O vindeiro 18 de decembro vai ser
unha xornada de mobilización en Galicia.
Galicia SindicalNúmero 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
18 de decembro: xornada demobilizacións contra osrecortes laborais e sociaisn O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras e UGT-Galicia convocan manifestaciónsás 12 horas na Coruña, Lugo e Ourense, e en Vigo ás 18 horas
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Continúan as mobilizacións para reclamar un xiro nas políticas do Goberno español
O próximo domingo, día 21 de novembro, a plataforma
SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convocará
unha manifestación contra a privatización do servizo. Sairá
da alameda compostelá ás 12 horas. / Páx. 7
MANIFESTACIÓN EN DEFENSADA SANIDADE PÚBLICA
O Sindicato nacional de Comisións Obrei-
ras e UGT convocaron manifestacións na
Coruña, Lugo, Ourense e Vigo para re-
clamaren un xiro nas políticas económi-
cas e sociais do Goberno español.
O mesmo acontecerá no resto do es-
tado, con outros actos reivindicativos
convocados polas confederacións sindi-
cais de CCOO e UGT.
Alternativas
Recentemente, o sindicalismo de clase
presentou o documento Alternativas sin-
dicais á política económica e social do
Goberno, que recolle as propostas das
dúas organizacións en materia de pen-
sións, negociación colectiva, cambio de
modelo produtivo e reforma fiscal, reco-
llidas de xeito resumido no anterior nú-
mero especial do GaLiCia SindiCaL.
En páxinas interiores deste número, a
secretaria de Emprego, Maica Bouza, ex-
plica con detalle estas propostas de
CCOO e UGT. / Páxs. 4 e 5
GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
CCOO homenaxeou en Vigo a
Marcelino Camacho
De arriba cara abaixo, e de esquerda a dereita: Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO; Xosé Cameselle,
secretario xeral da Unión Comarcal de Vigo; o público canta A Internacional ao final do acto; Marcelino Camacho en 2008
O pasado día 6 de novembro tivo
lugar no Centro Cívico de Teis (Vigo)
unha homenaxe a Marcelino Cama-
cho, primeiro secretario xeral da
Confederación Sindical de CCOO, fa-
lecido no mes de outubro.
Á homenaxe acudiron unhas 300
persoas. Exerceu de presentadora
amelia Pérez, secretaria de Organi-
zación da Unión Comarcal de CCOO
de Vigo, e interviñeron Eduardo Fer-
nández, que participou na fundación
das CCOO; Elvira Landín, avogada la-
boralista; Rubén Pérez, secretario de
Organización do PCG; abel Caba-
llero, alcalde de Vigo; Xosé Manuel
Sánchez aguión, secretario xeral do
Sindicato nacional; e Xosé Camese-
lle, secretario xeral da Unión Comar-
cal. O acto rematou cos acordes
d’A Internacional.
O Sindicato nacional de Comisións
Obreiras de Galicia aprobou unha re-
solución de condena á actuación do
Goberno de Marrocos no campa-
mento de Gdeim izik. nela, CCOO
esíxelles á OnU, á Unión Europea e
ao Goberno de España que denun-
cien publicamente estes feitos e que
interveñan de xeito urxente ante as
autoridades marroquís na defensa
dos dereitos humanos do pobo sa-
harauí, detendo esta inxustificada
agresión. Esta intervención, como o
tratamento que lles dá Rabat ás rei-
vindicacións sociais dos saharahuís
asentados nos territorios ocupados,
son «sinais inequívocos da falta de
vontade de Marrocos para negociar
a solución do histórico conflito».
CONDENA Á ACTUACIÓN DE MARROCOSNO SÁHARA OCCIDENTAL
GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
Contra aprivatizacióndos servizospúblicos
O día 17 de novembro tivo lugar
en Santiago de Compostela unha
concentración de traballadores e tra-
balladoras diante da Xunta de Galicia.
Responderon así ao chamamento do
Comité provincial da Coruña da Con-
sellaría de Traballo e Benestar e ao
da Consellaría de Educación. Co acto
reivindicativo protestaron contra as
intencións de privatizar os centros
de educación especial Santiago após-
tolo (a Coruña) e Terra de Ferrol.
Continúan os actosde protesta na CRTVG
O persoal da CRTVG, TVG e Radio Galega concentrouse o día 16 de novembro fronte ás instalacións da
compañía en San Marcos (Santiago de Compostela). Responderon así á convocatoria do comité inte-
rempresas para defenderen o carácter público da empresa e a estabilidade laboral
CCOO insta a Xunta a rectificare adoptar medidas contra o paronO mes de outubro finalizou en Galicia con case 224.000 persoas sen un posto de traballo; poriso, o sindicato lémbralle ao Goberno autonómico que debe aproveitar os orzamentos de 2011
CCOO reclámalle á Xunta que uti-
lice «todas as súas competencias e
todas as súas capacidades» para que
en Galicia se continúen executando
políticas de emprego e formación,
acompañadas de políticas que incen-
tiven a actividade e contribúan a
afrontar a actual situación. O sindi-
cato lembra que «o principal pro-
blema do país» son as case 224.000
persoas en paro, e que os orzamen-
tos para 2011, que se están a deba-
ter no Parlamento, «son unha boa
oportunidade para que o Goberno
galego rectifique a súa política».
En outubro, o paro medrou en Ga-
licia en 7.799 persoas, un 3,61%
(1,91 puntos máis que a media do
estado, que é do 1,70%), o que sitúa
o total de desempregados en
223.894 persoas. Este incremento
deixa Galicia como a quinta comuni-
dade onde máis aumentou o paro. Á
vista dos datos, a Secretaría de Em-
prego de CCOO insiste en que a re-
forma laboral imposta polo Goberno
español «non serve».
no mes de outubro, hai en Galicia
121.601 mulleres desempregadas
(54,31% do total) e 102.293 homes,
mentres que as traballadoras e tra-
balladores menores de 25 anos son
o 9,66% do desemprego total (0,17
puntos menos que o mes anterior),
21.619 mozos e mozas. O aumento
do desemprego é maior nos homes
(4.409, un 4,50%) que nas mulleres
(3.390, o 2,87%). no colectivo de me-
nores de 25 anos medra un 1,73%; a
análise por sexos revélanos que au-
menta un 1,82% nos mozos e un
1,61% nas mozas.
GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
O Goberno español está a centrar
as súas medidas na redución do
gasto e do investimento, no desman-
telamento e privatización dos servi-
zos públicos, no recorte de dereitos.
Obvia, porén, que hai outras fórmu-
las para afrontar a saída á crise sen
que iso supoña que sexamos os
de sempre, isto é, a clase traballa-
dora, que teñamos de pagar as con-
secuencias.
desde Comisións Obreiras esixí-
moslle ao Executivo central a retirada
da reforma laboral. neste sentido,
promoveremos unha iniciativa lexis-
lativa popular (iLP) para corrixir
cunha nova lei os contidos regresivos
da reforma. ademais, propomos me-
Os catro eixes dunhaalternativa social
didas alternativas, dirixidas non só a
saírmos da crise sen pagar un alto
prezo social, senón a sentarmos ta-
mén as bases dun novo modelo pro-
dutivo que nos faga máis fortes, a
desenvolver unha política fiscal dife-
rente con mellores instrumentos de
recadación, a mellorar os sistemas
de protección social para rebustecer
o Estado do Benestar, e a fortalecer
a estrutura da negociación colectiva.
Estas medidas concrétanse no docu-
mento Alternativas sindicais á polí-
tica económica e social do Goberno,
que presentamos hai só uns días en
toda España.
O primeiro dos eixes de actuación,
o cambio do modelo produtivo, é
esencial para a creación de emprego.
Baseamos a proposta en xerar ri-
queza para o país, pero fundamen-
tándoa no valor engadido dos bens
e servizos que se producen, desbo-
tando deste xeito o actual modelo
produtivo, xa caduco, asentado nos
baixos custos laborais e nunhas con-
dicións de traballo precarias con re-
percusións negativas nos dereitos e
na propia saúde.
Cómpren, polo tanto, investimen-
tos selectivos, especialmente en
i+d+i, para mellorar o noso proten-
cial produtivo; apostar pola susten-
tabilidade enerxética e a ecoinnova-
ción, pór en marcha un servizo
universal de banda larga e as redes
de nova xeración, impulsar a investi-
gación científica, tanto básica como
aplicada, fomentar a rehabilitación
urbana e a edificación sustentable,
potenciar o sistema de transporte fe-
rroviario e de cabotaxe marítima,
apostar pola FP de grao medio e su-
perior que cualifique os traballadores
e traballadoras de cara a súa inser-
ción laboral, estender a educación
gratuíta ao tramo de 0-3 anos e re-
forzar o funcionamento dos servizos
públicos de emprego.
O segundo eixe ten no punto de
mira a política fiscal. En CCOO de-
fendemos unha política fiscal que
permita aumentar os ingresos e non
ter que atallar o déficit público pola
vía exclusiva da redución do gasto.
Para isto, cómpre recuperar impostos
desaparecidos ou que foron baleira-
dos de contido, como o de patrimo-
nio ou o de sucesións. na mesma
liña de incrementar a capacidade re-
cadatoria, avogamos por subir o iRPF
ás rendas máis altas e o iVE dos bens
de luxo, endurecer o tratamento fis-
cal dos capitais e grandes fortunas,
crear unha taxa específica para o sec-
tor financeiro e gravar as transac-
cións financeiras internacionais, pe-
nalizando así a especulación.
O terceiro eixe ten como misión
protexer as persoas, para o cal cóm-
pre reforzar os sistemas de protec-
ción social. aos efectos negativos da
crise súmanse os da reforma laboral,
que se combinan para incrementar o
paro e para substituír emprego esta-
ble por eventual. Como consecuen-
Por MAICA BOUZA SEOANE
Secretaria de Empregodo Sindicato Nacional de CCOO
n CCOO propón alternativas para cambiar o modelo produtivo do país, desenvolver unha política fiscaldiferente, mellorar os sistemas de protección social e fortalecer a estrutura da negociación colectiva
GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
www.galicia.ccoo.es
5
cia, preto de 40.000 persoas en Ga-
licia veranse axiña sen ningún tipo
de axuda económica. CCOO aposta
por suprimir o requisito de respon-
sabilidades familiares para que os
menores de 45 anos accedan ao sub-
sidio por desemprego, por ampliar a
prórroga do subsidio por dous perí-
odos de seis meses para os maiores
de 45 anos sen cargas familiares, por
incrementar o importe do subsidio
por desemprego ao 100% do iPREM,
por potenciar a renda activa de in-
serción e por suprimir o requisito de
ser maior de 45 para acceder a ela.
Xa especificamente no sistema de
pensións, rexeitamos o atraso obri-
gatorio aos 67 anos que propón rei-
teradamente o Goberno español e
avogamos por profundar na xubila-
ción 'flexible' mediante incentivos ao
atraso voluntario da xubilación máis
aló dos 65 por xeneralizar o dereito
á xubilación anticipada, por recom-
pensar as persoas que coticen máis
de 35 anos, por reformular as pen-
sións de viuvez e orfandade á reali-
dade actual, por recoñecer períodos
de cotización por nacemento ou coi-
dado de fillos e pola mellora das pen-
sións mínimas.
Por último, o cuarto eixe, consisti-
ría en fortalecer a estrutura da nego-
ciación colectiva. debemos potenciar
a negociación colectiva situando o
emprego como obxectivo prioritario,
e introducir cláusulas de garantía
que preserven o acordado sobre a
evolución da inflación.
desde CCOO defendemos que os
procesos de desvinculación deben
formar parte dos contidos conven-
cionais dos convenios e quedar so-
metidos á súa regulación. no caso
concreto das administracións, apos-
tamos por recuperar o acordo da fun-
ción pública para evitar maiores re-
trocesos nas condicións de traballo
e a deterioración dos servizos públi-
cos, así como a promover o desen-
volvemento do Estatuto Básico. Por
iso cómpre actuar na vertebración e
articulación da negociación colectiva,
adoptando medidas para potenciar
convenios sectoriais e a súa articula-
ción con convenios de ámbito infe-
rior, resolver os factores que xeran
inseguridade xurídica na ordenación
das fontes da relación laboral, revisar
os instrumentos para o seguimento
e control da aplicación dos acordos,
loitar contra a atomización dos con-
venios e potenciar a cobertura das
actividades sen convenios sectoriais
de referencia mediante a ampliación
de ámbitos funcionais ou a través da
extensión de convenios ou creación
doutros novos.
Manifestacións
Para reclamar o cumprimento de
todos estes obxectivos, CCOO e UGT
ímonos manifestar o vindeiro 18 de
decembro na Coruña, Lugo, Ourense
e Vigo. Lembrarémoslle ao Goberno
central que estas reformas non ser-
virán para crear emprego, senón
todo o contrario, e que condenarán
miles de mozos e mozas ao desem-
prego, facilitarán e abaratarán o des-
pedimento, reforzarán o poder dos
empresarios —poderán fixar unilate-
ralmente as condicións de traballo—
, privatizarán a xestión do desem-
prego e debilitarán as negociacións
colectivas e o papel democrático das
organizacións sindicais.
Padecemos unha crise motivada
pola desregulación política dos
mercados e a cobiza da economía
especulativa. agora non só se
quere utilizar a crise para xustificar
unha reforma laboral e o quebran-
tamento de dereitos sociais e labo-
rais —que só beneficia a quen a
orixinou—, senón que se pretende
debilitar de vez o poder dos Esta-
dos e a capacidade política dos ci-
dadáns e as cidadás.
as nosas propostas demostran
que existe outro xeito de afrontar
a crise, repartindo os esforzos no
canto de centralos na clase traba-
lladora, asegurando a protección
dos máis febles e dirixíndoos cara
a creación dun modelo económico
máis xusto e sostible.
Ü A Coruña. Ás 12 ho-ras, con saída da Praza daPalloza.
Ü Lugo. Ás 12 horas,con saída da Rolda da Mu-ralla n.º 58.
Ü Ourense. Ás 12 horas,con saída do Pavillón dosRemedios.Ü Vigo. Ás 18 horas, con
saída do cruzamento da Víanorte con Urzáiz.
MANIFESTACIÓNS EN GALICIAO 18 DE DECEMBRO
As nosas propostasdemostran que existeoutro xeito de afrontara crise, repartindo osesforzos no canto decentralos na clasetraballadora
GALICIA SINDICAL N.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
HERMINO BARREIRO RODRÍGUEZ, IN MEMÓRIAM
Era un gran mestre. as habelen-
cias víñanlle a Herminio dunha
cepa exquisita do Salnés, unha fa-
milia dedicada ao ensino. a nai,
mestra entregada de escola rural.
O pai, formador castigado a re-
nunciar a unha auténtica vocación
que non recupera oficialmente ata
instantes antes de rematar a di-
tadura. Os irmáns, profesores de-
dicados a formar adolescentes
nos institutos vigueses.
Herminio estaba felizmente con-
denado á docencia. En Madrid
fixo un achegamento ao ensino
primario que tivo continuidade ao
se trasladar á nacente Facultade
de Educación de Compostela [...].
a súa paixón era a docencia, o con-
tacto coas persoas, a educación en-
tendida como elemento liberador.
El ensinaba e, como bo mestre,
aprendía dos seus alumnos e de to-
das as persoas que ao longo da his-
toria da educación tiveron sona e
mensaxe que trasladar. [...]
E o Herminio activista? Sempre foi
un comunista convencido, un mili-
tante leal do seu sindicato. nos mo-
mentos insurreccionais da Univer-
sidade compostelá —conflitos por
taxas, manifestacións contras as
leis universitarias—, había un pro-
fesor con aire de cantautor francés
que se mesturaba coa rapazada no
campus e soltaba uns interesantes
discursos [...], unha faceta máis do
seu maxisterio transformador.
Xeneroso sempre coa súa apre-
ciada xente de CCOO, non gardaba
loanzas. [...] O seu compromiso so-
cial era unha forma de entender a
vida, nin lle daban arroutadas oca-
sionais nin practicaba o oportu-
nismo para a galería. [...] Cando a
Fundación 10 de Marzo preparou
unha estupenda exposición sobre
o ensino na Segunda República es-
pañola, Herminio regalounos unha
presentación coidada e erudita [...].
O percorrido vital deste profesor
camiñou parello aos avatares do sé-
culo XX. nado na guerra civil, a súa
familia sufriu a represión dos ven-
cedores. Sacou os estudos prima-
rios e o bacharelato, continuou na
Universidade madrileña cando o
franquismo comezaba a dar os pri-
meiros síntomas de esgotamento.
Compartiu experiencias estudantís
na capital cos compañeiros da Xe-
ración Brais Pinto, intelectuais e ho-
mes que terían gran relevancia na
cultura e na política galega. [...]
a educación en primeiro e último
lugar. «a educación é unha necesi-
dade vital… Sen educación a huma-
nidade será incapaz de resolver os
dramáticos problemas que se lle
van formular nos anos que veñen.
a educación é hoxe tan indispen-
sable como a auga para beber ou
como o aire para respirar». isto es-
cribiuno no seu libro de lembran-
zas Recordar doe, e ensináballelo
aos seus alumnos. [...] a Herminio
recordarémolo, aínda que cada vez
me resulta máis difícil situalo. non
foi só un profesor universitario, a
súa pegada é máis fonda, comeza
antes da universidade e seguro que
non rematará nunca. [...]
Poden ler a versión íntegra deste artigo
na web www.galicia.ccoo.es
Por JOSÉ G. BARRAL SÁNCHEZ
Federación do Ensino de CCOO
En primeiro termo, Herminio Barreiro | Foto: Xoán Soler (La Voz de Galicia)
O seu compromisosocial era unha formade entender a vida,nin lle daban arrou-tadas ocasionais ninpracticaba o oportu-nismo para a galería
GALICIA SINDICALN.º 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
21-N: manifestación endefensa da sanidade pública
Comisións Obreiras denunciou o
pasado día 17 en conferencia de
prensa que as últimas medidas en
materia ferroviaria poden levar ao pe-
che de case corenta estacións en
toda Galicia. a decisión da Xunta de
retirar as subvencións a este modo
de transporte, unida á supresión de
liñas por parte de REnFE, fará que
numerosas localidades con poboa-
cións superiores aos 10.000 habitan-
tes queden sen tren.
así as cousas, desde CCOO asegu-
ran que os recortes na liña entre a
Coruña e Ferrol levarán ao peche de
once estacións, no caso de Lugo e
Monforte de Lemos poderán pechar
catorce, mentres que no trazado en-
tre Ourense e Puebla de Sanabria son
doce as estacións afectadas.
ademais de ás grandes cidades, es-
tas medidas prexudican localidades
tan importantes como Cambre
(23.000 habitantes), Fene (15.000),
O Carballiño (14.000), Lalín (21.000),
Monforte de Lemos (21.000) ou Sa-
rria (13.000), entre outras.
Para o sindicato, a solución aos
problemas do ferrocarril galego non
Poderían pecharcorenta estaciónsde ferrocarril
pasan pola supresión de trens, e si
por aumentar a diversidade de liñas
e as súas frecuencias, xa que iso es-
timularía a demanda e levaría a un
menor uso do transporte privado.
Comisións Obreiras e o resto das
organizacións que integran a pla-
taforma SOS Sanidade Pública ma-
nifestaranse o vindeiro 21 de no-
vembro en Santiago de Compostela
contra a política de privatizacións
que impulsa a Xunta de Galicia. a
marcha partirá ás 12 horas da ala-
meda compostelá, encabezada
polo lema «na defensa e mellora
da sanidade pública».
desde a plataforma SOS Sanidade
lembran que a política sanitaria da
actual Xunta de Galicia está a «de-
teriorar e facer inviable economi-
camente» o sistema sanitario pú-
blico «como paso previo a súa pri-
vatización». Co argumento de que
a crise económica obriga a reducir
gastos e a procurar apoio no sector
privado, a Consellaría de Sanidade
decidiu reducir nos orzamentos o
gasto en investimento e o gasto co-
rrente, e dar entrada ao capital pri-
vado no financiamento e xestión
das novas infraestruturas.
Como consecuencia, advirten
desde a plataforma, produciuse
unha deterioración da calidade da
atención.
Carrefourmanipulou oscensoselectorais
dous laudos arbitrais danlle a ra-
zón a Comisións Obreiras e confir-
man que Carrefour manipulou os
censos das eleccións sindicais da
empresa en Ourense. a arbitraxe
fora solicitada por CCOO após de-
tectar que membros da súa candi-
datura aparecían en colexios que
non lles correspondían.
despois da primeira resolución,
Carrefour afirmou que non a aca-
taría. Un segundo laudo, porén,
insta a empresa a retrotraer o pro-
ceso electivo á data de publicacion
dos censos.
Severino Rodríguez, do Sector Ferroviario de CCOO,
e Ramiro Otero, secretario xeral da FSC-CCOO de Galicia
Número 14 - Novembro 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
a Confederação Geral dos Trabalha-
dores Portugueses-intersindical nacio-
nal (CGTP-in) convocou unha folga xe-
ral en Portugal para o vindeiro 24 de
novembro. Explícanos as principais cla-
ves da convocatoria adão Mendes,
membro da executiva do sindicato.
Cales son as principais reivindica-
cións?
Como dicimos no lema, mudar de
políticas, máis emprego, salario, por-
tección social e servizos públicos. Con-
vocámola tendo presentes as medidas
que o Goberno anunciou, como redu-
ción de salarios, aumento de impostos,
aumento do desemprego e a caduci-
dade de moitos convenios colectivos,
que supoñen a perda de moitos derei-
tos conquistados antes e despois da
Revolución [1974]. actualmente hai
case 600.000 desempregados, unha
taxa de preto do 10,8%. destes, ao re-
dor do 40% non reciben subsidios por
desemprego ou de reinserción social.
Por segunda vez na historia, a
UGT-P apoia a convocatoria. Como
valoran este fito?
En 1986 xa apoiara unha folga xeral.
O que acontece agora é que o 1 de ou-
ADÃO MENDES (CGTP-IN): «NON REIVINDICAMOS A CAÍDA
OU FIN DO GOBERNO, SENÓN QUE ESTE MUDE DE POLÍTICAS»
tubro, corenta aniversario da CGTP-in,
o noso Plenario nacional apoiou a folga
xeral e de inmediato adheríronse moi-
tos sindicatos. Pasados dous días, ta-
mén a UGT-P.
Como no noso país, tamén en Por-
tugal o Goberno impuxo importantes
recortes...
Si, e a pesar de que é un goberno
dito de esquerdas... pero o Partido So-
cialista sempre aplicou en Portugal po-
líticas de dereita. nin sequera o PSd
[dereita] foi tan lonxe na violencia con-
tra os dereitos dos traballadores. En
Portugal, todas as revisións das condi-
cións laborais que retiraron dereitos
foron promovidas polo PS. non reivin-
dicamos a caída ou fin do goberno, se-
nón que este mude de políticas. Temos
a solidariedade de moitos pequenos e
medios empresarios e comerciantes.
Cal é actualmente o estado de re-
lación entre Goberno e sindicatos?
O diálogo social en Portugal practi-
camente nunca existiu. O Goberno
convoca os axentes sociais e impón as
condicións, só consulta se están de
acordo ou non, e temos moitos exem-
plos diso. a negociación colectiva non
existe, e os conflitos resólvense case
sempre pola vía xudicial.
Adão Mendes, membro da executiva da CGTP-IN,
nunha visita recente ao Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
O vindeiro 25 de novembro celé-
brase o día internacional para a Eli-
minación da Violencia contra as
Mulleres. CCOO escolleu como
lema para esa xornada «Combater
a violencia contra as mulleres
forma parte do noso compromiso
social».
Propostas
Con motivo da efeméride, o sin-
dicato presentará proximamente
unha batería de propostas de me-
llora dos mecanismos de protec-
ción ás mulleres que sofren violen-
cia machista.
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONALPARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
n FOLGA XERAL EN PORTUGAL O 24 DE NOVEMBRO