MEMORIA ANUAL 2016Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña
APECCO
Carta do presidente
Órganos de Goberno
Organización funcional
Presenza Institucional
ACTIVIDADEInforme de actividades
ASOCIADOSEvolución do número de asociados
Evolución xeográfica
Novos asociados
Relación de asociados
01
0203
SECTORPanorama xeral da construción
Apéndice: Indicadores Sector – España
Apéndice: Indicadores Sector – Galicia
04
APECCO01
ExtractoBoletín APECCO1980
Carta do PresidenteDiego Vázquez Reino
APECCO
Estimado/a asociado/a:
Gran parte das organizacións empresariais, entre elas a Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña, celebran este ano o seu 40 aniversario. E facémolo, especialmente os construtores, nun escenario convulso, de crise poliédrica, na que converxen factores económicos con outros de maior calado. Un escenario, polo tanto, de profundos cambios que producen incerteza, á vez que expoñen novos retos e, por que non, un conxunto de oportunidades ás que debemos dar cumprida resposta.
Ás empresas, por pequenas que sexan, xórdenlles retos e oportunidades que se fixeron máis evidentes, se cabe, co proceso iniciado nas últimas décadas do século XX e que se engloba baixo o termo globalización. Así, teñan a dimensión que teñan e por moi locais que sexan, deben organizarse e planificar o seu acceso á globalidade dos mercados.
En definitiva, han de planificar a súa estratexia, dotarse de instrumentos necesarios e dunha vocación de éxito imprescindible para desembarcar e situarse nun mercado, o global, cada vez máis competitivo e que esixe un maior músculo empresarial.
Certo é que cumprir 40 anos non está nada mal. Nin para as persoas, que a esa idade chegan a unha esplendorosa madurez, nin moito menos para as organizacións, nas que se acumulan abundante historia profesional e humana e non poucas peripecias vividas en distintos momentos, que forman parte da historia de cada un dos asociados e, por extensión, tamén da nosa asociación.
Carta do PresidenteDiego Vázquez Reino
APECCO
Algúns empéñanse en que os construtores tendemos á dispersión e ao individualismo. Que temos pouca vocación asociativa e somos escasamente cooperativos. Pero non é certo. Non somos distintos ao resto de colectivos, aínda que esteamos máis expostos á crítica, xa que a nosa actividade escrútase cada día. Sabemos que unidos temos máis forza e máis representatividade. APECCO é a suma de moitas empresas individuais, pero todos sabemos que cultivar individualismos anacrónicos supoñería volver ao estado de debilidade previo á nosa posta en marcha hai 40 anos.
A proba do noso espírito asociativo é o crecemento experimentado na nosa organización. Se na xa afastado 1977 eran poucas, moi poucas, as empresas que integraban APECCO, hoxe, 40 anos despois, somos preto de 200 as que formamos unha organización sólida, solvente e cunha representatividade inequivocamente recoñecida polo resto da sociedade.
As organizacións empresariais, como a nosa, operaron desde o seu nacemento no ámbito privado e sempre mantiveron estatutos e procedementos democráticos de elección e participación. Ese carácter autónomo está plenamente incardinado nun exercicio profesional independente dos poderes públicos, que nos permite manter unha voz soberana na defensa dos nosos lexítimos intereses.
Intereses que sempre tratamos de defender, mesmo nas situacións máis complicadas e difíciles, como as vividas en 2016, sen dúbida o peor exercicio económico desde que se iniciou a crise máis aguda coñecida ata a data.
Un ano, o 2016, que nos deparou, segundo se pode apreciar na memoria que tes nas túas mans, os peores indicadores dunha serie histórica que alcanza o últimos dez exercicios.
Á vista dos mesmos, volvo reiterar que é hora de trasladar aos gobernantes a necesidade de que adopten medidas intelixentes que propicien a reactivación dun sector, o da construción, que é fundamental, en termos de creación de emprego e riqueza, tanto para a economía como para a vertebración e a calidade de vida da sociedade.
Na esperanza de que no 2017 mude a tendencia e lograr así que os datos do noso sector sexan de novo favorables tras moitos anos de sacrificio, recibide a miña gratitude pola vosa colaboración.
Diego Vázquez ReinoPresidente de APECCO
Órganos de gobernoComité permanente
PRESIDENTE
Diego Vázquez ReinoVICEPRESIDENTE
Juan Sanmartín FerreiroTESOUREIRA
Stella López ReyVOGAIS
Manuel Álvarez LosadaJosé Ángel Brey FerreiroGerardo Collazo EsmorísVictor González JovePedro Muñoz GonzálezMiguel Ángel Portal SuárezMarcos Vázquez ZasEulogio Viñal Iglesias
SECRETARIO
Miguel García Eiroa
APECCO
Órganos de gobernoComisión delegada
Ángel Brey, S.A. José Ángel Brey FerreiroAparfont, S.L. Alejandra Fontenla PiedrahitaArkivolta Pedro Muñoz GonzálezBegasucegsa Pablo Luis García RodríguezCanarga Marcos Antonio Vázquez ZasComsa Juan Antonio Enseñat BereaConstrucciones Ángel Jove, S.A.U. Víctor González JoveConstrucciones Cernadas, S.L. Diego Cernadas TagesConstrucciones López Cao Stella López ReyConstrucciones Ponciano Nieto, S.L. Diego Nieto BarreiroConstrucciones Ramón Vázquez y Reino Diego Vázquez ReinoConstrucciones Vilariño Cesar Vilariño VázquezCosmalca, S.L. Manuel López CandalDesarrolla Obras y Servicios, S.L. Gerardo Collazo EsmorísDragados, S.A. José Luis Candela TohaEstudio A.T. José Antonio González del OsoEulogio Viñal Obras y Cnes., S.A. Eulogio Viñal IglesiasExcavaciones Saavedra y López, S.L. Pablo Martínez LorenzoExoga, S.L. Fco. Javier Conde AbelendaF. Gómez y Cía., S.L. Alberto López MartínFCC Construcción, S.A. Juan Sanmartín FerreiroIprenor Miguel Ángel Míguez VázquezJosé No Mantiñan e Hijos, S.A. José No VarelaOHL, S.A. Miguel Ángel Portal SuárezPrace Servicios y Obras, S.A. Daniel Ortega GonzálezSondeos del Norte, S.A. Pablo César Vázquez ZasTradisco, S.L. Manuel Martín Álvarez Losada
SECRETARIO
Miguel García EiroaREPRESENTANTEEMPRESA
APECCO
Organización funcional
INTERVENTORES
DE ACTAS ASAMBLEASDiego Cernadas TagesJosé A. Martínez Piñeiro
DE CONTASJosé A. Del OsoJesús Tarrío Otero
APECCO
COMISIÓN SOCIO-LABORALDE CONSTRUCIÓN
Diego Vázquez Reino Antonio Fernández DuranStella López ReyGerman Liébana SalvadorAntonio Fernández-Chao (Asesor)Miguel García Eiroa(Secretario)
COMISIÓN SOCIO-LABORALDE PINTURA
José Ángel Brey FerreiroJosé Ángel Otero ReyCésar Prado MaceirasAntonio Fernández-Chao (Asesor)Miguel García Eiroa(Secretario)
Presenza institucionalA través do presidente
FEDERACIÓN GALEGA DA CONSTRUCCIÓN (FGC)
APECCO
Xunta Directiva (Tesoureiro)
CONFEDERACIÓN NACIONAL DE LA CONSTRUCCIÓN Consello de GobernoGrupo de Territoriais
FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN DE GALICIA Comisión e Consello Territorial (Secretario)
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DE GALICIA Vogal Directiva e Asemblea
CÁMARA DE COMERCIO DA CORUÑA Membro do Pleno
AFIANZAMIENTOS DE GALICIA, S.G.R (AFIGAL) Vogal Asemblea
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA Xunta DirectivaConsello de Presidentes
Presenza institucionalA través doutros membros
FEDERACIÓN GALEGADA CONSTRUCIÓN(FGC)
APECCO
EN XUNTA DIRECTIVAManuel Álvarez LosadaVíctor González JoveMiguel García Eiroa
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaVíctor González JoveGerardo Collazo EsmorísStella López ReyJuan Sanmartín FerreiroMiguel García Eiroa
CONFEDERACIÓN NACIONAL DELA CONSTRUCCIÓN(CNC)
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaJuan Sanmartín FerreiroPedro Muñoz GonzálezEulogio Viñal Iglesias
FUNDACIÓN LABORALDA CONSTRUCIÓNGALICIA (FLC)
NA COMISIÓN E NO CONSELLO TERRITORIAISManuel Álvarez LosadaMiguel García Eiroa
CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS DA CORUÑA(CEC)
EN ASEMBLEASManuel Álvarez LosadaAntonio Fontenla RamilVictor González JoveJuan Sanmartín FerreiroMarcos Vázquez Zas
Presenza institucionalA través doutros membros
CÁMARA DE COMERCIODA CORUÑA(FGC)
APECCO
NOPLENOMarcos López FuentesDiego Vázquez ReinoMarcos Vázquez Zas
FEDERACIÓN NACIONAL DE EMPRESARIOSPINTORES (ANSPI)
NA DIRECTIVAJosé Ángel Brey Ferreiro
COMITÉS PROVINCIAL E AUTONÓMICODE EMPREGO
Miguel García Eiroa
COMISIÓN EJECUTIVA PROVINCIAL DO INSS
Antonio Fernández-Chao
COMITÉ PROVINCIAL DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Miguel García Eiroa
ExtractoBoletín
APECCO1978
ACTIVIDADE02
ExtractoBoletín APECCO1979
Índice de actividadesNegociación de convenios laborais
ACTIVIDADE
Xestións ante as administraciones públicasReunións internas
Cursos de formación
Xornadas de APECCOConvenios con empresas para lograr vantaxes especiais para os asociadosTarxeta Profesional da Construción (TPC)
Publicacións de APECCOPortal web de APECCO: www.apecco.com
Circulares
Boletíns mensuais de noticiasInformes e estudos
Colaboracións y relacións externasAsesoríasOutras actividades e servizos prestados aos asociados
Negociación de convenios
Convenio Provincial da Construción
ACTIVIDADE
O 7 de xuño asináronse as novas táboassalariais e pluses de 2016 cun incremento do 0,9%. Así mesmo, pactouse o calendario laboral para o 2017.
Convenio Provincial de Pintura
O 21 de xuño asináronse as novas táboas salariais e pluses de 2016 cun incremento do 0,9%. E acordouse o calendario laboral para o 2017.
APECCO protagonizou, un ano máis, a negociación dos convenios Colectivos Provinciais da Construción e da Pintura, ademais de participar activamente no Convenio Xeral Nacional.
Xestión ante Administracións Públicas
ACTIVIDADE
Xornada coa Conselleira de InfraestruturasAPECCO - 3 de marzo
Con respecto á Xunta de Galicia ségueseinsistindo na necesidade de aumentar os orzamentos para investimentos, xa que os niveisde investimento continúan sendo moi baixos, aínda que algo melloraron no último exercicio.
Conseguiuse, en xeral, mellorar e manter en boscocientes o período medio de pago das Administracións Públicas coas empresas.
Na Administración autonómica está a lograrseque as adxudicacións estean moito máispróximas á media das ofertas presentadas.
Xunta de Galicia
Xestión ante Administracións Públicas
ACTIVIDADE
Reunión co novo delegado territorial daXunta de Galicia30 de decembro
Xunta de Galicia
Xornada con la Conselleira de Medio AmbienteAPECCO - 28 de abril
Xestión ante Administracións Públicas
ACTIVIDADE
Xornada co Presidente da Deputación da CoruñaAPECCO - 28 de xullo
En relación á DEPUTACIÓN DA CORUÑA continúase a boa relación existente, realizando xestións para solucionar problemas de contratación e clasificación nas obras.
Séguese tentando cambiar os criterios de valoración de ofertas, de forma que se limiten as ofertas económicas, á vez que se tomen en consideración criterios de calidade, experiencia e medios achegados polos ofertantes.
Deputación da Coruña
Xestión ante Administracións Públicas
ACTIVIDADE
Jornada con el Alcalde de CoruñaAPECCO – 6 de julio
A petición de empresas asociadas efectuáronsexestións ante diversos CONCELLOS DA PROVINCIA para corrixir ou denunciar deficiencias en temas de contratación de obras: por erros nas clasificacións esixidas, nos prazosde presentación e na esixencia de clasificación en obras onde non era pertinente. Tamén se denunciaron determinadas cláusulas que incumprían a Lei de Contratos das AA.PP.
Lentamente vaise logrando que as Administracións Locais melloren na correcta aplicación da Lei de Contratos nos pregos de condicións das obras que licitan.
Pídense procedementos de licitación onde non se prime unicamente a oferta económica máisvantaxosa, senón tamén outras variables como a calidade, os medios propios e a experiencia.
Concello de Coruña
Reunións internas
ACTIVIDADE
Asemblea 2016. Mesa presidencialAPECCO - 30 de junio
Durante o 2016 tiveron lugar as habituais reunións dos órganos de goberno de APECCO: Comisións Delegadas, Comités Permanentes e a Asemblea Xeral.
O día 30 de Xuño celebrouse a asemblea xeral ordinaria. Nela, tras un detallado informe do presidente sobre a situación do sector e as actividades emprendidas pola asociación durante o exercicio anterior, aprobáronse a xestión e as contas do exercicio económico de 2015, e o orzamento para o ano 2016.
Asemblea 2016APECCO - 30 de junio
Cursos de formación
ACTIVIDADE
Contratación Pública / Revit / Habilidades directivas “Vendendo Obras”
Microsoft Excel / Medio Ambente / Prevención Riscos Laborales
TEMÁTICAS
Campaña formación APECCO 2016
CURSOS ALUMNOS EMPRESAS HORAS
21 286 73 425
Cursos de formación
ACTIVIDADE
En prevención de riscos laboraisimpartíronse varios cursos para técnicos de prevención nivel básico e taméncursos específicos de distintas materias: maquinaria, movemento de terras, pintura, albañilería, electricidade, traballos en altura e de espazos confinados.
Prevención de Riscos Laborais
CONCELLOS
4A Coruña, Carballo, Muxía
e Serra de Outes
A empresa ten a obriga de formar a todos os seus traballadoresen Seguridade e Prevención de Riscos Laborais segundo a Lei de Prevención de Riscos Laborais, que ademais obriga ás empresas incluídas no Anexo I do R.D. 39/97, consideradas como empresas con actividades de risco (caso da construción), a dar unha formación específica e completa no concernente aos riscos que leva a súa actividade.
Segundo a última modificación da Lei en materia de Prevenciónde Riscos aplicables ás obras de construción, cada empresa que traballa nunha obra debe ter un recurso preventivo (responsableen prevención), coa formación mínima de nivel básico de prevención (Curso de 60 horas).
Así mesmo, débese formar a todos os traballadores coa formación específica de prevención de riscos para o seu oficio ou posto de traballo (20 horas) ou (6 horas) se xa teñen outra formación que lles valide parte das horas, segundo obriga o Convenio da Construción.
Desde a asociación recoméndase a todas as empresas asociadas que sigan formando a todos os seus traballadores con regularidadeen Prevención de Riscos Laborais.
ACTIVIDADE
Xornadas por Apecco / en colaboraciónTemas de actualidade e interese para empresas
Xornada sobre a “Modificación do Regulamento da Lei de Contratos das AA.PP. en materia de Clasificación de Contratistas”
20 xaneiroSalón de Actos da CEG. Santiago50 asistentes
Relator: Pedro Luís Molina (Director da Oficina Auxiliar do Contratista-CNC)
Organizadas en colaboración coa Federación Galega da Construción e a CNC.
Xornada sobre Eficiencia Enerxética e EnerxíasRenovables
11 febreiroUniversidade60 asistentes
Relator por APECCO: Manuel Álvarez Losada (Membro Comité de APECCO)
Transposición da Directiva Europea de Eficiencia Enerxética. Programa de Axudas para a Rehabilitación Enerxética de Edificios. Fontes de Financiamento para proxectos de Enerxías Renovables.
Xornada sobre Emprego
Foro sobre emprego na comarca de Carballo, coa presenza do alcalde.
11 febreiroFórum Carballo150 asistentes
Relator por APECCO: Diego Vázquez Reino (presidente de APECCO)
ACTIVIDADE
Xornadas por Apecco / en colaboraciónTemas de actualidade e interese para empresas
Xornada “Promotores e Construtores”
16 marzoUniversidade80 asistentes
Relator por APECCO: Miguel García Eiroa (Xerente de APECCO)
Conferencia sobre APECCO, APROINCO, e a situación actual do sector.
Xornada “Prevención na construcción”
17 marzoFerrol18 asistentes
Relator por APECCO: Juan Carlos Fernández (Responsable de Formación-APECCO)
Últimas novidades normativas en materia de Prevención e de Formación en Riscos Laborais no sector da Construción.
Xornada “FerramentasBIM-Xestión de proxectosde obra”
O BIM, como unha ferramenta informática que será obrigatoriapara deseñar, xestionar e planificar calquera obra de construción.
21 xuñoApecco15 asistentes
Relatores: intervención de variosespecialistas na materia.
ACTIVIDADE
Xornadas por Apecco / en colaboraciónTemas de actualidade e interese para empresas
“O investimento público, clave para o emprego”
11 febreiroApecco
Coa Conselleira de Infraestruturas (Ethel Vázquez) e o delegado territorial (Diego Calvo). Patrocinio de Quimiasfalt.
21 abrilApecco
coa conselleira de MedioAmbiente (Beatriz Mato) e o director de Augas de Galicia(Roberto Rodríguez). Patrociniode ACV Cobián Varela e Asociados Correduría Seguros.
Xornadas cunha asistencia media de 60 persoas/xornada
6 xulloApecco
Co alcalde de Coruña (XulioFerreiro) e o concelleiro de Rexeneración Urbana (Xiao Varela).
28 xulloApecco
Co presidente da Deputación(Valentín Gzez. Formoso). Co patrocinio de Aplihorsa.
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
O convenio coa empresa SOLRED (Grupo REPSOL) volveuse a mellorar e permite lograr unimportante desconto no prezo do gasóleo (desconto de 8 céntimos de €/litro) nas principais gasolineiras onde enchen os asociados. Así mesmo, na maioría das estacións de servizo de Galicia e do resto de España, da Rede REPSOL, CAMPSA e PETRONOR, o desconto oscila entre os 3,9 cts./litro e os 6 cts./litro.
Hai máis de 80 empresas asociadas beneficiándosedeste convenio.
O Convenio de LiñasEspeciais de Avais (financeiros, técnicos e especiais) asinado conAFIGAL ten unha granacollida por parte dos nosos asociados. Grazas ao mesmo, as nosas empresas poden gozar dunhascondicións especiais e estarán exentas de gastos de estudo e formalizaciónno caso de avais técnicos.
Un convenio recente, foi o asinado en 2017 conASEFA, co fin de que as empresas benefíciensedunhas boas condicións económicas e de xestión para a tramitación de Avais-Seguros de Caución.
Vantaxes desta compañía- Aumento da capacidade crediticia, xa quenon computa CIRBE.- Diminución das esixibilidades do balance.- Menores custos. Non hai comisións de estudo, nin de apertura.- Cobran por días efectivos de uso da liña
Convenio con AENOR, empresa certificadora de calidade, con descontos para os asociados de APECCO sobre as súas tarifas de certificación de calidade, medioambiente e prevención. Así mesmo, aplícanse descontos nas súas publicacións e actividades de formación..
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosColaboración con entidades financieirasActualmente, existen acordos de colaboración coas seguintes entidades financeiras: ABANCA e BBVA, nos que se contemplan ofertas de produtos e servizos financeiros en vantaxosas condicións para as empresas asociadas.
Convenio ABANCA. Asinado 29 de xaneiro Convenio BBVA. Asinado 29 de abril
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
Asinouse un convenio no mes de xullo conPeugeot Dimolk, co fin de lograr importantes descontos nas tarifas de compra de automóbiles e furgonetas nos concesionariosPeugeot de Carballo e Santiago de Compostela. Así mesmo, conséguensedescontos para as tarifas de mantementodos vehículos nos seus talleres.
Convenio asinado o 1 de xullo.
ACTIVIDADE
Convenios con empresas e organismosVantaxes especiais para os asociados
Convenio de seguros coa Correduría ANTÓN COBIÁN S.L. As empresas asociadasque queiran asegurar o seu persoal, maquinaria, instalacións, vehículos, etc., poderán facelo cunhas tarifas moito máisreducidas e cun trato preferente.
A través da CEC asináronsedous convenios con AIR EUROPA e IBERIA de descontos nas tarifas aéreas para as empresas asociadas.
Tamén se estableceron durante o ano relacións puntuais con diversas empresas para realizar ofertas determinadas sobre produtos e servizos concretos que reportan ao asociado unhas condicións vantaxosas sobre o prezo de mercado. Entre elas, destacamos as seguintes:
- A través da Oficina Auxiliar do Contratista da CNC, tarifas especiais para a obtención ou mantemento do Expediente de Clasificación de Contratistas
- Oferta moi vantaxosa para a Póliza do Seguro do Traballador do Convenio de Construción, coa Correduría CANZOBRE SEGADE.
- Inscrición gratuíta no Directorio Anual de Construtoras da revista “O Monitor”
ACTIVIDADE
Tarxeta Profesional da Construción (TPC)APECCO comezou no 2008 a tramitar as Tarxetas Profesionais da Construción e actualmente levan tramitadas unhas 2.000. En Galicia xa haimáis de 45.000 traballadores coa TPC.
A maioría destas tarxetas foron tramitadas para traballadores das empresas asociadas e para os alumnos dos cursos de formación de prevención.
A tarxeta reflicte a seguinte información do traballador:
A experiencia acumulada no sector e a categoría profesional
Se foi sometido a recoñecementos médicos (vixilancia da saúde)
A formación que ten, principalmente, en prevención de riscos laborais
Lembramos que a TPC tramítase a través da Fundación Laboral da Construción e é un documento moi útil tanto para as empresas como para os traballadores do sector.
Actualmente é obrigatorio renovar a tarxeta, xa que o seu formato variou para mellorar as súas prestacións tanto para as empresas como para os traballadores.
ACTIVIDADE
Publicacións e DVD de Apecco
Normativa de Prevención de Riscos Laborais e Seguridade na ConstruciónA Lei de Ordenación da EdificaciónA nova Lei de Contratos coas Administracións PúblicasO texto refundido da devandita Lei de Contratos Libro sobre o Sector da Construción (enfoque estratéxico aplicado a Galicia)O Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións PúblicasOs Estatutos da AsociaciónManual de Prevención de Riscos: “Construíndo Seguridade”Libro de Prevención: “Maquinaria e Equipos vinculados a Traballos de Altura (I)”.Libro de Prevención: “Maquinaria e Equipos vinculados a Traballos de Altura (II)”Libro de Prevención: “Manual de Traballos en Altura”Libro de Prevención: “As 5 Regras de Ouro para Traballos en Altura en Construción”Libro de Prevención: “Glosario de Termos de Seguridade en Construción”
Estas publicacións, ademais de ser enviadas a todos os asociados e instituciónspúblicas, están a entregarse nos cursos de Prevención de Riscos que corresponden.
Dalgunhas destas publicacións, os asociados poden solicitar gratuitamente máisexemplares.
APECCO ten editadas as seguintes publicacións:
Tamén, a asociación elaborou un DVD de Prevención de Riscos Laborais na Construción, que recolle todas as situaciónsde risco grave que poden darse nas obras e a normativa que hai que cumprir en canto a medidas de prevención nas mesmas. Neste proxecto colaboraron a Xunta de Galicia e a Inspección de Traballo, a cal o viu moi positivo e deu a súa conformidade para que o visionado do devandito DVD sirva como charla informativa á que está obrigado a dar o contratista aos traballadores nas obras antes de iniciar os traballos.
Contido do DVD: Obrigacións Xerais dos Traballadores nas Obras, Medidas Preventivas de Seguridade, Sistemas de Protección Colectiva, Equipos Básicos de Protección Individual, Medios Auxiliares, Maquinaria e Equipos de Traballo, Sinalización de Seguridade, Orde e Limpeza, Escavacións e Gabias, Electricidade en Obra, Principios Básicos de Manipulación de Materiais e Medidas de Seguridade en Vehículos en Obra.
Ademais, a asociación dispón dunha “Guía Metodolóxica para a Elaboración de Memorias de Responsabilidade Social Empresarial en PEMES do Sector da Construción”. Proxecto sobre RSE, subvencionado en parte pola Xunta de Galicia e que se realizou no ano 2007, en colaboración coa consultora VALORA.
ACTIVIDADE
Portal web de Apeccowww.appeco.com
WEB
A renovación e actualización constante da nosa páxina web apecco.com logrou impulsar o número de visitas á mesma. O contido da nova web é o seguinte:
-Información sobre a asociación (memoria, contas)-Servizos e publicacións-Cursos de formación-Relación de associados-Como asociarse? (inclúese o mapa de localización de APECCO)-Zona Socios
ZONA SOCIOS
Lembrámosche que na Zona Socios só poden acceder os asociados cunha clave particular facilitada por APECCO. Na devandita zona disponse da seguinte información:
- Informes Mensuais de Adxudicacións de Obras Públicas en Galicia - Informes Anuais de Obras Públicas en Galicia- Circulares Informativas (cun buscador por temas)- Convenios con Empresas- Boletíns Mensual de Noticias- Servizos de Asesoramento
Nos dous novos apartados denominados Vida Asociativa e Novidades estanse incorporado os principais actos que vai realizando a asociación ao longo do ano (xornadas, firma de convenios,...). Durante o ano 2016 houbo unhas 15.000 visitas á web (máis de 1.200 visitas mensuais). 1500 visitas máis que en 2015. Os apartados máis visitados son: Relación de Empresas Asociadas, Información Xeral da Asociación, Cursos de Formación, Información de Obras Públicas e Circulares Informativas.
ACTIVIDADE
Circulares e boletíns
Enviáronse, durante o último ano, un total de 74 circulares informativas: de tipo fiscal, laboral, de lexislación española, galega e europea (Leis e R.D. do BOE e DOG) sobre todo a referida ao mundo empresarial, a construción e a contratación pública, de vivenda e urbanismo, de índices de prezos, de programas e orzamentos de obras, de prevenciónde riscos laborais, de medio ambiente, de conxuntura económica, de feiras, de xornadasinformativas, de subvencións e axudas, e outras, de actualidade e relevancia para as empresas.
CIRCULARES
Mandáronse os xa habituais Boletíns Mensuais de Noticias, que recollen o resumo das principais noticias do sector da construción acaecidasdurante o mes ao que se fai referencia. Os seus principais apartados son:
- A construción en Galicia- A construción en España- Datos das obras públicas en Galicia- Conxuntura económica- Noticias de empresas- Información fiscal (calendario fiscal e noticias relacionadas)- Información Laboral (calendario laboral e noticias relacionadas)- Feiras, congresos e seminarios relacionados cosector- Cursos de Formación de APECCO
Desde febreiro de 2017 incorporouse un novo apartado: Bolsa de Emprego, onde se está informando de ofertas de emprego para as empresas.
BOLETÍNS MENSUAIS
ACTIVIDADE
Informes e estudos
Efectuáronse os habituais informes anuais de licitacións, adxudicacións e aperturas de plicas, das Administracións Central, Autonómica e Local, desagregadas por organismos e tipos de obra cos seus orzamentos, o número de empresas ofertantes, baixas medias e máximas.
Informes mensuais de licitacións e adxudicacións de obras públicas.
Tamén, facilitouse información sobre os Investimentos de obras previstas polo Ministerio de Fomento e a AdministraciónCentral para Galicia, a SPI (Sociedade Pública de Investimentos), as Deputacións Provinciais Galegas e o Concello da Coruña.
Estudos periódicos sobre a marcha do sector en Galicia e en España, referidos á contratación de obra pública, consumo de cemento, vivendas visadas, iniciadas e terminadas, poboación laboral, activa, ocupada, parada e outros indicadores da actividade (incluídos no boletín mensual de noticias e na propia memoria anual).
ACTIVIDADE
Colaboracións e relacións externas
Mantivéronse as comunicacións habituais cos MEDIOS DE COMUNICACIÓN, a través de notas de prensa, publicacións, mesas Redondas e Entrevistas en diversos medios, para a divulgación de actividadesda Asociación e temas sobre a Construción, Vivenda, Prevención de Riscos Laborais, Emprego, Xornadas, Cursos de Formación e outros.
Almorzo do presidente coa prensa o 28 de marzo
Relacións cos medios de comunicación
ACTIVIDADE
Colaboracións e relacións externas
Continuáronse as relacións con outras asociacións, confederacións e institucións relacionadas directa ou indirectamente coa nosa asociación. Coa Confederación Nacional da Construción (CNC), SEOPAN, a Federación Galega da Construción (FGC), a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e da Coruña (CEC), e coa Federación Nacional de Empresarios Pintores (ANSPI).
Coa Confederación Nacional da Construción (CNC) participamos en distintas reunións sobre a elaboración de propostas para o Convenio Xeral do Sector, así como sobre as directrices que deben formar o Acordo Sectorial Nacional.
Coa nosa presenza e participación na Xunta Directiva e na Asemblea da Federación Galega da Construción, mantivemos unha estreita colaboración con este organismo, en aras á consecución dunha voz única das demandas e intereses do Sector en Galicia.
Tamén continuamos colaborando coa Fundación Laboral da Construción de Galicia, órgano paritario das organizacións empresariais e sindicais, e cuxo obxectivo fundamental é a Formación.
A Fundación realizou numerosos cursos de formación ocupacional para traballadores en paro.
Formamos parte activa da mesma, pertencendo á Comisión e ao Consello Territorial de Galicia.
Coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) mantivemos un estreito contacto, informando sobre os temas de construción e a súa incidencia no ámbito provincial e analizando co resto dos sectores a problemática xeral das empresas na nosa área, con obxecto de buscar solucións globais nas cuestións que afectan o empresariado.
Estreitáronse as relacións de APECCO con outras asociacións de empresarios e de construtores da provincia, a través de colaboracións en temas de xornadas, formación e outros de interese mutuo.
Relacións externas
Préstase apoio e colaboración para a realización dos Informes de Observatorio Inmobiliario do Centro de Investigación Económica e Financeira da Fundación Caixa Galicia.
Nos devanditos Informes recóllese a evolución e as expectativas do mercado inmobiliario nas principais áreas urbanas de Galicia.
ACTIVIDADE
Asesorías
As asesorías xurídica-laboral, fiscal e de comunicación seguen traballando intensamente para a nosa asociación e asociados.
O noso asesor laboral, Antonio Fernández-Chao, colabora activamente na negociación dos convenios colectivos provinciais de pintura e de construción.
Así mesmo, o asesor fiscal, Jesús Ruíz Posse, resolveu gran número de cuestións e problemas que lle expoñen as nosas empresas asociadas.
Asesorouse tamén ás empresas sobre temas de prevención de riscos laborais e medio ambiente.
Lembramos que a tramitación e seguimento do Expediente de Clasificación para as Empresas Contratistas pódese facer a través de APECCO na Oficina Auxiliar do Contratista da CNC, cunhas tarifas moi reducidas para os asociados e cunha excelente eficiencia.
A través dos nosos convenios con bancos e outras entidades préstase asesoramento sobre temas financeiros (préstamos, avais, axudas, etc.).
ACTIVIDADE
Outras actividades e servizos prestadosExpedición de liquidacións. Para os asociados a un prezo de 3 €/unidade e para os non asociados a 10 €.
Edición de libros de subcontratación, obrigatorios por lei nas obras de construción desde novembro de 2007. Para os asociados a un prezo de 4 € a unidade e para os non asociados a 6 €.
Lográronse descontos importantes en másters e seminarios (de ata un 33%).
Obtención de novas fontes de información a través de subscricións e colaboracións con distintos organismos públicos e revistas especializadas do sector.
Envío de invitacións aos asociados para a asistencia a feiras e outros eventos.
Cedeuse o uso do salón de actos e as aulas da asociación a diversas empresas, que o solicitaron para a realización de reunións e seminarios propios.
Ao longo do ano resolvéronse multitude de consultas de todo tipo formuladas polos asociados.
ASOCIADOS03
ExtractoBoletín
APECCO1980
Número de asociadosEvolución 2008 a 2016
ASOCIADOS
243 239 235
209
159
132 139148 152
2 0 0 8 2 0 0 9 2 0 1 0 2 0 1 1 2 0 1 2 2 0 1 3 2 0 1 4 2 0 1 5 2 0 1 6
Distribución Xeográfica
ASOCIADOS
Novos asociados 2016
ASOCIADOS
ARINES OBRAS Y PROYECTOS, SL / SANTIAGO
CNES. GUERREIRO SOMOZAS, S.L. / AS SOMOZAS SEÑALIZACIONES NORTE, S.L. (SENOR) / DODRO
CODIGO Y SEÑAL, S.L. / MILLADOIRO-AMES
CNES. FERMÍN SIMAL, S.L. / LAXE EXCAVACIONES AGRA CASTRO, S.L. / SANTA COMBABRISA EXCAVACIONES, OBRAS Y SERV. SL / ROIS
CNES. CANTO CARRIL, SLU / CAMARIÑASCNES. ROCHA CORRAL, S.L. / OZA-CERURAS
TODOSER, SERVICIOS Y OBRAS / OLEIROS
GESTAL Y LÓPEZ, S.L. / ORDESEXCAVACIONES Y TRANSPORTES BC, S.L. / A CORUÑA
CARICLES OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / A CORUÑAMECANO OBRAS Y REFORMAS, S.L. / SANTIAGOIVÁN MARTÍNEZ OTERO / CORISTANCO
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
ÁBACO CR, S.L. / A CORUÑA
ABECONSA, S.L.U. / A CORUÑA
ACIVRO XESTIÓN S.L. / A CORUÑA
ACV COBIÁN VARELA Y ASOCIADOS, S.L / A CORUÑA
ADECON OBRAS Y SERVICIOS, S.L / LUGO
AGADA OCCIDENTE, S.L. / CAMPOLONGO-PONTEDEUME
ALCOMTE GALICIA, S.L. / SANTIAGO
ALCUBA, S.A. - MTO. Y CTNES. / CULLEREDO
ALVAC, S.A. / ARTEIXO
ANGEL BREY, S.L. / SANTIAGO
ANTONIO FILLOY, S.A. / BOIMORTO
APARFONT, S.L. / A CORUÑA
APLICACIONES DEL HORMIGÓN, S.A. / CARBALLO
AQUABLUE, S.L. / A CORUÑA
ARCOPONTE, S.L. A CORUÑA / A CORUÑA
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
ARIAS INFRAESTRUCTURAS / A CORUÑA
ARINES OBRAS Y PROYECTOS, SL / SANTIAGO
ARKIVOLTA, S.L. / O BURGO-CULLEREDO
ATLÁNTICA CONS. Y MºAMBIENTE, S.L. / AMES
BEGASUCEGSA / MANIÑOS-FENE
BRISA EXCAVACIONES, OBRAS Y SERV. SL / ROIS
BÚA CTNES. Y SERVICIOS, S.L. / DUMBRÍA
C.R.C. OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / ORDES
CALEFACCIONES SIMÓN, S.L. / SANTIAGO
CAMOGA, S.L. / FERROL
CANARGA, S.L. / A CORUÑA
CAOLINES CERAMICOS, S.L. / ORTIGUEIRA
CARICLES OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
CARLOS BUSTO, S.L. / PONTECESO
CASTAÑO BASCOY, S.L.U. / PADRÓN
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
CETA CONTRATAS, S.L. / SANTIAGO
CNES. A. MARTINEZ E HIJOS, S.L. / CORISTANCO
CNES. ANGEL JOVE, S.A. / A CORUÑA
CNES. C. CANCELA, S.L. / VILARRODIS-ARTEIXO
CNES. CANOSA, S.L. / AS PONTES
CNES. CANTO CARRIL, SLU / CAMARIÑAS
CNES. CERNADAS, S.L. / VIMIANZO
CNES. CES, S.L. / NOIA
CNES. CONCIFA, S.L. / CABANAS
CNES. CRESPO BARROS, S.L. / PAIOSACO-LARACHA
CNES. DAMASO FERREIRO E HIJOS, SL / CARBALLO
CNES. FEGO ATLÁNTICO, S.L. / A CORUÑA
CNES. FERMÍN SIMAL, S.L. / LAXE
CNES. GROBAS, S.L. / MESIA
CNES. GUERREIRO SOMOZAS, S.L. / AS SOMOZAS
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
CNES. IGLESIAS MERA, S.L. / AMES
CNES. J. MAURI E HIJOS, S.L. / A CORUÑA
CNES. LOPEZ CAO, S.L. / A CORUÑA
CNES. M. ESPIÑO, S.L. / MELIDE
CNES. MOUZO Y SOUTO, S.L. / CARBALLO
CNES. OÑIAL, S.L. / SANTIAGO
CNES. PONCIANO NIETO, S.L. / ZAS
CNES. PUMARIÑO, S.L. / AS SOMOZAS
CNES. R. VAZQUEZ Y REINO, S.L. / CARBALLO
CNES. ROCHA CORRAL, S.L. / OZA-CERURAS
CNES. VILARIÑO, S.A. / A CORUÑA
CNES. Y EXCAV. GERMAN MOUZO, S.L. / MUXÍA
CNES. Y OBRAS ANDUJAR, S.L. / DUMBRÍA
COBRA INSTALAC. Y SERV., S.A. / A CORUÑA
CODIGO Y SEÑAL, S.L. / MILLADOIRO-AMES
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
COMASA NORTE, S.L. / NOIA
COMERCIAL SILVA GALICIA, S.L. / BERGONDO
COMSA, S.A. / SANTIAGO
COPCISA, S.A. / A CORUÑA
COSMALCA, S.L. / O PINO
CYS HISPANIA, S.L. / SANTIAGO
DECOPLAC GALICIA, S.L. / OLEIROS
DECORACIONES J. BELLO, S.L. / CARBALLO
DESARROLLA OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
DESARROLLOS Y METAS, S.L. / A CORUÑA
DRAGADOS, S.A. / A CORUÑA
ELECTRIFICACIONES MIÑONES, S.L. / LAXE
ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, S.A. / SANTIAGO
ESPINA Y DELFIN, S.L. / SANTIAGO
ESQUEIRO, S.L. / A CORUÑA
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
ESTUDIO A.T. / MUXIA
EULOGIO VIÑAL OBRAS Y CNES. S.A. / OROSO
EUROMONTAXE PROFESIONAL, S.L. / TARRÍO - CULLEREDO
EXCAVACIONES AGRA CASTRO, S.L. / SANTA COMBA
EXCAVACIONES CERNADAS VALIÑA, S.L. / VIMIANZO
EXCAVACIONES MIDON, S.L. / TEO
EXCAVACIONES SAAVEDRA Y LÓPEZ, SL / NARÓN
EXCAVACIONES Y OBRAS CANDAL, S.L. / ORDES
EXCAVACIONES Y OBRAS MELCHOR, S.L. / BETANZOS
EXCAVACIONES Y TRANSPORTES BC, S.L. / A CORUÑA
EXCAVACIONES YONI TUÑAS, S.L. / MAZARICOS
EXOGA, S.L. (EXC. Y OO.PP. GALICIA) / SANTA COMBA
F. GOMEZ Y CIA, S.L. / TOURO
FCC CONSTRUCCION, S.A. / A CORUÑA
FCO. CASAL MENDEZ Y OTRO, S.C. / CAMELLE
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
FECA-NEON, S.L. / A CORUÑA
FERROVIAL AGROMAN, S.A. / A CORUÑA
FONTANERÍA RUMBO, S.L. / CULLEREDO
GECOGA CTNES. Y PROYECTOS, SL / A CORUÑA
GESTAL Y LÓPEZ, S.L. / ORDES
GR CTNES., OBRAS Y SERVICIOS, SLU / CARRAL
GROMA OBRAS, S.L. / A CORUÑA
HERMANOS LOPEZ CARTELLE, S.L. / ARES
HIJOS DE J. LOSADA CANCELO S.A / FERROL
HUNE RENTAL, S.L. / MADRID
INAUDITA, S.L. / CAMBRE
INGENIA DOMO MADERA, S.L. / OLEIROS
iPRENOR, SLU (Ingenier., MºAmb.,Prev.Noroeste) / A CORUÑA
IVÁN MARTÍNEZ OTERO / CORISTANCO
JARDINCELAS, S.L. / CULLEREDO
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
JARDINERIA ARCE, S.L. / MEIRÁS - SADA
JAVIER BÁRBARA ASCACÍBAR / A CORUÑA
JOSE M. PIÑEIRO LOPEZ, S.L. / ORTIGUEIRA
JOSE NO MANTIÑAN E HIJOS S.A. / A CORUÑA
JPC VISO 2004, S.L. / A CORUÑA
JSTOP OBRAS Y SERVICIOS, S.L. / SANTIAGO
KOTA BLUE, S.L. / A CORVEIRA-FONTECULLER
LANCER PROYECTOS Y OBRAS, S.A. / O BURGO-CULLEREDO
LEONARDO MIGUELEZ, S.L. / MELIDE
LIRES CONS, S.L. / DUMBRÍA
LOPEZ Y LEIS, S.A. / A CORUÑA
MALVECIN, S.L. / A CORUÑA
MANTIDO, S.L. / CAMARIÑAS
MANUEL PEREZ PEREZ / FENE
MANUEL RIVAS BOQUETE, S.L. / A CORUÑA
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
MANUEL RODRIGUEZ LEMA, S.L. / VIMIANZO
MARTINEZ MONTES E HIJOS, S.L. / TEO
MECANO OBRAS Y REFORMAS, S.L. / SANTIAGO
MONTAJES ELÉC. VIZCAINO, SL (MOELVI) / A CORUÑA
NEMESIO ORDOÑEZ, S.A. / BOIRO
OBRAS Y CONDUC. HIDRAULICAS SL / SANTIAGO
OBRAS Y SERVICIOS INDIGO, S.L. / ORDES
OBRASCON HUARTE LAIN, S.A. / A CORUÑA
OGMIOS PROYECTO, S.L. / CULLEREDO
OPERIS OBRAS Y MANTENIMIENTO, S.L. / A CORUÑA
ORGANIZ. Y GESTIÓN PROYEC. Y OBRAS, SL / A CORUÑA
ORMER CTNES., S.L. / ORTIGUEIRA
OVIGA, S.L. / OROSO
OYS NOROESTE, S.L. / OUTES
PCE IBÉRICA, S.L. / TOBARRA-ALBACETE
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
PLACAS NORTE, S.L. / A CORUÑA
PRACE, SERVICIOS Y OBRAS, S.A. / FERROL
PROBISA, PRODUCTOS BITUMINOSOS, SLU / SANTIAGO
PROSEMA NOROESTE, S.L. / FERROL
PROYCOGA, S.A. / A CORUÑA
QUIMIASFALT, S.L.L. / ORDES
R4 BETANZOS, S.L.U. / BETANZOS
SCHINDLER, S.A. / A CORUÑA
SEÑALIZACIONES NORTE, S.L. (SENOR) / DODRO
SERGONSA SERVICIOS, S.L. / A CORUÑA
SERVINOR - SERV. INTEGRAL.NOROESTE SL / A CORUÑA
SOGRANI - SONENSE DE GRANITOS, S.L. / PORTO DO SON
SOLCONOR, S.L. / CULLEREDO
SONDEOS DEL NORTE, S.A. / A CORUÑA
TALLER DE ESTUDIOS TÉCNICOS ANDRÉS / A CORUÑA
Relación de asociados2016
ASOCIADOS
TALLERES DE PINTURAS PRADO S.L.U. / A CORUÑA
TALLERES REUNIDOS, S.A. / A CORUÑA
TEC. ARQUITEC. RESTAURO Y FF, S.L.U. / A CORUÑA
TECNICA CONST. SOSTENIBLE MMA, S.L. / A CORUÑA
TERRAUGA, S.L. / A CORUÑA
TODOSER, SERVICIOS Y OBRAS / OLEIROS
TRADISCO, S.L. / A CORUÑA
UNIKA PROYECTOS UNIFAMILIARES, SA / SANTIAGO
VALLAS Y CASETAS BRUN, S.L. / ORDES
VIAS Y CNES., S.A. / A CORUÑA
VILLASUSO ORTEGAL, S.L. / ORTIGUEIRA
VOLADORAS Y TRANSPORTES BLANCO, SLU / CARBALLO
SECTOR04
ExtractoBoletín
APECCO1981
Construción en EspañaConclusións
SECTOR
A crise, iniciada xa fai dez anos, revelouse definitivamente como a peor da historia. A súa incidencia foi tal que forzou unha reestruturación interna das empresas e de toda a configuración do sector. Así, a recesión viuse agravada ao experimentar a obra pública un desplome sen precedentes.
Os datos revelan que 2016 foi o 10º ano consecutivo de resultados negativos no sector
Contratación de obrasSECTOR PÚBLICO – España | con respecto a 2015
SECTOR
Total contratación3.280 millóns de euros
Caída do
- 32%
Contratación de obrasOBRA CIVIL – España | con respecto a 2015
SECTOR
Total contratación6.066 millós de euros
Caída do
- 4%
Contratación de obrasCONCESIÓNS – España | con respecto a 2015
SECTOR
Total contratación166 millóns de euros
Caída do
- 74%
COMPARATIVAesta cantidade é 1/5 parte do
contratado en 2007
ActividadeEspaña | con respecto a 2015
SECTOR
Caída do
- 20%
COMPARATIVAÉ exactamente 1/5 parte do
rexistrado en 2007
Emprego directoEspaña | con respecto a 2015
SECTOR
Caída do
- 12%
COMPARATIVAé a metade do rexistrado fai 10 anos
Consumo de cementoEspaña | con respecto a 2015
SECTOR
Total consumido11.140 millóns de toneladas
- 350 TN
COMPARATIVA13.300 millóns por debaixo do
rexistrado no ano 2010
Actividade residencialEspaña | con respecto a 2015
SECTOR
Subida do
+ 29%MÁIS CIFRAS
case 1/3 máis que o ano anterior
Construción en GaliciaConclusións
SECTOR
O comportamento do sector en Galicia durante o exercicio correspondente ao 2016 foi similar ao rexistrado no resto do Estado. É dicir, arroxou cifras negativas. Nese sentido, seguramente foi o peor ano dos últimos dez.
Contratación de obrasSECTOR PÚBLICO – Galicia | con respecto a 2015
SECTOR
Total contratación336 millóns de euros
Caída do
- 27,4%
Obras adxudicadas1712
Total licitación463 millóns de euros
COMPARATIVANo 2015 a obra contratada ascendeu
a 549 millóns de euros
Redución de127 millóns de euros
Inversión das administraciónsGalicia | con respecto a 2015
SECTOR
Administración Autonómica130 millóns de euros
Administración Central143 millóns de euros
Administración Local122 millóns de euros
Caída da inversión en AdministraciónsGalicia | con respecto a 2015
SECTOR
Administración Autonómica
Administración Central
AdministraciónLocal
- 20%- 22%
- 44%
Licitación de obraGalicia | con respecto a 2015
SECTOR
LOCAL
1190obras
COMPARATIVApese á caída na inversión, o número de obras licitadas aumentou con respecto a 2015 (1482 obras)
CENTRAL AUTONÓMICA
TOTAL DE OBRAS LICITADAS1.712 obras
280obras
242obras
Emprego no sectorGalicia | con respecto a 2015
SECTOR
Total empregados71.800
- 1800
COMPARATIVA73,600 son os rexistrados en 2015