súa exposición individual
ou en grupo ante o tribunal ou o/a titor/a, segundo a opción elixida polos/polas estudantes.
Non obstante, a Comisión do Prácticum e TGF poderá autorizar outras modalidades de defensa
dos TFG (formato congreso, exposición de pósteres, comunicacións, etc.), sempre que
previamente o alumno ou alumna interesada llo tivera solicitado por escrito e coa debida
antelación.
7.2. No caso de traballos protexidos por cláusulas de confidencialidade actuarase consonte o
disposto no Artigo 11 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de
Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.
Artigo 8.- Entrega e defensa do TFG.
8.1. O alumnado deberá entregar o TFG seguindo o procedemento que acorde a Comisión do
Prácticum e TFG, que se publicará na páxina web da Facultade. Os requisitos formais
determinaranse na guía docente da materia.
8.2. A defensa do traballo ante o tribunal requirirá o informe previo e preceptivo do/a titor/a
ao que se fai referencia nos apartados 5.5, 5.6 e 6.5.
8.3. A defensa do TFG realizarase de xeito presencial, sexa diante do tribunal ou do titor ou
titora. Non obstante, para casos excepcionais debidamente autorizados pola Comisión do
Prácticum e TFG, poderá realizarse a defensa a través de medios telemáticos, coas garantías
que se determinen na autorización.
8.4. O alumnado que, unha vez entregado o traballo e verificadas as condicións para a súa
defensa, non se presente ao acto público de defensa do TFG na data sinalada, terá a
cualificación de suspenso nesa oportunidade.
8.5. A elaboración e defensa do traballo poderanse efectuar en calquera das linguas que se
utilizaron na impartición do grao conforme ao disposto na memoria de verificación do título.
8.6. Para a defensa do TFG ante o tribunal, o alumnado disporá dun máximo de quince
minutos e poderá empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, os membros
do tribunal disporán tamén dun máximo de quince minutos para efectuar as preguntas que
entendan precisas, e o alumnado disporá así mesmo de quince minutos para contestalas. No
caso dos TFG realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse
proporcionalmente en función do número de membros do grupo.
8.7. Para a defensa do TFG ante o/a titor/a, o alumnado disporá dun máximo de quince
minutos e poderá empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, o titor ou
titora disporá duns cinco minutos para efectuar as preguntas que entenda precisas, e o
alumnado disporá polo menos dun tempo equivalente para contestalas. No caso dos TFG
realizados en grupo, o tempo de exposición e defensa poderá aumentarse proporcionalmente
en función do número de membros do grupo.
Artigo 9.- Cualificación e revisión do TFG.
9.1. A cualificación dos traballos realizarase conforme aos criterios establecidos na guía
docente da materia, que estarán vinculados á consecución das competencias da titulación e
das competencias transversais.
9.2. Os tribunais deliberarán sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios
de avaliación publicados na guía docente e ao disposto na memoria de verificación do título,
outorgando a cualificación de acordo coa seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión
dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:
• Non Presentado (NP)
• 0 - 4,9: Suspenso (SS)
• 5,0 - 6,9: Aprobado (AP)
• 7,0 – 8,9: Notable (NT)
• 9,0 – 10: Sobresaliente (SB)
9.3. No caso de que os membros do tribunal non cheguen a un acordo sobre a cualificación, a
nota final será o resultado da media aritmética das tres cualificacións outorgadas polos
integrantes do tribunal.
9.4. No caso de avaliación a cargo do/a titor/a, a cualificación máxima que poderá obterse é de
7,5 (Notable).
9.5. As cualificacións, tanto as outorgadas polo titor ou titora como polos tribunais, deberán
expoñerse publicamente no taboleiro habilitado ao efecto.
9.6. O alumnado ten dereito á revisión das cualificacións nas datas e horarios que para tal
efecto deberán fixarse no momento de facer públicos os resultados provisorios. As datas de
revisión deberán estar comprendidas dentro dos dez días seguintes á publicación dos
resultados e incluirán como mínimo dúas datas opcionais. Para estes efectos o mes de agosto
será inhábil e non computará neste prazo.
9.7. A revisión será persoal. No caso de avaliación a cargo do tribunal, a revisión poderá
realizala un ou varios dos seus membros. En todo caso, deberá quedar constancia da
celebración da revisión e da data en que se realizou mediante calquera sistema que acredite a
súa realización.
9.8. O procedemento de reclamación contra a cualificación será o establecido na normativa
vixente relativa á avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de
cualificacións.
9.9. A mención de “Matrícula de Honra” poderá ser outorgada a estudantes que obteñan unha
cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado
matriculado nesa materia no correspondente curso académico. Se o número de alumnas/os é
inferior a 20, poderase outorgar unha matrícula de honra. Esta mención só poderá outorgarse
unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. A
atribución desta mención corresponderalle á Comisión do Prácticum e TFG, oídas as propostas
dos tribunais e titores/as avaliadores.
Artigo 10.- Xestión das actas.
Para a xestión das actas seguirase o procedemento establecido no Artigo 10 do Regulamento
de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade
de Santiago de Compostela, tendo en conta a posibilidade de que o TFG poderá ser avaliado
tanto por un tribunal como polo/a titor/a, segundo elección do alumnado.
Artigo 11.- Dereitos e deberes do alumnado.
Os dereitos e deberes do alumnado en relación co TFG son os recollidos nos artigos 12 e 13 do
Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na
Universidade de Santiago de Compostela.
Disposición final. Entrada en vigor.
1. A presente normativa entrará en vigor no curso académico 2016/2017, unha vez aprobada
polo Consello de Goberno da USC.
2. A presente normativa será interpretada en consonancia co resto de normas e
procedementos da Universidade de Santiago de Compostela vixentes, entre outras a
Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster, a Normativa de avaliación
do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, o Regulamento
da USC dos intercambios universitarios de estudantes, as Normas de Planificación
Académica Anual e o Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin
de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.
Disposición derrogatoria.
Quedan derrogadas cantas normas se opoñan a este acordo, en particular os Regulamentos
dos TFG dos Graos en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria
aprobados polo Consello de Goberno da USC o 26 de marzo de 2014.
XUNTA DE FACULTADE
Sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2016
Resumo da Acta número 398
1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores.
Apróbanse as actas nº 396 e 397, correspondentes, respectivamente, á sesión ordinaria celebrada o 6 de xullo de 2016 e á sesión extraordinaria celebrada o 26 de setembro de 2016. 2. Informe do Decanato.
- Xubilación de Pablo López Barrera (Física aplicada), con efectos do 31/08/2016; Carmen Varela Prado (directora da Biblioteca), con efectos do 15/11/2016; Estrella Senra Negro (persoal da empresa encargada da limpeza), con efectos do 18/10/2016.
- Cesamento de Fernando López-Azcárate Fernández (Didáctica e organización escolar), Alfonso Villares Barro (Didáctica e organización escolar) e Ana Isabel Álvarez Goyanes (Didáctica da expresión plástica) como profesorado asociado, con efectos do 31/08/2016; Ana Mª Rodríguez Núñez (persoal da Biblioteca), por reincorporación da persoa substituída.
- Incorporación de Martázul Busto Núñez, profesora asociada, área de Filoloxía francesa, con efectos do 7 de marzo de 2016.
- Incorporación de Patricia Mª Iglesias Souto, profesora axudante doutora, área de Psicoloxía evolutiva e da educación, con efectos do 28/10/2016; Joaquín Lago Ballesteros, profesor axudante doutor, área de Didáctica da expresión corporal, con efectos do 21/11/2016; Luís Blanco Rivadulla, persoal da Biblioteca.
- Parabéns ao profesorado que participou no IV Campus de Verán XuvenCiencia. - Condolencias polo falecemento da nai de José Castro Vivero (persoal de
Conserxería) e do pai do prof. Santiago López Gómez. - A ACSUG emitiu informes finais de avaliación para a renovación da acreditación das
titulacións de Graduado en Mestre de Educación Infantil e Graduado en Mestre de Educación Primaria, así como do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, en termos FAVORABLE.
- Peche da matrícula 2016-17: � 2º prazo: Grao en Mestre/a de Educación Infantil (6,030) e Dobre grao (9,736) � 3º prazo: Grao en Mestre/a de Educación Primaria (6,250) � Estudantes matriculados en 1º Grao Mestre/a Educación Infantil (2ª ed): 83 � Estudantes matriculados en 1º Grao Mestre/a Educación Primaria (2ª ed): 99 � Total estudantes Grao en Mestre/a Educación Infantil: 364 � Total estudantes Grao en Mestre/a Educación Primaria: 402 � Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria: 11
� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Ciencias Experimentais): 24
� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Formación Profesional: Sector Primario e Secundario): 22
� Estudantes matriculados no Máster en Profesorado de Educación Secundaria (Linguas estranxeiras): 22
� Estudantes matriculados no Máster DAEN: 31 - Convocatoria de eleccións de representantes do estudantado de grao e máster nas Xuntas
de Centro. O procedemento electoral será de votación electrónica, que terá lugar o día 7 de febreiro de 2017 desde as 9:00 ata as 19:00 horas.
- Peche do exercicio económico 2016. - Informe favorable á proposta de regulamentos de TFG dos Graos en Mestre/a de
Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria.
3. Adscrición de materias ás áreas de coñecemento.
Apróbase a seguinte adscrición de materias a áreas de coñecemento: - G3131330 Educación estética: 193 Didáctica da expresión plástica (3), 195 Didáctica
da lingua e a literatura (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 215 Didáctica e organización escolar (2), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (-).
- G3131331 Literatura e arte: 193 Didáctica da expresión plástica (3), 195 Didáctica da lingua e a literatura (3), 360 Filoloxía románica (1).
- G3131463 O debuxo como medio: 193 Didáctica da expresión plástica (3). - G3131464 Proxectos artísticos: 193 Didáctica da expresión plástica (3). - G3151330 A calidade nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3),
805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).
- G3151331 Dirección de centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).
- G3151490 A convivencia nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).
- G3151491 A participación nos centros escolares: 215 Didáctica e organización escolar (3), 805 Teoría e historia da educación (3), 625 Métodos de investigación e diagnóstico en educación (2).
4. Asuntos de trámite.
Autorízase a realización dun exame fin de carreira da materia G3131423 Aprendizaxe das ciencias da natureza, o día 26 de xaneiro de 2017, de 12:00 a 14:00 h., no despacho 107. Concédese dispensa de asistencia a clase aos estudantes que a seguir se relacionan: - Cursos ponte: Ana Antelo Canoura, Laura Blanco Varela, Fernando María Casanova
Santos, Lorena Conde Vázquez, Pablo Corveiras Otero, Inés Díaz Campo, Mª Pilar Estar López, Inmaculada García Lombardía, Susana González Arias, Susana Lestón Mayo, José Manuel López Barrio, Patricia López Buján, Consuelo Pilar López Fernández, Rebeca López Losada, Bibiana Maquieira Ucha, Andrea Otero Arias, Luis
Fernando Pérez Méndez, Mª Rosa Queiro Pérez, Alberto Rego Sieira, Gemma Souto López, Sonia Uzquiano Díaz, Cristina Vázquez Vázquez, Beatriz Vieites Casas.
- Grao en Mestre/a de Educación Infantil: Yesica Otero Montes (2º), Ana Santos Veiga (2º), Rosa Mª Fernández Eijo (4º).
- Grao en Mestre/a de Educación Primaria: Raquel Joga Gómez (1º-2º-3º). Denégase a concesión de dispensa de asistencia a clase aos seguintes estudantes: Rebeca Blas Pena, Sheila María Castro Agrelo, Ana María Delgado López, Lucía Seijas Vázquez. 5. Rogos e preguntas.
Intervencións solicitando que a presidencia da sesión impida debater asuntos que non figuran na orde do día das Xuntas de Facultade; expresando o desacordo co sistema adoptado para a concesión de matrículas de honra nas materias do Prácticum, e solicitando a elaboración inmediata dun novo Plan Xeral do Prácticum.
XUNTA DE FACULTADE
Sesión ordinaria celebrada o 19 de decembro de 2016 Resumo da Acta número 399
1. Aprobación, se procede, da acta das sesión anterior. Apróbase a acta nº 398, correspondente á sesión ordinaria celebrada o 22 de novembro de 2016, cunha modificación de acordo co escrito do prof. Otero Urtaza e deixando constancia do expresado polo prof. Silvosa Costa (7 votos a favor, 3 en contra e 5 abstencións). 2. Informe do Decanato.
- Incorporación de Francisco José Armas Quintá, profesor interino de substitución, con dedicación a tempo parcial P3, área de Didáctica das ciencias sociais, con efectos do 28/11/2016.
- Iniciativas solicitando a derrogación do Real Decreto 415/2015, de 29 de maio, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios, así como a anulación dos novos criterios de acreditación impostos pola ANECA.
- Consello de Goberno do 16 de decembro: 1) Aprobación da proposta de orzamento para o exercicio 2017
• Previsións sobre prazas de profesorado: estabilización en prazas novas de contratado doutor dos últimos 4 investigadores cos que existe compromiso de estabilización; 8 prazas novas de profesor axudante doutor; 2 prazas de consolidación de profesor axudante doutor noutras de contratado doutor; 6 prazas de consolidación de profesor interino en prazas de contratado doutor; 10 prazas de promoción de profesor contratado doutor a titular de universidade; 10 prazas de promoción de profesor titular a catedrático.
• Crédito Facultade de Formación do Profesorado: capítulo II, 34.736,00; capítulo VI, 8.129,00.
• Obra RAM Facultade de Formación do Profesorado: urbanización completa do aparcadoiro, mantendo os xardíns, 210.000,00 (non prioritaria); só pavimentación de asfalto en quente, mantendo os xardíns, 19.000,00 (non prioritaria); falso teito e luminarias nas aulas 22B e 24B, 5.100,00 euros (non prioritaria); substitución de queimador da caldeira nº 2, 2.030,00 (prioritaria); desatranco de radiadores, 3.000,00 euros (prioritaria); inspección técnica do tanque de gasóleo, incluído residuos, 2.500,00 (prioritaria).
2) Aprobación dos criterios e calendario para as novas propostas e modificacións de titulacións de grao e máster para o curso 2018/2019: antes do 20 de xaneiro, declaración de intencións de presentación da modificación, aprobada pola Xunta de Facultade; antes do 28 de abril, presentación da proposta de modificación; antes do 13 de xuño, envío da memoria definitiva á Vicerreitoría.
- O BOE de 19/12/2016 publicou as resolucións rectorais sobre as modificacións dos plans de estudos do Máster DAEN e dos graos en Mestre/a de Educación Infantil e Mestre/a de Educación Primaria do ano 2014.
- Anomalías na redacción das fichas das materias optativas da mención en Dirección e xestión de centros: os contidos das materias “La participación en los centros escolares” e “La convivencia en los centros escolares”, tal como aparecen na Memoria de verificación do título, son idénticos. En realidade, eses contidos son os correspondentes á materia “La participación en los centros escolares”. Os contidos correctos da materia “La convivencia en los centros escolares” son os que aparecen na ficha da materia “La calidad en los centros escolares”. Os contidos desta última materia son: Gestión de la calidad educativa; La institucionalización de las evaluaciones externas; Diseño de propuestas de mejora y proyectos de innovación; Calidad y proyectos estratégicos. Advertido o erro, o persoal de xestión púxese en contacto inmediatamente co Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica coa finalidade de que, dado que se trata dun erro material, se puidese facer unha corrección de oficio na Memoria. A resposta do Servizo foi que esa corrección de oficio non é posible ata que se abra un novo proceso de modificación do título, de maneira que o procedente agora é deixar constancia desta incidencia no próximo informe anual de seguimento do título.
- Polo que se refire á protesta expresada na anterior Xunta de Facultade, en relación coa suposta non anexión dun escrito á acta número 395 da Xunta de Facultade celebrada o 28 de abril de 2016, a Secretaria explica detallada e documentalmente que tal escrito foi debidamente anexado no seu momento.
3. Informe sobre avaliación de méritos docentes. Acórdase conceder informe favorable ás solicitudes presentadas por: Josefa del Carmen Fernández de la Iglesia, María Isabel Fernández López, Francisco Javier Garbayo Montalbes, Ignacio García González, Miguel González Pereira, Pablo César Muñoz Carril, Pablo Ramil Rego e Mª Carmen Sarceda Gorgoso. Aórdase, así mesmo, autorizar á Secretaria a certificar favorablemente peticións que cheguen nos próximos días, sempre que non exista constancia de incumprimento das obrigas docentes por parte deses solicitantes. 4. Asuntos de trámite. Non houbo. 5. Rogos e preguntas. Intervencións en relación co convite a todo o profesorado a participar na Xunta de Facultade; co envío das actas das sesións da Xunta de Facultade por medios
electrónicos aos membros da Xunta antes da súa aprobación, conforme ao establecido no artigo 18.2 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público; con decisións supostamente irregulares adoptadas pola Comisión de Prácticum e Traballo Fin de Grao sobre o procedemento para a concesión das matrículas de honra. Tamén se presentan dúas preguntas dirixidas ao Decano para que sexan respondidas por escrito.