3
CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE Este libro de contos foi escrito por Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo en 1946). É mestre, escritor, conta contos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e cultura galega, ademais de animador e experto en bibliotecas escolares. A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada “Nova Escola Galega”. En 1997 obtivo o premio Nacional de literatura infantil e xuvenil polo libro Cando petan na porta pola noite, seleccionado así mesmo coma unha das mellores obras do século XX español segundo a Fundación Xermán Sánchez Ruipérez. En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súa novela A casa da luz, publicada por Xerais, en galego, e por Anaya, en castelán. A película dirixida por Carlos Amil, está rodada en galego e gravouse nas localidades de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíron algúns nenos do colexio Vales Villamarín (Betanzos).

Cando petan pola noite b

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cando petan pola noite b

CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE

Este libro de contos foi escrito por Xabier P. Docampo (Rábade, Lugo en 1946). É mestre, escritor, conta contos, actor de teatro, guionista e promotor da lingua e cultura galega, ademais de animador e experto en bibliotecas escolares. A súa tarefa pedagóxica intégrase na chamada “Nova Escola Galega”. En 1997 obtivo o premio Nacional de literatura infantil e xuvenil polo libro Cando petan na porta pola noite, seleccionado así mesmo coma unha das mellores obras do século XX español segundo a Fundación Xermán Sánchez Ruipérez.

En xullo de 2008 comezou a rodaxe da adaptación ao cine da súa novela A casa da luz, publicada por Xerais, en galego, e por Anaya, en castelán. A película dirixida por Carlos Amil, está rodada en galego e gravouse nas localidades de Baio, Betanzos e Moeche. Na serie saíron algúns nenos do colexio Vales Villamarín (Betanzos).

Page 2: Cando petan pola noite b

Escribiu moitas máis obras, entre elas: - O misterio das badaladas.

- Cun ollo aberto e co outro sen pechar.

- A chave das noces.

- O pazo baleiro.

Neste libro Xabier inténtanos transmitir algo de medo e, á vez, de curiosidade. O libro está dividido en catro partes, en cada parte nárrase unha historia diferente, o único que teñen en común é que o protagonista principal vai de camiño a un lugar e pola noite ten que buscar acubillo nunha casa allea na que hai persoas moi raras que nun principio o coidan moi ben, pero logo en todas elas acontece algo sobrenatural que foi que o protagonista acabe mal parado, agás na última na que Xabier nos quixo deixar con bo sabor de boca. Na primeira historia o propio protagonista cóntanos a historia. Nesta historia hai un ferreiro malvado e no final fálanos duns personaxes secundarios que son o fillo do ferreiro, a muller e un cliente habitual da ferrería. Na segunda historia os protagonistas principais son o Tixolas e a vella e como secundarios os dous amigos do Tixolas o neno o que seu pai lle contaba a historia e, polo tanto, o pai tamén. A historia está contada en terceira persoa. Na terceira historia é Silvestre o protagonista e tamén hai unha loba malvada chamada Isaura. A historia contoulla unha vella ao pai do escritor, quen á súa vez lla contou ao fillo, o escritor, o narrador. Máis personaxes secundarios son un matrimonio con dous fillos adolescentes. Os secundarios da historia que lle conta a vella son os pais, avós e a muller de Silvestre, por outro lado están os pais de Isaura.

Page 3: Cando petan pola noite b

Na cuarta e última historia o protagonista principal é un home do que non se dan datos. Como personaxes secundarios están unha muller e un camareiro e, como antagonista, unha muller cun abrigo azul que lle manda as cartas de aviso da morte. Está contada en terceira persoa. En todas as historias hai algo de descrición do lugar no que se encontran e do aspecto dalgúns personaxes. Todas suceden en casas illadas en pequenas vilas, e pódese deducir polos medios de transporte e polos de comunicación que non son historias da actualidade, excepto a última que é máis recente que as outras. A min a linguaxe en xeral foime doada, excepto algunhas palabras de obxectos antigos que consultei na casa e a familia coñecía. Polo demais a min o libro gustoume, creo que se poderían ampliar algo as historias e podían estar relacionadas.

María González Iglesias, 2º ESO A.