ROBERTO VIDAL BOLAÑO
"Quietos todos, caladiños cos ollos postos aquí pois veredes
marabillas nunca soñadas siquera: historias de fadas e meigas, de
mendiños e ladróns, de reises e namoradas, de princesas e dragóns.
Todas mentira e todas verdade contadas hoxe aquí ao xeito que se
fai en Flandes, en Venecia e en París".
Así empezaba “Touporroutou da lúa e do sol.” de Roberto Vidal Bolaño.
Touporroutou, onde vas nena?
Touporroutou, vou para Nerga.
Touporroutou, ¿que vas buscar?
Touporroutou, unha presa de sal.
Touporroutou, ¿para que é o sal?
Touporroutou, para botarlles ás verzas.
Touporroutou, ¿para que son as verzas?
Touporroutou, para botarlle ó caldo.
Touporroutou, ¿para que é o caldo?
Touporroutou, para botarlles ás galiñas.
Touporroutou, ¿para que son as galiñas?
Touporroutou, para poñer ovos.
Touporroutou, ¿para que son os ovos?
Touporroutou, ¡para comelos todos!.
UNHA: Benvidos e benvidas ao teatro, a vida é teatro e o teatro é a vida, que
imita a que? A vinganza, a cobiza, o amor, as grandes paixóns humanas pasean
polo escenario, si, pero tamén as risas, os malentendidos, os tropezos.
OUTRA: A comedia, a traxedia, a farsa, o esperpento, o absurdo, a reflexión:
todo cobra vida no pequeno gran mundo do espectáculo.
SEGUINTE: Se os actores choran, nós choramos; se os actores rin, nós rimos; se
os actores pensan, nós pensamos, os espectadores formamos parte do
espectáculo.
UN: Este ano dedícanselle as Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño,
dramaturgo, actor, director teatral, dobrador de cine, un home entregado en
corpo e alma ao teatro. Del falaremos neste modesto espazo teatral.
(Diferentes persoas fan do dramaturgo a diferentes idades e con diferente vestimenta)
OUTRA: Roberto Vidal Bolaño veu ao mundo o 30 de xullo de 1950 en Santiago
de Compostela.
(Choros de neno ao nacer)
(Ruído de fogos artificiais)
Pai:Ata Santiago está a celebrar o nacemento do noso fillo.
Nai: Si, con tantos fogos artificiais non o van deixar durmir.
Nai: Pero mira que mans máis grandes ten este meu neno…..
Neno: (Chora)( a nai mételle un chupete na boca)
Pai: E que pernas e pés tan longos.
Nai: Este meniño vai ser alguén, un ximnasta, un pianista ou un actor.
Pai: Si, eu penso que si.
(Sons de farándula. Uns choros esaxerados e unhas gargalladas, asoma un bebé cun
nariz de pallaso)
SEGUINTE: Medra no barrio de Vista Alegre, vai á escola.
Mestra: Jaimito va a una tienda compra una docena de huevos que le cuesta 2
pesetas, un kilo de manzanas que valen una peseta. Si lleva un duro…….. Vidal
Bolaño , que estás haciendo?
Roberto: Estou lendo un TBO.
Mestra: (Enfadada) Como que estas lendo, estamos en clase de matemáticas!……
Roberto: (fai unha mueca saca a lingua, o fai muecas).Pon unha nariz de pallaso
Mestra: Deixa de facer o pallaso, pareces un titiriteiro….
OUTRO: aos 12 anos comeza a traballar como administrativo nunha empresa de
recambios de coches.
(Escena de coches. Con mono.)
UN: Roberto, pásame a chave inglesa
ROBERTO(con nariz de pallaso): Toma!
MECÁNICO: Esta é a chave americana, díxenche a Inglesa!
ROBERTO: Son Humphrey Bogart, no “Halcón Maltés”!. (a chave inglesa é unha
pistola que desenfunda)
UN: Robeeeerto, non me oes? Que me pases a chave inglesa!
ROBERTO: Son ou non son? Quen son?(pon o nariz de pallaso)
UN: Demo de rapaz, pallaso! (cólleo pola orella)
Tamén traballou nun ultramarinos.
ROBERTO : Que desexa, señora? (cunha reverencia)
MULLER: Oh, que galante. Dáme un quilo de garabanzos e un litro de aceite.
ROBERTO: Marchando. Aquí ten os garabanzos, o aceite…. Algo máis? Adícolle
unha poesía, unha copla?
MULLER: Non, non so quero saber :Canto é?
ROBERTO: Canto é? Canto é ? Vil metal, señora a arte é o importante, é a
esencia da vida, o teatro que te leva a outros mundos, a vida é puro
teatro…..(Pon o nariz de pallaso)
MULLER: Só quero pagar, non sei onde imos parar coa poesía no ultramarinos…
OUTRA: E tamén traballou nunha axencia de viaxes.
ROBERTO: A Cuba? Agora lle busco unha oferta. (CON SOMBREIRO)
CLIENTE: A Cuba? Non, quero un billete de tren para Alemaña.
ROBERTO: Pero Cuba, un país exótico, un país….
CLIENTE: Pero eu vou traballar, son emigrante. Empezo a traballar na
Wolswagen. Dígame os papeis que me fan falta, un visado, o pasaporte……
ROBERTO: Pero Cuba……..
SEGUINTE: Tamén se sentiu atraído e fascinado polo mundo do cine e as
escenas de movemento. Este amor polo cine influíu notablemente na súa obra.
ROBERTO: Imos ao cine, ao Salón Teatro, coñezo o porteiro e pódenos deixar
pasar..
AMIGO MARCOS: Pero a min non me coñece, ademais que imos ver ?
ROBERTO: Botan “El bueno, el feo y el malo” de Sergio Leone, é un Western,
ten moi boa crítica……
AMIGO MARCOS: Seguro que temos que estar no galiñeiro e co frío que vai aí
dentro
ROBERTO: Pero merece a pena, é cine…….
NO CINE: Os dous mirando como paspáns para a pantalla, fumando, óese un
disparo, unha labazada.. Saca unha libreta e toma apuntamentos……
(Escenas de películas, con Roberto mirando como un paspán a pantalla, con
diferentes xestos de ánimo. Unha labazada. Un disparo. Unha escena de amor… Saca
unha libreta e toma apuntamentos.)
UN: Estreou a súa primeira peza teatral aos 15 anos.
(Adolescente escribindo, escenas á beira de teatro)
OUTRA: A súa produción está caracterizada polo compromiso co país, coa lingua
e cos sectores máis desfavorecidos, de aí a súa militancia antifranquista.
ROBERTO: (Ensina a lingua)
DOUTORA: Esta lingua necesita coidados, está moi branca. Diga 33.
ROBERTO: 33,33,33
DOUTORA: Tusa.
ROBERTO: (Tuse)
DOUTORA: Vostede non fumará?.
ROBERTO: Si, algún pitillo que outro.
DOUTORA: Ten que deixar de fumar. Non é bo.
ROBERTO: Non, doutora, se me permite dareille un remedio para curar todos os
meus males. Hai que botar a lingua a pacer en galego diariamente, e unha pílula
de teatro en galego cada 8 horas.
DOUTORA: Pero vostede quen é? Como se atreve?
ROBERTO: Eu son Supergalegoman. ( Berrando co puño en alto, coma un
superheroe)
SEGUINTE: En 1971 entra en contacto co Equipo Lupa, formado por Euloxio R.
Ruibal e Félix Casado. A través del coñece o dramaturgo alemán Bertolt Brecht,
por quen sentiu admiración.
FRASES DE BERTOLD BRECH
Hai homes que loitan un día e son bos. Hai outros que loitan
un ano e son mellores. Hainos que loitan moitos anos, e son
moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida, eses son os
imprescindibles.
O que non sabe é un imbécil. O que sabe e cala é un criminal.
Cando a verdade sexa demasiado débil para se defender terá
que pasar ao ataque.
As revolucións prodúcense nas ruelas sen saída.
Cando o delito se multiplica, ninguén quere velo.
UN: En 1974 comeza a traballar nunha oficina bancaria en Santiago de
Compostela
ROBERTO: Bos días, que desexa?(fumando)
CLIENTE: Bos días, teño aquí un diñeiro aforrado, e quería metelo nunha conta
a prazo fixo.
ROBERTO: Canto ten?(fumando)
CLIENTE: Teño aquí neste sobre, son unhas catro centos mil pesetas…
ROBERTO: Pero iso é moito diñeiro…. Vostede é rico. Non lle gustaría ser o
produtor dunha obra de teatro?(Fumando)
CLIENTE: E iso é rendible.
ROBERTO: rendible. rendible.
CLIENTE: Eu quero algo rendible.
ROBERTO: Eu teño unha obra estupenda, para facer soñar, para viaxar sen
moverse do seu sitio, iso non lle parece rendible…..
CLIENTE: Pero vostede quen é? Quero falar co director do banco…..
ROBERTO: Son ROBERTO VIDAL BOLAÑO , actor, escritor, director…
CLIENTE: O director, quero falar co director do banco.
SEGUINTE: En 1977, Roberto Vidal Bolaño é despedido da entidade bancaria na
que traballaba.
OUTRA: Creou o “Grupo Antroido” en 1975 e ese mesmo ano dirixe o
espectáculo Amor e crimes de Xan o Panteira, de Eduardo Blanco-Amor, no que
participa tamén como actor e coñece a Laura Ponte.
CORO: Que ben actúa este Robertiño. (suspiros)
SEGUINTE: Un ano despois, en 1975, publica Laudamuco, señor de ningures,
unha reflexión sobre as formas do poder tan próxima ao esperpento, que
recibirá o Premio Abrente.
(Roberto recibindo o premio, aplausos.)
UN: Esta obra, Laudamuco, señor de ningures, estrearase en maio de 1978,
dirixida por Eduardo Alonso e con Roberto como actor protagonista.
Fragmentos da obra “Doentes”. Alumnado de 1ºB
OUTRA: En 1976, casa con Laura Ponte, unha das nosas máis grandes actrices.
(escena da voda, arroz…)
CONVITE DA VODA
INVITADOS: Vivan os noivos! Que se biquen! Que se biquen!
ROBERTO: Que pesados! (fumando)
INVITADOS: Vivan os noivos! Que se biquen! Que se biquen!
LAURA: Que queres, Roberto! As vodas son así!
INVITADOS: Vivan os noivos! Que se biquen! Que se biquen!
LAURA: Dáme un bico….
ROBERTO: Ai que carallo! Que me dean algo de beber.
LAURA: Veña dáme un bico, para que calen!.
ROBERTO: Por favor un Gin Tonic, con pouca xenebra, uns xeos e bótelle un
pouco de limón.(fumando)
INVITADOS: Que se biquen! Que se biquen! Roberto ímosche cortar a garavata.
ROBERTO: Pois a comida estaba deliciosa.
ROBERTO: Laura, cando te vin co vestido branco estabas impresionante.
INVITADOS: Que se biquen! Que se biquen!
ROBERTO E LAURA: Abrázanse e fúganse do convite.
CORO: Vivan os noivos! Vivan!
En 1980 estrea Bailadela da morte ditosa, un espectáculo do Teatro do
Estaribel con dirección de Eduardo Alonso, que recibiría ese mesmo ano o
Premio Abrente.
(recollendo o premio.)
ROBERTO: E xa van dous!
En 1981 fai teatro de rúa, presenta a obra: Ruada das papas e unto. Viaxa con
este espectáculo por toda Galicia e en Portugal participa no FITEI(Festival
Internacional de Teatro Experimental e Independente), e fai dous espectáculos
de títeres. TOUPORROUTOU da LÜA e do Sol e A figueira dos figos de ouro.
VIAXE A UHNA REPRESENTACIÓN
ROBERTO: Esta é a última representación do verán?
ROXO: Si, foi ben longo.
ROBERTO: Isto de estar sempre nas estradas. É moi cansado. Cantas
representacións levamos?
ROXO: 65, vaia, iso son moitos quilómetros e moitas horas.Percorremos todos
os camiños de Galicia dende á máis pequena a máis grande vila!!!!
ROBERTO: E cantas representacións fixo o teatro du Estaribel?
ROXO: Unhas 20
ROBERTO: Achegamos o teatro ao pobo. Viva a itinerancia! Ben, Quen vai
conducir?, xa sabedes que eu non teño carné.(fumando)
ROXO: Eu mesmo.
ROBERTO: Faralo ben?
ROXO: Teño experiencia abondo
ROBERTO: Quen falta por chegar? Xa cargamos todo: as luces, a escenografía,
levades vestiario?.
ROXO: Si está todo. Falta Laura.
ROBERTO: Sempre fai o mesmo, onde se metería?
ROXO: XA vén aí.
LAURA: Acábame de chamar Gato que o recollamos na súa casa. A onde imos
hoxe?
ROBERTO: Ao festival de teatro de Ribadavia. Aí dannos ben de comer: polvo,
pementos de Arnoia, vitela e un bo viño. Temos que ir ao “PAPUXA”
En 1983 recrea Percival e outras historias de X.L. Méndez Ferrín, sendo
director e actor. Trátase dun espectáculo multidisciplinar no que se combinan
actores con bonecos e se acompaña con música e proxeccións, vai recadando un
éxito notable dentro e fóra de Galicia.
O mesmo ano da creación do Centro Dramático Galego, 1984, Roberto Vidal
Bolaño escribe e dirixe Agasallo de sombras, unha visión desmitificadora e
densa arredor de Rosalía de Castro e da súa relación con Manuel Murguía. A
obra, poética, fermosa e dura a un tempo, é a segunda montaxe do CDG.
Adaptación dunha escena da obra: “Bailadela da morte morte ditosa”
Alumnado de teatro 1ºB
A relación co poder vétao do CDG e dedícase máis ao sector audiovisual. En
1985 nace a Televisión de Galicia e Roberto participa como actor, director de
sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia contribuíndo á dobraxe en
galego.
En 1989 participa como actor na película Sempre Xonxa (1989), de Chano
Piñeiro e na serie da TVG Os outros feirantes (1989), dirixida por Xosé Cermeño
e baseada en textos da obra homónima de Álvaro Cunqueiro.
En 2001 participa como guionista e como actor na miniserie Un Mundo de
Historias, unha produción da TVG consistente na adaptación de relatos da nosa
literatura. Roberto Vidal Bolaño encargouse da adaptación de "Cara de Lúa", de
Ánxel Fole, e de "O noxo" de Eduardo Blanco-Amor.
Durante o seu período de maior actividade audiovisual, Roberto seguiu
escribindo, dirixindo e producindo teatro. Cochos (1986) é talvez a súa peza
máis salientable, aínda que tamén cómpre destacar a súa dirección, canda John
Easthman, do grupo Chévere, da adaptación da Salomé de Oscar Wilde.
Roberto Vidal Bolaño sepárase de Laura Ponte no ano 1988. Ese mesmo ano
comeza unha relación sentimental con Cruz Comesaña, unha das actrices máis
activas do momento. Esa relación creba en 1989 por culpa da morte prematura
da actriz. En 1992 volve casar, desta volta con Belén Quintáns, a quen coñeceu
un par de anos antes, que sería a súa compañeira ata o derradeiro momento,
non só no plano persoal, senón tamén no profesional. Con ela funda ese mesmo
ano a compañía Teatro do Aquí, coa que Roberto Vidal Bolaño, con Belén como
produtora, poñería en escena talvez o máis poderoso da súa inxente produción
dramática.
ESCENA NO BAR RÚA NOVA
Roberto ( con sombreiro) e Belén están sentados nunha mesa cos fillos. Chega o
camareiro.
CAMAREIRO: Que ides tomar?
ROBERTO : Un café e un cognac.(fumando e tusindo)
Belén : Eu un café con leite e un vaso de auga.
ROBERTO: E ti que queres?
Neno: Unha coca-cola.
ROBERTO: (ao camareiro) Unha Coca-cola para o neno
BELÉN: Pero como lle deixas tomar unha coca-cola, xa sabes que ten cafeína , e
despois non dá durmido.
CAMAREIRO: (trae as bebidas)
ROBERTO: Se son ás 5 da tarde, ata a hora de deitarse.
BELÉN: Pois xa os durmirás ti.
ROBERTO: Sen problema. Chámache ao de cultura do Barco?.
Belén: Si, propóñennos tres datas: no Nadal , no mes de maio ou en setembro.
Roberto: Como temos a axenda para esas datas?......
Un ano antes, en 1991, conseguía o Premio Álvaro Cunqueiro coa súa obra
Saxo Tenor, unha peza dramática de clara raizame cinematográfica e que
dirixirá en 1993.
En 1992 publica Días sen gloria, que obtén o Premio Rafael Dieste e queda
finalista do Premio Nacional de Literatura
Nos últimos dez anos da súa vida publica, estrea, recolle premios. En 1198
estrea Rastros, Doentes, Premio Rafael Dieste en 1997, Anxeliños (1997),
Criaturas (2000), A burla do galo (2000), Mar revolto (2001) ou Sen ir máis
lonxe…
No ano 2002, a compañía Teatro do Aquí estrea Animaliños, unha montaxe na
que Vidal Bolaño non só achega o texto, senón tamén a dirección, o espazo
escénico e a iluminación. É o seu derradeiro traballo dramático. O 11 de
setembro, pouco despois da publicación do monólogo Sen ir máis lonxe, a
enfermidade, que non o dera apartado dos escenarios nin dos seus textos,
armouse de carraxe e levouno canda ela. Morreu na cidade en que viu a luz por
primeira vez. Morreu en Compostela. Só tiña 52 anos, e deixaba tres fillos, Roi,
Miguel e Carme, e unha obra tan intensa e xenial como numerosa. Estaba no
mellor da súa vida creativa.
ROBERTO:
“Eu son un home, un señor maior con sombreiro e bigote que de xeito
absolutamente irresponsable persiste na estúpida teima de vivir por e para unha
das profesións hoxe en día máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis
grandiosas”
ROBERTO: A vida é puro teatro. (tusindo) (Pon o sombreiro e o nariz de pallaso)
Adaptación Carmen Gómez e Luz Jares