11
Actividade: Atrapa Esculturas

Atrapa Escultura

Embed Size (px)

Citation preview

Actividade: Atrapa Esculturas

GRAN ESFINXE DE GUIZA (Exipto)

As esfinxes son uns seres fabulosos creados polos antigos exipcios que teñen o corpo dun león recostado e cabeza de faraón. Simbolizan o poder e a vida máis aló da morte. A Gran Esfinxe ten uns 4.600 anos e é, sen dúbida, a maior representación destes seres. É unha estatua de enormes proporcións: 73,5 m de longo, 6 de ancho e 20 de altura; só a cabeza mide un 5 m. Os seus creadores aproveitaron a existencia dun montículo natural de pedra calcaria para esculpila. Orixinariamente, estaba pintada de vivas cores: vermello para o corpo e a cara e franxas amarelas e azuis para o tocado que cobre a cabeza, e que é o que adoitaban levar os faraóns. A Gran Esfinxe forma parte da necrópole de Guiza. Tras ela destacan tres pirámides: a Gran Pirámide, que é a tumba do faraón Keops e única das 7 marabillas do Mundo Antigo que aínda se mantén en pé, e as pirámides dos faraóns Kefrén e Micerinos. Pénsase que a cara da Esfinxe é a do faraón Kefrén.

ESTATUAS MONTE NEMRUT (Turquía)

Monte Nemrut é unha montaña de 2.150 metros de altitude do sueste de Turquía, coñecida polas estatuas pertencentes a unha tumba do século I a. C. que se atopa na cima. No ano 62 a. C. o rei Antíoco I Theos de Comagene, mandou construír un túmulo funerario na cima da montaña flanqueado por enormes estatuas (8-9 metros de altura) de si mesmo, dous leóns, dúas aguias e diferentes deuses armenios, gregos e persas. Estas estatuas atopábanse sentadas e cos nomes de cada deus inscritos nelas. Agora, as cabezas das estatuas están esparexidas polo chan. Os danos nas cabezas (especialmente os narices) suxiren que se produciron de forma deliberada por parte de iconoclastas.

ESTATUAS MOAI DA ILLA DE PASCUA (Chile)

Un deses grandes misterios que tantas atencións captan atópanse nestas estatuas monolíticas

da famosa Illa de Pascua. Trátase dun dos lugares máis illados do planeta, e os seus habitantes, o pobo Rapa Nui, foron os que levaron a cabo a súa talla entre o ano 1250 e o 1500. Este conxunto dunhas 600 estatuas de pedra monolítica atopámolas ao longo de toda a illa e están envoltas nun áurea de misterio que xeran desconcerto e moitas preguntas ás que aínda non se puido dar resposta con certeza, o que as converte nunhas das esculturas máis famosas do mundo. Existen varias teorías sobre a súa creación pero a máis estendida é que as estatuas foron talladas polos habitantes polinesios da illa como representacións de antepasados defuntos.

O DAVID DE MIGUEL ÁNGEL (Italia) Hai un antes e un despois nas esculturas do Renacemento tras o David de Miguel Ángel. Foi esculpida entre entre 1501 e 1504. Imitada en todo o mundo (hai numerosas réplicas), a orixinal atópase no gran pórtico da Galería da Academia de Florencia, aínda que a súa localización orixinal foi a Piazza della Signoria, de onde se moveu alá polo 1873. . Esta impresionante e bela escultura mide 5,17 metros de alto e está realizada en mármore branco. Representa ao rei David bíblico no momento previo a enfrontarse co soldado xigante Goliat. De perfección anatómica innegable, é probablemente o espido escultórico masculino máis coñecido do mundo.

O PENSADOR DE RODIN (París)

O Pensador quizais sexa a escultura máis coñecida de Auguste Rodin e unha das máis famosas de todos os tempos. A escultura está realizada en bronce e mide 1,98 metros de alto. Preséntase un home corpulento sentado sobre unha roca coas pernas lixeiramente abertas e o torso cara a adiante. A cabeza descansa sobre o dorso da man dereita e ambos brazos apóianse ou descansan sobre a perna esquerda. É a imaxe dun home inmerso nas súas reflexións, pero o seu corpo suxire unha gran capacidade de acción. A obra orixinariamente chamouse “O poeta” e con ela o autor pretendeu escenificar a Dante meditando ante as Portas do Inferno inspiradas na Divina Comedia , obra encargada en 1880 polo Museo de Artes Decorativas de París. Con todo máis aló do que se quería representar, a obra converteuse en todo un símbolo da filosofía. Realizáronse diversas copias pero a orixinal poderédela contemplar no Museo Rodin de París.

ESTATUA DA NAI PATRIA (Rusia) A Estatua da Nai Patria é unha estatua monumental deseñada polo escultor Yevgeny Vuchetich e levantada sobre o outeiro Mamáyev Kurgán en Volgogrado, antiga Stalingrado, en conmemoración da batalla durante a Segunda Guerra Mundial. Elixiuse esta localización porque o combate foi especialmente feroz neste lugar cando os alemáns atacaron Stalingrado en 1942. A construción do monumento comezou en 1959 e terminou en 1967. Dunha altura de 85 metros, está composta de 5.500 toneladas de formigón e 2.400 toneladas de metal. A espada mide 33 metros e pesa 14 toneladas. A rixidez do conxunto está asegurada por unha complexa estrutura de cables internos. A espada era orixinalmente de aceiro inoxidable e as follas de titanio, pero a súa debilidade ao vento causou preocupación e foi substituída en 1972. Cando se inaugurou, o 15 de outubro de 1967, era a estatua máis alta do mundo.

O Cristo Redentor ou Cristo do Corcovado é a imaxe máis coñecida de Brasil, todo un símbolo da cidade de Río de Janeiro. Atópase situado a 710 metros sobre o nivel do mar no Parque Nacional da Tijuca, na cima do cerro do Corcovado. Cos seus 38 metros de altura e 1.200 toneladas de peso é a obra art decó máis grande do mundo. A súa fama a nivel mundial é tan enorme que no 2007 a organización New Open World Corporation nomeou a esta obra do francés Paul Landowski unha das Sete Marabillas do Mundo Moderno. O lugar é un magnífico miradoiro para os turistas que se achegan a Río. Dous millóns de de persoas visitan o Cristo Redentor cada ano!

O CRISTO REDENTOR (Brasil)

A Sereína é unha delicada e discreta escultura de 1,75 metros de alto dunha serea de bronce, que se atopa na cidade de Copenhague. Atópase no Parque Langelinie, na Baía do Porto de Copenhague, e próxima tamén ao Real Palacio de Amalienborg, sobre unhas rocas que penetran no mar. Na actualidade é o símbolo máis prominente da cidade. A súa fama é internacional e é visitada a diario por gran cantidade de turistas de todo o mundo. O escultor que a tallou foi Edvard Eriksen en 1913, quen se inspirou no conto de fadas homónimo escrito por Hans Christian Andersen en 1837. A Sereíña foi vítima de diversos ataques vandálicos, chegándose a destruír con explosivos, a ser mutilada e manchada con pintura.

A SEREÍÑA DE COPENHAGUE (Dinamarca)

ESTATUA DA LIBERDADE (Nova York)

Talvez sexa unha das esculturas con maior contido simbólico e sen dúbida, unha da máis coñecidas en todo o mundo. O seu nome orixinal é A liberdade iluminando o mundo e foi un agasallo dos franceses aos estadounidenses para conmemorar o centenario da Declaración de Independencia dos Estados Unidos, como un signo de amizade entre as dúas nacións. A estatua é obra do escultor francés Frédéric Auguste Bartholdi e a estrutura interna foi deseñada polo enxeñeiro Alexandre Gustave Eiffel. Construírona nun taller en París ao longo de oito anos (desde 1876 ata 1884). O 4 de xullo de 1884, regalárona oficialmente a Estados Unidos, aínda que foi en 1885 cando a desmontaron, embalárona en 214 caixas e mandárona en barco alén do Atlántico. Mide 46 metros de altura (93 se contamos a base). En 1984 foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

BUDA DO TEMPLO DA PRIMAVERA (China)

Esta colosal estatua que se atopa na provincia de Henan, China alcanza os 128 metros de altura, converténdose así na estatua máis alta do mundo a día de hoxe. Apóiase sobre un pedestal en forma de flor de loto de máis de 25 metros o que eleva a altura total da estatua ata os 153 metros. Cando os talibán destruíron os Budas de Bamiyan en Afganistán decidiuse construír esta xigantesca estatua. A súa construción rematou oficialmente no 2002. Crese que está formada por máis de 1.100 placas de cobre cun peso aproximado de 1.000 toneladas. A estatua está situada preto do manancial de Tianrui, unha fonte de auga termal, moi coñecida en China polas súas propiedades terapéuticas, que flúe a 60°C. Na base da estatua atópase un templo budista denominado en inglés "Spring Temple" ou "Templo do Manancial".