Upload
ceipcoiron
View
89
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
AVENTURAS DE TEDY
Érase unha vez unha nena que se chamaba Tedy. Sentíase aburrida no Grove, que era o pobo mariñeiro onde vivía ela, porque alí non tiña ningún amigo para troular e correr aventuras. Un día a rapaza subíu a un barco e foi a dar unha volta ata a illa de Cortegada. A ela non lle importaba ir soa nin lle tiña medo aos riscos. Cando chegou quedou asombrada pola vexetación tan especial que había alí. A illa, que non era moi grande, estaba chea de loureiros, carballos, hedras e outras plantas que no Grove non abondaban moito. Despois de dar un percorrido pola illa sintíuse moi cansada e quedou a dormir nunha pedra. Unha horas despois Tedy espertou, e cando mirou para o mar viu que a marea estaba alta.
Tedy non sabía que facer. Entón foi a dar unha volta polo bosque e encontrou preto dun río unha planta de amorodos. Cando estaba farta delas, marchou e
atopou unha árbore tirada no bosque.
Colleu unhas liañas e amarrou o tronco para lévalo a unha cova que encontrara ao ladiño. Co tronco e
outros paus de madeira quixo construir unha barca. E foi quen de facer algo moi parecido. Cando rematou de construir aquela balsa, colleuna e
votouse ao mar. Aquel día o mar non estaba moi tranquilo e cansada de remar e de tanto traballar,
quedouse a domir.
Ao espertar estaba nunha xunqueira parada coa
súa balsa.
- Esto é Catoira! –exclamou Tedy.
Cando mirou ben para os lados viu un drakkar e
dixo:
- Vou a investigar esa embarcación tan rara. Ela
nunca vira ese tipo de barca tan longa e estreita
chea de remos.
Foi toda disposta e cando xa estaba a punto de
tocala, aviscou uns homes moi raros que non se
parecían en nada aos que babía por aquí, sobre
todo na forma de vestir e de falar. Rapidamente
agachouse para observalos mellor e para que
non a viran a ela.
Os vikingos, que era así como se chamaban,
sentiron un ruído porque Tedy tropezara con
algo. Aqueles homes puxéronse nerviosos, e
foron investigar de onde saíra aquel ruído. Tedy
estaba chea de medo e fixo todo o posible para
que non a encontraran, pero os seus erforzos
non deran resultados.
Ao final atopárona e como non sabían quen era atárona ao pao do Drakkar.
Tedy era moi valente e non lle tiña medo a nada, pero cando se viu atada e arrodeada
de aqueles salvaxes, que era o que lle parecían a ela, sentíuse aterrorizada, porque os vikingos eran moi brutos.
Máis tarde baixárona do poste do barco e
metérona na adega. A rapaza intentou sair
daquel lugar escuro, pero non o conseguiu.
Como era moi terca intentouno máis veces, e de
tanto insistir consigue tirar a porta. A porta fixo
moito ruído ao caer no chan, pero como os
vikingos estaban tan borrachos seguiron
dormidos.
Tedy quería sair rápido, porque estaba asustada,
e ao facelo á presa fixo autro ruído e desta volta
os homes espertaron.
Tedy tivo que correr moito e cando saío do Drakkar os vikingos seguírona ata a aldea,
espertanto a todos os aldeáns. Tedy corría sen parar e cando mirou para atrás os salvaxes
estaban loitando cos aldeáns.
A rapaza non sabía que facer. Quería escapar, pero tamén axudar aos aldeáns, e encontrou un
pau na praia. Colleuno e doulle unha boa malleira a un daqueles homes con todas as súas forzas.
Despoi loitou con outro. Este era grande, salvaxe
e a ela parecíalle o máis forte. Chamánballe Edurcan e non deixaba de perseguir a Tedy, pero
a nena xa non podía máis de tanto loitar e de tanto correr.
Por fin, despistouno e chegou a súa barca. Case
non tiña forzas, doíalle todo o corpo, pero
conseguíu subir a aquela balsa feita por ela e
fuxir ata a illa de Cortegada.
Tedy agachouse na cova onde encontrara o
tronco de madeira.
Os vikingos perseguírona ata a illa e
internáronse nela para buscala. Miraron por
todas partes, e pasaron moi pretiño da rapaza,
pero non a viron.
A Tedy pasoulle o medo e marchou por un atallo
ata o drakkar, antes de que estes chegaran.
Rompeulle todos os remos e intentou facerlle o
maior dano posible no drakkar. Os vikingos
como non tiñan remos non podían ir a onde
vivían e tiveron que quedar na illa de Cotegada.
Tedy colleu a súa balsa e volveu ao seu pobo do
Grove. Cando xa estaba na casa, tirouse na
cama e pensou que acabara de vivir toda unha
experiencia, pero tampouco quería volver a
repetir a aventura.
Como foi unha experiencia moi especial quixo
compartila co mundo e Tedy decidiu escribir un
libro, titulado “Aventuras de Tedy e os vikingos”.
Cando por fin terminou a historia, contoulle o
que lle pasara a seus pais e estes pareceulles
moi graciosa, pero tamén moi arriscada.
FIN