Upload
anakker99
View
140
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
Do esplendor medieval ata os Séculos Escuros
Anán Ares González1º BAC A
Introdución O esplendor medieval A decadencia Causas da decadencia Os Séculos Escuros Conclusión Bibliografía
Índice
Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e independente, trouxo un gran esplendor á lingua galega polo cal foi considerada unha das linguas oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.
Introdución
Durante esta etapa, o galego estaba moi
presente na literatura en xeral e era considerada a lingua máis axeitada para a lírica trovadoresca. Tamén tiña unha gran presencia en todo tipo de documentos e en obras de diversos caracteres.
Nestes momentos, e a pesar da constitución de Portugal como reino independente, non existen diferenzas apreciables na lingua falada no territorio da antiga Gallaecia, polo que pode falarse dunha lírica galego -portuguesa.
Neste período o galego acha un rango de nivel internacional, xa que é utilizado por autores de moi diversos países europeos.
En comparación coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía.
O esplendor medieval
Dáse entón, no século XIII, unha decadencia na Galiza da Idade Media ao pasar a depender nos ámbitos socioeconómico e político que posteriormente afectan a outros.
A decadencia
A independencia de Portugal, cuxa separación debilitou a Galiza no
aspecto político ao evitar a súa expansión cara ao sur e perder a súa posición de centralidade.
A unificación das coroas noroccidentais de Galiza, León e Castela, na que o poder político se despraza lentamente cara Toledo.
As Guerras de Sucesión, nas cales Pedro I perde un enfrontamento, co que se adentra a aristocracia castelá no territorio galego. Posteriormente os Reis Católicos someterán tamén á nobreza galega.
O estancamento económico, que deu paso a unha gran crise social provocada pola presión demográfica, as adversidades naturais e a Peste Negra.
Por último, a intervención das Revolucións Irmandiñas, nas cales se enfrontaron os señores feudais e os irmandiños. Éstes pediron axuda a Isabel de Castela e ella esíxelle unha recompensa pola axuda en forma de terras, co que o castelán entra en Galiza por segunda vez.
Causas da decadencia
Etapa que abarca os s. XVI e XVII. Caracterízase principalmente polo estado de
prostración e marxinación social do idioma galego. A situación política caracterizouse pola
superposición e dominio do castelán e a represión de calquera descontento social.
A situación socioeconómica estaba caracterizada principalmente por un sistema rendista na Galiza.
No caso da demografía, Galiza constaba dunha poboación notablemente densa, sen embargo, cunha moi escasa poboación urbana; tamén afectou neste punto a emigración a zonas como Andalucía, Portugal e Castela.
Os Séculos Escuros
Durante a Idade Media, Galiza acadou unha etapa de esplendor en practicamente todos os ámbitos. Non obstante, dita etapa foi suprimida e totalmente modificada dadas as ansias de poder do reino de Castela, o cal fixo pasar desta esplendorosa etapa a unha profunda decadencia. A decadencia é unha etapa da cal aínda quedan restos, mentres que o esplendor do galego, hoxe en día non é máis que historia.
Conclusión
https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada http://www.slideshare.net/ http://galego.org/historia/medieval.html Aportacións do libro de texto.
Bibliografía