23
Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto... Definición ou explicación dun concepto

5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Panorámica xeral da poesía galega deste período. Principais autores. Inclúe algúns textos, arquivos de son, ligazóns de vídeo e actividades

Citation preview

Page 1: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Recoméndase realizar o visionado desta presentaciónestando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen

Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in-formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación:

Información sobre un autor citado

Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario

Ligazón a un arquivo de vídeo

Arquivo de audio: poema musicado,lectura dun texto...

Definición ou explicación dun concepto

Page 2: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

TEMA 5. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976TEMA 5. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976

LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXILITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI

Page 3: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

CONTEXTO HISTÓRICO

Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. Encontramos tamén as influencias das correntes estéticas e de pensamento imperantes en Europa

►► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista

►► Imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50. Im- portancia da actividade cultural do exilio

►► Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con co- rrentes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, paci- fismo...

►► A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria,so- cial e política en Galiza

►► Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa

Page 4: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

TRADICIÓN MEDIEVAL TRADICIÓN DO SÉCULO XIX

NORIEGA VARELA CABANILLAS

BOUZA BREYÁ. CUNQUEIRO

HILOZOÍSMO RURALISMOAMADO

CARBALLOCRECENTE

VEGA

G U E R R A C I V I L

NEOTROBADORISMO

CLASICISMO

A. CUNQUEIROA. CUNQUEIROÁLV. BLÁZQUEZÁLV. BLÁZQUEZ

EMILIO PITAEMILIO PITA IGLESIA ALVAR.IGLESIA ALVAR.DÍAZ CASTRODÍAZ CASTRO

C.E.FERREIROC.E.FERREIROM. MARÍAM. MARÍAL. SEOANEL. SEOANEL. VARELAL. VARELA

M. MARIÑOM. MARIÑOL. PIMENTELL. PIMENTEL

Á. CUNQUEIROÁ. CUNQUEIROIGL. ALVARIÑOIGL. ALVARIÑOCARB. CALEROCARB. CALERO

PaisaxismoPoesía combativaIntimismoCancioneiros

PAISAXISMO

UXÍO NOVONEYRAUXÍO NOVONEYRAMANUEL MARÍAMANUEL MARÍA

ESCOLA DA TEBRA

CUÑA NOVÁSCUÑA NOVÁSA. TOVARA. TOVARB. GRAÑAB. GRAÑA

ESC.NEOTROBADOR. ESC. HILOZ. RURALISMO POESÍA SOCIAL INTIMISMO

TENDENCIAS POÉTICAS (1900-1976)

VANGARDISMOMANUEL ANTONIO

ÁLVARO CUNQUEIRO

Page 5: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

LUÍS PIMENTEL

A pesar de que a súa obra foi publi-cada na posguerra, está claramente vinculado á promoción das vangardas. Mestura elementos de carácter su-rrealista e simbolista cun marcado lirismo intimista.

No plano formal destaca o uso do verso libre.

TriscosTriscos (1950) (1950)Sombra do aire na herbaSombra do aire na herba (1959) (1959)

Logo botábaosa voar

e ríase de velostopar contra o valadoda súa casa,con un ruído

moi triste.......................Creceu e foi de aquiles.

Aquil nenopincháballe os ollos

ós paxaros;e gustáballe ver saíresa gotiñade aire e de lus,ise rocío limpode mañanciñas frescas........................

XOGO RUÍN (Sombra de aire na herba)

Page 6: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Os poetas deste período poden agruparse en tres Os poetas deste período poden agruparse en tres promo-cións sucesivas, atendendo a un criterio promo-cións sucesivas, atendendo a un criterio

cronolóxicocronolóxicoXERACIÓN XERACIÓN

DO 36DO 36

Nacidos entre 1909 e 1920

Iglesia AlvariñoDíaz CastroCelso E. FerreiroMaría Mariño

Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvol-ven as temáticas social-realista, inti-mista radical e clasicista

PROMOCIÓPROMOCIÓN DE N DE

ENLACEENLACE

Nacidos entre 1920 e 1930

Antón TovarLuz Pozo GarzaM. Cuña Novás

Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodidacta, móvense entre o intimismo e a angus-tia existencial da “Escola da tebra”

XERACIÓN XERACIÓN DAS DAS

FESTAS FESTAS MINERVAISMINERVAIS

Nacidos en 1930 e 1940

Uxío NovoneyraMéndez FerrínManuel MaríaBernardino Graña

De formación universitaria e influí-dos polas correntes literarias euro-peas, cultivan unha poesía compro-metida onde se mesturan social-rea-lismo e existencialismo

Page 7: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

Destaca pola temática de paisaxismo rura-lista, continuadora de Noriega Varela.

Gran coñecedor da poesía grega e latina, emprega con mestría a métrica clásica: so-netos, hendecasílabos brancos...

Na parte final da súa obra, cobra máis pe-so a temática angustiada e de reflexión existencial.SeñardáSeñardá (1930) (1930)Cómaros verdesCómaros verdes (1947) (1947) Lanza de soedáLanza de soedá (1961) (1961)

Esta é a mar dos solpôres recendentes a mazás coloradas.Debaixo, asolagados, fondos valese alboradas con páxaros de rabos longos de silencio.

Este é a mar, triste sombra desgazadade altísmos montes cheos de neve,que pelengrinaron soles inmensos e senlleiros.

Xa nin montes de neve nin soles recén nados.Mais a súa sombra, sí, mar sin consolo.A súa sombra de auga, amargues bágoas.A súa sombra leal, triste lamento e longa noite.

Ónde aqueles montes altísmosque aconchegaban contra o teu seoo rebrilo das súas craras cabeleiras? [...]

ESTA É A MAR DOS SOLPORES (Cómaros verdes)

XER

AC

IÓN

DO

36

Page 8: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Ademais do paisaxismo ruralista, no seu único libro ofrece unha profunda reflexión sobre a natureza humana, mostrando unha concepción tráxica da vida.

Aborda tamén a temática relixiosa, pouco frecuente na literatura galega, desde unha perspectiva ascética.

Nimbos Nimbos (1961)(1961)

Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol como unha uva;pro tí envólveste en sabas de mil anosi en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron: Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, Xesús-María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

PENÉLOPE (Nimbos)

XER

AC

IÓN

DO

36

Page 9: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. De gran aceptación social, a súa poesía popularizouse en gran medida grazas aos cantautores de Voces Voces Ceibes.Ceibes.

CELSO EMILIO FERREIRO X

ER

AC

IÓN

DO

36

• INTIMISTAINTIMISTA: inconformismo, desacougo existencial, fugacidade da vida, identificación coa terra, saudade da infancia e vivencia do amor

• SOCIALSOCIAL: solidariedade cos oprimidos, defensa do idioma, denuncia dos males sociais (fascismo, guerra, inxustiza, emigración...)

• SATÍRICASATÍRICA: moi relacionada coa anterior; fortemente corrosiva, seguindo a corrente satírica medieval, critica condutas sociais contrarias ao comportamento ético

Liñas temáticasO soño sulagado O soño sulagado (1954)(1954)Longa noite de pedra Longa noite de pedra (1962)(1962)Viaxe ao país dos ananos Viaxe ao país dos ananos (1968)(1968) Terra de Ningures Terra de Ningures (1969)(1969)Cantigas de escarnio e maldecir Cantigas de escarnio e maldecir (1968)(1968)Paco Pixiñas Paco Pixiñas (1970)(1970)Antipoemas Antipoemas (1972)(1972)Cimenterio privado (1973)Cimenterio privado (1973)Onde o mundo se chama Celanova Onde o mundo se chama Celanova (1975)(1975)

Os estúpidos pais, as prostitutas,as grandes damas da beneficencia,magnates e mangantes, grandes cruces,altezas, escelencias, eminencias,cabaleiros cubertos, descubertos,nada serán meu ben, si a bomba ven,nada o amor, e nada a morte mortacon bendiciós e plenas indulxencias.

¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiñoa amable primavera faise cinzade vagos isotopos placentarios,de letales surrisas derretidasbaixo un arco de átomos triunfaes.

A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombode setas e volutas abombadas,axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.

¡Estános ben! ¡Está ben! ¡Está bon!

¡¡¡Booong!!!

¡Qué ben, que a bomba ven co seu rebombio!A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.A bomba con aramios, con formigas,con fornos pra asar meniños loiros.A bomba ten lombrices, bombardinos,vermes de luz, bombillas fluorescentes,peixes de chumbo, vómitos, anémonas,estrelas de plutonio plutocrático,esterco de cobalto hidroxenado,martelos, ferraduras, matarratos.

A bomba, bong. A bomba, bon amigo.Con átomos que estoupan en cadeiae creban as cadeias que nos atan:

Os outos edificios.Os outos funcionarios.Os outos fiñanceiros.Os outos ideais.¡Todo será borralla radioaitiva!

As estúpidas nais que pairen fillospolvo serán, mais polvo namorado.

POEMA NUCLEAR (O soño sulagado)

Esta mudo o reixiñolque outrora cantar solía.

Non importa, agardareipolo albor dun novo día.

Que esta comigo a esperanzafiando, fía que fía...

Ela fía i eu confíono albor dun novo día

Teño o corazón senlleiroe orfo na noite fría.

Non importa, agardareipolo albor dun novo día.

Teño lobos, teño sombras,teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardareipolo albor dun novo día.

13 (Viaxe ao país dos ananos)

Page 10: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Obra de gran popularidade, que se converteu nunha referencia de culto da resistencia contra a ditadura franquista. O título é unha metáfora da situación que se vive durante o réxime

Sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial

Importancia da mensaxe: a poesía é unha arma de concienciación social que debe ser accesíbel a calquera lector

Emprego do humor, da ironía e do sarcasmo como ferramentas para a crítica

Temáticas:

Longa noite de pedra

DENUNCIA DA DENUNCIA DA

INXUSTIZAINXUSTIZA

ANTIBELICISMOANTIBELICISMOSOLIDARIEDADE SOLIDARIEDADE

COS OPRIMIDOSCOS OPRIMIDOS

DEFENSA DEFENSA DA LINGUADA LINGUA

LIBERDADELIBERDADE

Os corazós dos homesque ao lonxe espreitan,feitos estántaménde pedra.I eu, morrendonesta longa noitede pedra.

O teito é de pedra.De pedra son os murosi as tebras.De pedra o chani as reixas.As portas, as cadeas,o aire,as fenestras,as olladas,son de pedra.

LONGA NOITE DE PEDRA (Longa noite de pedra)ai, que soliña quedache, María Soliña.

As gueivotas sobre Cangassoños de medo tecían:ai, que soliña quedache, María Soliña.

Baixo os tellados de Cangasanda un terror de auga fría:ai, que soliña quedache, María Soliña.

Polos camiños de Cangasa voz do vento xemía:ai, que soliña quedache, María Soliña.

Nos areales de Cangas,muros de noite se erguían:ai, que soliña quedache, María Soliña.

As ondas do mar de Cangasacedos ecos traguían:

MARÍA SOLIÑA (Longa noite de pedra)

Si dixese que só,que todo está moi ben,que o mundo está moi bon,que cada quen é cada quen...Conformidá.Ademiración...Calar, calar, calar,e moita precaución.Si dixese que acasoas cousas son esí,porque sí,veleí,e non lle demos voltas.

NON (Longa noite de pedra)

(Si aquil está enribai aquil outro debaixoé por culpa da vida.Si algunhos van de porta en portacun saco de cinza ás costasé porque son unhos docas).Si dixera que sí...Entón sería o intre de falar seriamenteda batalla de frolesnas festas do patrón.

Pero non.

Page 11: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

ANTÓN TOVAR

A súa obra está marcada por unha forte pegada existencialistaexistencialista, cunha reflexión, en ton pesimista, sobre o sentido da vida e da morte.

A finais dos 60,a súa poesía adquire unha preocupación social intensa, cunha ex-presión caracterizada polo prosaísmo e a sinxeleza.

PR

OM

OC

IÓN

DE E

NLA

CE

Non Non (1967)(1967)O vento no teu coloO vento no teu colo (1974)(1974)Calados esconxurosCalados esconxuros (1980) (1980)

Teño merlos de sombra nas pólas da canseirae ceos a choveren sobre un río de carne;non teño máis terreos, só teño esa orballeira,unha cántiga triste sobre os prados e as árbores.

Levos ás costas saudade mesturada de anceios ,saudade como néboa na lama das congostras;un acio de silencio no que se pousa o medocomo se pousa o mar dos náufragos das costas.

Vou nun leito de toxos co meu corpo ferido,o sangue esparexido polas veas do vento,o pulso dunha arela a latexar camiños,e a cántiga da angustia que me colleu ben cedo.

Puiden ser unha nube como as alas dun anxo,ou un grilo, unha rosa, unha xestiña leda,non cheguei máis que a sombra e néboa, bágoa, pranto,bolboreta da morte coas dúas alas nas tebras.

O QUE TEÑO (Non)

Page 12: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

LUZ POZO GARZA

Fronte ao ton pesimista dos seus compa-ñeiros de xeración, cultiva unha poesía intimista de gran forza vitalista,onde se mesturan o amor, a sensualidade, o ero-tismo, as lembranzas...

Nos últimos libros si aparece unha temá-tica máis desacougante e algunhas tra-zas de social-realismo.

PR

OM

OC

IÓN

DE E

NLA

CE

O paxaro na boca O paxaro na boca (1952)(1952)Verbas derradeirasVerbas derradeiras (1972)(1972)Códice calixtinoCódice calixtino (1986) (1986)

En tódolos pobos hai un neno murcho,sin niños, nin merlos, nin píos.Un neno que coñece as esquinas tristes,cidades sumerxidas, peixes mortosi o laiar da noite como un anxo negro.

Polo vento morno bulen os paxarosi as pedras reloucan embaixo das herbas.Os peixes máis craros esbaran.Hai festas nos prados,mais en todas partes hai un neno murcho.As arbres son gaitas,mais en todas partes hai un neno murcho.As rapazas fían,mais en todas partes hai un neno murcho.Roca bullangueira,En tódolos pobos hai un neno murcho.

O NENO MURCHO (O paxaro na boca)

Page 13: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

MANUEL CUÑA NOVÁS

É o iniciador da denominada “Escola da TebraEscola da Tebra”, poesía de base existencialista e nihilista que reflicte un mundo angustia-do, presa do medo e a desesperanza.

Ademais desta temática,de imaxes her-méticas e omnipresenza da escuridade, cultiva tamén, no seu primeiro libro, al-gunhas correntes de preguerra (imaxi-nismo e neotrobadorismo).

PR

OM

OC

IÓN

DE E

NLA

CE

Frauta na noite Frauta na noite (1947)(1947)Fabulario novoFabulario novo (1952) (1952)

Agoiro de frauta antigaque namorou a lúamedoñenta das rodas dos camiñose os anelos das cobras. Aindaun oco de soma é lar e faise medo.

O sapo era como un paxaro tristeen col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa;seu laído na tébra aluaradorompeu os nidos segredos da noite.

Pólos derradeiros sonosrodaba cristaíño un degaro de azas novas.

Nos arañeiros doídostece prantos a choviñae o silenzo faise fonte na silveira. [...]

(Frauta na noite)

Page 14: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

UXÍO NOVONEYRA

O máis salientábel da súa lírica é a te-mática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente,ás veces mís-tica e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana.

Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita an-tiimperialista e antibelicista.

XER

AC

IÓN

DA

S F

ES

TA

S M

INER

VA

IS

Os eidos Os eidos (1955)(1955)Elexías do CaurelElexías do Caurel (1966) (1966)Os eidos 2Os eidos 2 (1974) (1974)Poemas caligráficosPoemas caligráficos (1979) (1979)

PANOS brancosesfiañados

da nebraouveando polos vales

polos soutos i as devesas

marelasen busca dun caborco

ou dunha valiña outa que os acolla

i os faga acougar!

Fiañas da nebrarubindoe baixando

á gaiola do airepolas serras érmedas

e polos soutos despidos do Nadal!

(Os eidos)

Page 15: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Actual presidente da Real Academia Galega, Ferrín, ademais de ser un principais narrado-res da actualidade, representa unha referen-cia esencial na poesía deste período.

Constitúe o gupo Brais Pinto, xunto con Ber-nardino Graña, Alexandre Cribeiro e outros autores.

Iníciase na poesía seguindo a corrente estéti-ca da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida.

XER

AC

IÓN

DA

S F

ES

TA

S M

INER

VA

IS

Voce na néboa Voce na néboa (1957)(1957)Con pólvora e magnoliasCon pólvora e magnolias (1976) (1976)Poesía enteira de Heriberto BensPoesía enteira de Heriberto Bens (1980)(1980)O fin dun cantoO fin dun canto (1981) (1981)

Page 16: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Supón un auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70

Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e “panfletario” e intro-ducindo elementos estéticos novidosos e abun-dantes referencias culturais

O libro combina dúas vetas: a da proclama polí-tica (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias)

Ademais da liña comprometida, están moi presen-tes no poemario o erotismo, o gozo da vida, o pa-so do tempo e a morte

Formalmente, destaca polo versolibrismo, as lon-gas series estróficas e a alternancia de prosaís-mo narrativo e expresión máis refinada

Con pólvora e magnolias

No vento de mazán que se desfraga nos cons e pedregullo solar de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora

reclamo a libertade pró meu pobo.

No meniño que dorme no edredón dos teus ollos

reclamo a libertade pró meu pobo.

Nas vellas mans agrarias, nas loias amorosas dos estíos reclamo a libertade pró meu pobo.

Nos bicos acedísimos e tenros dos meus fillos inmensos reclamo a libertade pró meu pobo. [...]

(Con pólvora e magnolias)

Page 17: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Comeza a súa obra poética desde os presu-postos intimistas e existenciaistas da “Escola da Tebra”.

Posteriormente, decántase cara ao descriti-vismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defensa das clases populares, reivin-dicación nacional de Galiza e crítica da tira-nía e do imperialismo.

A sinxeleza da expresión e a temática popu-lar contribúen á súa grande aceptación social.

MANUEL MARÍA

XER

AC

IÓN

DA

S F

ES

TA

S M

INER

VA

IS

Muiñeiro de brétemas Muiñeiro de brétemas (1950)(1950)Morrendo a cada intreMorrendo a cada intre (1952) (1952)Terra cháTerra chá (1954) (1954) Documentos personaes Documentos personaes (1958) (1958) Os soños na gaiola Os soños na gaiola (1968)(1968)

Prohíbese,por orde da Alcaldía,que medren porque si as rosas do xardín municipal. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar.Prohíbeselle á lúa que é unha tolaandar ceiba no ceo,que a lúa é unha tola que anda espida e dando mal exemplo. Están fóra da Lei a primavera,as flores e os carballos,as estrelas, os peixes e os paxaros.Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar.Pagarán duros trabucos os poetas.

Prohíbese soñar, prohíbese tamén derramar bágoase pódese chorar...e pódese chorar cando hai sequía para que enchan os pantanos.Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar.E un só se pode emocionar os xoves e domingos, cando toca... cando toca a banda do concello,a banda do concello no quiosco.Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do Alcalde.Firmado e rubricado.

BANDO (Documentos personaes)

Primeiro Portomarín,logo Castrelo do Miño.¡Dispois tocoulle As Encrobassufrir parello destiño!

Raposos capitalistasque non deixan un torrón,sementan todo de lixo,porcallada e polución.

Nas nosas terras labregas,fértiles e feiticeiras,queren erger celulosasque cheiran como esterqueiras

Queren encher a Galiciade industrias contaminantes

e que o noso povo sigaa producir emigrantes.

As terras son dos labregosdende tempo inmemorialmais agora, sin razón,rouballas o capital.

Cando o povo pide o seucon voz valente e barilmándanlle, pra contentalo,cabaleiros de servir.

Hai pouco foi nas Encrobas,ás portas de Xove están,Si a algún lugar non chegaronaxiña aparecerán.

CANTIGA DAS ENCROBASA FALA

O idioma é a chavecoa que abrimos o mundo:o salouco máis feble,o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,o coitelo da dor,o murmurio do vento,a palabra de amor.

O idioma é o tempo,é a voz dos avóse ese breve ronselque deixaremos nós.

O idioma é un herdo,patrimonio do pobo,maxicamente vello,eternamente novo.

O idioma é a patria,a esencia máis nosa,a creación comúnmeirande e poderosa.

O idioma é a forzaque nos xungue e sostén.¡Se perdemos a falanon seremos ninguén![...][...]

Page 18: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

BERNARDINO GRAÑA

Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbi-ta da “Escola da Tebra” e posterior achega-mento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas.

A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últi-mas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso.

XER

AC

IÓN

DA

S F

ES

TA

S M

INER

VA

IS

Profecía do mar Profecía do mar (1966)(1966)Non vexo Vigo nin CangasNon vexo Vigo nin Cangas (1975) (1975)Se o noso amor e os peixes...Se o noso amor e os peixes... (1980) (1980)

Que non o saiba o vento namorado que vai agarimando, unha a unha, as praias.Non é siroco, ningún vento secoo que nos ceifa a vida dos pequenos,o que arrasa as casoupas, o que rouba as forzas das mulleres entregadas ao diario labor, o que desgarra as carnes das nacións sacrificadas en aras do progreso da falacia.Non é o vento cruel, nin a arrogancia de tiranos gordechos e ignorantes sobre tribos humildes e selváticas cubertos de ouro e peles de animalias.Nin son nenos famentos, nin obreirosos que andan a estragar, a desangrarnos, a machucar as rosas e os ensoños, a macular a gloria da alborada.[...]

(Se o noso amor e os peixes...)

Page 19: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR

PROMOCIÓNS DE POETAS

- Con Luís Pimentel (Sombra de aire na herba) como autor de enlace coa xeración de preguerra, os poetas desta etapa poden dividirse, seguindo un criterio cronolóxico en:

► ► XERACIÓN DO 36 (nacidos entre 1909 e 1920): Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvolven as temáticas social-realista, intimista e clasicista

Autores: Iglesia Alvariño (Cómaros verdes), Díaz Castro (Nimbos), Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)

► ► PROMOCIÓN DE ENLACE (1920-1930): Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodi- dacta, móvense entre o intimismo e a angustia existencial da “Escola da tebra”

Autores: Antón Tovar (Calados esconxuros), Luz Pozo Garza (O paxaro na boca), M. Cuña Novás (Fabulario novo)

► ► XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS (1930-1940): De formación universitaria e influídos polas correntes literarias europeas, cultivan unha poesía comprometida onde se mesturan social-realismo e existencialismo Autores: Uxío Novoneyra (Os eidos), Xosé Luís Méndez Ferrín (Con pólvora e magnolias), Manuel María (Muiñei- ro de brétemas), Bernardino Graña (Se o noso amor e os peixes...)

- É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. As temáticas reivindicativas (solidariedade cos oprimidos, defensa do idioma, denuncia dos males da sociedade: fascismo, guerra, inxustiza, emigración) compleméntanse con outras liñas intimista e satírica

- Principais obras: O soño sulagado, Viaxe ao país dos ananos, Longa noite de pedra. Esta última, de gran populari- dade, converteuse nunha obra de culto da loita contra a ditadura. O título é unha metáfora da situación que se vive durante o réxime (sinxeleza expresiva, rexistro ás veces coloquial; importancia da mensaxe: a poesía é unha arma de concienciación social que debe ser accesíbel a calquera lector)

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 20: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

► ► UXÍO NOVONEYRA: : O máis salientábel da súa lírica é a temática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita antiimpreialista e antibelicista.

Obras: Os eidos, Elexías do Caurel, Os eidos 2, Poemas caligráficos

► ► MÉNDEZ FERRÍN Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e “panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e abundantes referencias culturais. O poemario combina dúas vetas: a da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias).

Obras: Voce na néboa, Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto

► ► MANUEL MARÍA: Comeza a súa obra poética desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defen- sa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social.

Obras: Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na gaiola

► BERNARDINO GRAÑA: Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso.

Obras: Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...

Page 21: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1

1 .- Clasifica cada fragmento na liña poética correspondente e intenta deducir o seu autor a partir das características que presenta:

Cimo da Devesa!Alto da LucenzaFormigueiros Montouto Pía-PaxaroTesos cumes do Courel! Pobos probesardidos de tristura mouros de queimados!

Punteiros da gaitaacompañábano.O pai, de negro;

no mar, unha vela

branca.Os amiguiños levábano.

Non pesaba nada.

Eu canto dende dentro [do meu .poboTido, metido, prometido,comprometidocos homes, meus irmáus,meus camaradas na loitapola libertá

Sobor da nada, ser, e fronte á nadae contra a nada, xurdir; [...]Xurdir disa saraibade estrelas que amenaz o desamparo,o inútil desamparo da luz que nos reflexa [...]arrincando cos dentes e coas mans, cos ollos,istes muros de intrana, sangue e néboa, [...]caíndo como cinzanos ollos enxoitados polo espanto

1.“Escola da Tebra”1.“Escola da Tebra”2. Poesía social2. Poesía social3. Paisaxismo3. Paisaxismo4. Ecos do vangardismo4. Ecos do vangardismo

Corrente:Corrente:

Autor:Autor:

Corrente:Corrente:

Autor:Autor:

Corrente:Corrente:

Autor:Autor:

Corrente:Corrente:

Autor:Autor:

1. Celso E. Ferreiro1. Celso E. Ferreiro2. Uxío Novoneyra2. Uxío Novoneyra3. Luís Pimentel3. Luís Pimentel4. Cuña Novás4. Cuña Novás

Page 22: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 2

2 .- Realiza o exercicio interactivo sobre a poesía deste período que se propón na seguinte páxina:[IES OTERO PEDRAYO]

3 .- Relaciona autores e obras:

Luís PimentelAquilino Iglesia AlvariñoXosé María Díaz Castro Celso Emilio Ferreiro Antón Tovar Luz Pozo GarzaManuel Cuña NovásUxío NovoneyraXosé Luís Méndez FerrínManuel MaríaBernardino Graña

Muiñeiro de brétemas Nimbos Fabulario novo Longa noite de pedra O paxaro na boca Se o noso amor e os peixes ...Os eidos Calados esconxuros Cómaros verdesSombra do aire na herbaCon pólvora e magnolias

4 .- Le o POEMA NUCLEAR de Celso Emilio Ferreiro e responde ás seguintes cuestións:

► ► Temática do poema. É a máis representativa do autor? Finalidade pragmática do poema

►► Identifica os recursos literarios e lingüísticos (aliteracións, xogos de palabras, enumeracións caó- ticas, ironía, humor, referencias intertextuais...) dos que se serve o autor para realizar unha crí- tica satírica do belicismo

Page 23: 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADASPROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS

Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas