MUNDIAL BRASIL-2014
NATAL
5º PRIMARIA
Lois Carral Iker García
Lucía Rodríguez Gabriel Seijas
INTRODUCCIÓN
Río Grande do Norte é un estado brasileiro que está situado na rexión nordeste do pais. Limita ao norte e ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Paraíba e ao oeste co de Ceará. A súa capital é Natal
PLAN DA VIAXEAdemais de Natal e doutras cidades do estado
de Río Grande do Norte, tamén visitaremos cidades de estados veciños como Recife,
Fortaleza e Salvador de Bahía.
1ª ETAPA: FORTALEZA
Chegada en avión á Fortaleza.
Durante os primeiros tres días permaneceremos nesta cidade nos que podremos gozar das súas marabillosas praias como Iracema ou a do Futuro.
Praia de Iracema
Praia do Futuro
2ª ETAPA: NATAL
Traslado en avión a Natal.
Estancia en Natal durante unha semana. Ademais do turismo de praia, realizaranse viaxes polas dunas en jeep, visita ao Forte dos Reis Magos, paseo en camelo polo parque natural de Genipabue, para os máis atrevidos, mergullo no arrecife de Coral de Maracajaú.
Forte dos Reis Magos
Parque Natural de Genipabu
3ª ETAPA: RECIFE
Traslado a Recife
Aloxarémonos en Recifedurante cinco días. Incluiranse unha visita guiada pola cidade para visitar os principais monumentos (Igrexa de San Antonio, Igrexa do Carmo, Museo de Barro e o Barrio de Recife) e excursións ao parque Histórico do Morro dos Guarapes e á illa de Itamaracá.
Barrio de Recife
Illa de Itamaracá
4ª ETAPA:SALVADOR DE BAHÍA
Traslado a Salvador de Bahía.
Permanencia en Salvador de Bahía durante cinco días. Visita guiada polo casco antigo da cidade ou Pelourinho, declarado patrimonio da humanidade, e excursións ao parque natural de Abaeté e á Illa de Itaparica.
Pelourinho
Parque Natural de Abaeté
5ª ETAPA: REGRESO A NATAL.
Regreso a Natal.
Regreso a Natal. Estaremos alí tres días, nos que visitaremos o faro do Calcanhar, que é o máis alto do país, e o centro de Lanzamento Espacial Barreira do Inferno.
Faro do Calcanhar
Centro Espacial Barreira do Inferno
ÚLTIMA ETAPA: REGRESO A ESPAÑA
Despois de gozar destas vacacións en Brasil, regresaremos a España en avión e, por suposto, con
outra Copa do Mundo!!
FORMAS DO RELEVO
As formas do relevo deste estado son moi variadas, dende grandes paredóns rochosos, coma os Morros de Torres, ata numerosas praias e baías bañadas polo Océano Atlántico, dunas e fermosísimos arrecifes de coral.
O CLIMA NO ESTADO
O clima do estado é moi diverso. Nas rexiónscosteiras é tropical e húmido, mentres que nointerior é moi árido, con secas que poden durarmeses. As temperaturas son bastante constantesdurante todo o ano. Ás máximas varían entre os 30 e35 graos e as mínimas entre os 20 e os 25.
PUNTOS DE INTERESE TURÍSTICO E ACTIVIDADES DE RECREACIÓN
As cidades deste estado teñen moitos puntos de interese turístico, nos que un pode repasar a historia do país e empaparse de coñecementos e cultura. Tamén conta con diferentes lugares ao aire libre para realizar actividades variadas, como o Lago Jakuma, e o Cajueiro de Pirangi. Alí pódense facer todo tipo de actividades acuáticas, sendeirismo e outro tipo de actividades de recreo.
GASTRONOMÍA DO ESTADO A gastronomía típica de Natal conta cunhas herdanzas
indíxena, portuguesa, africana e recentementenorteamericana. Os produtos locais e as receitas de todasas culturas que fixeron vida na rexión ofrecen unhagastronomía rica en sabores. Os pratos típicos máiscoñecidos son a Moqueca, un cocido de pescado, a Paçocade pilão, que é carne seca con fariña de iuca, e osCamarões con Manteiga e alho, que son camarónssofrixidos en manteiga con allo.
Moqueca Paçoca de pilão
FESTAS POPULARES DO ESTADO
Como en todo o país, a festa máis popular e oCarnatal, que é un carnaval bastante popular. Taménhai outras festividades, coma o Festival de Cuadrillasde Natal, a Festa do Boi, a Festa da Nosa Señora deApresentação, e a Mossoró Cidade Cunina.
Mossoró Cidade Cunina Festa do Boi
A FAUNA EN RÍO GRANDE DO NORTE
En Brasil, debido ás selvas, hai moitas especies de animais.Neste estado destacan os osos formigueiros, leopardos,panteras, furãos brasileiros,loros, libélulas, lombrigas, emoitos tipos de peixes.
A FLORA EN RÍO GRANDE DO NORTE
En canto á vexetación, predominan os campos cunhavexetación rastreira e herbácea, ademais de bosquescon eucaliptos e piñeiros.
AS PRAIAS PRINCIPAIS DO ESTADO
Despois de todo o exposto anteriormente, queremos destacar que este estado é famoso, sobre todo, polas numerosas e fermosas praias do que ten, sendo o seu principal atractivo turístico. Por suposto, hai praias máis famosas que outras, que son: a praia de Ponta Negra, a praia dos Artistas, a praia de Maracajau e a praia de Rehina.