8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
1/21
Relato de vida escolar
Aida Rey Pazos
María Miramontes Losada
Jesús Orois Lage
EDUCACIÓN EN CONTEXTOS RURAIS2013-2014 Grao en Mestre ou Mestra de Educación Primaria / Grao en Educación InfantilAntón Costa RicoMaría do Carme Cambeiro LouridoMaría Lucía Iglesias Da CunhaRelato de vida escolarFacultade de Ciencias da EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
2/21
2
ÍNDICE
Introdución .............................................................................................................. páx 3
Reseña bibliográfica................................................................................................. páx 4
O contexto ............................................................................................................... páx 5
O alumnado e as familias ........................................................................................ páx 7
O profesorado .......................................................................................................... páx 9
Conclusións .............................................................................................................. páx 11
Referencias bibliográficas ........................................................................................ páx 14
Anexos .................................................................................................................... páx 15
Celestin Freinet. Biografía .................................................................. páx 15
A pedagoxía de Freinet para o século XXI .......................................... páx 19
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
3/21
3
Introdución
Semella inescusable tratar de chegar a maiores niveis de reflexión en torno á escola
rural ou á educación en contextos rurais. Ao longo da historia recente da educación,
esta escola ven sufrindo dende o pasado un estereotipo de inferioridade encomparación coas escolas “formais” e graduadas, normalmente situadas nun contexto
urbano, que as sitúa nunha condición de inferioridade e de menosprezo que non
atende con xustiza ao potencial e ás posibilidades que esta escola ofrece.
Tradicionalmente ligadas a un contexto socioeconómico deprimido, vinculado co
sector agropecuario, de subsistencia, de illamento e de pouca dotación de recursos,
esta escola foi superando algunhas das continuas dificultades que minguaban a súa
existencia: o illamento xeográfico, as malas vías de comunicación, o crecemento
demográfico negativo ou a escasa (ou nula) atención das administracións foron, e
seguen a ser, obstáculos no desenvolvemento dunha escola na que operan múltiples
dimensións, alén da educativa, que merecen protección e impulso. A escola rural
funcionou dende os seus inicios coma eixe de dinamización da sociedade na que se
integraba, fixando non só a poboación, senón tamén a identidade e a idiosincrasia do
pobo que educaba. E posiblemente sexa esta unha das necesidades máis importantes
que nos deben conducir a unha revisión e a unha refundación da escola. A comunidade
galega, do mesmo xeito que a escola, sufriu ao longo dos anos unha dicotomía
significativa entre os eidos rural e urbano, froito de conflitivas e nada exitosas
políticas, tanto territorias coma sociais, que conduciron á continua desertización eempobrecemento do rural galego, caracterizado unha vez máis por un sentimento de
inferioridade e incluso de autoodio, e que a levaron ao abandono da cultura propia,
incluso da lingua propia, concentrando a nosa identidade en alienantes cidades que
obvian a importancia e a necesidade de revalorizar o eido rural na súa condición
idiosincrática, pero tamén como motor económico necesario para un
desenvolvemento racional e harmónico do territorio que habitamos.
Incluso se nos separamos de cuestións socioeconómicas e nos centramos unicamente
no eido educativo, algo pouco recomendable se atendemos á función socializadora e
integradora, que debe caracterizar á escola; así como do contexto globalizado no que
vivimos, semella necesaria unha reflexión profunda sobre as oportunidades que ofrece
a escola rural. Outra vez as avaliacións internacionais amosan un déficit importante
nas competencias básicas do alumnado do país (outro tema a desenvolver sería a
valoración e a transcendencia destas avaliacións), mais non son estas as únicas
referencias das que dispoñemos: o elevado índice de fracaso e de abandono escolar, as
porcentaxes de alumnado repetidor, o descontento do alumnado coa educación que
recibe, reflectida na desgana coa que acoden ás súas hoxeneizantes “cárceres”
educativas, sumado ao descontento e desencanto do resto da comunidade
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
4/21
4
educativa,… todos estes síntomas empurran a repensar dun modo definitivo o modelo
educativo.
A escola rural caracterízase pola diversidade, pola heteroxeneidade, polas relacións
persoais e a afectividade; pola autonomía, o interese e a motivación do alumnado e
pola relación activa co entorno no que se desenvolve. Principios que deberían ter
cabida nesta reformulación educativa, o que non suporía un paso adiante, senón máis
ben un paso atrás: dende comezos do século pasado, incluso dende séculos anteriores,
vense desenvolvendo de xeito paralelo á escola tradicional pasiva un movemento de
escola activa, de escola viva, que ten como expoñentes a grandes pedagogos que
entenderon a necesidade de lle dar ao alumno o protagonismo que lle corresponde,
situándoo como actor principal do proceso de ensinanza-aprendizaxe e motivando un
desenvolvemento integral do alumnado en constante interacción cos iguais e co medio
no que habita. Falamos de Jean Jacques Rousseau, de John Dewey, da Escola Nova, de
María Montessori, de Óvide Decroly, de Pestalozzi, de Celestin Freinet, da Institución
Libre de Ensinanza, de Paulo Freire, de Ken Robinson, de Howard Gardner… e de
tantos outros que cuestionaron e cuestionan a escola tradicional.
É neste contexto, e nesta liña de traballo, onde queremos situar a elaboración dun
modesto informe que pretende ser un escenario multidimensional dirixido a través da
experiencia docente e vital dunha persoa moi vinculada con esta corrente renovadora,
que tivo a oportunidade de acreditar a valía e a importancia doutro xeito de facer
escola, doutro xeito de educar, ao tempo que participou e participa na revalorización e
na dignificación da escola rural.
Falamos de Alicia López Pardo.
Reseña biográfica
Alicia López Pardo nace en Rubián de Cima, O Incio (Lugo), onde pasa a súa infancia.
Aos dez anos vai estudar á cidade, onde rematará por titularse como mestra.
Sensibilizada dende sempre cos problemas das aldeas do rural galego e impulsadapolos desexos de mellorar a calidade de vida nesta contorna, cursa tamén estudos de
Enxeñería Agrícola, e máis tarde de Psicoloxía. Decidida a ensinar en contacto coa
natureza, elixe o seu primeiro destino como docente na montaña lucense, nos
Ancares; onde desenvolve plenamente os principios da pedagoxía de Freinet. A
experiencia vivida nesta escola de montaña daría lugar, entre outras vivencias, á
publicación dunha obra que os propios “escolinos” (así se coñece ao alumnado na
zona) titularon A historia da pita que elixiu a nosa escola pra poñer, con prólogo,
contextualización e glosario da propia Alicia. Dende Os Ancares, participou tamén na
iniciativa que máis tarde se consolidaría como Preescolar na Casa e na elaboración dun
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
5/21
5
modelo alternativo ás concentracións escolares que supoñían a desaparición da escola
unitaria. Como consecuencia da súa pedagoxía novidosa e natural, do intento de
revalorización da cultura propia e da oposición ás estruturas sociais e educativas
impostas, sufriu un traslado forzoso, un “desterro” que a levou a Canarias durante tres
anos. Dende alí participou na fundación do Movemento Freinet. É coautora dométodo de lectoescritura Chirlo Merlo, publicado por Ir Indo, e actualmente
desenvolve a súa labor de investigación e divulgación dende a Mesa Galega de
Educación no Rural e do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega.
O contexto
É preciso coñecer o contexto para poder definir a organización e a proposta
metodolóxica da escola rural, en tanto que esta escola ten unha relación directa coaeconomía, a socioloxía, a antropoloxía, a política ou a ecoloxía (Bustos, 2011), porque
todos estes elementos operan para conformar o escenario rural, ou escenarios rurais,
novas realidades nacidas da influenza urbana.
Na extensa experiencia docente de Alicia temos a oportunidade de estudar as diversas
interaccións destes elementos, que configuran distintos espazos rurais e diversas
fórmulas de organización escolar, dende a década dos anos setenta, cando a nosa
invitada iniciou a súa profesión, ata a actualidade, onde recentemente finalizou a súa
mestría na escola rural de Vixoi (Bergondo). Unha diversidade que se pode simplificarmediante a tipoloxía establecida por Ortega (2004:108 en Bustos, 2011:39):
espazos rurais próximos a grandes aglomeracións e fortemente influídos polas
dinámicas urbanas. Son espazos de dominancia rural vinculados a cidades e
áreas metropolitanas, con gran dinamismo económico, agricultura intensiva e
aumento da poboación.
espazos rurais diversificados, vinculados polo xeral a redes de cidades medias.
Trátase de áreas que manteñen a actividade agraria e diversifican a súa
economía noutros sectores económicos, como a industria ou os servizos, o queposibilita unha certa recuperación demográfica.
espazos rurais agrarios cun desenvolvemento ligado a esta actividade e con
escasos rendementos económicos.
espazos rurais profundos, marcados polo illamento, un tecido produtivo case
inexistente e unha densidade de poboación moi baixa e decrecente.
É nun espazo rural profundo onde Alicia López Pardo desenvolve a súa conciencia
social dende a docencia. Tratase dun destino elixido voluntariamente, consciente de
que a formación da poboación rural é fundamental para acadar o seu
desenvolvemento e mellores cotas de benestar. A escola unitaria dos Prados, situada
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
6/21
6
na montaña dos Ancares, era unha caseta ubicada no patio dunha casa familiar. Toda
ela de propiedade privada pertencente á unha familia de alto estatus social da zona e
na que se compartían, ou se negaban, espazos co gando. Debuxa Alicia un escenario
realmente empobrecido e pouco axeitado para dar clase: chan e tellado cheos de
buratos, sen luz nin auga, sen calefacción ou lume e con apenas algúns libros comomaterial didáctico. E foi nesta situación como Alicia foi tecendo unha rede educativa
coa comunidade e co entorno e onde puxo en práctica (sen sabelo nun principio, nos
conta) os fundamentos da escola de Freinet. A participación da comunidade para
apoiar a aprendizaxe dos nenos, unha liberdade horaria necesaria para as saídas
didácticas pola natureza, unha metodoloxía de investigación, de liberdade, afectiva,
creativa e motivadora, globalizadora, de relación coa cultura propia e coa lingua
propia, que fixo estourar o potencial humano e o desexo de aprender do seu
alumnado.
A través do seu relato revivimos como se foi transformando o modelo de organización
escolar, como se foron pechando escolas unitarias, tamén a dos Prados, e como a
alternativa que se ofrecía eran as grandes concentracións escolares ou as escolas fogar
en réxime de internado nas zonas máis inaccesibles. Tamén como, naqueles
momentos, foi xermolando un movemento renovador na educación en Galiza, sensible
e comprometido co medio rural e coa súa escola, que hoxe está definido na Mesa
Galega de Educación no Rural e no movemento de renovación pedagóxica Nova Escola
Galega.
Froito das novas realidades rurais, consecuencia en gran medida das políticas
desintegradoras adoptadas polos gobernos, o contexto educativo rural actual mudou
considerablemente na xeografía galega. A falta de recursos e a planificación
“graduada” e “urbana” está a dar como resultado o peche das escolas unitarias, a súa
reagrupación en Colexios Rurais Agrupados (CRA), a eliminación de programas
específicos destinados ao medio rural e, polo tanto, a perda constante da idiosincrasia
do noso país.
Alicia amósanos esta realidade debuxando o escenario da escola de Vixoi, en
Bergondo. Alí atopa un alumnado que vive no medio rural pero que ten unhaidentidade urbana, contaminada pola homoxeneización e illada cognitiva e
sentimentalmente do espazo que ocupa. Comezando pola lingua, pola renovación
metodolóxica e contando co apoio das familias, unha vez máis implementa os
principios que defendeu na súa andaina docente, provocando de seguido un espertar
na conciencia dos seus alumnos e obtendo resultados recoñecidos a nivel
internacional.
Semella que a variedade de contextos rurais non é decisiva na finalidade educativa e,
pola contra, si parece determinante a relación co contexto e unha metodoloxía querepercuta neste senso. A escola cumpre funcións de formación e socialización, polo
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
7/21
7
tanto, parece absurdo mantela illada da realidade que a rodea, máis aínda cando é a
escola o eixe dinamizador, o motor do cambio, que posibilita ás xeracións futuras para
transformar a realidade social na que vivimos.
O alumnado e as familias
Non resulta aconsellable categorizar os comportamentos de ningún estrato social e
moito menos o do alumnado escolar, mais semella que existen certas peculiaridades
que poderían distinguir ao alumnado rural respecto do alumnado urbano, sempre co
coidado que merecen se temos en conta o diverso escenario rural actual.
Adoitase ter a crenza de que o alumnado do rural é moito máis respectuoso cos seus
iguais e co profesorado, máis obediente e cariñoso, polo tanto, o desenvolvemento da
clase caracterízase por poucos comportamentos disruptivos. Comentado con Alicia, o
que nos salienta é que a relación co seu alumnado foi sempre moi afectiva, moi
cooperativa e respectuosa, aínda que como en tódolos centros hai algún momento
puntual de disputa entre eles.
Un aspecto que nos salienta como fundamental é a alegría coa que co alumnado seachegaba a diario á escola, polo tanto consideramos que se cumpren os
condicionantes que salienta Levin no texto en relación á Enquisa de Infancia en España
(Bustos, 2011, p.77) na que os resultados amosan que os nenos/as dos pobos son máis
felices, e sinala as características do medio rural e o tipo de vida que alí se desenvolve
como un contexto específico no que se determina o benestar destes nenos e nenas
(maior contacto coa natureza, cos iguais e elevado dominio dos espazos por ser máis
controlables).
Outro aspecto a ter en conta sobre o alumnado é a heteroxeneidade, a diversidade deidades que conviven na mesma aula, iso sempre é unha vantaxe posto que o alumnado
de maior idade serve de apoio para os máis pequenos, e por outra banda, os pequenos
sempre están en contacto con coñecementos novos que nos vindeiros anos irán
afondando pero non é algo que lle veña de novo, existe unha forte cooperación e
entendemento mutuo que da lugar a unha mellora nas relacións sociais, así como ao
traballo en equipo; a pesar das críticas que se fan sobre a posible xerarquización entre
o alumnado debido á multigraduación, temos que corroborar co que nos dixo Alicia,
que o alumnado de maior idade se sente máis útil e que se forxa unha amizade incluso
externa á aula, o que se nos salienta é que, normalmente quen adoita levar o mando
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
8/21
8
son os maiores, pero que sempre colaboran os pequenos e os fan partícipes das
actividades e os xogos sen que estes se sintan na obriga de realizalos.
A heteroxeneidade constitúe un elemento fundamental de integración e cohesión
social. Para nós, isto ten vantaxes importantísimas como a responsabilidade que ten o
alumnado de adquirir o seu propio coñecemento e ao ritmo que considera necesario,
ademais de que son eles mesmos os que constrúen o seu proceso de aprendizaxe que
lles permite ter máis autonomía e a mellorar as súas capacidades e habilidades.
Salientar tamén que ás vantaxes anteriormente citadas hai que engadirlle que a
aprendizaxe que leva a cabo o alumnado por contaxio e influencia dos maiores aos
menores e viceversa, hai que engadirlle a baixa ratio que existe nestes centros rurais,
que foi onde se levou a cabo a experiencia da nosa entrevistada Alicia, o que permite
unha atención máis individualizada por parte do mestre e fai que o docente poida
coñecer en profundidade ao seu alumnado, coñecer os seus intereses e necesidades, oque incentiva e promove a motivación e a implicación dos nenos e nenas que se
amosan moito máis interesados nas aprendizaxes e nas tarefas que realizan. Tarefas
que teñen o seu marco de desenvolvemento no entorno, principal fonte de recursos
segundo nos comenta Alicia, no seu modelo de aprendizaxe.
O grupo clase diversificado, cunha ratio razoable, constitúe unha oportunidade para os
que máis o necesitan, e para o alumnado de menor idade, xa que poden atopar apoio
nos de maior idade ou naqueles que teñan máis coñecementos, constituíndo un
estímulo para continuar progresando e posibilitando as titorías entre iguais comorecurso adicional de apoio mutuo que beneficia tanto ao alumnado que o recibe como
ao que o da xa que é unha ocasión de repaso e reforzo dos coñecementos xa
adquiridos de forma previa; ademais de facilitar a convivencia, exercendo unha
influencia positiva.
Os factores sociais, o contexto familiar e o clima son factores determinantes para a
aprendizaxe, polo que Alicia nos contou cando lle fixemos a entrevista, as familias
tiñan moita implicación con ela aínda que ao principio eran remisos a suprimir por
completo os libros de texto e a non empregar ningún material destas característicascomo apoio na aula. Así, o contacto directo coas experiencias vividas sería o que
determinaría o proceso de aprendizaxe deste alumnado. Unha vez que tiveron as
reunións pertinentes as familias apoiárona e mesmo a axudaron en numerosas
ocasións para poder levar a cabo iniciativas na defensa da escola rural e da súa
particular organización, así como das actividades e tarefas que consideraba
pertinentes, como visitas a casas das familias para explicar mellor os contidos, xa que o
alumnado que vive un feito é capaz de asimilalo e polo tanto realizar unha aprendizaxe
significativa.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
9/21
9
Para Alicia a colaboración coas familias é unha das claves da súa metodoloxía. Existía
un vínculo moi forte entre a escola e as familias. O alumnado estaba orgulloso de
involucrar a súa familia no proceso de ensino-aprendizaxe, no cal interviñan dende os
máis novos ata os mais maiores. Unha das anécdotas que recollemos no momento de
entrevistala, foi unha relacionada cunha visita á casa dun alumno, e como se implicoutoda a familia, primeiro a avoa explicándolle o funcionamento do muíño, logo a nai
amosando como se amasaba o pan e se cocía no forno, e o pai, co coidado específico
dos animais; para aquel alumnado foi un día moi especial, posto que o recordaron
anos posteriores.
Outro aspecto en relación ás familias, é o tema das cantigas e poemas. Alicia
comentounos que lle encanta relacionar cada cousa que fai cunha cantiga, é máis, que
xa asocia a case todo unha cantiga especial, o que supón tamén un achegamento e
defensa do patrimonio cultural propio do país; os pais tamén lle axudan nesta tarefa e
o propio alumnado compón algún que outro pareado para axudar e cooperar, xa que
con todo o que aprenden ao longo do ano, recólleno e fan unha obra de teatro ao final
de curso, no que as familias, alumnado e Alicia estiveron moi implicados ao longo do
ano académico.
Salientar tamén que a pesar de que o ambiente socioeconómico non sexa o máis rico,
o rendemento académico segue tendo uns brillantes resultados, en contra do que se
comenta en base aos resultados obtidos no contexto español. Coido que coas
aprendizaxes que realiza Alicia, da igual o contexto no que estea inmerso, posto que
coa colaboración das familias, a implicación por parte do alumnado, que se sente
motivado e especialmente atraído polos coñecementos que se lles amosan, non fai
falta moito, e menos o material escolar, xa que as aprendizaxes que mellor se
interiorizan teñen que ver coas experiencias vividas por parte do alumnado, e da igual
o ámbito socioeconómico no que se insira o dito aprendizaxe.
Outra discrepancia das lecturas, na que Alicia coa súa experiencia nos demostra que
non é necesario para un rendemento desexable, é o que se di relativo á escaseza de
medios, recursos, materiais ou infraestruturas; xa que coa colaboración das familias
pódese solucionar, ou polo menos paliar, estas carencias para levar a caboaprendizaxes significativas e que asimilen e acomoden nas súas estruturas mentais o
alumnado destas escolas rurais.
O profesorado
A gran demanda da nosa entrevistada neste eido é a formación específica. Os futuros
mestres non reciben unha formación axeitada na súa etapa educativa nas facultadesde Universidade, por isto fálase do “choque da realidade” cando chegan por primeira
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
10/21
10
vez a unha escola rural e, todo o que aprenderon da escola convencional (alumnado
coa mesma idade, un grupo numeroso, cunhas habilidades específicas...) non lle
servían para este contexto en concreto, o que provoca sentimentos de desconcerto e
frustración, ansiedade e desexos de abandonar o centro para ir cara a un máis urbano.
No caso de Alicia, con tantos anos de experiencia, constatamos que non se deu esta
problemática. Ela solicitou voluntariamente empezar a súa profesión docente nun
entorno rural, e dende el foi desenvolvendo un modelo pedagóxico caracterizado pola
multigraduación, a afectividade, a relación co entorno, a aprendizaxe vivencial, a
relación coas familias e o respecto e o coidado do patrimonio cultural.
Neste enfoque “freinetiano” que traballou Alicia, o docente é un organizador, un guía,
un mediador no proceso de ensinanza, deixando o espazo protagonista para o
alumnado. Prepara escenarios onde o proceso de ensino – aprendizaxe se poida levar
a cabo.
Cóntanos Alicia que acostumaba a empregar como escenario de aula o entorno
próximo do alumnado, o bosque, a vila, as casas da familia. Alí, coa súa axuda, os
rapaces e rapazas familiarizábanse cos costumes do pobo, coa lingua, cos oficios
tradicionais, coa crianza dos animais e coa natureza. Un modelo pedagóxico que
formaba alumnado esperto, interesado, sensibilizado e respectuoso. Chama a atención
os excelentes resultados que dende este enfoque, Alicia acadou cos seus discentes. En
concreto, resaltamos o recoñecemento do proxecto de “Valorización dos nosos
maiores”, inundado de afecto e sensibilización cara os avós e avoas do alumnado,fonte de sabedoría e coñecemento. Nesta liña, o docente non é foco de sabedoría de
onde sae toda a información, senón que esta se pode buscar noutras persoas do noso
entorno como a Señora Rosario, avoa que vivía cerca da escola e que lles ensinaba a
nenos e nenas todo sobre o campo e os animais. Ía por clase cando quería para
levarlles materiais que elas encontrara ou que cría bo para xogar ou coñecer.
Outro recurso que nos chama a atención na metodoloxía de Alicia son as obras de
teatro, moitas veces recorrendo á literatura popular (cantigas, refráns, adiviñas,...) que
deste xeito se coñecen, se revalorizan e se empregan de xeito intertextual paraproducir novos textos, moitos deles en verso, sobre algún acontecemento vivido polo
alumnado e que, logo de revisado e perfeccionado, se leva a escena coa colaboración
das familias, encargada do groso da tarefa de confección dos traxes e dos decorados.
Podemos comprobar como esta actividade integra distintas aprendizaxes moi diversas,
unha das premisas educativas de Alicia: a globalización, alén da interdisciplinariedade,
o currículo integrado. Unha actividade na que traballa as competencias lingüísticas, a
literatura galega, as artes plásticas, a dramatización, a creatividade, o traballo
cooperativo e un longo etcétera de cuestións transversais.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
11/21
11
A diferenza do que se puidese pensar polo seu dinamismo e pola súa riqueza e
variedade, as actividades na aula da escola rural non son espontáneas. Alicia remarca
que é precisa unha programación moi traballada , a improvisación por parte do mestre
nunha aula multigrado non ten cabida; o que fai necesario unha programación
sistemática moi clara que permita que o traballo diario transcorra de forma fluída.Fálanos tamén do horario, absolutamente contrario ao establecido no réxime
graduado. Na aula rural o horario que se aplica debe de dar resposta ás necesidades
que demandan os grupos multigrado, sen priorizar os tempos dedicados aos
coñecementos teóricos, deixando así tempo para o desenvolvemento do aspecto social
e emocional dos discentes.
Falabamos de globalización, dun currículo integrado. Alicia aplica un currículo
contextualizado ao entorno e ás necesidades e intereses do seu alumnado onde
integra (ou globaliza) todas as disciplinas e saberes, provocando deste xeito unha
aprendizaxe integral dos discentes, formando personalidades únicas e orixinais que
dispoñen de múltiples e personalizadas respostas para a resolución dun problema, o
que suscita tamén a formación de persoas máis críticas, capaces de observar,
interpretar e transformar a realidade que as rodea, capacidades pouco esperadas do
currículo oficial elaborado por “expertos” educativos e reproducido polos libros de
texto, recurso que Alicia rexeita enerxicamente.
Conclusións
Impregnado xa todo o informe con reflexións e anotacións persoais, este momento de
síntese abraza e configura un convencemento e un recoñecemento unánime por parte
dos membros do grupo respecto da escola rural como un “lugar de importancia
comunitaria”, un modelo de escola e un enfoque pedagóxico, o que nel se ven
desenvolvendo, necesitado de protección, de revalorización e de estima.
Son moitas as dificultades as que se enfronta a educación no rural actualmente,
recortes, normativas, falta de profesorado cualificado, acomodación;desmantelamento dos servizos e falta de políticas dinamizadoras no rural galego,
envellecemento da poboación e taxa negativa de nacementos. Todo fai pensar que
nos vindeiros anos a situación non vai mellorar; e en consecuencia a pregunta obrigada
é: que podo facer eu?
Despois de ter a oportunidade de falar con Alicia, de valorar o seu traballo, e tamén os
seus resultados, semella imposible non ter un grao de empatía co seu esforzo e
armarse para defender unha escola que é motor de sensibilización, de cambio, tamén
de proximidade e de identidade.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
12/21
12
Podemos observar nas palabras de Alicia (tamén nas súas bágoas) que a perda pode
ser irrecuperable e debemos ser conscientes de que os grandes cambios non teñen por
que estar destinados a grandes personaxes. Temos unha contorna rural importante,
marabillosa, chea de riqueza, de vida e de potencial que leva anos moribunda a causa
das políticas sociais e territoriais dos gobernos, e temos a posibilidade de mudar asituación dende a nosa vocación. Seremos parte importante no modelado das
xeracións vindeiras, seremos cómplices da recuperación da escola rural, parte da
dinamización das zonas rurais, membros dunha comunidade galega respectuosa co
medio no que habita historicamente e respectuosa cos seus conxéneres.
Porque así se caracteriza a escola rural, integrada no medio sociocultural próximo,
fixando identidade e poboación, en harmonía e extensión co medio natural, para
formar persoas con capacidade crítica, con pensamento diverxente e con valores
propios nacidos na idiosincrasia do seu pobo; preocupada polo seu desenvolvemento
cognitivo, pero tamén psicolóxico, atendendo á diversidade, entendida como un
atributo da humanidade, e nun clima vivencial de afectividade, coeducación e
cooperación.
Unha liña de traballo que, malia as dificultades, cremos recomendable exportala non
só cara ás escolas urbanas, senón tamén cara aos nosos proxectos vitais. De seguro
que resulta máis cómodo axeitarse aos patróns establecidos e homoxeneizantes
impostos ao longo dos anos, sen embargo, a satisfacción do traballo ben feito
mesturado coa vocación e a defensa duns principios, estamos seguros que será máis
gratificante. Mostra do que escribimos son as experiencias narradas por Alicia.
A posibilidade de habitar (de xeito simbólico) no interior daquelas aulas que Alicia nos
foi describindo foi unha experiencia moi enriquecedora. Entre tanta ilusión, entre
tanta curiosidade, entre tanta inocencia e agarimo, entre tanto afán por aprender, …
todo é distinto ao estudado. Sen dúbida ningunha, habería que revisar e alterar a
estrutura académica nas facultades de Ciencias da Educación e optar por programar
máis oportunidades de experiencias prácticas no contexto rural; estou seguro de que
os resultados serían inmensamente superiores.
Os días seguintes, na redacción deste informe, foi cando comezamos a aprender.
Neste momento, na soidade das rutinas, foron aflorando as representacións de Alicia,
as súas verbas e as nosas lembranzas, e como se foron mesturando estes pensamentos
cos coñecementos adquiridos nesta e noutras materias. Así é como caemos na conta
de que todo o que asumiamos como aprendido, non son máis que sinais. Sinais de
fume, que indican, agora, de xeito máis claro, que temos todo por facer, e polo tanto,
por aprender.
Quizais o máis significativo foi poder comprobar que na profesión docente, non existe
unha forma, nin dúas, de facer as cousas. Existen moitas, quizais tantas coma mestres
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
13/21
13
hai. Cada un, con independencia do seu estilo, das súas capacidades e aptitudes e dos
seus coñecementos, pode chegar a ser tan bo mestre coma calquera outro, cos seus
erros e acertos. Agora ben, ningunha persoa poderá chegar nunca a ser un bo
profesional do ensino se non conta cunha certa actitude, cunha certa vocación, e,
sobre todo, se non conta en absoluto co respecto e agarimo que amosou Alicia polaspersoas para as que traballou, os seus alumnos e alumnas; e o respecto e a defensa do
legado cultural, social e natural que a historia nos deixou.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
14/21
14
Referencias bibliográficas
Bustos, A. (2011). La escuela rural. Granada: Octaedro
Freinet C. (1972). Los métodos naturales. Barcelona: Fontanella
López Pardo, A. e Vázquez Fernández, I. (2005). As mestras de montaña (1975-1984).
RGE , 34, 35-42
Mesa Galega de Educación no Rural (2006). A educación no rural en Galiza. Sada:Edicións do Castro.
Movimiento Cooperativo de Escuela Popular de Cantabria (2009). Una pedagogía
para el siglo XXI. Santander. Dispoñible en
http://www.mcep.es/uploads/files/04fec8fff6b6513dcc2444872c0b64085.pdf
Recuperado o 6 de decembro de 2013
Robison, Sir K. Las escuelas matan la creatividad (en liña). 2006. Dispoñible en
http://www.youtube.com/watch?v=nPB-41q97zg. Recuperado o 29 de novembro de
2013
Seminario Educación Infantil Nova Escola Galega (1992). Outras aulas, outras escolas.
Vigo: Xerais
Webgrafía
http://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/freinets.pdf
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/f/freinet.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A9lestin_Freinet
http://www.mcep.es/uploads/files/04fec8fff6b6513dcc2444872c0b64085.pdfhttp://www.mcep.es/uploads/files/04fec8fff6b6513dcc2444872c0b64085.pdfhttp://www.youtube.com/watch?v=nPB-41q97zghttp://www.youtube.com/watch?v=nPB-41q97zghttp://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/freinets.pdfhttp://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/freinets.pdfhttp://www.biografiasyvidas.com/biografia/f/freinet.htmhttp://www.biografiasyvidas.com/biografia/f/freinet.htmhttp://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A9lestin_Freinethttp://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A9lestin_Freinethttp://es.wikipedia.org/wiki/C%C3%A9lestin_Freinethttp://www.biografiasyvidas.com/biografia/f/freinet.htmhttp://www.ibe.unesco.org/publications/ThinkersPdf/freinets.pdfhttp://www.youtube.com/watch?v=nPB-41q97zghttp://www.mcep.es/uploads/files/04fec8fff6b6513dcc2444872c0b64085.pdf
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
15/21
15
Anexos:
Celestin Freinet. Biografía
Célestin Freinet nace o l5 de outubro de l896, en Gars, pequena poboación montañosados Alpes Marítimo francés. A súa xuventude, como a dos pequenos campesiños deentón, transcorre entre os traballadores do campo, nunha rexión pobre, de clima duro,a pesar da proximidade do Mediterráneo. Gardar os rabaños non ten segredos para el:como escribirá a súa esposa Elisa, "a experiencia pastoril será para Freinet o leitmotivda súa experiencia educativa" (Elise Freinet, l977). Despois de estudar no cursocomplementario de Grasse, ingresa na escola normal de mestres de Niza. Estala aguerra de l9l4 e Freinet é mobilizado; en l9l5, cando ten l9 anos, é ferido gravementeno "Chemin deas Dames". Recibe a Cruz de Guerra e a Lexión de Honra. De hospital en
hospital, vive 4 anos de longa convalecencia. Ferido no pulmón, nunca se curarácompletamente e durante toda a súa vida respirará mal, ao que en parte atribuirá elmesmo a natureza das súas innovacións pedagóxicas que outorgan ás actividades dosalumnos o lugar que normalmente ocupa a palabra do mestre.
Partindo desta escola de pobo, introducirá a imprenta na escola, iniciará unmovemento de ámbito nacional mediante os seus artigos na prensa profesional epolítica, participará nos congresos internacionais da "Nova Educación", coñecerá osmestres de entón, Ferrière, Claparède, Bovet e Cousinet, e lerá os clásicos dapedagoxía contemporánea ao preparar as oposicións á inspección primaria, que nonaprobará, antes de afastarse definitivamente non só da pedagoxía tradicional senón
tamén da nova pedagoxía, a pesar da revelación que lle supón a obra de Ferrière(EliseFreinet, l968). Tamén ten tempo para interesarse polo desenvolvemento do seu pobonatal, onde funda unha cooperativa de traballadores para electrificar a poboación. Émembro activo do sindicato e do Partido Comunista. En l925 trasládase á UNIÓN DEREPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS cunha delegación sindical. Alícoñece a Krupskaia, esposa de Lenin e Ministra de Educación. Esta actividade sindical epolítica terá unha profunda influencia sobre a concepción da pedagoxía popular que elvai madurando.
De l929 a l933, o matrimonio Freinet afondará e desenvolverá o movemento
iniciado en Saint-Paul-de-Vance; unha pequena poboación que xa é un centroturístico coñecido e a instalación dunha parella de mestres comunistas é mal recibida,nuns meses dimiten e dedican todo o seu tempo a desenvolver omovemento e a Cooperativa de Ensino Laico que se converteu nunha verdadeiraempresa de produción de material e edición de documentos pedagóxicos.Así naceu a idea dunha escola libre experimental. En l934 e l935 Freinet, coapoio do movemento, amigos políticos e a prensa esquerdista, consegue construírunha escola en Vence. Este participa na construción, nun lugar relativamente illado, oterreo encóntrase nun outeiro sobre un pequeno val, o camiño non está asfaltado, osedificios, construídos de xeito artesanal, son sinxelos, dunha soa planta. No medio dopatio hai unha piscina con sombra para os nenos. As aulas son grandes, predominan ascores verde e branco. Os alumnos son na súa maioría internos pertencentes ás capas
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
16/21
16
sociais desfavorecidas ou a familias en apuros, a maioría son fillos de obreirosparisienses, casos sociais procedentes da Asistencia Social, fillos de mestres na súamaior parte inscritos por motivos de saúde e, illadamente, catro ou cinco alumnos defamilias acomodadas que confían en nós" (Elise Freinet, l968). Hai sol e o aire docampo meridional ten o olor tan característico desa rexión.
l939-l940. Empeza a Segunda Guerra Mundial. A Freinet, comunista coñecido,consideráselle perigoso pola posible actuación da súa organización. A UNIÓN DEREPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS está aliada cosnazis. Deteñen a Freinet, que ingresa nun campo de concentración aínda que despoisobtén a liberdade. Durante a guerra, únese ao maquis do Briançonnais, queposteriormente dirixe. Despois da liberación, preside o Comité de Liberación do AltoAlpes e continúa a súa actividade en Vence. En l948, a Cooperativa de ensino laicotransfórmase en "Instituto de a Escola Moderna", e instaláse en Cannes,converténdose en centro importante de fabricación e difusión de material pedagóxico.
En l950, Freinet é excluído do Partido Comunista co que está en desacordo. Comoconsecuencia diso, prodúcese unha conmoción no seo do seu movemento, queadquirirá importancia a nivel nacional; os congresos convértense en enfrontamentospedagóxicos.
Freinet morre en Vence en l966. O movemento prosegue despois do seu falecementoe Elise Freinet mantén a memoria do seu defunto marido. A súa pedagoxía foi unhaactividade concreta, vivida como "técnicas de vida", segundo a súa propia expresión,ao servizo da liberación dos homes.
O seu concepto da renovación escolar era solidario da idea dunha renovación social
que propiciase a instauración dunha sociedade popular onde a escola tivese unharelación directa coas esferas familiar, social e política. A educación natural preconizadapor Célestin Freinet estrutúrase en torno á vida e as actividades do neno, poñendo enpráctica unha serie de técnicas orixinais, baseadas nun conxunto de principios como amotivación, a expresión e a socialización.
As súas achegas constitúen o punto de arranque do movemento pedagóxico nucleadona Federación Internacional de Movementos de Escola Moderna que pretenden arenovación educativa por medio da organización dunha comunidade escolarautenticamente humana. O neno normal tende a organizar a súa primitiva experiencia"ás apalpadelas", en formas cada vez máis ricas, que se converten naturalmente enexperiencias sociais nas cales se integra con outros nenos, e a deixar de ser puro xogopara ser xogo - traballo.
A técnica fundamental que dá corpo ao seu proxecto é o de "a tipografía na escola",que consiste en empregar nas clases un pequeno equipo de imprenta, cuxo manexoleva á produción doutros elementos e técnicas: textos libres, correspondenciainterescolar, debuxos libres, cálculos de aplicación, ficheiros, biblioteca e o quedenomina "o libro da vida" no cal, os nenos narran as súas vidas e a da clase. Todo é
útil para o proxecto de expresarse, facer e comunicarse sempre de forma espontánea
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
17/21
17
e democrática. É dicir, cambiar as relacións entre a escola e a vida, adaptándoasprogresivamente ás necesidades comunitarias e ao uso das tecnoloxías en vixencia.
Outras das técnicas máis coñecidas de Freinet son as seguintes:
O texto libre: é o texto realizado polo neno a partir das súas propiasideas, sen tema e sen tempo prefixado. Desenvólvese seguindo as fasesseguintes: a escritura do texto, que constitúe unha actividade creativa eindividual; a lectura ante todo o grupo, co que se traballa a entoación, amodulación da voz; o comentario de texto de forma colectiva; e outrastécnicas como a impresión e reprodución dos textos para a revistaescolar e a correspondencia. "Non aos libros de textos".
A revista escolar: a cal se orixina coas producións infantís e se realiza apartir da propia organización do traballo.
Os plans de traballo: teñen sentido nunha planificación colectiva coalumnado, determinada por unhas decisións de grupo que, á súa vez,están insertas na planificación xeral do curso.
As conferencias: pretenden propiciar, no marco do grupo - clase, ascríticas á realidade por parte do alumnado e o seu posterior estudo.
Biblioteca de traballo: o material clasifícase de acordo coa dinámica eas necesidades de consulta dos nenos e nenas, que acceden librementea el, pero tamén se responsabilizan de ordenalo e controlalo.
A asemblea de clase: é o espazo e tempo destinados a formularproblemas e buscar medios para a súa resolución, para planificar eposibilitar a realización de proxectos. Educa a función de planificación ede revisión do traballo e da vida do alumnado.
A correspondencia escolar.
Para rematar citaremos algunhas das súas obras máis característcas:
1927 - L'imprimerie à l'école. Boulogne, Ferrary, 1927, reeditada varias vecespor diversas editoriais.
1946 - L'école moderne française, París, Editions Ophrys, 1946.
1949 - L'éducation du travail , París, Editions Ophrys, 1949.
1949 - Les dits de Mathieu, Folleto de nueva educación popular, 1949;reeditado por: Neuchâtel, Delachaux & Niestlé, 1959.
1950 - Essai de psychologie sensible appliquée à l'éducation, Cannes, Editionsde l'Ecole Moderne Française, 1950, reeditado por: Delachaux & Niestlé, 1966.
1956 - Les méthodes naturelles dans la pédagogie moderne, París, Bourrelier,1956.
1957 - L'école moderne française, Montmorillon, Editions Rossignol, 1957.
1969 - La méthode naturelle, 3 volúmenes, Neuchâtel, Delachaux & Niestlé,1968-1969. (póstuma).
1969 - Pour l'école du peuple, París, Maspero, 1969. (póstuma).
Obras traducidas ao castelán:
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
18/21
18
1964 - Las enfermedades escolares.Ed. Laia, Barcelona, 1974 (traducción)
1969 - La psicología sensitiva y la educación. Ed. Troquel, Buenos Aires, 1969
1971 - Educación por el trabajo. Fondo de Cultura Económica, México, 1971.
1972 - Los métodos naturales. Ed. Fontanella, Barcelona 1972 ( 3 vol.)
1975 - Nacimiento de una pedagogía popular. Ed. Laia. Barcelona. 1975
1976 - Por una escuela del pueblo. Fontanella. Barcelona, 1976
1976 - Técnicas Freinet de la Escuela Moderna. Ed. Siglo XXI. México, 1976.
1996 - La escuela moderna francesa. Una pedagogía moderna de sentidocomún. Las invariantes pedagógicas. Ed. Morata, (2ª Edición), 1996.
Aínda que a súa obra máis representativa é Tipografía na escola.
http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=EDICIONES_MORATA&action=edit&redlink=1http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=EDICIONES_MORATA&action=edit&redlink=1
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
19/21
19
A pedagoxía de Freinet para o século XXI
Fundamentos
Enténdese a educación como un proceso de aprendizaxe global. Este
aprendizaxe ten que ser global porque as cousas a aprender, a realidade e a
vida son globais, non están parceladas, non están compartimentadas. A
realidade é complexa, pero global.
Enténdese a educación como un proceso de aprendizaxe natural. Concebindocomo tal a maneira e o xeito que ten o ser humano de adquirir todos aqueles
aprendizaxes significativos que lle serven e que precisa como tal para
desenvolverse.
Enténdese a educación como desenvolvemento e liberación da persoa, dos
seus sentimentos, da súa afectividade, da súa sexualidade e dos seus valores
Enténdese a educación como o respecto á identidade persoal e á diversidade
dos individuos. Entendendo isto como a aceptación da existencia das diferenzasindividuais. Sendo o dereito á diferenza un dereito fundamental na concepción
ideolóxica e na práctica pedagóxica.
Educación como o proceso, o desenvolvemento harmónico da personalidade,
dos coñecementos, da psicomotricidade do individuo; e polo tanto,
absolutamente necesario é respectar o ritmo de cada un, os ritmos da persoa.
Educación como parte integrante da realidade social, dos movementos sociais e
políticos de cada momento e de cada lugar, que en última instanciacondicionan e inflúen no desenvolvemento educacional do individuo e da
sociedade.
Técnicas de estudo
Traballo dun xeito cooperativo e solidario, tanto entre o profesorado como
entre o alumnado.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
20/21
20
Aprendizaxe científico como unha valoración da creatividade, da investigación,
a realidade e a experiencia; e en consecuencia, enténdese o tanteo
experimental como a fonte principal do coñecemento humano.
Actividad escolar como un traballo creativo, asumido pola propia persoainteresada, partindo sempre dos intereses do alumnado.
A escola, a institución docente, o ensino, debe ser unha fonte de pracer para o
alumnado. É o pracer, e non a frustración, o motor que debe mover o noso
traballo e o do alumnado. Unha educación polo éxito, unha pedagoxía do
pracer, que non é unha educación da facilidade, senón todo o contrario, un
reforzo do dinamismo para afrontar dificultades maiores, un reforzo da
personalidade individual.
Estrutura escolar
A escola debe ser democrática. En consecuencia, a estrutura escolar ten que
funcionar democraticamente, tanto dende o punto de vista do centro como
institución, como dende a perspectiva administrativa, pasando polo entramado
pedagóxico.
A institución escolar ten que ser, ademais de democrática na súa estrutura efuncionamento, transformadora da realidade. Pero non unha caricatura de
usos e comportamentos democráticos. Democratizar e transformar a
educación, a escola, non é simplemente asegurar as mellores condicións de
funcionamento, dende o punto de vista material, e democratizar o acceso a
niveis máis altos. É importante, pero non só iso. Democratizar e transformar a
educación fundamentalmente é poñer en cuestión todo o que permite
reproducir as relacións de dominación, explotación e dependencia. É poñer a
discusión colectiva o propio sistema que xera, permite e favorece este tipo de
escola, este tipo de aprendizaxe, este tipo de institución docente. E en últimainstancia, este tipo de sociedade.
Educación baseada na liberdade, no respecto de e polos demais, polo grupo,
pola autoxestión dos bens comúns. Pola eliminación do autoritarismo, a
competitividade e o dogmatismo.
A educación e, en consecuencia, as estruturas organizativas e institucións
sociais responsables da mesma, deben ser respectuosas coa liberdade de
conciencia das persoas implicadas; por iso ten que ser laica no sentido amplo
da palabra, deixando toda cuestión relixiosa para o ámbito privado.
8/19/2019 Relato de Vida Escolar. Una aproximación a la escuela rural
21/21
21
Dunha maneira final: que a ensinanza sexa pública e gratuita e que os
ensinantes teñan o maior nivel académico e profesional posible, que non exista
un sinfín de compartimentos estancos.
En definitiva, poderiamos resumir que é preciso que modifiquemos, que busquemos
permanentemente novos xeitos, novas maneiras, novas técnicas. Que non nos
conformemos e nos quedemos na xa coñecidas, porque a vida, o mundo, nunca está
parado, senón en constante movemento.