27/3/2020 A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño" - Praza Pública
https://praza.gal/acontece/a-ministra-de-educacion-preve-a-volta-as-aulas-en-maio-ou-comezos-de-xuno 1/9
Faite socia
Coronavirus Acontece
A ministra de Educación prevé a volta ásaulas "en maio ou comezos de xuño"Marcos Pérez Pena @marcosperezpena
xoves 26, marzo 2020
Isabel Celaá, ministra de Educación © Goberno de España
A ministra de Educación, Isabel Celaá, puxo data este xoves ao regreso do alumnado ásaulas presenciais unha vez �nalizado o estado de alarma e superado o con�namento e aepidemia de coronavirus. En varias intervencións en medios de comunicación (TVE, La
A selectividade �xa aprimeira semana de xullocomo data máis probable edescártase a súasuspensiónmartes 24, marzo 2020
27/3/2020 A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño" - Praza Pública
https://praza.gal/acontece/a-ministra-de-educacion-preve-a-volta-as-aulas-en-maio-ou-comezos-de-xuno 2/9
Sexta, Onda Cero...) Celaá descartou tallantemente que o curso se poida dar por �nalizadoe asegurou que os alumnos e alumnas regresarán ás escolas e institutos, pero taménapuntou que esta volta non será inmediata.
"Temos a confianza de poder atender os alumnos de maneirapresencial no último trimestre, aínda que fosen 15 ou 20 días parafacer un repaso xeral"
"Temos a con�anza de poder atender os alumnos de maneira presencial no últimotrimestre, aínda que fosen 15 ou 20 días para facer un repaso xeral", dixo a ministra,que explicou que a partir do 11 de abril "volveremos ter unha videoconferencia cosresponsables autonómicos de Educación, como a que tivemos onte. E avaliaremos ascircunstancias e a situación para ver se podemos asegurar unha volta aos colexios enmaio".
"O segundo trimestre xa a concluído e agora temos que preparar o terceiro trimestre.Temos que avaliar se temos opción de volver á vía presencial", engadiu. En todo caso,aclarou, o regreso "non será o 3 de maio" e pode que non se producirá en todos os niveis een todos os territorios á vez.
A partir do 11 de abril "avaliaremos a situación para ver sepodemos asegurar unha volta aos colexios en maio", dixo
Celaá subliñou que "dar por terminado o curso escolar sería unha mala decisión, porque osalumnos están a traballar con esperanza e con aplicación" e asegurou que "ningúnalumno vai perder o curso por esta circunstancia". Así mesmo, salientou que "todo oalumnado será avaliado con xustiza e equidade, de acordo coas circunstancias de cada undurante o con�namento".
27/3/2020 A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño" - Praza Pública
https://praza.gal/acontece/a-ministra-de-educacion-preve-a-volta-as-aulas-en-maio-ou-comezos-de-xuno 3/9
Exame de selectividade CC-BY-SA josemai
A ministra destacou que o ensino non está detido, senón que a maior parte do alumnadoestá en contacto cos seus centros e profesorado, para continuar a impartir o temario deforma telemática. Celáa calculou que así o está a facer máis do 80% dos alumnos ealumnas e destacou que dende o Ministerio e as Comunidades Autónomas se está atraballar na detección daqueles rapaces e rapazas que non poden facelo "polascircunstancias que sexan". "Hai alumnos que por fenda dixital ou outras fendas sociais, nonestán conectados", salientou.
"Ningún alumno vai perder o curso por esta circunstancia",asegurou
Así mesmo, sobre a formación profesional engadiu que "os alumnos van ser examinadosexactamente igual que os de bacharelato, é dicir terminarán os seus cursos na mesmadata".
Adiamento da selectividade ata comezos de xullo
27/3/2020 A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño" - Praza Pública
https://praza.gal/acontece/a-ministra-de-educacion-preve-a-volta-as-aulas-en-maio-ou-comezos-de-xuno 4/9
Este mércores, o Goberno central acordou o adiamento dos exames de Selectividade, quedeberán celebrarse entre o 22 de xuño e o 10 de xullo (anteriormente a data límite estaba�xada no 19 de xuño) para compensar a perda de tres semanas de clase consecuencia docon�namento. Ademais, as probas deberán dar a escoller máis preguntas, para asegurarque o alumnado é examinado de temas que traballou na aula. "Calquera cousa é mellorque suspender a Selectividade", subliñaba en conversa con Praza.gal Celso Rodríguez,representante da USC na CiUG.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
27/3/2020 A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño" - Praza Pública
https://praza.gal/acontece/a-ministra-de-educacion-preve-a-volta-as-aulas-en-maio-ou-comezos-de-xuno 5/9
Marcos Pérez PenaMarcos Pérez Pena (Montevideo, 1980). Tras ter traballado en Vieiros.com e outrosmedios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha Praza. Doutor enXornalismo pola USC, analizou na súa investigación o papel da prensa en Galiciadurante a Transición.
Ver comentarios
PUBLICIDADE
Recommended