Profesor: Adán Gonçalves
INTRODUCIÓN
O aparello circulatorio encárgase do transporte de O2, CO2, nutrientes e
substancias de refugallo. Tamén se ocupa do transporte de hormonas, da
regulación da temperatura corporal, ten función homeostática (estabilidade do
medio) e participa na defensa do organismo.
O aparello excretor ocúpase do filtrado das substancias de refugallo e
participa tamén na homeostase ao regular a composición de auga, ións e sales
disoltos do medio interno.
1. TRANSPORTE DE SUBSTANCIAS
Nos animais máis sinxelos (poríferos, cnidarios e a maioría dos
platelhelmintos) o transporte sucede directamente dende o plasma
intersticial cara ás células, e non hai, polo tanto, aparello circulatorio.
En animais máis complexos esto non é eficaz e precísase un sistema de
condutos e unha bomba propulsora, é dicir, un aparello circulatorio.
Nos vertebrados, o aparello circulatorio está formado polo sistema
circulatorio e o linfático como xa comentamos noutros temas.
Os compoñentes do circulatorio na maioría dos animais son: un líquido
circulatorio (sangue e linfa, hemolinfa...), uns vasos, e o corazón ( a bomba
propulsora).
1.1. Líquidos circulantes
Formados por auga, sales minerais, proteínas, células e pigmentos
respiratorios.
Tipos: hidrolinfa, hemolinfa, linfa e sangue.
INVERTEBRADOS VERTEBRADOS
Hemolinfa Hidrolinfa Sangue Sangue Linfa
Grupo animal Anélidos, moluscos e artrópodos
Equinodermos
Anélidos
Compoñentes Parecida á auga do mar
Células e plasma
Células e plasma
Plasma e linfocitos
Pigmento respiratorio
Hemocianina
Sen pigmentos Clorocruorina e hemoeritrina
Hemoglobina Sen pigmentos respiratorios
Cor Azul Verde e vermello violeta
Vermello
• Os pigmentos respiratorios son heteroproteínas que conteñen un metal ferro ou cobre que se une de xeito reversible co osíxeno.
• Precísanse porque o osíxeno disólvese moi mal nos líquidos. • Tenden a concentrarse en células transportadoras (glóbulos vermellos).
OS PIGMENTOS RESPIRATORIOS
A sangue humana é vermella polo seu contido en ferro, á dos cangrexos é azul polo seu contido en cobre, e a das sambesugas verde pola clorocruorina.
1.2. Vasos circulantes
Sanguíneos: nos animais con aparellos circulatorios pechados hai: arterias,
veas e capilares.
- Arterias: saen do corazón e levan o sangue a todo o corpo. Son grosas e
elásticas (abundantes fibras elásticas) para resistir a presión sanguínea
responsable da súa circulación. Ramifícanse en arteriolas que rematan nos
capilares.
- Capilares: son unha extensa rede microscópica de vasos formados por un
endotelio que permite o intercambio de substancias.
- Veas: retornan a sangue de todo o corpo ao corazón. A unión dos capilares
orixina vénulas que a súa vez se unen para orixinar as veas que regresan ao
corazón. Son máis finas que as arterias e posúen no seu interior as válvulas
semilunares ou venosas que impiden o retroceso sanguíneo. A súa circulación
débese a presión residual e a acción da musculatura lisa.
1.2. Vasos circulantes
Linfáticos: os vasos linfáticos son condutos de paredes delgadas repartidos
por todo o corpo e que rematan en capilares cegos.
No interior destes vasos hai válvulas internas que impiden o retroceso e a linfa
avanza grazas ás contraccións musculares das paredes.
Ao longo dos vasos linfáticos hai agrupacións celulares que denominados
ganglios linfáticos cun importante papel defensivo (almacén de linfocitos e
macrófagos) como xa comentamos noutros temas.
O sistema linfático recolle e drena o exceso de plasma intersticial mediante
filtrado dende o plasma sanguíneo para posteriormente levalo de volta ao
sistema circulatorio. Ademais a través dos vasos quilíferos transporta as
graxas procedentes das pilosidades intestinais.
Os vasos linfáticos desembocan no torrente sanguíneo a nivel das veas
subclavias a través do conduto torácico e do conduto linfático dereito.
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
Segundo o tipo de conexión entre os vasos podemos diferenciar dúas
variedades de aparello circulatorio: aberto e pechado.
Aberto: tamén chamado lagunar, no que os vasos verten a lagoas ou espazos
intercelulares, o hemocele, onde se realiza o intercambio de nutrientes coas
células. O líquido retorna ao circuito dende estas lagoas ao ser recollido por
outros vasos cara un corazón con ostiolos.
Precisa de grandes volumes e presións baixas.É característico de Artrópodos e
Moluscos (non cefalópodos).
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
Pechado: o líquido circula sempre polo interior de vasos.
O paso de nutrientes realízase por difusión dende os capilares.
Característico de anélidos, cefalópodos e vertebrados.
Hai dous tipos de circuitos: simple e dobre.
- Simple: o sangue pasa unha soa vez polo corazón. É menos eficaz (un
ventrículo bombea para todo o corpo). Típico de peixes e anélidos.
2. TIPOS DE CIRCULATORIO
- Dobre: o sangue pasa dúas veces polo corazón orixinando dous circuítos:
menor ou pulmonar e maior, xeral ou sistémico.
Circuíto pulmonar: o sangue sae do corazón cara aos pulmóns, onde se
osixena, e retorna ao corazón.
Circuíto xeral: o sangue con osíxeno sae do corazón cara o resto do corpo
cedendo o osíxeno ás células e recollendo o dióxido de carbono. Despois
retorna ao corazón para iniciar a circulación menor.
A circulación dobre é completa cando non se mestura o sangue con osíxeno co
sangue sen osíxeno (na maioría dos vertebrados).
Falamos de circulación dobre incompleta cando hai mezcla (un só ventrículo),
como sucede nos anfibios e nos réptiles (excepción cocodrilianos).
3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS
ARTRÓPODOS
Posúen un corazón tubular en posición dorsal
rodeado dunha cavidade pericárdica. A hemolinfa
entra na cavidade e posteriormente, por succión
no corazón a través dos ostíolos (con válvulas que
impiden o retorno). A contracción do corazón
envía a hemolinfa a través das arterias cara ao o
hemocele onde se produce o intercambio.
En crustáceos con respiración branquial a
hemolinfa pasa polas branquias antes de acceder
ao corazón.
Nos insectos hai unha única aorta dorsal que sae
do corazón e a hemolinfa non transporta gases
(as tráqueas os difunden xa polos tecidos).
3. APARELLOS CIRCULATORIOS ABERTOS
MOLUSCOS NON CEFALÓPODOS
Posúen un corazón tabicado (tres cámaras-acuáticos/ dúas cámaras-
terrestres) nunha cavidade pericárdica.
A hemolinfa circula dende o ventrículo cara o hemocele. Aquí recóllese
e lévase cara as branquias ou pulmóns (osixenación) e retorna ao
corazón.
Nalgúns casos hai corazóns auxiliares (corazóns branquiais), xa que hai
moi pouca presión e a hemolinfa vai moi lenta.
4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN INVERTEBRADOS
CEFALÓPODOS
Debido ao seu maior tamaño os
moluscos cefalópodos posúen un
sistema pechado simple.
Teñen un corazón tabicado (2-4
aurículas- 1 ventrículo) do que sae o
sangue cara o resto do corpo e ás
branquias onde se osixena.
Debido a pouca presión do sistema,
posúen corazóns branquiais que a
aumentan para que o sangue chegue
o corazón principal.
4. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN INVERTEBRADOS
ANÉLIDOS
Posúen dous vasos:
- Un vaso dorsal que impulsa o líquido car o extremo anterior.
- Un vaso ventral que impulsao cara o resto do corpo.
Ambolos dous vasos están conectados por cinco pares de arcos aórticos
contrátiles que fan de corazón.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS
PEIXES
Teñen circulación pechada simple e un
corazón cunha aurícula (reciben o sangue) e
un ventrículo (expulsan o sangue).
O ventrículo impulsa o sangue cara as
branquias onde se osixena e retorna ao
corazón polas veas que dan ao seo venoso
xusto antes de entrar na aurícula.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS
ANFIBIOS
Posúen unha circulación pechada dobre
incompleta, xa que o sangue mestúrase no
único ventrículo.
O corazón ten dúas aurículas e un
ventrículo. A aurícula dereita recibe o
sangue procedente do resto do corpo (sen
osíxeno) e a esquerda a que ven dos
pulmóns.(con osíxeno). As dúas aurículas
verten o seu contido a un único ventrículo.
Teñen respiración cutánea polo que posúen
vasos pulmonares que se aproximan a pel.
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS
RÉPTILES
Todos os réptiles, excepto os cocodrilianos, teñen unha circulación pechada
dobre e incompleta, aínda que neste caso o ventrículo esta lixeiramente
tabicado.
Teñen, por tanto, un corazón con dúas aurículas e un ventrículo.
Nos cocodrilianos aparece xa un corazón tetracamaral permitindo a separación
do sangue e orixinando unha circulación completa máis eficaz.
CIRCULACIÓN DOBLE INCOMPLETA
Nos anfibios hai dos aurículas e un ventrículo.
En reptiles (excepto cocodrilos) hai dúas aurículas e un ventrículo parcialmente tabicado.
Evolución
5. APARELLOS CIRCULATORIOS PECHADOS EN VERTEBRADOS
AVES E MAMÍFEROS
Teñen unha circulación pechada dobre e completa.
Posúen un corazón tetracamaral (2 aurículas e 2 ventrículos). A parte
dereita recibe a sangue con dióxido de carbono e a esquerda a rica en
osíxeno.
O circuito ten alta presión sanguínea en todo o percorrido grazas a maior
independencia dos dous lados do corazón.
A principal diferenza entre aves e mamíferos e que a aorta diríxese ao lado
esquerdo do corpo nas aves e nos mamíferos vai cara o dereito.
6. O CORAZÓN DOS MAMÍFEROS
É un órgano oco situado na cavidade torácica entre os pulmóns.
Atópase recuberto dun saco de tecido conxuntivo chamado pericardio e as súas
paredes son fundamentalmente tecido muscular cardíaco que constitúe o
miocardio.
As veas coronarias irrigan os tecidos do corazón.
É tetracamaral: 2 aurículas na parte superior e 2 ventrículos na parte inferior.
Entre as aurículas e os ventrículos hai tabiques de separación.
A aurícula e ventrículo de cada lado están conectadas por válvulas.
No lado dereito temos a válvula tricúspide e no esquerdo a válvula mitral.
AURÍCULAS VENTRÍCULOS
Máis pequenas Máis grandes
Paredes finas Paredes grosas
Bombea sangue só cara os
ventrículos
Bombea sangue fóra do
corazón
FUNCIONAMENTO DO CORAZÓN
O latexo cardíaco consta de dous
movementos: a contracción ou sístole e a
relaxación ou diástole.
Estos movementos están coordinados de
xeito que cando as aurículas están en
diástole os ventrículos están en sístole e o
revés.
Cando unha destas cámaras está en
diástole (relaxación) penetra o sangue nela
e cando se contrae (sístole) o sangue sae.
O ciclo cardíaco
EL LATIDO CARDIACO
7. DIFERENCIA EXCRECIÓN-DEFECACIÓN
INXESTA DE ALIMENTO
Dixestión extracelular dos alimentos
Absorción
Metabolismo
Produción de refugallos
Alimentos non
asimilados
Feces
EXCRECIÓN
EXESTIÓN
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
Consiste básicamente na expulsión dos refugallos do metabolismo.
Na maioría dos animais as substancias non gasosas son expulsadas por órganos
do aparello excretor.
Algunhas das substancias que son excretadas poden ser moi tóxicas, por
exemplo os derivados nitroxenados.
Outras non o son, pero poden representar igualmente un problema para o
animal, como o exceso de sales en animais acuáticos.
Os refugallos poden expulsarse pola pel, tanto en invertebrados como en
vertebrados; sen embargo, o aumento da complexidade conlevou a aparición de
órganos e estruturas específicas na excreción.
Os produtos de refugallo máis importantes son: a auga, as sales, o dióxido de
carbono e os derivados nitroxenados.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
A auga é eliminada:
- Nos animais acuáticos polos ouriños.
- Nos terrestres polos ouriños, na respiración, e a través do suor.
O CO2 elimínase polas superficies respiratorias: a pel, as traqueas, as
branquias e os pulmóns.
As sales son eliminadas polos ouriños e o suor.
Os produtos nitroxenados son orixinados no metabolismo proteico e dos
ácidos nucleicos. Deben ser expulsados do organismo porque son tóxicos. A
expulsión pode realizarse en forma de amoníaco, ácido úrico ou urea..
Atendendo a esto podemos falar de animais amoniotélicos, ureotélicos e
uricotélicos.
Animais amoniotélicos
Son os animais que expulsan os produtos
nitroxenados en forma de amoníaco. Como
éste, é un produto moi tóxico debe ser
expulsado moi diluido, por iso, este tipo de
excreción é típica de animais acuáticos como
os peixes óseos e os invertebrados acuáticos.
Animais ureotélicos
Neste caso os produtos nitroxenados
convírtense en urea que é menos tóxica e
require menos cantidade de auga na súa
expulsión. É característico de peixes
cartilaxinosos, anfibios e mamíferos.
Animais uricotélicos
Convirten os produtos nitroxenados
en ácido úrico que é unha substancia
menos tóxica que a urea.
Por esta razón é expulsada con un
gran aforro de auga en forma dunha
pasta branca semisólida.
É típica de animais adaptados a
ambientes secos como algúns
insectos, e réptiles ou nos que non
sería práctico acumular auga polo seu
modo de vida, as aves.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
• Nos animais máis sinxelos, como poríferos ou cnidarios, a excreción
supón unha simple difusión de substancias cara o medio externo.
• A medida que aumentou a complexidade estrutural, este sistema deixou de ser
eficaz, pois non todas as células están preto do medio externo e por iso xurdiron
estruturas especializadas: os órganos excretores.
8. EXCRECIÓN EN ANIMAIS
Nefrostoma Nefridiopor
o Metanefridi
o
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Protonefridios:
Característico de animais sen celoma como os platelhelmintos.
O sistema excretor está formado por un conxunto de túbulos que nun
extremo, dependendo do animal, teñen células con cilios (célula flamíxera) ou
con flaxelos (solenocitos) e noutro extremo conectan con poros excretores
de saída.
Os refugallos pasan aos túbulos por filtración e o movemento dos cilios ou
flaxelos mobilizan os líquidos cara os poros de saída.
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Metanefridios:
Son órganos excretores característicos de anélidos e moluscos.
Son estruturas abertas polos dous extremos unha abre a cavidade celómica
do anel anterior e está rodeada de cilios (nefrostoma) e a outra cara o
exterior (nefridioporo).
Os refugos son recollidos polos cilios do nefrostoma e pasan ao túbulo que os
levará ao exterior a través do nefridioporo.
O metanefridio está rodeado de capilares porque ao longo dos túbulos
prodúcese reabsorción de substancias.
Metanefridios
Nefrostoma
Celoma
Red de capilares
Componentes del metanefridio
nefridioporo
nefrostoma
Túbulo colector
vejiga
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
• Glándulas antenales, maxilares ou
verdes:
Son características de crustáceos.
Rematan na base das antenas ou nas
maxilas e nos decápodos (gamba,
lubrigante...) son verdes.
Son pares e están vascularizadas
constan dun saco cego ou cámara
glandular que recolle o filtrado, un
túbulo excretor e unha vexiga de
almacenamento que conecta co
exterior a través dun poro.
• Túbulos de Malpighi: É típico de insectos.
Son uns tubos pechados por un dos
extremos e que comunican co aparello
dixestivo polo outro.
Os refugallos fíltranse á luz do tubo e
desembocan no dixestivo onde son
expulsados cos restos non asimilados da
dixestión.
A auga e algunhas sales reabsórbense no
intestino.
9. ÓRGANOS EXCRETORES EN INVERTEBRADOS
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
A excreción nos vertebrados lévase a cabo dende diversos órganos dos
que os máis importantes son os riles que xunto con outras estruturas
conforma o sistema renal ou urinario.
Os riles están formados por unha unidade básica denominada nefrona ou
nefróns onde se producen os ouriños.
Ademais dos riles, pódense expulsar refugos a través da pel, das
branquias, dos pulmóns, na bile e a través de glándulas da sal.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
O sistema urinario:
Está formado polos órganos e condutos que recollen,
almacenan e expulsan a urina.
Riles: órgano que contén as nefronas.
Uréteres: condutos que levan a urina a vexiga
urinaria.
Vexiga urinaria: órgano que recolle e almacena os
ouriños.
Urétra: conduto que comunica co exterior.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Os riles:
Nun ril podemos diferenciar:
Cápsula renal: é a cuberta externa.
Codia renal: de cor vermello claro e formada por conxuntivo, é o lugar onde
se atopan os glomérulos e as cápsulas de Bowman.
Médula renal: de cor vermello escuro, presenta estruturas piramidais
(cálices) formadas por tubos colectores unidos por conxuntivo que desembocan
na pelve renal.
Pelve renal: estrutura a modo de embudo onde desembocan os tubos
colectores, e que conecta co uréter.
Funcionamento dos riles: no ril atopamos dous grandes vasos a arteria renal e a
vea renal. A arteria leva o sangue con substancias tóxicas ao ril que son
retiradas da circulación no glomérulo. A vea recolle a sangue limpa e retornaá
ao corazón.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Nefronas ou nefróns:
Son a unidade funcional dos riles. Varian en complexidade nos distintos grupos
de vertebrados (pronefros, mesomefros e metanefros), pero nos réptiles, aves
e mamíferos responde a seguinte estrutura:
Cápsula de Bowman: é o extremo do nefrón, ten forma de copa e rodea unha
rede de capilares denominada glomérulo conectados cunha arteriola aferente
(de entrada) e unha eferente (de saída).
Túbulo contorneado proximal: de aspecto sinuoso.
Asa de Henle: estreitamento do tubo proximal con forma de “U”. Posúe unha
rama descendente, que chega a médula, e unha ascendente que regresa a codia.
Túbulo contorneado distal: comunica a asa de Henle co tubo colector a onde
desembocan varios túbulos distais.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Formación dos ouriños:
Consta de varias fases:
Filtrado glomerular: consiste no paso do sangue dende os capilares á
cápsula de Bowman. Non pasan células, nin a maioría das proteínas
plasmáticas. Fíltrase glicosa, aa, vitaminas, auga e sales minerais e
refugallos como a urea e o ácido úrico.
Reabsorción tubular: consiste en recoller nos capilares de arredor parte
do líquido filtrado para reaproveitar determinadas substancias:
- Túbulo proximal: auga, aa, glicosa, ións Na, K e Cl, urea e vit.
- Asa de Henle: descendente: auga/ ascendente:Na e Cl
- Túbulo distal: auga e Na.
Secrección tubular: certa cantidade de subtancias son secretadas dende
os capilares cara os túbulos da nefrona como K, creatina e algún fármaco...
O líquido producido pasa aos tubos colectores- pelve renal-uréter-vexiga
urinaria (almacén 0,5 l). Diariamente producidos 1,5 l de urina.
10. ÓRGANOS EXCRETORES EN VERTEBRADOS
Regulación da concentración da urina:
Os ouriños serán máis ou menos concentrados dependendo da reabsorción
de auga na nefrona.
A reabsorción ten un control hormonal pola hormona antidiurética (ADH)
segregada pola hipófise.
Se se produce un aumento da concentración de sales no medio interno,
segrégase ADH aumentando a reabsorción de auga nos riles e dando lugar a
unha urina máis concentrada e facilitando unha maior dilución do medio
interno.
Este proceso contribúe a homeostase do medio interno.
GRAZAS POR ATENDERME
Bibliografía e webgrafía:
- Castillo de la Torre, Aurelio; Meléndez Hevia, Ignacio; Madrid Rangel, Miguel
Ángel; Blanco Kroeger, Marcos. 2008.“Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato”.
Proxecto A Casa do Saber. Obradoiro-Santillana. Santiago de Compostela.
España.
http://informaciona.com/el-aparato-excretor/videos
http://salud.facilisimo.com/foros/enfermedades/anemia_525006.html
http://www.slideshare.net/adaneco/nutricion-28774400
http://www.slideshare.net/EDU3364/tema-10-2-aparato-circulatorio
http://www.slideshare.net/laprofedenaturales/tema-9-nutricion-en-animales-ii