Upload
mjosebarxas
View
25
Download
12
Embed Size (px)
Citation preview
Barxilón en el mar de
Latón
Nun pequeño farallón do Mar de Latón, habitaba o noso amigo, o
pequecho Barxilón
Vivía moi apegadiño a moitos modillón, pois estes animaliños gustan dos mogollóns
Barxilón era un trouleiro, alegre e moi festeiro, e non aturaba que ninguén estivese tristeiro
Desde moi pequerrecho
gustáballe tocar, e filtrando auga, a súa gaita facía soar
Pero alí mandaba Fungón e gustáballe prohibir:
NON CANTAR, NON BAILAR e, sobre todo, NUNCA RIR!!
Na familia dicíanlle que tiña que cambiar, porque se non da rocha, tería que marchar
Sentíndose prisioneiro a liberdade desexaba, e cada noite entre soños o ancho mar cruzaba.
Unha noite de tormenta, as súas valvas axitou e de súpeto da rocha o seu corpo desapegou.
Como esta asustado, púxose a tocar e ó mover as cunchas, comezou a nadar
Ó oír a súa música, moitos peixes o seguían fregando
escamas e cunchas... aquel ritmo os unía!!
Unha Jam Sesion impresionante na ría se montou e Orquestra MareOnda os seus servizos contratou
O pequecho Barxilón o seu soño está acadando
e de xira co seu grupo, o mundo vai explorando.