Apolo e Dafne

Embed Size (px)

Citation preview

  • 1. APOLO E DAFNE DE BERNINI

2. O primeiro amor de Febo foi Dafne, a filla do Peneo, e non foi produto da casualidade senn dun monumental enfado de Cupido. O Delio vrao, orgulloso, non moito despois da vitoria sobre a serpe Pitn, mentres este dobraba os extremos do seu arco tirando da corda, e dxolle: Que tes ti que ver, neno lascivo, coas armas dos valentes? Esa carga correspndelle s meus ombros, que podo acertar a unha fera ou ferir a un inimigo, que fai pouco abatn, inchada por innumerables frechas a Pitn que oprima co seu ventre pestilente tantas xugadas de terra. Ti contntate con estimular co teu facho non sei que amores e non trates de aspirar s mias loanzas! que respondeu o fillo de Venus: O teu arco atravsao todo, Febo, mais o meu vaite atravesar a ti, e na mesma medida en que todos os animais son inferiores a un deus, tanto menor a ta gloria c mia dixo, e batendo s abriuse camio polos aires e lixeiro detvose no sombreado cume do Parnaso, e da alxaba portadora de frechas sacou dous dardosde diferente efecto: un fai fuxir o amor, outro prodceo. O que o produce de ouro, e resplandece a sa aguda punta; o que o fai fuxir romo con cana de chumbo. 3. Apolo e Dafnede Giovanni Battista Tiepolo 4. Este foi o que cravou o deus na ninfa do Peneo, co outro feriu a medula de Apolo despois de atravesarlle os sos. momento queda un namorado, foxe a outra do nome do amantee, mula da virxinal Febe, goza nas mestas selvas e algrase cos despoxos das feras cativas; unha cinta suxeitaba os seus cabelos desgreados. Moitos pretendrona, ela, rexeitando s que a pedan, libre de home que non soportara,percorre os bosques inaccesibles e non se preocupa de que o Himeneo,Amor ou lazos conxugais. A mido dxolle o pai: Filla, dbesme un xenro. A mido o pai dxolle: Dbesme netos, filla. Ela, que odiaba como un crime os fachos nupciais, amosaba o seu fermoso rostro tinguido de vergoento rubor e, nos cariosos brazos do pai, colgada do seu colo, dicalle: Concdeme gozar, meu querido pai, dunha virxindade perpetua. Antes tamn o seu pai llo concedeu a Diana. Aquel concedeucho sen dbida; mais o teu mesmo atractivo impdeche o que elixiches, e a ta fermosura oponse teu desexo . 5. Cornelis de Vos 6. Febo est namorado e, despois de ver a Dafne, desexa unirse a ela. O que desexa esprao e engnano os seus propios orculos. E, tal como arden as pallas lixeiras despois de quitadas as espigas, tal como arden os cercados polos fachos que quizais un camiante achegou en demasa ou abandonou cando chegou a luz do da, as inflamouse en lapas o deus, as abrasado por todo o seu peito e, esperando, alimenta un amor estril. Mira como o seu cabelo estndese desgreado polo seu colo e di: Que pasara se llo peiteara? Ve os seus ollos brillantes como lume, semellantes a estrelas, ve a sa boca que non basta s con ver; eloxia os seus dedos e mans, os brazos e os antebrazos nus en mis de media parte: as partes que estn ocultas imaxnaas anda mellores. Foxe ela mis veloz que a brisa lixeira e non se detn ante estas palabras do que a chama: Ninfa, por favor, Peneide, detente!; non son un inimigo que te persegue; detente, ninfa! As foxe a cordeira do lobo, a cerva do len e as tamn foxen as pombas axitando as s, da aguia, cada unha dos seus inimigos;o amor o motivo que teo para seguirte!. Pobre de min! Non vaias caer ou as silvas rabuen as tas pernas que non merecen ser feridas e sexa eu para ti motivo de dor! Son escabrosos eses lugares polos que te precipitas; non vaias tan de prsa, rgocho, e detn a ta fuxida! Eu mesmo te seguirei mis amodo. 7. Apolo e Dafnede Waterhause 8. Pero pescuda a quen gustas; non son ningn habitante do monte nin un pastor nin algun descoidado que garda unhas vacas ou un rabao! Non sabes, temeraria, non sabes de quen foxes, e por iso foxes. A min srvenme a terra Dlfica, Claros, Tnedos e a rexia Ptara; Xpiter o meu pai! A travs de min revlase o que ser, o que foi e o que ; grazas a min soa o canto xunto coas cordas. A mia frecha sen dbida certeira porn hai unha mis certeira c mia que fixo unha ferida no meu corazn libre. Invento meu a mencia e por todo o mundo chmaseme o auxiliador, poso o poder das herbas. Ai de min!Porque o amor non cura con ningunha herba e non aproveitan seor as artes que aproveitan s demais!. A Peneia, temorosa, foxe carreira do que a seguir falando e cando o abandona coa palabra na boca, anda entn lle parece atractiva; o vento marcballe o corpo e as brisas contrarias facan vibrar as roupas no choque e unha leve aura faca ondear os cabelos s sas costas, a fuxida aumentaba a sa beleza. 9. Carlo Maratti 10. Pero o deus mozo non soporta por mis tempo malgastar palabras tenras e, tal como lle aconsellaba o seu instinto amoroso, segue as sas pegadas con paso apresurado. Como cando un can galo divisa unha lebre en campo aberto, e se dirixe botn terra a travs e ela busca a vida (un parece que vai collela inmediatamente e co focio estendido roza as pegadas; a outra non sabe se estar xa apresada e escapa das propias fauces e deixa atrs a boca que xa a tocaba): a eles semllanse o deus e a rapaza; el xil pola esperanza, ela polo medo. Con todo o perseguidor, axudado polas s do amor, mis rpido, ngase o descanso, acosa o lombo da furtiva e bota o seu alento sobre o cabelo esparexido polo pescozo. Esgotadas as sas forzas palideceu; vencida pola fatiga de tan acelerada fuxida, mirando as augas do Peneo, di: axdame, pai! Se os ros tedes un poder divino, destre esta figura pola que gustei demasiado, transformndoa. 11. Jean- Baptiste Van Loo 12. Anda non ben rematara a pregaria, cando unha pesada torpeza invade os seus membros: As sas suaves formas cnguense cun fino cortizo, os seus cabelos transfrmanse en follaxe, os seus brazos en ramas; os seus ps, fai pouco tan veloces, permanecen inmbiles convertidos en races; ten unha copa arbrea en lugar de cabeza: unicamente queda dela a sa beleza. maa Febo incluso as, e apoiando a sa man no tronco, sente anda palpitar o seu peito baixo o novo cortizo; e rodeando cos seus brazos as ramas como se anda fosen membros, bica a madeira pero a madeira rexeita os seus bicos. E o deus dxolle: Posto que non podes ser a mia muller, polo menos sers a mia rbore. Sempre te posuirn, loureiro, o meu pelo, a mia ctara, a mia alxaba; ti acompaars s orgullosos caudillos cando unha alegre voz entoe o triunfo e longos desfiles pasen polo Capitolio. Permanecers como a mis fiel gardi ante as portas do pazo de Augusto e protexers o carballo que est no medio. Tal como a mia cabeza permanece sempre xuvenil co cabelo intacto, leva ti tamn sempre o ornamento das tas follas! Rematara xa Pen de falar: O loureiro asentiu coas ramas recn feitas, e como unha cabeza semellaba axitarse a sa copa. 13. Theodore Chasseriau - Apollo and Daphne (1845) (Musee du Louvre, Paris)