10
Yo, Abelenda Actividade para escolares de 6º de Educación Primaria a 2º de ESO

Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

Yo, AbelendaActividade para escolares de 6º de Educación Primaria a 2º de ESO

Page 2: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 2

A Área Educativa de Afundación proponche un reto: coñecer desde a túa casa a exposición «Yo, Abelenda» a través dunha visita virtual. Deberás observar, ler e responder ás diferentes fichas de investigación que deseñamos para o teu entretemento. Ao final deste documento tes as respostas a todas as cuestións, para que poidas comprobar se acertaches ou procurar o que non saibas.

Antes de comezar, deixámosche o enlace da visita virtual para que poidas pasear polas salas de exposición. Tamén engadimos o enlaces á páxinas web da Colección de Arte Afundación, así poderás investigar mellor sobre as obras e os artistas. Despois iremos ficha por ficha.

Preparad@s? Lembrade, agora moito…

Page 3: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 3

Yo, AbelendaNa mostra aparece reflectida a arte, ironía e vida. Desta suma xorde o personaxe de Abelenda. Estudante de arquitectura, xogador de rugby, campión de España dos 100 metros valos, nómade, tertulia-no, pregoeiro, actor en películas de romanos, comedias e westerns, humorista e, sobre todo, pintor.

O título da mostra é «Yo, Abelenda». Cal sería o motivo de elixir este título? Escolle a opción correcta:

• Abelenda era moi prepotente.

• Para gastarnos unha broma, xa que a ironía era unha das súas facetas.

• Abelenda sempre soñou con facer unha película que levase ese título.

• A necesidade de xustiza, de poñer en valor dentro e fóra de Ga-licia a súa arte e figura.

Page 4: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 4

Ilustración e HumorAlfonso Abelenda nace na Coruña o 5 de outubro de 1931, no seo dunha familia de artistas. A súa nai, Pilar Escudero, era pintora. O seu avó era un coñecido escultor e o seu pai, que era médico, tamén era un excelente debuxante coma el.

O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros.

Cando falamos de humor gráfico, a que nos estaremos referindo? Elixe a opción correcta:

• Representación de calquera situación mediante o uso de chistes, caricaturas, co fin de facer pensar.

• Debuxar historias de algo que nos sucede todos os días.

• Escribir chistes graciosos e pasarllos a un compañeiro no medio da clase.

Abelenda estuda arquitectura e ciencias exactas, aínda que sempre está ligado ao mundo da arte. Como moitos outros artistas da súa época, co-meza a realizar algúns traballos para gañar algo de diñeiro. Un xornal e unha revista contrátano como debuxante de humor gráfico. Observa ben o primeiro apartado da visita e non perdas de vista o bocadillo de cómic.

• Cal é o nome das revistas e do xornal?

• En que anos tra-balla para elas?

• Tiveron tanto éxi-to as viñetas de Abe-lenda que a revista publica un libro cuxo título está relacionado co seu apelido. Como se titula? En que ano se publica?

Elixe unha viñeta que che chame a atención e que che resulte especialmente graciosa. Que relata?

Page 5: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 5

Museo del PradoMentres Abelenda vivía en Madrid, practicaba todo tipo de deportes e seguía estudando e aprendendo. Nesta época descobre o Museo del Prado, onde se expoñen as obras de Goya e Velázquez, dous artistas que admira profundamente.

As Meninas de Velázquez (1) son representadas por Abelenda (2) en varias ocasións nos anos 80, observa ben a planta 2. Parécense en algo ás de Velázquez? En que se diferencian?

• Abelenda píntaas sen rostro porque non sabe debuxar ben as caras.

• Desfigúraas un pouco porque lle falla a vista

Abelenda, influenciado por outras maneiras de pintar, chamadas vangar-das, cambia as formas, a cor, o fondo… coa finalidade de crear unha nova realidade. Abelenda deixa de pintar a realidade tal como a vemos.

A continuación aparecen definidos e representados algúns movementos vangardistas. Con cal deses movementos podemos asociar as Meninas de Abelenda (observa ben as Meninas, na parte esquerda da páxina)?

1. Expresionismo Deformación para expresar sentimentos.

2. Cubismo Xeometrización da realidade.

3. Fauvismo Alteración das cores da realidade.

1

2 31 2

Page 6: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 6

Retrato e BodegónAbelenda era Caballero da Orde de María Pita e ademais descendente directo da heroína coruñesa. Centrándonos na súa obra, Abelenda iníciase no xénero do retrato e autorretrato, ensaiando consigo mesmo, mentres estuda en Madrid. Tamén se centra no xénero dos bodegóns experimentando coa cor e as texturas.

Abelenda pinta moitos retratos e perfecciona a súa técnica facendo auto-rretratos. Observade a galería de retratos de Abelenda. Que definición lles encaixaría mellor?

RealismoRepresentación do retratado claramente recoñecible e axustada á realidade.

Cubismo Descomposición da imaxe do retratado en formas xeométricas.

Expresionismo Deformación e alteración da cor a partir da imaxe do retratado coa finalidade de expresar a súa personalidade e o seu mundo interior.

Abelenda tamén traballou o xénero do bodegón ao longo da súa carreira artística. O estilo de Abelenda irá avanzando e evolucionando ao longo dos anos.

Agora fixádevos nestas obras; cada un destes bodegóns está relacionado cun ou varios movementos artísticos. Relaciona estas obras coas de Abe-lenda (planta 2) e busca similitudes con elas. En que movemento enca-drarías os bodegóns de Abelenda? expresionismo, surrealismo, cubismo?

1. Bodegón expresionista deformación e cor alterada, os obxectos transmiten emocións.

2. Bodegón surrealista imaxe do subconsciente, soño, fantasía.

3. Bodegón de Abelenda.1 2 3

32

1

Page 7: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 7

A PaisaxeAbelenda naceu na Coruña, mais durante boa parte da súa vida dedicouse a percorrer mundo. Estivo en Marrocos, Madrid, Montevideo, Caracas, París, Al-Andalus, Nova York, Berlín… En todas as súas viaxes aprendeu algo. Con todo, o gran protagonista da súa obra é a paisaxe da súa infancia. Na foto da esquerda vedes unha das vistas máis admiradas de Abelenda.

As imaxes da súa cidade natal e, so-bre todo, a relación co mar quedan reflectidas nas paisaxes de Abelenda.

Cando se lle preguntaba por que pintaba tanto o mar, a resposta de Abe-lenda era «Como non o vou pintar, se nacín fronte ao mar?»

Como se chaman as paisaxes nas que principalmente se ve o mar?

• Oceanías

• Mariñas

• Retratos

Cantas paisaxes da Coruña ves na planta 1? Ningunha? poucas? moitas?

Aínda que algunhas paisaxes son as mesmas, non están debuxadas todas co mesmo estilo. Escolle polo menos dúas e sinala as diferenzas. Dámos-che alguna pista:

Expresionismo Intensidade da expresión dos sentimentos a través da deformación.

Cubismo

Xeometrización da realidade.

Abelenda realiza o servizo militar en Marrocos, onde realiza exposicións da súa obra. A paisaxe deste país acaba por aparecer tamén nos seus lenzos.

Observa estas paisaxes de Marrocos. Observades na sala (planta 1) algunha que se lles asemelle?

Que cores predominan na obra? Son cores…

• Frías

• Nevadas

• Intensas

• Cálidas

Page 8: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 8

O TallerNo estudio de Abelenda hai bastantes obxectos persoais do artista. Entre todas as cousas que fixo ao longo da súa vida, unha das máis peculiares foi a de ser actor en películas de romanos, westerns e comedias. Fíxate na fotografía da esquerda: é Abelenda facendo de policía en Apatruyando la ciudad.

Entrando no estudio de Abelenda (planta 1) observamos diferentes cousas: debuxos, pinturas, o caballete onde creou numerosas obras…

Abelenda dicía que un artista non pode avanzar se non estuda primeiro. Que cres que ten que estudar un artista?

• Pelado de patacas

• Técnica de pintar

• A obra doutros mestres da historia da arte

• A forma de non facer nada

• Visitar países e museos do mundo

• Ver moito a TV e xogar á Xbox

Agora observa as obras que Abelenda pinta no seu taller (planta 1) e res-ponde as seguintes preguntas. Non esquezas pensar ben antes de con-testar!

• Como son as cores?

• Que cousas aparecen?

• Que é o que máis vos chama a atención?

• Aparece Abelenda representado?

• Que animal aparece representado en varias ocasións?

Page 9: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que

PROGRAMA#AfundaciónEnCasa

Yo, Abelenda. Actividades para escolares de 6º EP a 2º ESO • 9

Ilustración e humor | p. 4

• Representación de calquera situación mediante o uso de chistes, caricaturas ou historietas coa fin de facer pensar.

• As revistas Don José, Cambio 16 ou La Codorniz.

• Nos anos 60, 70 e 80.

• Titúlase O Abelendario e publícase en 1972.

• Podes envialo a [email protected]

O Museo do Prado | p. 5

• Influenciado por outras maneiras de pintar, cha-madas vangardas, cambia as formas, a cor, o fondo… coa finalidade de crear unha nova reali-dade. Abelenda deixa de pintar a realidade tal e como a vemos.

• Os tres movementos aparecen representados nas Meninas de Abelenda; traballou influenciado polas vangardas de comezos do século XX. Para máis información sobre as vangardas, preme nesta ligazón.

Retrato e bodegón | p. 6

• Realismo e cubismo.

• Bodegón expresionista: deformación e cor alte-rada, os obxectos transmiten emocións.

A paisaxe | p. 7

• Mariñas.

• Moitas, encantáballe pintalas.

• Envía os teus comentarios a [email protected]

• Si.

• Cálidas.

O taller | p. 8

• Un artista debe estudar técnica de pintar, a obra doutros mestres da historia da arte e tamén visi-tar países e museos do mundo.

• Abelenda represéntase a si mesmo traballando no taller. Na obra predominan as cores escuras e aparecen representandos numerosos obxectos.

• Toda a obra está marcada pola influencia das vangardas que xa mencionamos noutros aparta-dos. Tamén se imaxina morto no seu propio ta-ller, de aí o esqueleto. En moitas das súas obras aparece debuxado o seu can, que se chamaba Tarzán.

Lembrade que, se tedes dúbidas ou queredes con-tarnos algo, podedes escribirnos a [email protected]

RESPOSTAS

Page 10: Yo, Abelenda€¦ · O humor gráfico era algo natural en Abelenda desde moi neno, na escola usábao xa para divertirse cos seus compañeiros. Cando falamos de humor gráfico, a que