Upload
nexosfilosofia
View
1.151
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
nexosfilosofia nexosfilosofia.org
TITORES:
• MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE.
Catedrático de Filosofía do IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela
• RICARDO RODRÍGUEZ DE RÁVENA. Profesor de Filosofía no IES Xulián Magariños. Negreira
• EVA GAREA TRABA Profesora de Filosofía no IES de Ames. www.filonexos.blogspot.com
Didáctica da Filosofía e TIC
Curso de formación do profesorado
Os debates e a discusión sobre as
diferentes posicións
relacionadas cos
temas tratados, serán
centrais ao longo do
curso, avaliables e
xeradoras de contidos
Para facilitar este
traballo teremos tres
auxiliares:
O apocalíptico
O integrado
A crítica
Que nos axudarán a
centrar o debate, sen
que as súas posicións
deban impedir calquera
outra intervención que
queiran propor os
participantes.
De que falamos cando falamos de ensinar
Filosofía no Ensino Medio?
A didáctica non pode reducirse a un
conxunto de receitas aplicables
mecanicamente a calquera experiencia
docente.
Faise necesario que as estratexias
didácticas estean contextualizadas nun
proxecto educativo que tome en
consideración, tanto os contidos que se
queren ensinar, como as metodoloxías
disciplinares específicas.
No contexto actual, ademais das pers-
pectivas disciplinares e didácticas de-
bemos tomar en consideración as novas
ferramentas que impregnan xa a totali-
dade da vida cotiá e tamén das aulas.
Non se poden tomar decisións
obxectivas, relevantes e coherentes
sobre o ensino da Filosofía sen facer
unha análise destes devanditos tres
aspectos.
Este curso propón unha discusión en
tres niveis diferentes. Así, en cada un
dos seus apartados iniciaremos, na me-
dida do posible, unha discusión sobre as
necesidades da materia de Filosofía e os
seus supostos didácticos, e rematare-
mos cunha valoración do uso das TIC
máis unha proposta práctica.
Tentaremos solucionar os déficits de
coñecementos sobre as diferentes
ferramentas que haberemos utilizar nas
tarefas propostas.
Porén, este non é o obxectivo prioritario
do curso. Máis aló das ferramentas
parécenos máis importante centrarnos
nas dificultades que poden aparecer
cando iniciamos o traballo na aula e
abordalas non só dende unha
perspectiva práctica e solucionadora,
senón tamén dende a teoría e a crítica
dos seus fundamentos.
nexosfilosofia.org nexosfilosofia
MODÚLO 1: PRIMERIOS PASOS
Debater sobre a introdución das TIC na docencia e a súa utilidade
Iniciarse no uso dunha aula virtual Moodle
Coñecer as principais licen-cias e como aplicalas aos contidos dixitais educativos
Principais debates que poden afectar ao ensino da filosofía hoxe
OBXECTIVOS:
Gustaríanos que este
curso fose unha
plataforma para
intercambiar opinións
tanto sobre o que se
ensina na clase de
filosofía, como sobre o
xeito no que eses
coñecementos se
imparten.
Cremos que as
tecnoloxías non son
nunca neutras e
cómpre reflexionar
sobre as
consecuencias que
ten a súa aplicación
no contexto educativo.
Porén, será necesario
comprender o seu
manexo e as súas
posibilidades antes de
xulgalas.
Coma ningún xuízo se
fai no baleiro,
traeremos tamén a
este curso as
principais voces ,
apocalípticas e
integradas, tentando
achegármonos a
posicións críticas a
través dos debates
nos foros.
Un curso para integrar as TIC na
dinámica da aula de Filosofía
UNNA OLLADA ás principais estratexias para a usar na aula
Adaptar as ferramentas
TIC aos requirimentos
do ensino da filosofía, á
procura dunha efectiva
integración coas
competencias
filosóficas.
INTERCAMBIO de opinións sobre a función da Filosofía no Bacharelato Debater sobre o
estatuto epistemolóxico
das novas ferramentas
TIC e sobre as
consecuencias da súa
utilización no ensino.
REQUIRIMENTOS
Conta en: edu.xunta.es
Ordenador Aceso a
internet Ganas de
traballar e debater
Suxestións prácticas – Foros e debates – Traballo colaborativo
Suscitar discusións sobre
problemas que afectan
directamente á docencia da
filosofía e que están na mente de
todos os profesores.
Construír entre todos un
documento que faga explícitas as
competencias que a Filosofía
achega á educación secundaria e
que son propias desta disciplina.
.
Pretendemos que o curso
abranga:
Aprendizaxe de algunhas
ferramentas útiles para axilizar a aula
de filosofía e adaptala a unha
educación con apoio TIC.
Resolver as dúbidas que poidan
xurdir no uso das ferramentas e
proporcionar solucións aos
diferentes proxectos que se
propoñan.
MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA FILOSOFÍA
Reflexionar sobre as achegas das TIC ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais
Coñecer algúns dos recursos existentes na Web para o ensino da Filosofía
Aprender a clasificar os recursos atopados e a integralos na nosa aula
MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS
Debate sobre a dualidade ra-zón/emoción na Filosofía á luz das neurociencias
Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos
Principios dunha síntese de coñecemento eficaz nos no-vos contextos multimedia
MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0.
Valorar o uso das diferentes ferramentas 2.0 na aula de filosofía
Aprender a usar esas ferramentas no contexto dunha aula Moodle
Coñecer as principais formas de xerar recursos educativos propios
MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN
Repensar a actividade na au-la de filosofía
Coñecer as principais estra-texias de investigación na Rede
Aprender a traballar por pro-xectos e a formular traballos de investigación co alumna-do
MÓDULO 6: COMPETENCIAS FILOSÓFICAS
Coñecer as competencias básicas e a súa relación coa materia de Filosofía
Elaborar cooperativamente un documento sobre as competencias filosóficas a desenvolver no Bacharelato.