3
Cando petan na porta pola noite Xabier P. DoCampo Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) é mestre xubilado, actor de teatro, autor e director de guións para cine, radio e vídeo. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil en 1995 por este libro. Autor dunha extensa obra narrativa, ten traducidos boa parte dos seus títulos nas linguas peninsulares. Escribiu outras obras como: - O misterio das badaladas - Cun ollo aberto e outro sen cerrar - A chave das noces - O país adormentado Cando petan na porta pola noite é un libro de relatos de medo transmitidos oralmente de xeración en xeración. O libro comeza cunha reflexión do autor sobre o gusto pola narración oral, e despois cóntanse catro historias de medo para que o lector as faga súas e as transmita de xeito oral. Estas son: ´´O espello do viaxeiro´´, ´´O Fornadas´´, ´´A loba´´ e ´´O cumpremortes´´. ´´O espello do viaxeiro´´ O primeiro relato trata dun viaxeiro perdido que ve unha casa e vai ata ela. Alí encóntrase cun home idéntico a el fisicamente se non fose por unha razón... O caseiro trátao moi ben pero una noite beberon moito viño e tiveron un accidente e quedaron iguais. Despois, o viaxeiro dáse conta de que non foi un accidente. ´´O Fornadas´´ O segundo relato trata dunha vella que era moi mala persoa. Catro homes decidiron ir á súa casa darle una malleira e matárona. Como non querían confesar o crime que cometeran, foron a un forno común dunha vila cercana e queimárona. A vella xuroulle a un dos que a mataran, chamado Teixo, que ía pagar polo que fixo, estivera viva ou morta. Despois de que

Cando petan.... samuel

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cando petan.... samuel

Cando petan na porta pola noite Xabier P. DoCampo

Xabier P. Docampo (Rábade, 1946) é mestre xubilado, actor de teatro,

autor e director de guións para cine, radio e vídeo. Obtivo o Premio

Nacional de Literatura Infantil en 1995 por este libro. Autor dunha

extensa obra narrativa, ten traducidos boa parte dos seus títulos nas

linguas peninsulares. Escribiu outras obras como:

- O misterio das badaladas

- Cun ollo aberto e outro sen cerrar

- A chave das noces

- O país adormentado

Cando petan na porta pola noite é un libro de relatos de medo

transmitidos oralmente de xeración en xeración.

O libro comeza cunha reflexión do autor sobre o gusto pola narración

oral, e despois cóntanse catro historias de medo para que o lector as faga

súas e as transmita de xeito oral. Estas son: ´´O espello do viaxeiro´´,

´´O Fornadas´´, ´´A loba´´ e ´´O cumpremortes´´.

´´O espello do viaxeiro´´

O primeiro relato trata dun viaxeiro perdido que ve unha casa e vai ata

ela. Alí encóntrase cun home idéntico a el fisicamente se non fose por

unha razón... O caseiro trátao moi ben pero una noite beberon moito viño

e tiveron un accidente e quedaron iguais. Despois, o viaxeiro dáse conta

de que non foi un accidente.

´´O Fornadas´´

O segundo relato trata dunha vella que era moi mala persoa. Catro homes

decidiron ir á súa casa darle una malleira e matárona. Como non querían

confesar o crime que cometeran, foron a un forno común dunha vila

cercana e queimárona. A vella xuroulle a un dos que a mataran, chamado

Teixo, que ía pagar polo que fixo, estivera viva ou morta. Despois de que

Page 2: Cando petan.... samuel

Teixo cumprira a súa condena no cárcere, a vella aparecíaselle e

arrincáballe e comíalle un órgano de cada vez. E non ía parar ata que os

dous formasen una soa persoa no inferno.

´´A loba´´

O seguinte relato conta a historia dun rapaz moi xeitoso chamado

Silvestre e acostumado a mocear con varias mozas á vez. Un día tivo que

procurar acubillo na casa dos Revoldás, que tiñan una filla moi fermosa

chamada Isaura. Silvestre comezou a mocear con ela e esta quedou en

estado, e Silvestre deulle a palabra de casar con ela. Un día marcharon os

dous cara á Coruña á mañá e xa volveron á noite. Dende esa vez non se

soubo nada máis de Silvestre por Revoldás. Despois sóubose que ía casar

con outra muller e, o día da voda, Isaura foi e díxolle a Silvestre que lle

debía un fillo. Aquela mesma noite apareceu Isaura aforcada nun

castiñeiro. Nese mesmo ano, os lobos baixaron ao cemiterio e só

deixaron as vestimentas que Isaura levaba. Un tempo despois, a muller

de Silvestre quedou en estado e tivo un fillo. Outro día pola noite, moitos

cazadores foron en busca dunha manda de lobos encabezados por unha

loba cos ollos da cor do lume. A loba foi á casa de Silvestre e colleu o

neno e agochouse nun palleiro ao que Silvestre lle prendeu lume.

´´O cumpremortes´´

E no derradeiro conto, un home recibe unha carta de loito, que o

felicitaba ese día por ser o seu cumpremortes, que quere dicir que vai

morrer ese día pero noutro ano. Este non se preocupa moito e non lle dá

importancia, pero ao seguinte ano vólvelle a chegar á casa a mesma carta

de loito e empézase a preocupar. Múdase a una vila para que non saiban

a súa dirección, pero despois de tres meses na súa nova casa o carteiro

chamou á porta e entregoulle un sobre pequeno, chamado dos de loito,

dicindo que morrería dentro de dous anos. Despois desapareceu da

cidade sen dicir nada a ninguén e trasladouse a unha gran cidade. Cando

chegou o último día da súa vida non sabía que facer e estivo vagando

pola cidade sen rumbo, ata que chegaron as doce da noite.

Como vemos, os temas dos relatos deste libro son o amor, o desamor, a

morte, amigos e inimigos, suspense, intriga, medo, sufrimento…

Canto aos protagonistas, non están especialmente marcados, pero

pódense destacar estes:

- 1º conto: o narrador (protagonista) e o home que se encontra na

casa (antagonista).

- 2º conto: o pai do autor que é o que conta a historia, o Fornadas

(protagonista) e a vella (antagonista)

- 3º conto: o narrador que é unha vella, Silvestre (protagonista),

Page 3: Cando petan.... samuel

Isaura e a loba (antagonistas, son a mesma persoa en distinto

corpo).

- 4º conto: o home que recibe as cartas (protagonista) e a muller que

llas envía e senta ao lado del cando lle di a hora(protagonista).

Neste libro de relatos úsase bastante a descrición, tanto para mostrar

aspectos de persoas, como son (o home da casa do 1º relato…)…;

como para describir o tempo que fai, os lugares, etc.

A primeira historia transcorre na casa do home idéntico ao narrador, e

nárrase en 1ª persoa.

Na segunda historia, o narrador narra a historia en terceira persoa, e

ocorre nunha vila chamada Xermar.

Na terceira historia, igual que na anterior, nárrase en 3ª persoa, e dáse

non moi lonxe da Ponte de Aranga.

E no último relato, o narrador narra a historia dun home de non se

sabe onde.

Neste libro, a linguaxe non era moi doada de entender, e tiven que

buscar algunhas palabras para comprender ben o escrito (parrumeiro,

zafras, bigornias…).

Cando petan na porta pola noite é un libro que me gustou bastante,

aínda que algunhas veces me custase comprender algúns lances da

lectura. Gustoume porque algunhas veces me empezou a xerar intriga

e suspense, incluso medo.

Samuel Villaverde Rey, 2º ESO B