Riscos mixtos
A actividade humana modifica a intensidade e a velocidade dalgúns procesos naturais como a erosión e a sedimentación
Prácticas de cultivo inadecuadas Minería a ceo aberto Deforestación
Actividades que aumentan a erosion
Actividades que aumentan a sedimentación
Embalsar auga nos encoros
O aumento da erosión nos tramos altos produce sedimentación augas abaixo
Explotación masiva de pizarras en Carballeda de Valdeorras Minería de carbón a ceo aberto en Leitariegos
Os incendios desprotexen o solo fronte a acción erosivaA erosión é maior nas áreas incendiadas con forte pendente. As inundacións agrávanse, empobrécese o solo, hai perda de biodiversidade.
A enerxía que move a auga dos ríos xorde da diferenza de altura entre o continente e o mar (nivel de base) e é un tipo de enerxía potencial (m* g * h).
A circulación da auga dos ríos desde a cabeceira ata a desembocadura transforma a fisonomía dos vales fluviais (accións de erosión, transporte e sedimentación).
h
Cabecera del río
Co paso do tempo a diferenza de altura entre o continente e o océano vaise rebaixando. Da mesma forma vaise transformando o perfil do río (cada vez máis cóncavo e chan)
No inicio a transformación é rápida; co tempo faise máis lenta.
Nun estadío final ideal o perfil do río corresponde co PERFIL DE EQUILIBRIO: pendente mínima que permite só o desprazamento, sen erosión nin sedimentación.
Nos tramos medios e baixos: Caudal máximo, erosión máis intensa, acádase antes o perfil de equilibrio Relevo moi transformado na etapa final: pouca pendente, vales anchos
A evolución do relevo non é regular en todos os tramos…
Nos tramos altos: Caudal minimo, proceso máis lento Relevo pouco transformado: fortes pendentes, vales estreitos.
O nivel de base pode modificarse co tempo (p.e. descenso ou ascenso do nivel do mar).
Isto provoca reaxustes no perfil do río ata acadar un novo equilibrio.
A construción dun encoro crea un nivel de base relativo por encima do nivel do mar (nivel de base absoluto).
Entón diminúe a enerxía do río, aumentando a sedimentación; o perfil do río modifícase.
Augas abaixo, o río sen sedimentos ten máis enerxía para erosionar. Algunhas formas sedimentarias costeiras (deltas, barras e praias) sofren unha regresión por falta de aporte de sedimentos. Na actualidade o Delta do Ebro está en retroceso xa que a construción de numerosos encoros ao longo do cauce do río retén os sedimentos augas nas zonas altas e impide a chegada dos mesmos ata a desembocadura.
Risco de avance de dunas
Proceso natural que pode ser detido ou reducido pola fixación da area con vexetación ou pavimentación.
Recommended