76
TERRA DE TRIVES A NATUREZA

Comarca Terra de Trives

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Comarca Terra de Trives

TERRA DE TRIVESA NATUREZA

Page 2: Comarca Terra de Trives

Cumes do Macizo Central en Manzaneda

A comarca de Terra de Trives está situada no centro-norte da provincia de Ourense. Está asentada sobre un territorio cun releve moi accidentado e de grandes alturas no que se poden diferenciar dúas unidades de relevo en liña xerais: no leste, centro e sur un conxunto de serras que van elevándose ata acadar as máximas alturas na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no Macizo Central; ao norte os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos profundos vales dos ríos que desembocan no Bibei, en especial o Navea e o San Lázaro.

Page 3: Comarca Terra de Trives

É unha comarca dun grande valor ambiental que acolle impresionantes paisaxes de alta montaña e profundos canóns fluviais, pegadas das glaciacións, árbores monumentais e unha rica flora e fauna con mestura de especies atlánticas e mediterráneas.

Val do Bibei no Larouco

Page 4: Comarca Terra de Trives

SUPERFICIE: 431,7 km2 POBOACIÓN: habitantes 4.608 habitantes (2015)CONCELLOS: Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río.ESPAZOS PROTEXIDOS:-LICs Macizo Central e Pena Trevinca-PAISAXE PROTEXIDA “Canón do Navea”

Page 5: Comarca Terra de Trives

CLIMAOceánico de montaña e con matices mediterráneos nas zonas baixas dos vales dos ríos, onde se cultivan viñedos.

Page 6: Comarca Terra de Trives

ACTIVIDADESA principal actividade son os servizos, seguida da agro-gandaría, a industria e a construcción.

Casteligo, en Chandrexa de Queixa

Page 7: Comarca Terra de Trives

Viñedos no val do Bibei

Page 8: Comarca Terra de Trives

PATRIMONIOA comarca conserva unha grande variedade de mostras histórico-artísticas e etnográficas de todas as épocas: castros, vías e pontes romanas, igrexas románicas e barrocas, núcleos e casas tradicionais, castelos, pazos, pontes, muíños…

Casa en Chandrexa de QueixaIgrexa de Sobrado de Trives

Page 9: Comarca Terra de Trives

Miliarios no Larouco

Cubeiros (Placín-Manzaneda)

Page 10: Comarca Terra de Trives

CONCELLOS

SUPERFICIE: 171,75 km2 POBOACIÓN: 528 habitantes (2015)PARROQUIAS: Caldeliña, O Candedo, Casteligo, Casteloais, Celeiros, Chandrexa, Chaveán, Drados, Fitoiro, Fonteita, Forcadas, Parada Seca, Parafita, Queixa, Rabal, Requeixo, San Cristovo e Vilar.

CHANDREXA DE QUEIXAEstá situado no sur-leste da comarca lindando coas comarcas de Monterrei polo sur e Terra de Caldelas polo leste. O territorio ten dúas áreas moi diferenciadas. No leste e sur está ocupado polas serras do Burgo, Altos do Samión e Queixa, onde se atopan os cumes máis alto do concello, o Toleiros, o Sixtil Branco, e o Seixo, que superan os 1.700 m. No centro está atravesado polo río Navea e os seus afluentes Casteligo e Rabal que forman vales encaixados.

Celeiros, capital municipal de Chandrexa, ao pé do encoro no río Navea.

Page 11: Comarca Terra de Trives

Pontella sobre o río Casteligo.

As principais actividades son a agro-gandaría e os servizos.É un concello con importantes valores naturais incluídos no LIC Macizo Central que protexe as áreas de montaña e parte do val do río Navea.Tamén conserva un rico patrimonio etnográfico. En Chandrexa pódese visitar o “Centro de Identidade Galega” onde se amosan aparellos e obxectos da vida da zona.

Fitoiro, na aba da serra do Burgo.

Page 12: Comarca Terra de Trives

SUPERFICIE: 114,55 km2 POBOACIÓN: 975 habitantes (2015)PARROQUIAS: Cernado, Cesuris, Manzaneda, Paradela, Placín, Reigada, Requeixo, san Martiño de Manzaneda, San Miguel de Bidueira e Soutipedre.

Vista da vila de Manzaneda

MANZANEDASituado no sur-leste da comarca, entre o Macizo Central e o val do Bibei. O territorio ten tres áreas diferenciadas: as grandes alturas da serra de Queixa, co cume en Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), situadas no leste, sur e centro do concello; un terreo de transición de alturas medias (1.200 a 800 m) e moi excavado polos ríos; e o val do Bibei, ao leste, un terreo de fortes pendentes e características mediterránes onde se cultivan os viñedos en socalcos.Os ríos máis importantes son o Bibei, que fai de linde do concello polo leste e norte, os os seus afluentes San Lázaro, Tintín, San Miguel, Cernado e Cenza-Conso (cabeceira).

Page 13: Comarca Terra de Trives

Cernado, nas abas de Bustofrío (serra de Queixa)

As principais actividades son os servizos, a agrogandeiría e pequenas industrias.É un concello dun grande interese natural e cultural. Unha grande parte do seu territorio está incluído no LIC Macizo Central, e ademáis unha zona protexida no LIC Pena Trevinca.

Porta da Vila. Unha das partes que se conservan da antiga muralla que rodeaba Manzaneda con orixe no século XII.

Page 14: Comarca Terra de Trives

SUPERFICIE: 84,14 km2 POBOACIÓN: 2.245 habitantes (2015).PARROQUIAS: Barrio, O Castro, Cotarós, Cova, A Encomenda, Mendoia, Navea, Pareisás, Pena Folenche, Pena Petada, Piñeiro, A Pobra de Trives, San Lourenzo de Trives, San Mamede de Trives, Sobrado, Somoza, Trives, Vilanova e Xunqueira.

A POBRA DE TRIVESEstá situado no centro-norte da comarca. O Territorio está inclinado cara ao norte. As maiores alturas sitúanse ao sur na Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), no linde co concello de Manzaneda. No centro hai unha pequena superficie de aplanamento de 700 a 900 m de altitude e ao norte e leste está limitada polos vales do río Bibei e o seu afluente principal na comarca, o Navea.Os ríos principais son o Bibei o e os seus afluentes o Navea, no linde con San Xoán de Río, e o San Lázaro, no linde con Manzaneda.

Pazo na Pobra de Trives

Page 15: Comarca Terra de Trives

Ponte romana sobre o Bibei, entre Trives e Quiroga. Construída entre os anos 114 a 119 para dar paso á Vía Nova. Declarado Monumento Artístico Nacional desde 1931.

As principais actividades son os servizos a agrogandaría (gando vacún e ovino, cultivo de vides e castiñeiros) e pequenas industrias derivadas.Ten importantes valores naturas asociados á montaña e aos vales dos ríos. Destaca a presenza de numerosos soutos con exemplares monumentais. Unha parte do seu territorio está incluída no LIC Macizo Central.Tamén conserva un rico patrimonio histórico, artístico e etnográfico: vías e pontes romanas, igrexas románicas, casas, pazos...

Igrexa de Sobrado Trives

Page 16: Comarca Terra de Trives

SUPERFICIE: 61,12 km2 POBOACIÓN: 860 habitantes (2015)PARROQUIAS: As Cabanas, castrelo, cerdeira, Medos, San Silvestre de Argas, San Xoán de Río, san Xurxo, Seoane de Argas e Vilardá.

Aula da Natureza en San Xoán de Río.

SAN XOÁN DE RÍOSituado ao noroeste da comarca, no linde coa Terra de Caldelas e O Courel-Quiroga. O territorio é moi irregular con alternancia de granitos e lousas. As máximas alturas sitúanse ao norte, na serra da Cabanas, co monte Cerengo como máximo cume (1286 m). No sur-leste atópase a serra do Burgo, no linde coa Terra de Caldelas, e entre esta e a das Cabanas unha aliñación de montañas de media altura que separan as concas do Navea e do Edo e delimitan unha pequena penichaira de 800 a 900 m de altitude con inclinación cara ao surleste, atravesada polos regos de San Fitoiro e da Cruz (afluentes do Edo).

Page 17: Comarca Terra de Trives

É un concello eminentemente rural con pequenos núcleos de poboación. As principais actividades son os servizos, a agro-gandaría e pequenas industrias.Parte do seu territorio (val do Navea) está incluído no LIC Macizo Central.Acolle importantes valores naturais (canón do Navea, fragas autóctonas) e culturais (calzada, ponte e minas romanas).

Ponte Navea, construción medieval entre Trives e San Xoán de Río

Miliario romano da Vía Nova ou Vía XVIII do itinerario de Antonino ao seu paso por San Xoán de Río.

Page 18: Comarca Terra de Trives

RELEVO

Cumes do Macizo Central

O territorio da comarca de Trives ten un relevo moi irregular con grandes contrastes de altitude entre cumes que acadan máis dos 1.700 m e os vales do río Bibei. As serras dominan o centro, leste e sur, e ao norte quedan os restos dunha penichaira moi erosionada e dividida polos vale fluviais, cunha altitude media de 800-1.000 m.As serras máis importantes son as que forman parte do chamado Macizo Central Ourensán: ao leste a serra do Burgo, e ao sur os Altos do Samión e Queixa. No noroeste atópase a serra das Cabanas, que se prolonga cara ao sur ata case tocar coa do Burgo en elevacións de menor importancia.

Page 19: Comarca Terra de Trives

Granitos nos cumes de Manzaneda

As rochas son moi variadas: granitos, lousas, cuarcitas, areíscas...Un dos aspectos de maior interese natural destas serras son as pegadas da actividade glaciaria.

Lousas fracturadas pola acción do xeo

Page 20: Comarca Terra de Trives

Vexetación no altos do Samión. Cumes de mato e bosques nas abas avesías.

A vexetación dominante nos cumes é o mato formado por carqueixas, uces, carpazas, xestas, piornos, arandeiras, silveiras, codesos, uces brancas e fentos comúns. Nas partes máis altas hai pasteiros naturais e na zona máis degradada hai toxos, queirugas, pelos de raposo, tomelos... Hai numerosas áreas repoboadas con piñeiros e eucaliptos.Por riba dos 600 m de altura hai bosque mixto de carácter eurosiberiano formado por cerquiños, bidueiros, abelairas, pradairos e capudres. Nas proximidades das poboación hai soutos, algúns moi antigosde e con castiñeiros de bo porte.

Page 21: Comarca Terra de Trives

Carqueixas e breixos

Crocus serotinusEryngium duriaei, un endemismo ibérico que se atopa nalgunhas serras orientais e do sur e no Macizo Central.

Page 22: Comarca Terra de Trives

Na fauna están representados os animais de montaña, de espazos abertos e de bosques.

Xabarín (Sus scrofa)

Cotovía (Galerida cristata)

Bolboreta (Polyommatus icarus)

Page 23: Comarca Terra de Trives

O Macizo Central desde O Courel

MACIZO CENTRAL É un conxunto de serras cos cumes aplanados situado na zona centro occidental da provincia de Ourense. No seu conxunto presenta unha forma redondeada de aspecto macizo excavada polas beiras polos profundos vales dos ríos que nacen nos cumes. Está rodeado polo val do Sil, polo norte, os vales do Camba e Bibei polo leste, a depresións de Monterrei polo sur e a depresión da Limia polo oeste. O núcleo comprende as serras da Queixa, San Mamede, O Burgo, Fial das Corzas, Altos do Samión e Invernadeiro. A máxima altitude é a Cabeza Grande de Manzaneda, con 1.782 m, na serra da Queixa.

Page 24: Comarca Terra de Trives

Rochas rotas pola acción do xeo. Ao conxelarse a auga nas fendas produce un efecto cuña que parte a rocha.

A rocha dominante é o granito de dúas micas agás no sur onde abondan os xistos e as cuarcitas. Os materiais foron erguidos na Era Primaria, arrasados na Secundaria e rexuvenecidos na Terciaria pola Oroxenia Alpina. Durante o Cuaternario estivo cuberta de glaciares, dos que se atopan numerosas pegadas en toda a zona.

Page 25: Comarca Terra de Trives

Vista pola mañán cara a Trevinca.Desde os cumes do Macizo Central abránguese unha extensísima panorámica.

O Macizo Central ten un grande interese xeolóxico, biolóxico, histórico e etnográfico. Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico, aínda que está moi degradada polas queimas e os bosques están reducidos a pequenas superficies no fondo dos vales e nas abas dalgunhas montañas.Unha grande parte está incluída no LIC “Macizo Central”.

Page 26: Comarca Terra de Trives

Serra de Queixa desde San Mamede

SERRA DA QUEIXAOcupa a parte central do Macizo Central, con orientación N-S e nela atópanse os picos máis altos: Cabeza Grande de Manzaneda (1.782 m), Cabeza Pequena de Manzaneda (1.777 m) e Os Toleiros (1.734 m) . Nos cumes do Seixo conflúe coa serra de Fial das Corzas e O Invernadeiro. Na parte occidental dominan as pelitas e areíscas e na oriental o granito de dúas micas.O relevo deste macizo é de formas suaves e redondeadas, aplanadas polos glaciares e nalgunhas zonas sobresaen formacións graníticas acasteladas.Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis.Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que percorre as partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.

Page 27: Comarca Terra de Trives

Cumes aplanados da Serra da Queixa, con coa serra de San Mamede ao fondo.

Na vertente oriental nacen os ríos Cernado, Cenza e Conso, na occidental o Casteligo ou Dorelle, Forcadas e Requeixo e na norte o San Lázaro. Estes ríos escavan vales profundos con grandes desniveis.Accedese desde Pobra de Trives ou Manzaneda. Desde o cume sae unha pista de terra que percorre as partes alta da serra da Queixa e Fial das Corzas e remata en Camba.

Page 28: Comarca Terra de Trives

Cumes da serra de Queixa (cabeza Grande de Manzaneda). Ao Fondo o Macizo de Trevinca.

Page 29: Comarca Terra de Trives

Panorámica da Serra de Queixa en primavera.

Page 30: Comarca Terra de Trives

Estación de montaña de Cabeza de Manzaneda, no cume da Cabeza Pequena de Manzaneda.

Panorámica da Serra de Queixa en primavera.

Page 31: Comarca Terra de Trives

Altos do Samión desde Fial das Corzas. No primeiro termo o val do río das Casas, afluente do Queixa, nas cabeceiras do Navea.

ALTOS DO SAMIÓNÉ unha pequena serra con orientación NE-S situada entre a Serra de San Mamede, Fial das Corzas e serra de Queixa, no concello de Chandrexa de Queixa. Os puntos máis altos son o Xistral, con 1.596 m e o Penedo de Samión, con 1.348 m. Nas súas abas nacen varios afluentes do Navea. Accedese desde As Taboazas ou desde Requeixo. Pódense facer rutas de sendeirismo polos cumes con vistas espectaculares

Page 32: Comarca Terra de Trives

Altos de Samión desde San Mamede. Ao fondo a Cabeza de Manzaneda.

Page 33: Comarca Terra de Trives

A disposición dos estratos aparece resaltada polas faixas de cuarcita que sobresa dos xistos, cubertos pola vexetación.

Page 34: Comarca Terra de Trives

Vista xeral da serra do Burgo co val do Navea á dereita

SERRA DO BURGO É unha serra de formas suaves con dirección NE-SO, paralela á serra de Queixa, da que a separa o río Navea polo leste. Os picos máis altos son A Pena da Cruz, con 1.289 m e O Serro, con 1.211 m. A rocha dominante é o granito de dúas micas. Os cumes desta serra marcan o límite oeste da comarca, coa de Terra de Caldelas. Na vertente leste nacen afluentes do Navea.Os cumes están ocupados por un parque eólico. Accedese desde Chandrexa de Queixa por Fitoiro e Drados, e polas pistas do parque eólico.

Page 35: Comarca Terra de Trives

Cumes da Serra do Burgo cara a San Mamede desde o alto da Pena da Cruz

Refuxio de pastores construído aproveitando un penedo.Os cumes da serra do Burgo están coroados por penedos graníticos de curiosas formas.

Page 36: Comarca Terra de Trives

Vista da serra das Cabanas desde a Pena da Cruz: o planalto de San Xoán de Río no que sobresaen os cumes da Moa e o Cerengo.

SERRA DAS CABANAS OU DA MOASituada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e San Xoán de Río, con orientación SE-O, rodeada polo leste e norte polo Sil. Nas abas que dan a San Xoán de Río son suaves e de pouco desnivel e na as que caen ao Sil e o Navea son moi abruptas.Na vertente sur nacen varios afluentes do Edo, tributario do Sil. O cume máis alto é o Cerengo, con 1.235 m da altura. As rochas dominantes son xistos e cuarcitas.Accedese desde San Xoán de Río. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre toda a comarca de Trives cara ao sur e a de Quiroga cara ao leste e norte.

Page 37: Comarca Terra de Trives

Antigas explotacións romanas para extraer ouro en Cabanas, nas abas do Cerengo (San Xoán de Río).

Cume do Cerengo e caída cara ao Navea. Nas abas orientadas ao leste as casas de Navea (Pobra de Trives).

A Moa, o segundo cume da serra das Cabanas.

Page 38: Comarca Terra de Trives

Cume do Cerengo e caída cara ao Navea

Page 39: Comarca Terra de Trives

Circo glaciar do Cenza.No Corvo de Cavalo, na vertente sudoriental de Cabeza de Manzaneda, ocupando o curso alto do río Cenza consérvanse as melloras mostras das glaciacións de Galiza: circo glaciar en forma de funil, morrenas laterais, rochas de aspecto aborregado pulimentadas e estriadas polo xeo, unha lagoa estacional de orixe glaciar, turbeiras...

PEGADAS DA ACTIVIDADE GLACIARDurante as glaciacións do final do Cuaternario (Würm), a alta zona achairada da Queixa estivo ocupada por un glaciar de casquete ata os 1.250 m e en cotas máis baixas por varios glaciares de circo e lingua. Desta época consérvanse numerosas pegadas: lagoas, circos e vales glaciares, morrenas, rochas con marca do xeo...

Page 40: Comarca Terra de Trives

Os glaciares máis importantes foron:-Cenza ou Couselo, desde os Sistil ata Chagoazoso.-Cabeza Pequena de Manzaneda -Marmentelo (SO de Cabeza de Manzaneda).-As Lamas: polo que corre o rego das Lamas, chamado máis abaixo Requeixo e San Miguel.-San Lázaro: no NE de Cabeza Grande de Manzaneda, na cabeceira do río San Lázaro.-Cerveira, no SO da serra de Queixa, no linde coa do Invernadeiro.-Forcadas e Requeixo, no SO de Cabeza Grande de Manzaneda, nas cabeceiras do río Grande.Por todos estes vales glaciares pódense facer rutas a pé para percorrelos e apreciar a formas dos vales e os distintos tipos de depósitos rochosos. O de máis doado acceso é o do Cenza, ao que se pode chegar pola estrada do encoro.

Val do Requeixo, desde os cumes da serra de Queixa. Nas cabeceiras do río Grandes consérvanse tres circos glaciares situados entre 1.600 e 1.400 m de altitude.

Rochas coas pegadas da acción do xeo.

Page 41: Comarca Terra de Trives

Circo glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 42: Comarca Terra de Trives

Depósitos do glaciar de Lamas (Requeixo-Manzaneda)

Page 43: Comarca Terra de Trives

Circo glaciar de Prada (Requeixo-Manzaneda)

Page 44: Comarca Terra de Trives

RÍOSA maioría dos ríos da comarca son afluentes do Bibei. Este corre arredor do Macizo Central e recibe os seus afluentes dos seus cumes.O o Bibei marca o límite da comarca polo leste, e o Navea atravésaa de SO a NE. Polo noroeste da comarca, en San Xoán do Río, corren varios afluentes do Edo (San Fitoiro, Ferreiros). En xeral son ríos de réxime pluvio-nival, con augas altas na primavera.

Page 45: Comarca Terra de Trives

Encoro de Chandrexa, nas cabeceiras do Navea

Arredor dos ríos consérvanse importantes masas arbóreas de bosques de ribeira e reboleiras cunha gran biodiversidade.

Page 46: Comarca Terra de Trives

Parcela de viñedo no val do río San Lázaro. Nas abas orientadas ao sol dos vales do Bibei e os seus afluentes aparece unha vexetación de tipo mediterráneo como os érvedos e as sobreiras. Desde tempos moi antigos cultivanse as vides en socalcos.

Page 47: Comarca Terra de Trives

Cáncaro (Primula acaulis)

Viburnum opulus. Unha especie pouco común que aparece nas beiras dalgúns ríos galegos.

Page 48: Comarca Terra de Trives

Donceliña (Coenagrion ...)

Garza real (Ardea cinerea)

Ra verde camuflada na vexetación do río

Page 49: Comarca Terra de Trives

O Bibei encaixado entre As Ermidas (O Bolo) e Manzaneda. Nas zonas orientadas ao sur hai socalcos nos que se cultivan vides, en gran parte abandoados.

RÍO BIBEINace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura. Percorre os concellos de Viana do Bolo, o Bolo, Manzaneda, Pobra de Trives e fai a divisoria entre Ribas de Sil e Quiroga. Desemboca no Sil nas proximidades de Montefurado.Na comarca de Trives fai fronteira, na súa marxe esquerda ao longo de todo o seu percorrido entre os concellos de Manzaneda e Pobra de Trives cos do Bolo, Larouco e Quiroga. Discorre por un canón que acada nalgúns puntos ata 500 m de profundidade excavado en granitos, xistos e gneis. Os seus afluentes pola esquerda son o Cernado, San Miguel ou Requeixo, San Lázaro, Cabalar, Fiscaíño e Navea.

Page 50: Comarca Terra de Trives

O Bibei e o Navea preto da desembocadura no Sil

O Bibei e o Navea preto da desembocadura no Sil

O Bibei entre Pobra de Trives e Quiroga

Page 51: Comarca Terra de Trives

Encoro de Chandrexa de Queixa, situado na vertente occidental de Cabeza de Manzaneda, no río Queixa-Navea. Arredor hai bosques ben conservados de rebolos, bidueiros, acivros, capudres...

RÍO NAVEAO río (nun comezo chamado Queixa) recolle as augas de varios regos que nacen na Serra de Queixa, Montes do Samión e serra de San Mamede que conflúen no encoro de Chandrexa de Queixa. Máis abaixo circula entre as Serra do Burgo e Queixa facendo fronteira en grande parte do seu percorrido entre A Pobra de Trives, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río. Xúntase co Bibei nas proximidades da súa desembocadura no Sil. Está afectado por dous encoros: Chandrexa e Guístolas. Os seus afluentes mais importantes pola dereita son o rego do Acerral, o río Grande, que se forma co rego das Forcadas e o Rego de Requeixo, que desembocan no encoro preto de Chandrexa; e o río de Casteligo. Pola esquerda o regueiro do Marco, o rego de Rabal e o das Cabanas.Unha grande parte do Navea discorre por profundos canóns e vales encaixados rodeados de fragas autóctonas de grande interese ecolóxico e paisaxístico.

Page 52: Comarca Terra de Trives

O Navea na área do encoro de Guístolas no invernoCanón do Navea en San Xoán de Río

Canón do Navea en San Xoán de Río

Río de Queixa, unha das cabeceiras máis importantes do Navea que recibe, antes de ser retido no encoro de Chandrexa o rego de Figueiras e río das Casas.

Page 53: Comarca Terra de Trives

Bosques no Canón do Navea, entre San Xoán de Río e A Pobra de Trives. En grande parte do seu percorrido o Navea excava un profundo canón no que se conservan bosques de grande biodiversidade. Varias rutas permiten percorrer os bosques na contorna do encoro de Guístolas ou na zona de San Xoán de Río.

Fervenza de Corvido, nun pequeno afluente do Navea case na súa desembocadura. Vese á esquerda da estrada que vai á central do Bibei e a Montefurado.

Page 54: Comarca Terra de Trives

Paredes do Canón do Navea

Page 55: Comarca Terra de Trives

Central eléctrica no Navea, situada ao pé da súa desembocadura no Bibei.Na estrada que vai da Pobra de Trives a Montefurado hai varios miradoioos desde os que se poden contemplar unhas vistas espectaculares do Monte Cerengo e os vales do Navea e o Bibei, así como varios pregamentos nas rochas das paredes do canón.

Page 56: Comarca Terra de Trives

Río Dorelle en Casteligo

RÍO DORELLE OU CASTELIGONace en Cabeza de Manzaneda, na zona onde conflúen os concellos de Manzaneda, Pobra de Trives e Chandrexa de Queixa e, despois dun curto percorrido con bastante desnivel, xúntase ao Navea na parroquia de Casteligo (Chandrexa de Queixa).

Page 57: Comarca Terra de Trives

Río Dorelle na parroquia de Casteligo. Fervenza de CasteligoNa parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.O río Casteligo, afluente do Navea encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.COMO CHEGAR: Na estrada que vai de Chandrexa de Queixa a Pobra de Trives crúzase o río e pódese seguir o seu curso. A fervenza vese desde a estrada antes de chegar ao encoro de Chandrexa de Queixa.

Fervenza de Casteligo, na parroquia de Casteligo, no concello de Chandrexa de Queixa.O río encáixase nun pequeno canón con pozas e rápidos e pouco antes de desembocar no Navea forma unha fermosa fervenza entre rochas graníticas. Está rodeada de bidueiros, amieiras, salgueiros e rebolos.

Page 58: Comarca Terra de Trives

Val do río San Lázaro

RÍO SAN LÁZARONace en Cabeza de Manzaneda e ao longo de case todo o seu percorrido fai fronteira entre os concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda. Xúntase ao Bibei nas proximidades do Larouco. Ten un percorrido con grandes desniveis e excava un estreito canón desde Manzaneda ata a súa desembocadura. O principal afluente é o Tintín, no que hai un encoro.

Formación rochosa na unión do Bibei e San Lázaro na área recreativa do Caneiro (Manzaneda).

Page 59: Comarca Terra de Trives

O río San Lázaro entrando no Bibei

Fervenza do río San LázaroNa parroquia e concello de Manzaneda.Hai varios saltos sucesivos pero o maior e máis visible ten uns 15 m de altura. Accedese desde Mendoia.

Page 60: Comarca Terra de Trives

Turbeiras no val do Cenza

RÍO CENZAFórmase no antigo circo glaciar do Corvo do Cavalo, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda e ten un percorrido curto por esta comarca antes de ser encorado no seu curso alto. No seu val consérvanse interesantes representacións de turbeiras de montaña.

Curso alto no Cenza na vertente leste da serra da Queixa.

Page 61: Comarca Terra de Trives

Rego de San Miguel na proximidades de Requeixo.

REGO DE SAN MIGUELFórmase coa unión dos regos que drenan os vales glaciares de Prada e Lamas, na vertente leste de Cabeza de Manzaneda. Xúntase ao Bibei augas abaixo do encoro do Vao.

Rego de Prada, ao pé da aldea abandonada do mesmo nome, asentada no fondo chan do val glaciar.

Page 62: Comarca Terra de Trives

AS ÁRBORES

Fraga no val do Navea

Na comarca de Trives atópanse representantes de especies arbóreas atlánticas (carballo, bidueiro, pradairo, capudre...) e mediterráneas (rebolos, érvedos) e unha gran superficie dedicada ao cultivo de castiñeiros, co algúns exemplares monumentais. Nas áreas de media altura de menos pendente hai tamén plantacións de piñeiros.

Page 63: Comarca Terra de Trives

Cerquiño ou rebolo (Quercus pyrenaica)

Pazo da Pena. Rozavales (Manzaneda). -17 m de altura e 4 m de perímetro. Atópase no interior da propiedade do pazo, ao pé da estrada de Manzaneda a Rozabales.

ÁRBORES SENLLEIRAS

Page 64: Comarca Terra de Trives

O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore de orixe mediterránea, probablEmente do sur de Europa. En Galiza atopáronse restos de hai 3.000 anos, aínda que o seu cultivo foi extendido na época romana. Do castiñeiro aprovéitase a madeira, moi apreciada en ebanistería por ser dura e resistente á couza e a rela e ter un bo acabado. As castañas como alimento de persoas e animais e as follas e ourizos secos como cama para o gando e adubo para as terras. A castaña supuxo unha fonte de alimentación fundamental en Galiza ata que se introducíu a pataca.

O CASTIÑEIROOs soutos son plantacións de castiñeiros que veñen sendo explotadas polo ser humano desde tempos moi antigos. En Galiza constitúen ecosistemas de grande interese porque ademais da súa utilización polo ser humano para obter madeira e castañas, acollen unha flora e fauna moi interesantes, especialmente fungos, liques, aves e insectos.O número e a superficie de soutos diminueu moito en Galiza pola tala para madeira e, sobre todo, polo mal da tinta producido por un fungo (Phytophtora cinnamoni) que lle afectou gravemente aos castiñeiros. Na actualidade estase a introducir variedades híbridas resistentes.

Page 65: Comarca Terra de Trives

Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales en Manzaneda. É un dos de maior perímetro de Galiza, con máis de 12 m, e supera os 500 anos. Foi declarado Monumento natural no 1995. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Page 66: Comarca Terra de Trives

Castiñeiro da Regadiña. Mendoia. (Pobra de Trives). O toro ten un grande oco e a copa está moi mermada. Supera os 500 anos e ten 11 m de perímetro.

Page 67: Comarca Terra de Trives

No souto de Cernado, que se atopa á entrada da poboación, á esquerda da estrada, hai algúns castiñeiros de bo porte. O máis grande, na imaxe, sobrepasa os 9 m.

Page 68: Comarca Terra de Trives

A Fraga (San Xoán de Río)-No canón do río Navea. Varios exemplares de bo porte.

Page 69: Comarca Terra de Trives

Navea(A Pobra de Trives)

Page 70: Comarca Terra de Trives

Pazo de Barbeirón(Sobrado, A Pobra de Trives)

Page 71: Comarca Terra de Trives

Cubeiros (Placín, Manzaneda) -9,45 m de perímetro. Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Page 72: Comarca Terra de Trives

Bidueiro (Betula celtiberica)

Bidueiro en Mendoia. (Pobra de Trives)

Page 73: Comarca Terra de Trives

ESPAZOS PROTEXIDOS

Charrela (Perdix perdix hispaniensis).O Macizo Central acolle unha gran biodiversidade, con máis de 900 especies vexetais, entre as que se atopan arredor de cen endemismos ibéricos (Arenaria tetraquetra, Silene Foetida, Silene ciliata, Viola bubani, Eryngium duriaei, Gentiana lutea, Serratula legionensis...), 176 especies de vertebrados (águia real, lobo, charrela, corzo, bufo real, papoazul, abellaruco...) e numerosos invertebrados.

LIC MACIZO CENTRALÉ o segundo espazo protexido máis extenso de Galiza, 45.196 ha nos concellos de O Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza, Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Larouco e Montederramo (Ourense) e Quiroga (Lugo). Inclúe o Macizo Central e parte do curso do río Bibei e os seus afluentes pola esquerda. Inclúese ademais o curso do Navea entre os encoros de Chandrexa e Guistolas.Ao ser unha superficie tan ampla e co relevo tan variado atopamos ecosistemas moi diversos tanto de tipo mediterráneo (val do Bibei) como atlántico. A zona ten un grande interese xeolóxico e biolóxico. As paisaxes de montaña, os canóns dos ríos e as fervenzas son espectaculares e algúns bosques conservan exemplares de árbores centenarios.

Page 74: Comarca Terra de Trives

Castiñeiro de Pumbariños no Outono

MONUMENTO NATURAL “SOUTO DE ROZAVALES”

Pequeno espazo de 1,79 ha en San Martiño de Arriba, no concello de Manzaneda. É un souto formado por castiñeiros moi antigos entre os que destaca o castiñeiro de Pumbariños con máis de 500 anos de idade e 12 m de perímetro.

Page 75: Comarca Terra de Trives

PAISAXE PROTEXIDA “VAL DO NAVEA”Un espazo de 691 ha nos concellos de San Xoán de Río e A Proba de Trives (3 de decembro de 2008) que inclúe o Val do río Navea desde un pouco máis adiante do remate do encoro de Guístolas ata a altura de Navea, un pouco antes do encoro da Ponte Nova.As abruptas ladeiras aparecen cubertas na actualidade por herbazais, matogueiras e amplas áreas dominadas por bosques autóctonos, que se corresponden con diversos tipos de hábitats de interese comunitario.

Page 76: Comarca Terra de Trives

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Decembro 2016