Upload
profesor-xacobo-de-toro-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia
View
1.854
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Citation preview
SEN SOPRAR Materiais:
1 botellaVinagre
BicarbonatoGlobos
Procedemento:Enchemos un terzo da botella con
vinagre. Despoisenchemos a metade do globo con
bicarbonato.A continuación axustamos o bico
do globo á dabotella. E finalmente poñemos
vertical o globo edeixamos caer o bicarbonato.
SEN SOPLARExplicación:
Cando o bicarbonato entra en contacto co vinagre prodúcese unha reacción química.
O bicarbonato de sodio ao entrar en contacto co ácido acético que contén o vinagre inicia unha reacción algo parecida a unha reorganización das súas moléculas. Desta reorganización resultan tres materiais novos: auga, sal (que queda disolta na auga) e dióxido de carbono ().
O CO2 ao ser un gas, tende a expandirse intentando escapar pola boca da botella. Ao colocar o globo estámoslle entorpecendo a saída do gas e facemos que se acumule dentro do mesmo e que se inche pouco a pouco.
FLOTA OU AFUNDE?
Materiais:Tres vasos grandes
Un ovo Auga
SalProcedemento:
Enchemos dous vasos con auga, e a continuación engadímoslle a un deles sal pouco a pouco e removémolo ben.Coloca o ovo no vaso que ten só auga: irase o ovo ao fondo.Colócao agora no vaso no que disolviches o sal: observarás como queda flotando.No terceiro vaso pon un ovo con auga ata que o cubra e afunda. Logo engade auga con sal, da que xa tes, e verás como flota outra vez, pero se deseguido engadimos un pouco de auga sen sal, observarás que se afunde. E así sucesivamente.
FLOTA OU AFUNDE?Explicación:• Sobre o ovo actúan dúas forzas, o seu peso (a forza con
que o atrae a Terra) e o pulo (a forza que fai cara a arriba a auga). Se o peso é maior que o pulo, o ovo afúndese. No caso contrario flota e se son iguais, queda entre dúas augas. O pulo que sofre un corpo nun líquido, depende de tres factores: – A densidade do líquido– O volume do corpo que se encontra mergullado– A gravidade
• Ao engadir sal á auga conseguimos un líquido máis denso que a auga pura, o que fai que o pulo que sofre o ovo sexa maior e supere o peso do ovo: o ovo flota. Así tamén se pode explicar o feito de que sexa máis doado flotar na auga do mar que na auga de ríos e piscinas.
A PELOTA QUE LEVITA
Materiais:
Unha pelota pequena.Un secador do pelo
Procedemento:
Se acendemos o secador e deixamos a pelota na parte central da corrente de aire, vemos que permanece en repouso sen caer.Ao inclinar un pouco o secador vemos que a pelota non cae.Se achegamos o secador coa boliña a unha parede, vemos que a boliña ascende máis.
A PELOTA QUE LEVITA Explicación:
• A corrente de aire ascendente que sae do secador xera unha presión e unha forza que compensa o peso da boliña. É o que coñecemos como Principio de Bernouilli :o A velocidade do aire que sae do secador é maior na parte
central e menor nos bordos. As rexións onde o aire se move con maior velocidade son de baixa presión e as rexións onde o aire se move con menor velocidade son de alta presión.
o Cando a pelotiña se despraza lixeiramente da parte central da corrente xérase unha diferenza de presión (e unha forza neta) que empurra a pelotiña de regreso ao centro da corrente.
LÍQUIDO OU SÓLIDO? Materiais:
Maicena (fariña de millo)Auga
Procedemento:
Neste experimento queremos demostrar a forma na que inflúe a superficie ao exercer presión sobre un corpo formado por unha mestura de auga e maicena.Se facemos presión con toda a man sobre a mestura, ésta non se afundirá. Non obstante se o facemos cun só dedo, si afunde.
LÍQUIDO OU SÓLIDO?
Explicación:A mestura de maicena e auga forma o que se coñece como un "fluído non newtoniano": a súa viscosidade varía en función de que se axite ou de que permaneza en repouso.
VELOCES BOTES DE FÓSFORO Materiais: - Auga - 1 Cunca - Xabón líquido - Fósforos de madeira Procedemento:
Enche un recipiente con auga e coloca algúns fósforos na auga.Bota unha pequena cantidade de xabón líquido no centro da cunca de auga e observa os fósforos somo saen disparados a través da superficie da auga como barcos veloces.
VELOCES BOTES DE FÓSFOROExplicación: Isto débese a que o xabón emite
unha capa oleosa que se apresura ao exterior, o que rompe a tensión superficial da auga e impulsa os fósforos.
BURATO NA AUGA
Materiais:• Pós de talco• Xabón• Auga• Un recipiente
Procedemento:Botamos auga nun recipiente que, despois
cubriremos de pos de talco. Se metemos un dedo, veremos que o burato feito non se mantén, non obstante se enxaboamos o dedo vemos que si.
BURATO NA AUGA
Explicación:Se enxaboamos o dedo e o volvemos meter o burato non se pecha porque o xabón rompe a tensión superficial da auga.
AS TRES CAPAS FLOTANTES Materiais: Aceite Auga Mel Unha cortiza Unha moeda Unha cereixa Unha botella longa e transparente
Procedemento:• Enche un terzo da botella con mel.• Enche o outro terzo da botella con aceite.• O terzo restante éncheo con auga.• Espera a que os tres líquidos se asenten.• Por último deixa caer dentro da botella a cortiza, a moeda e a
cereixa.
Explicación: Cada un dos elementos (cortiza, moeda e cereixa) quedan flotando nun dos fluídos (auga, mel e aceite). Cada líquido e elemento ten unha densidade distinta á dos outros e é por iso polo que quedan flotando en capas separadas de acordo á súa densidade. Os elementos e líquidos de maior densidade situaranse ao fondo da botella, mentres que os menos densos estarán na parte de arriba.
AS TRES CAPAS FLOTANTES
GLOBO RESISTENTE Materiais:
• Un chisqueiro.• Unha vela.• Un par de globos.• Auga.
Procedemento:
•Enchemos dous globos, un con aire e outro con auga. •Acendemos a vela co chisqueiro. •Se achegamos o globo cheo de aire á chama estoura inmediatamente.•Se achegamos o globo cheo de auga á chama vemos que non estoura.
GLOBO RESISTENTE• Ao achegar o globo cheo de auga á
chama sobe a temperatura do globo e da auga.Pero ao chegar a 100º C a auga absorbe moita enerxía (necesaria para o cambio de estado) e non deixa que a temperatura suba, impedindo que o globo se quente e explote.
GLOBO QUE NON ROMPE Materiais:– Globo– Obxecto punzante ( ex.imperdible).Procedemento:Atravesamos o globo co obxecto punzante.ExplicaciónNon explota porque estamos picando nunha
parte do globo menos expandida e aguanta a presión do imperdible ou obxecto punzante empregado.
O LIMÓN FLOTA• Materiais:• Dous limóns• Un pelador• Un recipiente• Auga
Procedemento: Poñemos un limón en auga e observamos como
navega contento pola superficie. Entón é máis lixeiro que a auga.Se mondamos un limón cun pelapatacas, e o botamos outra vez na auga, veremos como afunde.
O LIMÓN FLOTA
Explicación: Ao mondalo, quitámoslle o seu
chaleco salvavidas, xa que a súa pel está chea de miles de diminutas burbullas de aire. Se lla quitas, a polpa que queda é máis densa que a auga.
CIENCIA DO SOPRIDO Materiais:• 1 boca dunha botella• 1 pelota de ping-ponProcedemento:• Colocamos a pelota
dentro da botella e logo sopramos e axiña vemos como a pelota sobe.
• Explicación: Se o aire aumenta a súa velocidade, a
presión baixa tanto que o aire próximo corre a encher o oco. Cando sopras cara a abaixo, o aire trata de subir polo envase. A pelota está na traxectoria do aire polo que, aínda que sopres con todas as túas forzas, a pelota impulsarase cara a arriba
CIENCIA DO SOPRIDO
ARDE O AZUCRE? Materiais:• Dúas pedrasde azucre.• Un chisqueiro.• Cinza.
Procedemento:Se aproximamos unha chama a unha pedra de azucre vemos que non arde.Tórrase e fúndese formando caramelo.Se impregnamos o pedra de azucre en cinza e o achegamos á chama, vemos que o azucre comeza a arder.
Explicación:• A cinza actúa como un
CATALIZADOR que acelera a reacción de combustión.
ARDE O AZUCRE?
CORTIZA MÁXICA Materiais:
•Unha botella de cristal•Unha cortiza•Unha bolsa de plástico
Procedemento:Metemos a cortiza dentro da botella, para iso necesitaremos algo resistente. Logo metemos unha bolsa, envorcamos a botella de tal xeito que a cortiza quede entre unha das súas paredes e a bolsa. Inchamos a bolsa e tiramos polas asas.
CORTIZA MÁXICA • Explicación:
Ao inflar a bolsa dentro da botella substituímos o aire no seu interior polo aire que está dentro da bolsa; cando tiramos fortemente da bolsa causamos un efecto de succión que forma un baleiro, (redución da presión) isto provoca a saída da cortiza, coma se fose absorbido.
MOCO-TOLO Materiais: •Bórax•Cola
•Tempera•2 vasos•Auga
Procedemento: Prepárase unha disolución de bórax. Para iso temos que poñer unhas culleradas de bórax nun vaso cheo de auga ata a metade. Asegurándonos de poñer bórax abondo para que aínda que mesturemos ben sempre quede un pouco de bórax no fondo, sen disolver.A continuación poñeremos no outro vaso a cantidade de cola que vexamos conveniente, engadímoslle auga e mesturámolo todo moi ben.Para rematar, engadiremos a solución de bórax ( tan só o líquido, non o bórax que quedo no fondo) á cola, revólvese todo devagar e..¡xa temos o noso moco-tolo!.
MOCO-TOCO Explicación:
A cola de pegar, como todas as substancias coñecidas do Universo, está composta de anaquiños incriblemente pequenos: as moléculas. Do mesmo modo que a area está composta de moitos graiños de area. As moléculas de cola de pegar son longas e flexibles, coma se fosen cadeas de ganchiños clip como a da figura. O bórax fai que as moléculas de cola de pegar se entrelacen unhas con outras, formando redes. Pero, por que a consistencia de moco? Aínda que sexa pegañenta, a cola de pegar é líquida e flúe nas túas mans, por iso é difícil agarrala. No moco, en cambio, as moléculas están entrelazadas formando redes. Por iso, se tiramos da punta dunha das redes, todo o resto se move tamén. Iso é o que lle dá ao moco a súa consistencia elástica. Canto máis entrelazadas estean as moléculas de cola de pegar, máis dura se poñerá a mestura. Por iso, canto máis bórax agregues á mestura, máis duro se volve o teu moco. Pero se non lle engades dabondo, non chega para que adquira unha consistencia elástica.
O FUME SOBE OU BAIXA? Materiais:• Unha botella.• Un chisqueiro.• Papel.
Procedemento: En primeiro lugar facemos un par de buratos na botella de plástico, un na parte superior e outro preto da base da botella. Logo collemos a folla de papel e recortamos un rectángulo de 10 x 15 cm. Enrolamos o papel para obter un pequeno cilindro duns 15 cm de lonxitude. Por último introdúcese o tubiño de papel polo burato superior da botella. Ao acender o tubiño de papel cun misto fórmase unha pequena chama e obsérvase que polo outro extremo do tubiño sae unha columna de fume moi denso que cae dentro da botella. No exterior apenas hai fume. Se tapamos o burato inferior cun dedo apágase o tubiño de papel e non sae fume.
O FUME SOBE OU BAIXA? Explicación:• Ao queimar o tubiño parte do papel despréndese
en forma de partículas que, xunto cos gases que se forman na combustión e o aire, forman o fume. En circunstancias normais, o fume ascende arrastrado polo aire quente da combustión (correntes de convección)
• No noso experimento, o fume que se produce na parte interior do tubiño viaxa ao longo del. No interior da botella non hai aire quente, de xeito que, cando o fume sae polo extremo inferior do tubiño, non se producen correntes ascendentes de convección e o fume (máis denso que o aire) precipítase ao fondo da botella.
A MOEDASALTARINA
Materiais:• Unha botella.• Unha moeda.• Un conxelador.
Procedemento:
Colocamos unha botella baleira e destapada no conxeladorLogo de 30 min. Sacamos a botella do conxelador.Inmediatamente poñemos na boca da botella unha moeda que previamente teremos molladoObservamos que a moeda dá saltiños.
Explicación:• Ao sacar a botella do conxelador o
aire atrapado nela quéntase.• Debido a iso aumenta a presión
interna e o aire intenta saír polo burato da botella.
• Logo duns minutos, ao diminuír a diferenza da presión, diminúe a frecuencia dos saltiños.
A MOEDASALTARINA
1+1=2 ??Materiais:• 1 l de auga.• Alcol.• Dúas cubetas.
Procedemento:
Se mesturamos dous volumes iguais de auga o resultado é o esperado:1+1=2Pero se mesturamos volumes iguais de auga e alcohol o volume resultante é menor que a suma dos dous volumes. 1+1< 2
1+1=2 ??
Explicación:Ao mesturar auga e alcol
prodúceseunha unión entre as moléculas
(pontede hidróxeno) que produce adiminución do volume.
OXIDACIÓN DA FROITA Materiais:• Unha mazá.• Un plástico.• Un limón.• Xeo.
Procedemento:
•No prato número un colocamos un dos anacos de mazá.•Envolvemos co plástico outro anaco de mazá e colocámolo no prato número dous.•No prato número tres poñemos outro anaco de mazá e engadimos un pouco de zume do limón.•Para rematar, no prato número catro poñemos o último anaco de mazá e cubrímolo con xeo.
OXIDACIÓN DA FROITA Procedemento:
• Transcorridos uns 30 minutos vemos o estado en que se atopan os anacos de mazá:
- O anaco de mazá número un escureceu.
- No anaco número dous o cambio de cor é menor.
- Nos outros anacos de mazá non se aprecia cambio de cor.
Explicación:
• A oxidación é unha reacción química que se produce na froita ao reaccionar co osíxeno do aire. No noso experimento apréciase doadamente pola coloración escura que adquire a superficie da mazá.
• A oxidación da froita pode atrasarse por refrixeración ou envolvéndoa cun plástico para que o osíxeno non entre en contacto coa froita.
• Outra opción para atrasar a oxidación é engadirlle un pouco de zume de limón á froita. O xugo de limón contén vitamina C (ácido ascórbico) que actúa como antioxidante.
• É por isto que en moitos restaurantes as ensaladas de froita levan un pouco de zume de limón que mantén os anacos de froitas coa súa cor orixinal.
OXIDACIÓN DA FROITA