INFORME DA ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA
E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA
(ESTUDO DE POBOACIÓN 2013)
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO
UNIDADE DE PSICOLOXÍA DEPORTIVA (USC)
Autor:
Constantino Arce Fernández
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
2
ÍNDICE
1. Obxectivos do estudo ………………………………………………………….. 3
2. Metodoloxía …………………………………………………………………..... 4
3. Resultados ........................................................................................................... 8
4. Conclusións …………………………………………………………………... 62
Anexo I. Enquisa 2013 sobre actividade física e práctica deportiva en Galicia …....... 67
Anexo II. Categorización das actividades físicas e deportivas utilizada no estudo ...... 73
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
3
1. OBXECTIVOS DO ESTUDO
O presente estudo se realizou por iniciativa da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta
de Galicia co ánimo de coñecer os hábitos actuais de actividade física e deportiva da
poboación galega maior de 18 anos. Complementa outros estudos que se están a realizar
desde a mesma Secretaría nos centros de ensino, con menores de idade en etapas
escolares.
No ano 2007 se realizou un estudo semellante coa diferenza de que naquel momento se
fixo máis énfase na actividade deportiva e agora o interese se centra máis na actividade
física. O presente estudo trata de identificar os hábitos de actividade física e deportiva
da poboación galega durante o seu tempo libre pero tamén hábitos de actividade física
propios da vida cotiá para poder disgnosticar os niveis de sendentarismo existentes e
tratar, en consecuencia, de desenvolver iniciativas e plans de acción que axuden a
reducilo na medida do posible.
A nivel máis concreto, o estudo se realizou para tratar de coñecer as trece características
da práctica de actividade física e deportiva da poboación galega que de seguido se
relacionan:
1. O número de galegos/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito
regular durante o seu tempo libre.
2. O número de actividades físicas e deportivas que practican.
3. As actividades físicas e deportivas máis practicadas.
4. A frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva.
5. Os lugares habituais de práctica.
6. Os motivos da práctica.
7. Os niveis de abandono da práctica de actividade física e deportiva e as súas
causas.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
4
8. Os niveis de inactividade física, as súas causas e percepcións.
9. A percepción da importancia da práctica de actividade física e deportiva.
10. A intención de práctica de actividade física e deportiva.
11. Os niveis de actividade física e de sedentarismo na vida cotiá.
12. Os beneficios percibidos da práctica de actividade física e deportiva.
13. Os factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva dos
galegos/as.
Todos estas características se investigaron desde varios ángulos, tanto por grupos de
idade, nivel educativo e profesión, como desde a óptica de xénero e de territorialidade.
Os resultados que a continuación se presentan son xeneralizables a toda a poboación
galega maior de 18 anos e pretenden ser un instrumento a disposición dos responsables
da promoción de hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega para que
asenten as súas decisións políticas sobre unha plataforma empírica que permita avaliar a
súa evolución co paso do anos.
2. METODOLOXÍA
O estudo se realizou no ámbito da Comunidade Autónoma Galega, sendo o universo do
mesmo todos os homes e mulleres residentes en Galicia maiores de 18 anos de idade
que, segundo fontes do Instituto Galego de Estatística de 2012, ascende a 2.391.217.
O tamaño da mostra utilizada foi de 1.200 persoas, elixidas de xeito aleatorio
proporcional por cotas de sexo, idade, provincia e tamaño poboacional dos concellos.
Como puntos de mostraxe se utilizaron 31 concellos elixidos ao azar nas catro
provincias.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
5
O procedemento de mostraxe utilizado foi polietápico, estratificado por conglomerados,
con selección das unidades mostrais primarias de mostraxe (concellos) de xeito
aleatorio proporcional, e das unidades últimas (individuos) por rutas aleatorias e cotas
de sexo e idade.
Para o cálculo do tamaño mostral, se utilizou un nivel de confianza do 95,5% (dúas
sigmas), e P = Q, sendo o erro mostral do 2,89% para o conxunto da mostra e no
suposto de mostraxe aleatorio simple.
Na franxa de idade estudada, a porcentaxe de homes é do 47,77% e a de mulleres do 52,23%. As cotas de idades e as porcentaxes correspondentes utilizadas para o mostraxe foron as seguintes:
1. 18-24 anos (7,55%) 2. 25-34 anos (15,97%) 3. 35-44 anos (18,58%) 4. 45-54 anos (16,81%) 5. 55-64 anos (14,48%) 6. 65-74 anos (12,04%) 7. 75 ou máis (14,55%)
Por provincias, se fixo a seguinte distribución mostral:
1. A Coruña (41,08%) 2. Lugo (12,90%) 3. Ourense (12,20%) 4. Pontevedra (33,83%)
As categorías que se estableceron para a clasificación dos concellos segundo o seu tamaño poboacional foron as catro seguintes:
1. 5.000 habitantes ou menos de 5.000 (16,67%) 2. 5.001 a 20.000 habitantes (31,89%) 3. 20.001 a 50.000 habitantes (15,49%) 4. Máis de 50.000 habitantes (35,95%)
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
6
Os concellos que resultaron elixidos foron:
1. Provincia de A Coruña
1.1. A Coruña 1.2. Santiago 1.3. Ferrol 1.4. Cambre 1.5. Ames 1.6. As Pontes 1.7. Laracha 1.8. Corcubión 1.9. Santiso
2. Provincia de Lugo
2.1. Lugo 2.2. Monforte 2.3. Viveiro 2.4. Burela 2.5. Cospeito 2.6. Fonsagrada 2.7. Abadín
3. Provincia de Ourense
3.1. Ourense 3.2. Verín 3.3. Carballiño 3.4. Ribadavia 3.5. Barbadás 3.6. Castro Caldelas 3.7. Pontedeva
4. Provincia de Pontevedra
4.1. Vigo 4.2. Pontevedra 4.3. Ponteareas 4.4. Lalín 4.5. Baiona 4.6. Poio 4.7. Meis 4.8. Catoira
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
7
No mapa de Galicia que se recolle máis abaixo se ofrece a situación xeográfica dos
concellos utilizados na investigación.
Os datos foron recollidos entre o 25 de outubro e o 7 de decembro de 2013 por 6
enquisadores/as, con experiencia e titulación deportiva axeitada as características do
estudo. Para a súa formación específica realizáronse reunións de equipo nas que
participaron membros da Fundación Deporte Galego e da Unidade de Psicoloxía
Deportiva da USC.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
8
A enquisa constaba de 23 ítems con contidos específicos sobre hábitos de actividade
física e deportiva e 9 ítems de datos persoais (ver anexo). Foi elaborada en reunións de
equipo nas que participaron membros da Secretaría Xeral para o Deporte, da Fundación
Deporte Galego, e da Unidade de Psicoloxía Deportiva da USC. Tamén se contou co
asesoramento de expertos asesores do Plan Galicia Saudable pertencentes a
Universidade de A Coruña.
3. RESULTADOS
3.1. Número de galegos/as que realiza actividade física ou deportiva
O estudo permite concluír que, a dia de hoxe, en Galicia hai aproximadamente unha
porcentaxe do 70,75% de persoas de máis de 18 anos (é dicir, 1.691.786 habitantes) que
teñen o hábito de realizar algún tipo de actividade física ou deportiva, de xeito regular,
ao longo da semana durante o seu tempo libre.
0
10
20
30
40
50
60
70
80
SÍ NON
Porcentaxe degalegos/as que realizaactividade física oudeportiva de xeitoregular
Esta porcentaxe supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica
rexistrado no ano 2007, que se situaba nunha porcentaxe do 55,1%, entre os/as maiores
de 18 anos.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
9
01020304050
607080
2007 2013
Evolución da práctica deactividade física e deportivaen Galicia
Entre os/as que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular hai unha
porcentaxe maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%), sendo a diferenza
observada de 5,74 puntos porcentuais estatisticamente significativa (χ21 = 4,493; p =
0,029).
64
66
68
70
72
74
Homes Mulleres
Porcentaxe de homes emulleres que realizanactividade física
Esta diferenza se reduciu, non obstante, case en 2 puntos con respecto a de 2007.
Naquel momento a porcentaxe de homes maiores de 18 anos que practicaba era do
58,9% e a de mulleres do 51,2%, sendo a diferenza de 7,7 puntos porcentuais.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
10
0
2
4
6
8
2007 2013
Diferenza na porcentaxe depráctica entre homes emulleres
Sen embargo, a pesares de seguir existindo a dia de hoxe unha diferenza na porcentaxe
de práctica a favor dos homes, dado que na poboación total galega hai máis mulleres
que homes, o número total de mulleres que realiza actividade física ou deportiva na
actualidade (846.889) supera ao número de homes (844.897).
843.000
844.000
845.000
846.000
847.000
Homes Mulleres
Estimación do número de homes e mulleres galegos qu e realizanactividade física ou deportiva
Tamén se encontraron diferenzas estatisticamente significativas (χ23 = 14,875; p =
0,002) na porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo das persoas, sendo maior o
nivel de práctica a medida que aumenta o seu nivel educativo. A diferenza na
porcentaxe de práctica entre os de maior nivel educativo (75,9%) e os de menor nivel
educativo (57%) alcanza os 18,9 puntos.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
11
NIVEL EDUCATIVO PORCENTAXE DE PRÁCTICA
Sen estudios 57%
Estudios básicos 68,8%
Estudios medios 72,8%
Estudios superiores 75,9%
0
20
40
60
80
Sen estudios Básicos Medios Superiores
Porcentaxe de práctica segundo o nivel educativo
Non se encontraron, sen embargo, diferenzas estatisticamente significativas na práctica
de actividade física ou deportiva en ningunha das variables territoriais rexistradas. Non
hai grandes diferenzas na porcentaxe de práctica entre provincias, nin entre concellos de
distinto tamaño poboacional, nin entre o rural e o urbano, nin entre a costa e o interior.
Significa isto que a práctica de actividade física está estendida por toda a xeografía
galega e é semellante en todas as súas demarcacións territoriais.
Tampouco se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na porcentaxe de
práctica por franxas de idade das persoas, nin polo réxime de convivencia (soas, en
parella, etc.), nin polo tipo de actividade laboral desempeñada, nin polo sector produtivo
onde se desenvolve a actividade laboral. Outro indicador máis de que a práctica de
actividade física en Galicia non é propia dos máis xoves ou dos que realizan algunha
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
12
actividade laboral senón que se estendeu a todas as idades, a todas as profesións e a
traballadores de todos os sectores produtivos por igual.
Nas porcentaxes anteriores está incluída camiñar. Sen contar camiñar, a porcentaxe de
práctica físico-deportiva en Galicia entre os maiores de 18 anos é do 43,08%, o que
supón un incremento de 13,68 puntos respecto ao 2007, onde esta taxa se situaba no
29,4%. Sen incluír camiñar e considerando unicamente aos que practican máis de unha
vez por semana e o rango de idade que vai dos 18 aos 70 anos, para nos poder comparar
coa media española de práctica físico-deportiva, a porcentaxe de práctica en Galicia no
2013 entre os maiores de 18 anos é do 41,9%, situándose lixeiramente por enriba da
media española que é do 41,8% (SportCvltvra Barcelona, 2013).
41,75%
41,80%
41,85%
41,90%
Galicia España
Porcentaxe de práctica físico-deportiva en 2013, se n incluircamiñar, máis de 1 vez á semana, 18 a 70 anos
3.2. Número de actividades físicas e deportivas practicadas polos galegos/as
Unha grande maioría dos que practican actividade física ou deportiva en Galicia realiza
unha soa actividade (66,8%), pero hai quen compatibiliza dúas actividades diferentes
(27,2%), tres (5,4%) e ata catro actividades (0,6%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
13
3.3. Actividades físicas e deportivas máis practicadas polos galegos/as
Con moita diferenza sobre as demais, a actividade física máis practicada polos
galegos/as é camiñar. Un 40,42% dos galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de
camiñar (algo máis de 4 de cada 10 galegos/as). Esta porcentaxe ascendeu notablemente
desde 2007, que se situaba no 27,47%. A estimación do número de persoas maiores de
18 anos que teñen o hábito de camiñar actualmente en Galicia ascende a 966.530.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
14
0
10
20
30
40
50
2007 2013
Evolución da práctica decamiñar en Galicia
Logo de camiñar, por orde de práctica, están varias actividades físicas tales como o
acondicionamento físico en ximnasio, que ocupa o segundo posto cun 8,33%, correr (3º
posto, cun 7,83%), ximnasia de mantemento (4º, 5,42%), actividades aeróbicas con
soporte musical (5º, 5.42%), nadar (6º, 5%), andar en bicicleta (7º, 4%), pilates (9º, 3%),
acondicionamento físico na casa (11º, 2%), e o ioga (14º, 0,75%). Tamén están entre os
quince máis practicados xogos ou deportes coma o fútbol (8º, 4%), o pádel (10º,
2,42%), o fútbol sala (12º, 1,83%), o tenis (13º, 0,92%) e a caza (15º, 0,67%).
Posto Actividade
Porcentaxe da
poboación galega
maior de 18 anos que
practica
Número estimado de
persoas maiores de 18
anos que practican en
Galicia
1 Camiñar 40,42 966.530
2 Acondicionamento
físico en ximnasio
8,33 199.188
3 Correr 7,83% 187.232
4 Ximnasia de
mantemento
5,42 129.604
5 Actividades aeróbicas
con soporte musical
5,42 129.604
6 Nadar 5,00 119.561
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
15
Posto Actividade
Porcentaxe da
poboación galega
maior de 18 anos que
practica
Número estimado de
persoas maiores de 18
anos que practican en
Galicia
7 Andar en bicicleta 4,00 95.649
8 Fútbol 4.00 95.649
9 Pilates 3,00 71.737
10 Pádel 2,42 57.867
11 Acondicionamento
físico na casa
2,00 47.824
12 Fútbol sala 1,83 43.839
13 Tenis 0,92 21.919
14 Ioga 0,75 17.934
15 Caza 0,67 15.941
Outras actividades tamén destacadas pola súa práctica son o taichí, o sendeirismo, as
actividades rítmicas expresivas, as actividades subacuáticas, o atletismo, o baloncesto, o
balonmán, o boxeo, o ciclismo, o judo, o montañismo, o motociclismo, a patinaxe, o
pentatlón, o rugby, o taekwondo, o tiro con arco, a vela, a ximnasia, o golf, a hípica, a
petanca, o squash, o voleibol, os deportes de inverno, a natación, e o surf, entre outras.
Se comparamos, as dez actividades físicas ou deportivas máis practicados en 2013 coas
máis practicadas en 2007, entre os maiores de 18 anos, se observa a seguinte evolución:
• Oito actividades físicas ou deportivas que en 2007 estaban entre as dez máis
practicadas seguen a estar entre as dez máis practicadas en 2013: camiñar, nadar,
fútbol, acondicionamento físico en ximnasio, correr, ximnasia de mantemento,
actividades aeróbicas con soporte musical, e andar en bicicleta.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
16
• Baixan en 2013, con respecto a 2007, o fútbol (do 3º ao 8º posto), nadar (do 2º
ao 6º), ademais do fútbol sala e a pesca, que saen da lista das dez actividades
máis practicadas.
• Soben, con respecto a 2007, o pilates e o pádel, que entran por primeira vez na
lista das dez actividades máis practicadas en Galicia. Tamén adiantan posicións
o acondicionamento físico en ximnasio, que se coloca de segundo na orde de
práctica, correr, a ximnasia de mantemento, as actividades aeoróbicas con
soporte musical, e andar en bicicleta.
• Camiñar segue no primeiro posto na orde de práctica en Galicia, e ademais sube
case 13 puntos porcentuais na porcentaxe de práctica respecto a 2007.
Posto 2007 2013 1 Camiñar Camiñar 2 Nadar Acondicionamento
físico en ximnasio 3 Fútbol Correr 4 Acondicionamento
físico en ximnasio Ximnasia de mantemento
5 Correr Actividades aeróbicas con soporte musical
6 Ximnasia de mantemento
Nadar
7 Actividades aeróbicas con soporte musical
Andar en bicicleta
8 Andar en bicicleta Fútbol 9 Fútbol sala Pilates 10 Pesca Pádel
Se temos en conta o sexo das persoas para analizar o tipo de actividade practicada e a
frecuencia de práctica, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas:
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
17
� A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar,
pero hai un número maior de mulleres que camiñan (504.819) que de homes
(461.711).
� Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar
en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso
dos homes coma no caso das mulleres.
� Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza)
están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres.
� E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia
de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas
mulleres pero non polos homes.
HOMES MULLERES
Posto Actividade
Porcentaxe de homes galegos
que practican
Posto Actividade
Porcentaxe de mulleres
galegas que
practican 1 Camiñar 36,00 1 Camiñar 44,48 2 Correr 13,22 2 Actividades
aeróbicas con soporte musical
9,76
3 Acondicionamento físico en ximnasio
11,48 3 Ximnasia de mantemento
9,44
4 Fútbol 8,00 4 Acondicionamento físico en ximnasio
5,44
5 Andar en bicicleta 6,26 5 Pilates 5,44 6 Nadar 4,52 6 Nadar 5,44 7 Fútbol sala 3,65 7 Correr 3,04 8 Pádel 3,48 8 Andar en bicicleta 1,92 9 Acondicionamento
físico na casa 2,43 9 Pádel 1,44
10 Caza 1,39 10 Ioga 1,28
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
18
Se comparamos a taxa de práctica de camiñar co resto das actividades físicas ou
deportivas, entre aquelas persoas que realizan unha soa actividade, o 60,7% camiñan e o
39,3% practican outras actividades. É dicir que 6 de cada 10 galegos/as que practican
unha soa actividade física ou deportiva o que fan é camiñar. Esta proporcionalidade
mantense tanto no caso dos homes (58,9% vs. 41,1%) coma no das mulleres (62,5% vs.
37,5%). A evolución relativa destas dúas modalidades de práctica coa idade é a
seguinte: nas primeiras etapas da adultez (dos 18 aos 44 anos) é maior a porcentaxe de
persoas que practican outras actividades físicas ou deportivas que a porcentaxe de
persoas que camiñan. E a partires dos 45 anos invértese esta relación, pasando a ser
maior a porcentaxe de persoas que camiñan que a porcentaxe de persoas que realizan
outras actividades físicas ou deportivas.
Idade
Porcentaxe relativo de galegos/as que camiñan, entre os/as que realizan
unha soa actividade física ou deportiva
Porcentaxe relativo de galegos/as que realizan
outras actividades físicas ou deportivas
18-24 anos 12,8 87,2
25-34 anos 30,1 69,9
35-44 anos 38,4 61,6
45-54 anos 64,6 35,4
55-64 anos 67,5 32,5
65-74 anos 90,9 9,1
75 ou máis anos 96,8 3,2
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
19
0
20
40
60
80
100
18-24
anos
25-34
anos
35-44
anos
45-54
anos
55-64
anos
65-74
anos
75 ou
máis
anos
Camiñan Outras actividades físicas ou deportivas
3.4. Frecuencia e duración das sesións de actividade física e deportiva
Como medida da frecuencia da práctica de actividade física e deportiva rexistrouse o
número de sesións semanais realizadas, sendo a media igual a 4,15, e o número de
sesións semanais máis frecuente 7 (moda).
Existe unha porcentaxe do 6,7% que realiza unha soa sesión semanal e unha porcentaxe
moi pequena (do 0,6%) que realiza 20 ou máis de 20 sesións semanais. Estes últimos
casos corresponden a persoas que teñen o hábito de ir ao traballo andando.
Os/as que camiñan realizan unha media de sesións semanais moi superior aos que
realizan calquera outro tipo de actividade física ou deportiva (5,46 versus 2,76), sendo a
diferenza observada estatisticamente significativa (t674,641 = 16,844; p < .001). Con
respecto a 2007, ascendeu o número de sesións semanais que realizan os/as que camiñan
(de 4,54 a 5,46 de media), e baixou o número de sesións semanais dos que realizan
outras actividades físicas ou deportivas (de 3,69 a 2,76).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
20
A duración media dunha sesión resultou ser igual a 78,25 minutos, cunha desviación
típica de 51,35 (coeficiente de variación igual a 65,62%), querendo isto dicir que existe
unha variabilidade importante que vai desde sesións de 10 minutos ata sesións de 480
minutos. Estas últimas acostuman a corresponder a sesións de sendeirismo, montañismo
ou semellantes.
Se separamos aos que camiñan dos que realizan outras actividades físicas ou deportivas,
se observa que a duración media das sesións é maior entre os/as que realizan outras
actividades físicas ou deportivas que entre os/as que camiñan (85,71 versus 71,24
minutos).
Se temos en conta a media de sesións semanais realizadas polos galegos/as que
practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva (4,15) e a duración
media dunha sesión de práctica (78,25 minutos), obtemos que os galegos/as practican
unha media de 324,74 minutos semanais, cantidade que duplica a recomendación da
Organización Mundial da Saúde, que é de 150 minutos de actividade física semanal
moderada.
050
100150200250300350
Galicia Recomendación O.M.S.
Minutos de práctica semanal
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
21
O umbral dos 150 minutos semanais o superan tanto os/as que camiñan, que practican
unha media de 388,97 minutos a semana, coma os/as que realizan outras actividades
físicas ou deportivas, que practican unha media de 236,56 minutos a semana.
Na enquisa tamén se tratou de indagar sobre a intensidade da actividade física
practicada para o que se lles preguntou aos enquisados/as se durante a actividade eran
capaces de manter ou non unha conversa con normalidade sen que se alterase moito a
súa respiración. O 84,8% contestou que si, mentres un 15,2% contestou que non,
podendo isto querer dicir que unha grande maioría próxima ao 85% realiza actividade
física ou deportiva con intensidade moderada e tan só unha minoría do 15,2% realiza
actividade física de alta intensidade.
Nove de cada dez galegos/as (o 90,4%) que realizan actividade física ou deportiva na
actualidade lévano facendo con regularidade desde hai máis de 6 meses, e tan só un de
cada dez (o 9,6%) comezou a practicar nos últimos 6 meses.
0
20
40
60
80
100
Máis de 6 meses Menos de 6 meses
Meses de práctica
Entre os/as que comezaron a practicar nos últimos 6 meses, un de cada catro comezou a
camiñar (o 24,7%) e tres de cada catro (o 75,3%) comezaron a realizar algunha outra
actividade física ou deportiva.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
22
3.5. Lugares de práctica
En Galicia o lugar onde máis se practica actividade física é no medio natural (mar,
praias, montes, vales, ríos, camiños, carreiros, etc.) cun 40,4%, seguido das instalacións
deportivas (30,7%) e do entorno urbano (23,8%). Tan só un 5,1% practica noutros
lugares tales como as dependencias das asociacións de veciños/as (2,8%), a casa (1,9%),
os parques saudables (0,1), ou semellantes (0,2%). Ningún enquisado/a manifestou que
realizara actividade física no entorno laboral durante o tempo libre (0,0%).
Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres en canto
aos lugares de práctica (χ26 = 24,742; p < .001). As diferenzas prodúcense na porcentaxe
de práctica no medio natural (hai unha porcentaxe maior de homes, 43,2%, que de
mulleres, 37,6%) e na porcentaxe de práctica nas asociacións de veciños (hai unha
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
23
maior porcentaxe de mulleres, 5,4%, que de homes, 0,2%). No resto dos lugares
(instalacións deportivas, medio urbano, casa, etc.) as porcentaxes de práctica son
semellantes para homes e mulleres.
0
10
20
30
40
50
Medio natural Asociacións de
veciños/as
Homes
Mulleres
Tamén se observaron diferenzas estatisticamente significativas (χ236 = 166,814; p <
.001) nos lugares de práctica por franxas de idade. A porcentaxe de persoas que realizan
actividade física no medio natural e no medio urbano aumenta coa idade das persoas,
mentres que diminúe coa idade a porcentaxe de persoas que utilizan instalacións
deportivas.
0
10
20
30
40
50
60
Medio natural Medio urbano Instalacións
deportivas
18-24 anos
25-34 anos
35-44 anos
45-54 anos
55-64 anos
65-74 anos
75 ou máis
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
24
Outros resultados salientables relativos ao lugar onde se practica foron os seguintes:
• O nivel educativo das persoas está directamente relacionado coa utilización de
instalacións deportivas, a maior nivel educativo maior porcentaxe de uso de
instalacións deportivas.
• O tamaño dos concellos relacionase cos lugares de práctica deportiva do
seguinte xeito:
o Canto maiores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de
práctica en instalacións deportivas e a porcentaxe de práctica no medio
urbano.
o Canto menores son os tamaños dos concellos maior é a porcentaxe de
práctica no medio natural.
3.6. Motivos da práctica de actividade física e deportiva
O coidado da saúde é o motivo principal da práctica de actividade física dos galegos/as.
Así o manifesta un 35,7% dos enquisados/as. Se a esta porcentaxe lle engadimos un
7,1% que realiza actividade física por prescrición médica, teríamos que a dia de hoxe en
Galicia o 42,8% dos que practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito
regular fano para manter ou mellorar o seu estado de saúde. O segundo gran motivo de
práctica é lúdico, practicar simplemente como modo de divertirse ou pasalo ben. Case
tres de cada dez galegos/as practican por este motivo (un 29,3%). Os seguintes dous
motivos de práctica son estar en forma (15,7%) e perder peso (4,6%). Motivos menos
frecuentes son practicar por competir (1,2%), ou por estar cos amigos/as (3,5%) ou coa
familia (0,9%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
25
A frecuencia dalgúns motivos, sen embargo, non é igual para homes e mulleres habendo
diferenzas estatisticamente significativas entre eles (χ28 = 32,743; p < .001). As
diferenzas máis salientables prodúcense na orde dos motivos máis importantes de
práctica de actividade física: a saúde e a diversión. Para a muller o motivo de práctica
máis frecuente é a saúde (42%); este sería o seu primeiro motivo de práctica, moi por
diante da diversión (22,4%); mentres para o home o motivo de práctica máis frecuente é
a diversión (36,2%), quedando a saúde no segundo lugar (29,3%). Perder peso tamén é
un motivo máis frecuente entre as mulleres (6,6%) que entre os homes (2,6%) e
competir, sen embargo, un motivo máis frecuente entre homes (1,7%) que entre as
mulleres (0,7%). Nos demais motivos (estar en forma, prescrición médica, estar cos
amigos/as, estar coa familia) existe bastante igualdade de xénero.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
26
0
10
20
30
40
50
Saúde Diversión Perder peso Competir
Homes
Mulleres
A idade das persoas tamén está asociada cos motivos da práctica deportiva do seguinte
xeito:
• A medida que aumenta a idade, practícase máis por razóns de saúde e
prescrición médica. Estes motivos vanse facendo máis poderosos a medida que
se van facendo maiores as persoas.
• A medida que aumenta a idade, practícase menos por razóns de diversión, estar
en forma, perder peso ou competir. Estes motivos van perdendo peso a medida
que as persoas se van facendo maiores.
• Nos demais motivos (estar cos amigos/as, coa familia) non se aprecian
tendencias nin ascendentes nin descendentes en relación coa idade das persoas.
0
10
20
30
40
50
60
Saúde Prescripción
médica
Diversión Estar en
forma
Perder peso Competir
18-24 anos
25-34 anos
35-44 anos
45-54 anos
55-64 anos
65-74 anos
75 ou máis
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
27
3.7. Abandono da práctica de actividade física e deportiva
En Galicia, a día de hoxe, non practica actividade física de xeito regular no seu tempo
libre o 29,25% da poboación de 18 ou máis anos de idade (uns 699.431 galegos/as).
Entre eles, un 12,10% (uns 289.425 habitantes) nin practica nin practicou nunca
actividade física e o 17,15% restante practicou actividade física con anterioridade
abandonou. En Galicia actualmente hai uns 410.006 casos de abandono.
0
10
20
30
40
50
60
70
80
Practican Nunca
practicaron
Practicaron e
abandonaron
Abandono da actividade
física
Un 1,4% dos abandonos producíronse na infancia (13 ou menos anos), un 15,89% na
adolescencia (14 a 17 anos) e a grande maioría, o 82,71%, na etapa de adulto (a partir
dos 18 anos).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
28
0
20
40
60
80
100
Infancia Adolescencia Adulto
Etapa de abanodno
Na infancia sinaláronse tres causas de abandono: deixar de gustar a actividade (33%),
falta de tempo (33%) e instalacións deportivas moi alonxadas (33%).
Na adolescencia, as causas de abandono máis frecuentes foron a falta de tempo (un 50%
abandonou por esta razón) e a crenza de que xurdiron obxectivos máis importante na
vida que a realización de actividade física (20,6%). Sete de cada dez abandonos na
adolescencia producíronse por algunha destas dúas razóns. Outras causas menos
frecuentes foron deixar de gustar a actividade (8%), as enfermidades, lesións ou
accidentes (8%), a perda de interese (2,9%), facerse maior (2,9%), ou as instalacións
deportivas moi alonxadas (2,9%), etc..
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
29
0
10
20
30
40
50
Falta de tempo Crenza de que
xurdiron obxectivos
máis importantes
na vida
Causas máis importantes de
abandono na adolescencia
As actividades máis comúns que se encontraban realizando no momento do abandono
eran o fútbol (41,2% dos casos), a natación (20,6%), o baloncesto (11,8%) e a ximnasia
(8,8%). Máis de 8 de cada 10 abandonos na adolescencia producíronse nalgunha desta
catro actividades.
0
10
20
30
40
50
Fútbol Natación Baloncesto Ximnasia
Actividades máis comúns que
foron abandonadas polos
adolescentes
Durante a etapa de adulto (a partir dos 18 anos), hai unha aceleración do abandono da
actividade física nos primeiros anos producíndose o 26,9% dos mesmos antes dos 24
anos, o 52% antes dos 34 anos e o 72% antes dos 44 anos. A partires desta idade
prodúcese o 28% restante dos abandonos.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
30
Etapa de adulto (18 ou máis anos)
Idade das persoas Distribución dos casos de abandono
(Porcentaxes acumuladas)
19 anos 10%
22 anos 20%
25 anos 30%
29 anos 40%
32 anos 50%
38 anos 60%
43 anos 70%
53 anos 80%
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
31
Etapa de adulto (18 ou máis anos)
Idade das persoas Distribución dos casos de abandono
(Porcentaxes acumuladas)
68 anos 90%
73 anos 95%
80 anos 99%
Non se encontraron diferenzas estatisticamente significativas na taxa de abandono entre
homes e mulleres en ningún dos grupos de idade, pero si que se encontraron diferenzas
estatisticamente significativas segundo o nivel educativo das persoas (χ218 = 73,624; p <
.001). A relación observada foi a seguinte: na franxa de idade que vai dos 18 aos 64
anos hai máis abandonos nos niveis educativos altos que nos baixos, pero a partires dos
65 anos ocorre ao revés, prodúcense máis abandonos nos niveis educativos baixos que
nos altos.
Entre os adultos/as a causa de abandono percibida máis frecuente segue sendo, coma no
caso dos adolescentes, a falta de tempo (48,30%). No segundo lugar se sitúan as
enfermidades, lesións ou accidentes (18,75) e no terceiro lugar a crenza de que xurdiron
obxectivos máis importantes na vida (14,20%). Causas obxectivas coma instalacións
deportivas moi alonxadas, motivos económicos, falta de oferta deportiva ou falta de
instalacións deportivas son causas moito menos frecuentes de abandono deportivo en
Galicia.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
32
As actividades máis abandonadas polos adultos foron camiñar (19,2%), o fútbol (17,5%,
o acondicionamento físico en ximnasio (11,9%), a natación (10,2%), as actividades
aeróbicas con soporte musical (8,5%) e o baloncesto (7,3%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
33
0
5
10
15
20
Camiñar Fútbol Acond.
Físico
Ximnasio
Natación Act. Aer.
Soporte
Musical
Baloncesto
Actividades máis comúns abandonadas polos adultos
3.8. Inactividade física: frecuencia, causas, percepcións
En Galicia hai unha porcentaxe do 12,10% de persoas de 18 ou máis anos de idade (uns
289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física con regularidade, dos cales un
61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes (uns 110.560).
0
10
20
30
40
50
60
70
Mulleres Homes
Distribución por sexodos galegos/as quenunca practicaronactividade física oudeportiva en Galicia
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
34
Hai persoas que nunca practicaron actividade física en todos os grupos de idade, aínda
que hai un número considerablemente maior de persoas no grupo de 75 ou máis anos
(25,7%).
Tamén hai persoas que nunca practicaron pertencentes a todos os niveis educativos, se
ben hai máis nos niveis educativos baixos que nos altos.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
35
0
10
20
30
40
50
Sen estudios Básicos Medios Superiores
Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron por niveis educativos
No rango de idade que vai dos 18 aos 44 anos a porcentaxe de mulleres que nunca
practicou supera a de homes, e dos 44 en diante é ao revés a porcentaxe de homes que
nunca practicou supera a porcentaxe de mulleres.
0
5
10
15
20
25
30
18-34 35-44 45-54 55-64 65-74 75 ou máis
Homes
Mulleres
As persoas que nunca practicaron encóntranse repartidas por toda a xeografía galega,
nas catro provincias, nos concellos máis grandes e nos máis pequenos, nas zoas rurais e
tamén nas urbanas.
As causas máis comúns que sinalan os que nunca practicaron actividade física de xeito
regular son de natureza subxectiva ou motivacional na súa maioría, coma a falta de
tempo, informada por un 41,8% coma a causa principal de que nunca practicaran, a falta
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
36
de interese (15,6%), non gustar a actividade física (12,8%), a crenza de que un/unha se
está facendo maior para practicar (7,1%) ou a crenza de que xurdiron obxectivos máis
importantes na vida (0,7%). Causas obxectivas coma enfermidades, lesións, accidentes
(9,2%), motivos económicos (2,1%), falta de oferta deportiva (2,1%) ou instalacións
deportivas moi alonxadas foron sinaladas por un número relativamente menor de
persoas.
Aínda que nunca practicaron, hai unha porcentaxe do 44,4%, que declara que lle
gustaría facelo, mentres que o resto nin practicou nunca ni lle interesa facelo no futuro
(55,6%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
37
0
1020
3040
50
60
SÍ NON
Porcentaxe de galegos/as que nunca practicaron inte resados enpracticar
A pesares de non practicar actividade física con regularidade ao longo da semana
durante o seu tempo libre, máis da metade (un 52,1%) declara que realiza actividade
física de xeito regular a través do seu traballo ou ocupación principal diaria, nun grao
moderado (23,16%), bastante alto (29,47%) ou incluso moi alto (12,63%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
38
Que non practicaran nunca actividade física no seu tempo libre de xeito regular, e que o
seu traballo ou ocupación principal diaria lle requira pouca (25,26%) ou moi pouca
(9,474%) actividade física, é dicir que se poderían considerar sedentarios/as, teríamos
en Galicia unha porcentaxe do 2,75%, entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta
porcentaxe lle engadimos os casos de abandono aos que a súa ocupación principal diaria
tamén lle require pouca ou moi pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe
total do 6% de sedentarismo en Galicia (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos).
Que nunca practicaran actividade física ou deportiva, hainos en todas as provincias, en
todos os tipos de concellos, hai homes e mulleres, de todos os grupos de idade e niveis
educativos, sendo o perfil máis típico o seguinte: persoas xubiladas (48,5%), persoas
residentes en entornos urbanos (75,7%), persoas con niveis educativos baixos (66,7%).
A pesares de non haber practicado nunca actividade física no seu tempo libre, a
percepción que teñen da súa forma física é satisfactoria na súa maioría. Un 49,3%
considera aceptable a súa forma física, un 19,2% a considera boa, e un 3,5% moi boa.
Un 18,1% a considera, non obstante, deficiente e o 9,7% francamente mala.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
39
A percepción que teñen do seu estado de saúde supera incluso á percepción que teñen
da súa forma física. Un 34% a considera aceptable, un 40,3% a considera boa, e un
6,9% moi boa. Tan só un 11,8% a considera deficiente e un un 6,9% francamente mala.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
40
3.9. Percepción da importancia da práctica de actividade física ou deportiva
Un 71,3% dos galegos/as considera de alto interese ou de moi alto interese a práctica de
actividade física ou deportiva, un 3,3% non ten claro o grao de interese que poida ter, e
un 25,6% a considera de baixo ou moi baixo interese.
Entre os que lle interesa, o caso máis común é o de aquel que lle interesa a actividade
física ou deportiva, pero que non practica tanto como quixera (35,9%), no segundo lugar
está o de aquel que lle interesa a actividade física e deportiva, e practica suficientemente
(29,8%), no terceiro lugar sitúase aquel que lle interesa, practicou con anterioridade
pero agora non o fai (13,1%), e no cuarto lugar aquel ao que lle interesa e a practica
moito (5,6%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
41
Entre os que non lle interesa, hainos que que nin practican nin lle interesa facelo (6,7%),
que nunca practicaron pero que lle gustaría facelo (5,8%), e que non lles interesa pero
que practican por obrigación (3,3%).
Observáronse diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres nalgúns
tipos de interese pola actividade física ou deportiva ((χ26 = 30,186,624; p < .001), sendo
as diferenzas máis salientables as seguintes:
• Hai unha maior porcentaxe de mulleres (38,1%) que de homes (33,6%) ás que
lles interesa a actividade física, pero que non practican tanto como quixeran.
• Hai unha maior porcentaxe de mulleres (7,4%) que de homes (4%) que nunca
practicaron pero que lles gustaría facelo.
• Hai unha maior porcentaxe de homes (32%) que de mulleres (27,7%) aos que
lles interesa a actividade física e a practican suficientemente.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
42
• Hai unha maior porcentaxe de homes (8,7%) que de mulleres (2,7%) aos que lles
interesa e practican moito.
Se ordenamos o grao de interese de 1 a 7, onde 1 significa un grao de interese moi baixo
pola actividade física ou deportiva, e 7 un grao de interese moi alto, a media dos homes
sitúase en 4,86 (desviación típica = 1,58) e a media das mulleres en 4,51 (desviación
típica = 1,60), sendo a diferenza estatisticamente significativa (t1198,69 = 3,759; p <
.001).
Coa idade, vai diminuíndo o interese pola actividade física ou deportiva, cun repunte na
franxa dos 65 aos 74 anos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de liberdade no
numerador e 1042,630 no denominador, igual a 2,456, p = 0,023).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
43
A medida que aumenta o nivel educativo das persoas aumenta o seu grao de interese
pola actividade física e deportiva (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de
liberdade no numerador e 492,003 no denominador, igual a 11,121, p < .001).
Unha enorme maioría dos galegos/as é consciente dos beneficios da actividade física
sobre a saúde. Un 56,6% cre que son moitos os beneficios que produce, e un 35,3% cre
que son bastantes. Tan só unha minoría cre que son moderados (6,5%), poucos (1,3%)
ou nulos (0,3%). A media, nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún beneficio e 5
significa moitos beneficios, sitúase en 4.67 (desviación típica igual a 0,70).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
44
Os/as que practican perciben a práctica de actividade física e deportiva como máis
beneficiosa para a saúde (media igual a 4,55) que os/as que non practican (media igual a
4,27), sendo a diferenzas entre as medias estatisticamente significativa (t532,04= 5,803; p
< .001).
Beneficio percibido Porcentaxe entre os/as que practican
Porcentaxe entre os/as que non practican
Ningún 0,1 0,6
Pouco 0,5 3,4
Moderado 5,3 9,4
Bastante 32,6 41,9
Moito 61,5 44,7
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
45
Non se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre homes (media igual a
4,44) e mulleres (media igual a 4,49) na percepción dos beneficios da actividade física
sobre a saúde (t1198 = -1,184; p < .001) pero si se observaron diferenzas estatisticamente
significativas por grupos de idade (Estatístico de Brown-Forsythe, con 6 graos de
liberdade no numerador e 1029,882 no denominador, igual a 12,608, p < .001) e por
niveis educativos (Estatístico de Brown-Forsythe, con 3 graos de liberdade no
numerador e 368,816 no denominador, igual a 32,810, p < .001).
Por grupos de idade, a valoración dos beneficios mantense sempre por enriba dos 4
puntos (escala 1-5), pero experimenta un descenso que alcanza significatividade
estatística a partires dos 75 anos de idade (proba de Games-Howell, p < .001).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
46
Por niveis educativos, ascende a percepción dos beneficios da actividade física sobre a
saúde a medida que aumenta o nivel educativo das persoas, alcanzado sempre as
diferenzas entre niveis educativos consecutivos significatividade estatística (proba de
Games-Howell, p < .05). A media máis baixa obsérvase entre os que non teñen estudos
(media = 3,99; desviación típica = 0,96), e a máis alta entre os que teñen estudos
superiores (media = 4,70; desviación típica = 0,51). As persoas con estudos básicos
teñen unha media de 4,32 (desviación típica = 0,73) e as persoas con estudos medios
unha media de 4,59 (desviación típica = 0,60).
Nunha escala de 1 a 5, onde 1 significa ningún e 5 significa moito, os galegos/as lle
conceden a actividade física un valor medio de 3.78 (desviación típica = 1,06), sendo
estatisticamente superior a media dos homes (3,84, desviación típica = 1,04) a media
das mulleres (3,72, desviación típica = 1,08); t1195,762 = 2,019, p = 0,044.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
47
De maneira semellante ao que ocorre coa percepción dos beneficios da actividade física,
o valor que se lle concede a actividade física tamén diminúe a partires dos 75 anos de
idade e aumenta co nivel educativo das persoas.
3.10. Intención de práctica de actividade física e deportiva
Un 54,3% dos galegos/as mostra bastante ou moita intención de práctica de actividade
física de cara o futuro, un 29% moderada, un 9,6% pouca e un 7,1% ningunha. Nunha
escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa ningunha intención de práctica e 5 moita, a
media sitúase en 3,56 (desviación típica = 1,17).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
48
Os/as que practican teñen unha intención de práctica media de 3,93, nunha escala de 1 a
5, e os/as que non practican de 2,67, sendo a diferenza entre as medias estatisticamente
significativa (t510,39= 17,07; p < .001).
Intención de práctica Porcentaxe entre os/as
que practican Porcentaxe entre os/as
que non practican Ningunha 0,1 23,9
Pouca 5,4 19,7
Moderada 28,4 30,5
Bastante 33,7 17,4
Moita 32,4 8,5
A intención de práctica é maior entre os/as que practicaron e abandonaron (media igual
a 3,05) que entre os/as que nunca practicaron (media igual a 2,14), sendo a diferenza
estatisticamente significativa (t344 = 7,185; p < .001).
A media dos homes (3,64, desviación típica = 1,19) é estatisticamente superior a media
das mulleres (media igual a 3,48, desviación típica = 1,15); t1198 = 2,372; p = 0,018.
Respecto a idade e ao nivel educativo das persoas, seguen a observarse as mesmas
tendencias que se observaban respecto aos beneficios percibidos da saúde ou ao valor
que se lle concede a actividade física; é dicir, diminúe a intención de práctica coa idade
das persoas e aumenta a intención de práctica co seu nivel educativo.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
49
Teñen unha maior intención de práctica os/as que abandonaron (media = 3,05, nunha
escala de 1 a 5) que os/as que nunca practicaron (media = 2,139), t345 = 7,200; p < .001.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
50
01122334
Os/as que abandonaron Os/as que nuncapracticaron
Intención de práctica
A grande maioría das causas sinaladas da intención de non practicar son de natureza
subxectiva: non me interesa (30,1%), fíxenme maior para seguir practicando (20,5%),
non me gusta (15,7%), falta de tempo (8,4%), xurdiron obxectivos máis importantes na
miña vida (3,6%), etc. E tan só unha delas é de natureza obxectiva: enfermidade, lesión
ou accidente (20,5%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
51
3.11. Estilo de vida: actividade física cotiá e sedentarismo
Na enquisa se lle pediu aos enquisados/as que, independentemente de si realizaban ou
non actividade física ou deportiva no seu tempo libre, fixeran unha valoración do grao
de actividade física total que realizaban no dia a día, nunha escala de 1 a 5, onde 1
significaba ningunha actividade e 5 moita actividade. Un 3,9% manifestou que realizaba
moita actividade, un 22,8% bastante, un 43,3% moderada, un 26,6% pouca, e un 3,5%
ningunha. A media se situou nos 2,97 puntos, que ven significando un grao de
actividade física moderado, non habendo diferenzas estatisticamente significativas entre
homes e mulleres (t1155,440 = 1,052, p = .293).
Para tratar de identificar onde se producía a actividade física cotiá sinalada, se
estableceron dúas posibilidades: (1) nos desprazamentos que se realizan na vida cotiá (a
pé, en bicicleta) ou (2) durante o desempeño do traballo ou ocupación principal diaria.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
52
Un 74,1% dos galegos/as ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas
actividades cotiás, sendo maior a porcentaxe de mulleres (78,2%) que de homes
(69,6%), χ21 = 11,290; p = .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos
que ten este costume en Galicia é de 1.771.892. E un 6,1% ten o costume de facelo en
bicicleta, sendo maior neste caso a porcentaxe de homes (8,7%) que a de mulleres
(3,7%), χ21 = 12,323; p < .001. A estimación do número de persoas maiores de 18 anos
que teñen o costume de desprazarse en bicicleta para realizar actividades da vida cotiá
en Galicia é duns 145.864.
0
10
20
30
40
50
60
70
80
A pé (porcentaxe) En bicicleta (porcentaxe)
Homes
Mulleres
Un dos indicadores máis utilizados para medir o sedentarismo é o número de horas que
as persoas están sentadas de xeito seguido, sen levantarse. Os galegos/as adoitan estar
sentados/as, de xeito seguido, sen levantarse, unha media de 2,24 horas, non
observándose diferenzas estatisticamente significativas entre homes e mulleres (t1198 =
1,792; p = .073). Máis concretamente, un 37,3% adoita estar sentado/a de xeito
continuado menos de 2 horas, un 28,8%, 2 horas, e un 33,9% máis de 2 horas.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
53
0
10
20
30
40
Menos de 2horas
2 horas Máis de 2 horas
Número de horas seguidas que pasan os galegos/as se ntados/as(Porcentaxes)
A media está por encima de 2 horas en todas as franxas de idade, coa excepción da
franxa que vai dos 55 aos 64 anos, que se sitúa lixeiramente por debaixo (1,91 horas).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
54
A media máis alta en canto ao número de horas seguidas sentado/a obsérvase entre as
persoas con niveis educativos superiores (2,51 horas).
Un 44,58% dos galegos/as realiza actividade física como parte do seu traballo ou
ocupación principal diaria e un 55,2% non a realiza, observándose diferenzas
estatisticamente significativas entre homes e mulleres (χ21 = 23,675; p < .001). Hai máis
mulleres que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas
ocupacións cotiás (51,4%) que homes (37,2%).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
55
0
1020
3040
50
60
Mulleres Homes
Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade fí sica como partedo seu traballo ou ocupación principal diaria
Tamén se observan diferenzas estatísticamente significativas segundo o nivel educativo
das persoas; a medida que aumenta o nivel educativo diminúe a porcentaxe de persoas
que realiza actividade física no seu traballo ou na súa ocupación principal diaria (χ23 =
75,187; p < .001). Para os/as que teñen estudos básicos a porcentaxe é do 46,2%, para
os/as que teñen estudos medios do 31,8% e para os/as que teñen estudos superiores do
13,6%.
0
10
20
30
40
50
Estudos básicos Estudos medios Estudos superiores
Porcentaxe de galegos/as que realizan actividade fí sica como parte do seu traballoou ocupación principal diaria, segundo o seu nivel educativo
Aqueles/aquelas que realizan actividade física mentres traballan ou desempeñan as súas
ocupacións principais diarias valoran o grao de actividade física requirida pola
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
56
actividade, nunha escala que vai de 1 a 5, onde 1 significa moi pouca actividade e 5
moita actividade, cunha media de 3,26 (desviación típica = 0,95). Un 10,53% manifesta
que o grao de actividade física requirido é moito, un 27,3% que é bastante, un 42,1%
moderado, un 17,8% que é pouco, e un 2,4% moi pouco.
Unha maioría do 61,8% realizan o traballo ou a súa ocupación principal diaria
principalmente de pé e o 38,3% faino principalmente sentado.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
57
3.12. Beneficios psicolóxicos da práctica de actividade física e deportiva
No estudo rexistrouse, nunha escala de 1 a 5, a forma física percibida, a saúde percibida
e a satisfacción vital. En todas estas variables se observaron diferenzas estatisticamente
significativas entre os/as que practican actividade física ou deportiva e os/as que non o
fan, sendo en todos os casos a media superior entre os/as que practican. É dicir, que
os/as que practican actividade física cren que teñen mellor forma física que os/as que
non o fan (3,34 versus 2,87), cren que teñen mellor saúde (3,74 versus 3,44) e se senten
máis satisfeitos/as na vida (3,83 versus 3,57).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
58
Media dos/das que practican
(Desviación típica)
Media dos/das que
non practican
(Desviación típica)
t Graos de liberdade p-valor
Forma física
percibida
3,34
(0,80)
2,87
(0,94)
8,637 1198 < .001
Saúde
percibida
3,74
(0,79)
3,44
(0,94)
5,183 566,163 <.001
Satisfacción
vital
3,83
(0,76)
3,57
(0,95)
4,479 541,217 <.001
0
0,5
1
1,5
2
2,5
3
3,5
4
Forma física
percibida
Saúde percibida Satisfacción vital
Practican
Non practican
Unha tendencia semellante xa se observara en 2007. Os galegos/as que practicaban
naquel intre tamén se percibían como máis sans (con mellor estado de saúde) e máis
satisfeitos na vida que os/as que non practicaban.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
59
3.13. Factores explicativos da práctica de actividade física e deportiva
Tratouse de identificar aqueles factores que distinguen ou diferencian ás persoas que
practican algún tipo de actividade física ou deportiva de xeito regular ao longo da
semana durante o seu tempo libre respecto aos que non practican.
A través de múltiples análises de regresión loxística, encontráronse cinco variables que
están relacionadas coa práctica de actividade física: o sexo das persoas, o seu nivel
educativo, os beneficios percibidos da actividade física sobre a saúde, o valor percibido
da práctica de actividade física e o grao de interese pola práctica de actividade física ou
deportiva.
O sexo ten unha influenza moi pequena, pero estatisticamente significativa, hai unha
lixeira tendencia a unha maior práctica por parte dos homes que das mulleres. O nivel
educativo, o beneficio percibido da actividade física sobre a saúde, o valor percibido da
actividade física e o interese pola actividade física teñen todos eles un efecto positivo
sobre a práctica de actividade física. Canto maiores son, maiores son as posibilidades de
práctica. Cada unha destas variables por si soa explicarían as seguintes porcentaxes de
práctica: sexo (0,6%), nivel educativo (1,5%), beneficio percibido sobre a saúde (4,5%),
valor percibido da práctica de actividade física (19,4%), e interese pola práctica de
actividade física ou deportiva (81,3%).
Resultados das análises de regresión loxística simple
B p-valor Odd Ratio R2 de Nagelkerke
Sexo -0,279 .029 0,757 0,006
Nivel educativo 0,247 <.001 1,280 0,015
Beneficio saúde 0,548 <.001 1,730 0,045
Valor percibido 0,933 <.001 2,300 0,194
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
60
Resultados das análises de regresión loxística simple
B p-valor Odd Ratio R2 de Nagelkerke
Interese 2,387 <.001 10,878 0,813
Obsérvase que o grao de interese pola práctica de actividade física ten un poder
explicativo moi superior ás demais variables. De feito, se se realiza unha análise de
regresión loxística múltiple, introducindo á vez as cinco variables como predictoras o
grao de interese absorbe toda a capacidade explicativa da práctica de actividade física
perdendo a súa significatividade estatística as restantes variables.
Se a práctica depende na súa maioría do interese pola práctica, entón a cuestión
relevante a partir de aquí consiste en tratar de explicar de onde procede o interese pola
práctica de actividade física ou deportiva. E aquí e onde interveñen as outras catro
variables. Análises de regresión simple e múltiple mostraron que todas elas están
relacionadas co interese pola práctica. Os homes amosan unha pequena tendencia a ter
máis interese que as mulleres pola práctica de actividade física ou deportiva. E o nivel
educativo, o beneficio percibido da práctica e o valor que se lle concede a práctica de
actividade física ou deportiva se relacionan de xeito positivo co interese pola práctica;
canto maiores son, maior é o interese pola práctica. A variable que ten maior efecto
sobre o interese pola práctica de actividade física ou deportiva é o valor que se lle
concede a propia actividade. O sexo, o nivel educativo e o beneficio percibido sobre a
saúde teñen un efecto considerablemente menor.
Resultados da análise de regresión múltiple
B BETA T p-valor
Sexo -0,275 -0,086 -3,415 .001
Nivel educativo 0,139 0,080 3,033 .002
Beneficio saúde 0,139 0,061 2,102 0,036
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
61
Resultados da análise de regresión múltiple
B BETA T p-valor
Valor 0,656 0,435 15,468 <.001
Realizáronse análises estatísticas semellantes con outras variables rexistradas de tipo
persoal tales como o grupo de idade ao que pertencía a persoa, se a persoa vivía só/soa
ou non, o tipo de actividade laboral que desempeñaba ou o sector produtivo onde
traballaba, e en ningún caso se encontraron efectos significativos sobre a práctica de
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
62
actividade física. Tampouco se encontraron efectos significativos de variables
territoriais coma a provincia, o tamaño do concello, ou o tipo de entorno onde residían
as persoas (rural versus urbano, ou costa versus interior).
4. CONCLUSIÓNS
• En Galicia hai, na data de realización do presente estudo, unha porcentaxe do
70,75% de persoas maiores de 18 anos que realiza algún tipo de actividade física ou
deportiva de xeito regular ao longo da semana no seu tempo libre. Esta porcentaxe
supón un avance de 15,65 puntos respecto ao nivel de práctica rexistrado no ano
2007, que se situaba no 55,1%. A estimación do número de galegos/as maiores de
18 anos que realizan actividade física ou deportiva de xeito regular é de 1.691.786.
• Entre os/as que realizan actividade física de xeito regular hai unha porcentaxe
maior de homes (73,74%) que de mulleres (68%). Sen embargo, dado que na
poboación total galega hai máis mulleres que homes, o número total de mulleres
que realiza actividade física ou deportiva (846.889) supera ao número de homes
(844.897).
• A práctica de actividade física en Galicia deixou de ser exclusiva dos máis xoves ou
dos/das que viven en entornos urbanos, e está a dia de hoxe estendida por todas as
idades (xoves, adultos, maiores) e por todas as demarcacións territoriais galegas:
provincias, concellos de distintos tamaños poboacionais, rural, urbano, costa e
interior da xeografía galega.
• A actividade física máis practicada polos galegos/as é camiñar. Catro de cada dez
galegos/as maiores de 18 anos teñen o hábito de camiñar de xeito regular ao longo
da semana durante o seu tempo libre. O hábito de camiñar ascendeu case 13 puntos
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
63
porcentuais desde 2007. Na actualidade, o número de persoas maiores de 18 anos
que teñen o hábito de camiñar en Galicia ascende a 966.530. Entre as dez
actividades máis practicadas polos galegos/as hai actividades máis modernas coma
o acondicionamento físico no ximnasio, a ximnasia de mantemento, as actividades
aeróbicas con soporte musical, os pilates ou o pádel, e outras máis tradicionais
coma correr, nadar, andar en bicicleta, ou o fútbol. Se descontamos os que só
camiñan, para podernos comparar coa media española de práctica deportiva, a
porcentaxe de práctica deportiva en Galicia no ano 2013 é do 41,9%, situándose
lixeiramente por enriba da media española que é do 41,8%.
• Atendendo ao sexo das persoas, obsérvanse as seguintes diferenzas e semellanzas:
� A actividade física máis practicada polos homes e mulleres de Galicia é camiñar,
pero hai un número considerablemente maior de mulleres que camiñan
(504.819) que de homes (461.711).
� Hai cinco actividades (acondicionamento físico en ximnasio, nadar, correr, andar
en bicicleta, e pádel) que se sitúan entre as dez máis practicadas tanto no caso
dos homes coma no caso das mulleres.
� Catro actividades (fútbol, fútbol sala, acondicionamento físico na casa, e a caza)
están entre as dez máis practicadas no caso dos homes e non no das mulleres.
� E outras catro actividades (actividades aeróbicas con soporte musical, ximnasia
de mantemento, pilates e ioga) están entre as dez máis practicadas polas
mulleres pero non polos homes.
• Os galegos/as que practican algunha modalidade de actividade física ou deportiva
realizan unha media de 4,15 sesións semanais, cunha duración media de 78,25
minutos cada sesión, o que supón unha práctica media de 324,74 minutos a semana,
cantidade que duplica a recomendación da Organización Mundial da Saúde, que é
de 150 minutos de actividade física semanal moderada.
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
64
• O lugar preferido polos galegos/a para a práctica de actividade física ou deportiva é
o medio natural (a beira dos ríos, as praias, o mar, os montes, os camiños, os
sendeiros, as rutas, etc.). O segundo e o terceiro lugar o ocupan as instalacións
deportivas e o entorno urbano, respectivamente. Canto maior é o tamaño do
concello, máis se practica en instalacións deportivas ou no entorno urbano, e canto
menor é o tamaño do concello máis se practica no medio natural. As persoas con
niveis educativos máis altos son as que máis usan as instalacións deportivas.
Lugares de práctica menos habituais son os locais ou recintos das asociacións de
veciños/as, a propia casa ou os parques saudables. Non se observaron casos de
persoas que practiquen no entorno laboral.
• O primeiro motivo de práctica dos galegos/as é o coidado da súa saúde. Máis de 4
de cada 10 galegos/as practican por esta razón. O segundo motivo, por orde de
frecuencia, é o desfrute que produce a propia práctica da actividade física ou
deportiva. Case 3 de cada 10 galegos/as practican porque desfrutan practicando. Os
seguintes dous motivos de práctica máis frecuentes son estar en forma e perder
peso. Motivos moi minoritarios son competir e estar cos amigos/as ou coa familia.
Homes e mulleres se diferencian na orde dos dous primeiros motivos. Para a muller
o primeiro motivo de práctica é a saúde, mentres para o home é o desfrute da
actividade. A medida que aumenta a idade das persoas vólvese máis importante o
coidade da saúde e perde importancia o desfrute da actividade e todos os demais
motivos.
• Tres de cada dez galegos/as de máis de 18 anos non teñen o hábito de practicar
actividade física ou deportiva. Entre eles, máis da metade practicou actividade
física ou deportiva con anterioridade e abandonou. En Galicia actualmente hai uns
410.006 casos de abandono (que constitúen o 17,15% da poboación maior de 18
anos). A maioría dos abandonos se produciron a partires dos 18 anos, pero tamén
hai casos de abandono na adolescencia (14-17 anos) e incluso na infancia (13 ou
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
65
menos anos). A etapa de adulto onde máis abandonos se producen e a que vai dos
19 aos 32 anos. Aos 32 anos xa se produciron a metade dos abandonos que teñen
lugar na adultez. O motivo percibido de abandono máis frecuente en todas as etapas
da vida é a percepción de falta de tempo para practicar.
• En Galicia hai unha porcentaxe do 12,1% de persoas de máis de 18 anos de idade
(uns 289.425 galegos/as) que nunca practicou actividade física ou deportiva con
regularidade, dos cales un 61,8% son mulleres (unhas 178.865) e un 38,2% homes
(uns 110.560). A pesares de non practicar actividade física ou deportiva con
regularidade ao longo da semana durante o seu tempo libre, a maioría (un 65,26%)
declara que realiza actividade física de xeito regular a través do seu traballo ou
ocupación principal diaria. Que non practicaran nunca actividade física ou
deportiva no seu tempo libre de xeito regular, e que o seu traballo ou ocupación
principal diaria lle requira pouca ou moi pouca actividade física, é dicir que se
poderían considerar sedentarios/as, teríamos en Galicia unha porcentaxe do 2,75%,
entre os/as maiores de 18 anos. Se a esta porcentaxe lle engadimos os casos de
abandono aos que a súa ocupación principal diaria tamén lle require pouca ou moi
pouca actividade física, chegaríamos a unha porcentaxe total de sedentarismo en
Galicia do 6% (unhas 143.473 persoas maiores de 18 anos).
• Os/as galegos/as, na súa maioría, valoran positivamente a práctica de actividade
física ou deportiva, a consideran de interese e son conscientes dos beneficios que
pode ter para a súa saúde. Esta tendencia se mantén en todas as etapas da vida
cunha lixeira devaluación a partires dos 75 anos. Tamén a valoran máis as persoas
con niveis educativos altos, e algo máis os homes que as mulleres.
• Independentemente de se realizan ou non algún tipo de actividade física ou
deportiva no seu tempo libre, unha grande maioría dos galegos/as (un 74,1%)
mantén o costume de desprazarse a pé diariamente para realizar as súas actividades
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
66
cotiás e unha porcentaxe do 6,1% ten o costume de facelo en bicicleta. A
estimación do número de galegos/a maiores de 18 anos que teñen o costume de
desprazarse a pé diariamente é de 1.771.892 e en bicicleta 145.864. Hai máis
mulleres que homes que se desprazan a pé e máis homes que mulleres que o fan en
bicicleta. Tamén hai unha porcentaxe do 44,58% dos galegos/as que realiza
actividade física como parte do seu traballo ou ocupación principal diaria, sendo
neste caso maior o número de mulleres que de homes. Tamén realizan máis
actividade física no seu traballo ou ocupación principal diaria as persoas con niveis
educativos máis baixos.
• A práctica de actividade física ou deportiva non só produce beneficios para a saúde
física das persoas senón tamén para a saúde mental. Os galegos/as que practican
actividade física ou deportiva se perciben en mellor forma física que os/as que non
practican, cren que teñen un mellor estado de saúde que os/as que non practican, e
se senten máis felices e satisteitos/as que os/as que non practican.
• A variable que máis influencia ten sobre a práctica de actividade física ou deportiva
dos galegos/as é o interese que amosan pola propia práctica. A maior interese maior
posibilidades de práctica. E o interese pola práctica está determinado en grande
medida polo valor que se concede á práctica de actividade física ou deportiva e
tamén, aínda que en menor grao, polo sexo das persoas (amosan algo máis de
interese os homes que as mulleres), polo seu nivel educativo (a maior nivel
educativo máis interese) e polos beneficios percibidos para a saúde (a máis
beneficios percibidos maior interese).
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
67
ANEXO I
ENQUISA 2013 SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEP ORTIVA EN GALICIA
1. No seu tempo libre, practica actualmente algún tipo de actividade física ou
deportiva? 1. Sí 2. Non (IR a 5) 2. ¿Cantas actividades físicas ou deportivas difere ntes practica no seu tempo
libre? _____
3. Por favor, especifique cada actividade física ou deporte practicado
Nome de cada
actividade física ou
deportiva*
Nº de sesións
á semana
Duración de cada sesión
(minutos)
Durante a actividade pode manter unha
conversa con normalidade sen
que se altere moito a súa respiración? 1 = SI; 2 =NON
Lugar onde
practica**
Desde cando practica?
1 = hai menos de seis meses 2 = hai máis de
seis meses
* ver códigos na táboa ** 1 = en instalacións deportivas, 2 = no medio rural, 3 = na casa, 4 = no entorno urbano, 5 = nos parques saudables, 6 = no traballo, 7 = noutros lugares (especificar), 8 = nas comunidades veciñais
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
68
4. Cal é o motivo(s) principal(es) polo que practic a actividade física ou deportiva?
Motivo
1. Lúdico (pasalo ben, divertirse) 2. Saúde (manter ou mellorar o estado de saúde) 3. Por prescrición médica 4. Perder peso 5. Estar en forma 6. Estar coa familia (práctica en familia) 7. Estar cos amigos/as, relacionarse 8. Aprender novas habilidades 9. Competir 10. Outros (especificar ...........................................)
(IR A 8)
5. Aínda que agora non practica actividade física o u deportiva no seu tempo libre ¿practicouna con anterioridade e abandonouna?
1. Sí 2. Non (IR a 7)
6. Por favor, especifique o seu caso na seguinte tá boa.
Época na que abandonou
Qué actividade/s practicaba?*
Desde que idade
practicaba?
Abandonou Anos de
práctica Idade Por qué?**
1. Infancia (13 ou menos anos)
2. Adolescencia_Xuventude (14 a 17 anos)
3. Adulto (18 ou máis anos)
* ver códigos na táboa ** 1 = Non me interesaba; 2 = Malas experiencias (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co profesor de educación física ...), 3 = Non me gustaba; 4 = Falta de tempo; 5 = Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...); 6 = Motivos económicos; 7 = Falta de oferta deportiva: 8 = Falta de instalacións deportivas; 9 = Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda; 10 = Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida; 11 = Enfermidade, lesión ou accidente; 12 = Fíxenme maior para seguir practicando actividade deportiva ou física; 13 = Outras causas (especificar ..................................................................................)
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
69
7. Cal é a causa principal pola que non fai deporte ou actividade física na
actualidade? 1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co
profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................)
8. Se temos en conta o grao de interese que as pers oas teñen pola actividade
física ou deportiva e a súa práctica, ¿con cál dos grupos que lle vou indicar a continuación se identifica vostede máis?
1. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica moito. 2. Interésalle a actividade física ou deportiva, e practica suficientemente. 3. Interésalle a actividade física ou deportiva, pero non practica tanto como
quixera 4. Non lle interesa a actividade física ou deportiva, pero practica por obrigación
(enfermidade, clases, traballo, ...) 5. Interésalle a actividade física ou deportiva, practicouna, pero agora xa non
practica 6. Nunca practicou actividade física ou deportiva, pero gustaríalle facelo 7. Nin practica, nin lle interesa
9. Cre que a práctica de actividade física ou depor tiva beneficia a saúde das persoas?
1. Nada 2. Un pouco 3. Moderadamente 4. Bastante 5. Moito 10. Que valor lle concede á actividade física ou de portiva na vida?
1. Ningún 2. Un pouco 3. Moderado 4. Bastante 5. Moito
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
70
11. Pensando no futuro, ten intención de practicar (ou seguir practicando) actividade física ou deportiva?
1. Ningunha 2. Pouca (IR a 13) 3. Modera (IR a 13) 4. Bastante (IR a 13) 5. Moita (IR a 13)
12. Se non ten intención de practicar (ou seguir pr acticando) no futuro actividade física ou deportiva, cal é o motivo prin cipal?
1. Non me interesa 2. Malas experiencias previas (problemas co adestrador, cos compañeiros/as, co
profesor de educación física ... 3. Non me gusta 4. Falta de tempo 5. Falta de apoio social (familia, amigos/as, adestrador/a, compañeiros/as, ...) 6. Por motivos económicos 7. Falta de oferta deportiva 8. Falta de instalacións deportivas 9. Instalacións deportivas moi alonxadas da miña vivenda 10. Xurdiron outros obxectivos máis importantes na miña vida 11. Enfermidade, lesión ou accidente 12. Fíxenme maior para seguir practicando actividade física ou deportiva 13. Outras causas (especificar ..................................................................................)
13. Nun día normal da súa vida, cántas horas seguid as adoita estar sentado/a
sen levantarse? _______(horas) 14. O seu traballo ou ocupación principal diaria, r equire actividade física?
1. Sí 2. Non (IR a 16) 15. Valore de 1 a 5 o grao de esixencia física do s eu traballo ou ocupación
principal diaria 1. Moi pouca 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 16. En que posición realiza o seu traballo ou ocupa ción principal diaria? 1. Principalmente sentado/a 2. Principalmente de pé
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
71
17. Ten o costume de desprazarse a pé para realizar as súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non
18. Ten o costume de desprazarse en bicicleta para as súas actividades cotiás?
1. Sí 2. Non 19. Ten o costume de desprazarse en patíns, patinet e ou monopatín para as
súas actividades cotiás? 1. Sí 2. Non
20. Considerando o seu día a día, valore de 1 a 5 o grao de actividade física que realiza?
1. Ningunha 2. Pouca 3. Moderada 4. Bastante 5. Moita 21. Valore de 1 a 5 a súa forma física actual 1. Francamente mala 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Boa 5. Moi boa 22. Valore de 1 a 5 o seu estado de saúde actual 1. Francamente malo 2. Deficiente 3. Aceptable 4. Bo 5. Moi bo 23. Valore de 1 a 5 o seu grao de satisfacción na v ida en xeral
1. Moi insatisfeito/a 2. Insatisfeito/a 3. Nin satisfeito/a nin insatisfeito/a 4. Satisfeito/a 5. Moi satisfeito/a 24. Sexo 1. Home 2. Muller 25. Idade …....…. (anos)
26. ¿Con quén vive vostede? 1. Só/soa 2. En parella 3. En parella e con fillos/as 4. Sin parella e con fillos/as 5. Con familiares 6. Con outras persoas
7. Outros
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
72
27. Nivel educativo 1. Sen estudios 2. Estudios básicos (Ensinanza Primaria, EXB ou Secundaria Obrigatoria) 3. Estudios medios (Bacharelato, BUP, FP, similares)
4. Estudios superiores (diplomaturas, graos, licenciaturas, doutoramento) 28. Actividade laboral principal
1. Estudante 6. En paro ou desempregado/a 2. Traballador/a por conta allea 7. Xubilado/a 3. Empresario/a 8. Labores domésticas, amo/a de casa 4. Autónomo/a 9. Outras profesións (especificar ...........................) 5. Empregado/a público/a
29. No caso de estar traballando, en que sector pro dutivo? 1. Primario (agrogandeiro, pesqueiro, minería ...) 2. Secundario (construción, industria, ...) 3. Terciario (servizos) 30. Entorno onde reside habitualmente? 1. Urbano-costa 3. Rural-costa 2. Urbano-interior 4. Rural-interior 31. Provincia 1. A Coruña 2. Lugo 3. Ourense 4. Pontevedra 32. Concello
1. A Coruña 10.Lugo 17. Ourense 24. Pontevedra 2. Santiago 11. Monforte 18. Verín 25. Vigo 3. Ferrol 12. Viveiro 19. Carballiño 26. Ponteareas 4. Cambre 13. Burela 20. Ribadavia 27. Lalín 5. Ames 14. Cospeito 21. Barbadás 28. Baiona 6. As Pontes 15. Fonsagrada 22. Castro Caldelas 29. Poio 7. Laracha 16. Abadín 23. Pontedeva 30. Meis 8. Corcubión 31.Catoira 9. Santiso
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
73
ANEXO II
CATEGORIZACIÓN DAS ACTIVIDADES FÍSICAS E DEP ORTIVAS UTILIZADA NO ESTUDO
CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE
1 Camiñar
39 Fútbol sala
2 Correr
40 Golf
3 Nadar
41 Halterofilia
4 Andar en bicicleta
42 Hípica
5 Ximnasia de mantemento
43 Hockei
6 Taichí
44 Judo E.D.A.
7 Ioga
45 Kárate E.D.A.
8 Sendeirismo
46 Kung-Fú
9 Pilates
47 Loita
10 Acondicionamento físico na casa (bici estática, cinta rodante, wii, consolas para moverse)
48 Montañismo
11 Acondicionamento fisico en ximnasio (musculación, cardio…)
49 Motociclismo
12 Actividades aeróbicas con soporte musical (aerobic, spinning, body contact..)
50 Motonáutica
13
Actividades rítmicas expresivas (bailes de salón, danza, danza do ventre, danza contemporánea…)
51 Natación
14 Actividades de risco (puenting, barranquismo, ráfting…)
52 Orientación
15 Actividades subacuáticas
53 Patinaxe
16 Aeronáutica
54 Pádel
17 Atletismo
55 Pelota
18 Automobilismo
56 Pentatlón
19 Bádminton
57 Pesca
20 Baloncesto
58 Petanca
21 Balonmán
59 Piragüismo
22 Béisbol
60 Remo
23 Billar
61 Rugby
24 Bolos
62 Salvamento
25 Boxeo
63 Squash
26 Caza
64 Surf
27 Ciclismo
65 Taekwondo
28 Colombofília
66 Tenis
ENQUISA DE HÁBITOS DE ACTIVIDADE FÍSICA E PRÁCTICA DEPORTIVA DA POBOACIÓN GALEGA 2013
74
CÓDIGO ACTIVIDADE CÓDIGO ACTIVIDADE
29 Columbicultura
67 Tenis de mesa
30 Chave
68 Tiro con arco
31 Deportes de inverno
69 Tiro ó vo
32 Modalidade deportiva de minusválidos físicos
70 Tiro Olímpico
33 Modalidade deportiva de Minusválidos Psíquicos
71 Vela
34 Deportes Xordos
72 Voleibol
35 Esgrima
73 Xadrez
36 Espeleoloxía
74 Ximnasia
37 Esquí Naútico
75 Outras
38 Fútbol