Upload
alcoipontevedra
View
426
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA
FIGURA DE PAZ: CADDY ADZUBA
PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA 2014
Caddy desempeña unha labor arriscada e profundamente comprometida cos valores da paz e da defensa dos dereitos
humanos.
CADDY ADZUBA: xornalista congoleña, comprometida cos dereitos das mulleres e
das nenas. Denuncia a diario a violación como arma de guerra.
A xornalista congoleña loita sen cuartel desde os micrófonos de Radio OKAPI, a emisora das Nacións Unidas no seu país que
emite desde 0 2002 en todo o territorio.
« A guerra é violación, quedar preñada e que violen a túa filla»
The Greatest Test Silence: Rape In The Congo
A violencia sexual é unha forma de terrorismo para expulsar á xente dos seus pobos e ter o control da terra.
O número de vítimas é de 1.152 violacións diarias, o que equivale a 48 violacións por hora.
Agresións diarias con obxectos cortantes, punzantes, produtos tóxicos, por soldados portadores da sida coa intención de destruir os órganos reprodutores das súas vítimas e acabar coa súa propia identidade.
O CONGO É O «PEOR LUGAR DA TERRA PARA SER MULLER».
«Hoxe, a muller congoleña vítima dos conflitos armados, violentada e violada, perdeu toda a súa dignidade e vive na deshonra. Ela, cuxos órganos xenitais
foron sometidos aos ultraxes máis viles, condeada á escravitude sexual e rechazada pola súa propia comunidade, leva 18 anos sufrindo: 18 anos de
tortura, 18 anos de destrución, 18 anos de fuxida errante e desprazamiento, 18 anos de pobreza extrema». Caddy Adzuba
O número de mulleres violadas ascende a máis de 500.000.
AS MULLERES CONGOLEÑAS FERIDAS EN CORPO E ALMA, RECLAMAN XUSTIZA E REPARACIÓN
"CORPOS CONVERTIDOS EN CAMPOS DE BATALLA» afirma Caddy Adzuba que reclama a creación dun
Tribunal Internacional para xuzgar os crimes cometido contra as mulleres do Congo.
Actualmente as mulleres do Congo deben escoller entre vivir nas súas aldeas e aceptar ser violadas pola milicia outraballar nas minas baixo condicións de escravitude e gañar menos dun dólar ao día.
A súa situación agrávase porque como resultado das violacións das que foron vítimas, moitas destas nenas e mulleres teñen un, dous, tres ou máis fillos que alimentar.
Tradicionalmente as mulleres adícabanse á agricultura mais o feito de que as súas terras están infestadas de combatentes que as agreden e violan nos campos e nassúas casas abandoaron a súa actividade.
Agora para “sobreviver” moitas vense obrigadas a traballar nas minas produtoras de ouro, coltán e estaño que son os minerais necesarios para a fabricación de xoias, teléfonos mobiles e computadoras.
«Necesitamos dúas mánspara escriber / dúas para acariciar /dúas para aplaudir / e todas as mánsdo mundo / para a paz».
«Unídevos ás nosasmáns para que poidamos construir a Paz e a Concordia naRepública do Congo, e devolver a súa honra e a súa dignidade ásmulleres violadas»Caddy Azduba