Upload
cabeiroweb
View
427
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Xogos recollidos polos alumnos/as dos seus avós e pais.
Citation preview
ESCOLMA DE XOGOS POPULARES
CEIP PORTO – CABEIRO
CURSO 2009-2010
XOGO “O BURRO”
“A miña nai contoume un xogo que lle contou a súa nai, chámase o burro”.
Trátase de que haxa un grupo de nenos e nenas, máis de 5, que esta en posición do burro. Tíñan que separar máis de un metro.
XOGO “O BURRO”
• Despois un dos xogadores tiña que saltar por enriba deles coas as mans colocadas no lombo e saltando coas pernas abertas.
XOGO “O BURRO”
• Cando saltes por enriba do último xogador colócaste coma un burro, e o primeiro empeza o xogo outra vez.
• Os burros teñen que ter a cabeza encollida para non mancarse.
• O que caia perde.
XOGO “OS XOGADORES DAS CAIXAS DOS MISTOS”
• Cando eu estaba na escuela o xogo que había era o xogo dos xogadores das caixas dos mistos.O xogo consistía en desde unha altura, tirar o xogador ao chan e o que quedaba por encima era o que gañaba.
XOGO “O XOGO DAS CAIXAS DOS MISTOS”
• Xogábase collendo varias caixas de mistos baleiras.
• Tirábase contra a parede e a caixa caía enriba das outras que estaban no chan.
• Gañábase se tocaba as caixas que estaban no chan, e son para o xogador.
XOGO “O ARO”
• A miña avoa contoume que de pequena xogaba ao aro.
XOGO “O ARO”
• Collían un aro dun caldeiro ou dun pipote, e outro ferriño máis pequeno, e con el construían o xogo.
XOGO “O ARO”
• Quen aguante máis tempo co aro en movemento é o gañador.
• Non pode caer ao chan, se non perdes.
XOGO “A MONECA”
• A moneca de pao:
Este xogo díxomo a miña avoa. Cantos máis xogadores haxa, máis divertido é.
XOGO “A MONECA”
• A miña avoa de pequena, cunhas amigas, xogaba a crear unha moneca co corpo de pao ou cana.
XOGO “A MONECA”
• Os ollos podíanse facer de varias formas, segundo queiramos, pintados, poñéndolles un anaco de la etc.
XOGO “ A PEDRIÑA”
• Este xogo contoumo tamén a miña avoa. Os xogadores poden ser cantos queiramos.Consiste en marcar unhas liñas no chan, logo coller unha pedra ou un anaco de tella e tirala ao chan.
XOGO “ A PEDRIÑA”
• A pedra ou tella non pode tocar as liñas se non perdes. Tes que mover a pedra de casiña en casiña, dándolle toques co pé sen que toque as liñas.
XOGO “AS BRUXAS”– Póñense todos nun círculo menos un, que elixe a 3 ou 4 persoas para que sexan as bruxas.
• Cando as bruxas esten dentro do círculo cantan unha canción mentras dan voltas ao redor das bruxas. Cando termina a canción os xogadores din nomes do que foron dicindo as bruxas ao longo da canción.
• Feito esto o gran grupo dille ás bruxas: quen sodes? , o que elas responderan: “ As bruxas “.
• Todos empezan a escapar e as bruxas os intentan alcanzar.• Os últimos en ser atrapados poden ser as bruxas no seguinte xogo.
XOGO “AS BRUXAS”
XOGO “PASE MI SI”
• A miña avoa, Concha, contoume un xogo para xogar en grupo.
• Escóllense dous nenos que fan
unha ponte cos brazos e deciden que van preguntar paises,cidades, cores, etc
XOGO “PASE MI SI”
• Os demais nenos fan unha fileira e pasan por debaixo da ponte, mentras se canta a canción:
“Pase mi si, pase mi sa, polas portas de Alcalá. Os de diante corren moito, os de atrás se quedarán” .
XOGO “PASE MI SI”• Preme aquí
Ao rematar a canción os dous nenos que forman a ponte baixan os brazos e atrapan a un neno ao que lle preguntan que prefiren das cousas que escolleron antes.Segundo a resposta, pasan detrás do neno que lle corresponda.Cando se atrapan todos os nenos faise unha liña no chan, e os dous equipos tiran hacia atrás. O equipo que cruce a liña perde.
XOGO “ CASTELO DE CAROZOS”
• Necesíntanse carozos.
• Poden xogar un ou máis xogadores.
• Cada xogador ten que facer o seu propio castelo, poñendo 2 carozos en vertical, logo enriba 2 en horizontal e así ata que teñas un castelo.
• Gaña o xogador que consiga o castelo máis alto sen que lle caia.
XOGO “ O FÍO”
PREME NESTE VÍDEO
XOGO “ O FÍO”
XOGO “O TIRAPEDRAS”• O xogo que me contaron é o
“tirapedras”
• O tirapedras consiste en coller unha pedra, metela entre a goma e despois tirar hacia atrás, e soltar.
XOGO “O TIRAPEDRAS”
• Como se fai un tirapedras?
• Córtase un pao, pero a punta do pao ten que ter unha forma de i grega (“Y”), despois colles unha goma e atala nas dúas puntas.
XOGO “A PULGA”• A pulga facíase cunha capsuliña de calquera cousa, por exemplo dun
medicamento, na que se metía unha bola pequena de ferro
XOGO “A PULGA”• Coa pulga facíanse varios xogos.
• Un era facer circuítos.
• Facíanse cunha táboa de madeira na que se poñían obxectos que se pegaban na táboa e despois había que inclinar a táboa e intentar que a pulga esquive os obxectos.
• Preme aquí
XOGO “A PULGA”
• Outro xogo era ir pasando a pulga de man en man pero rodando sen que se lle caera a ninguén. Se alguén se lle caía quedaba descalificado.
• Este xogo podía ser de dous ou máis xogadores e os que perdían dábanlle unha pulga cada un ao gañador.
• Hoxe en día chámase:
“Tico-Tacos”
XOGO “AMO-ATÓ”• Vou contar un xogo que se chama amo-
ató e poden xogar de 4 a 20 persoas.• Dun grupo escóllense dúas nenas, unha
fai de nai e outra de ama, logo a nai ponse nuha esquina e a ama noutra.
• A que fai de nai ten con ela o resto das nenas e a ama canta para escoller unha nena
XOGO “AMO-ATÓ”• Ama: Amo-ató matarilerilerile, amo-ató matarilerilerón, chim-pon• Nai: Que quere vostede, matarilerilerile, que quere vostede matarilerilerón
chim-pon• Ama:Eu quero un paxe matarilerilerile, eu quero un paxe matarilerilerón,
chim-pon• Nai: Que paxe é ese matarilerilerile, que paxe é ese matarilerilerón chim-
pon• Ama: A “Sandra” polo sue nome matarilerilerile, a “Sandra”polo seu nome
matarilerilerón, chim-pon• Nai: Que oficio lle vai poñer? matarilerilerile, que oficio lle vai poñer?
matarilerilerón chim-pon• Ama: O oficio de mestra matarilerilerile, o oficio de mestra matarilerilerón,
chim-pon• Nai: Aquí a ten vostede, matarilerilerile, aquí a ten vostede matarilerilerón
chim-pon
XOGO “AMO-ATÓ”
• Logo xúntanse as tres, fan unha roda e cantan: “ Ao pasar o trébole, o trébole o trébole. Ao pasar o trébole a noite de San Xoán.
• E a filla despídese da nai gritándolle: Adeus mamá!. E así repítese todo ata que se rematen todas as nenas, tendo ao final cada unha o seu oficio.
XOGO DE MANS
• Preme aquí para ver os movementos das mans
• Unha pomba,
punto e coma.
Quería saír do niño,
punto e seguido.
Quería ser cantante,
punto e aparte.
Pobre animal!
Punto e final.
XOGO “O PATEIRO”• Este xogo que me contou o meu avó é moi antigo, e chámase o xogo da
billarda. É así:• Collemos dous paos un mais pequeno que o outro. O pequeno de 15 ou
20cm e o grande de 80 ou 90 cm
• Este xogo, ademáis de chamarse “ o pateiro” ou “a billarda”, tamén se chama “a pincha”.
XOGO “O PATEIRO”
• Xogan os xogadores que queiran pero teñen que ser pares.• Ponse o pao pequeno no chan cun dos extremos un pouco
levantado para poder darlle co pao grande. Cando o pao pequeno está xirando no aire dámoslle co grande.
• O pao pequeno chámase “canícola” e o grande “vara”.
OUTROS XOGOS
OUTROS XOGOS
RELACIÓN DE XOGOS
• “ O BURRO ”………………………………………………………………………..……….1• “ O XOGO DAS CAIXAS DE MISTOS ”…..……………………...........................…….3• “ O XOGO DAS CAIXAS”……………………………………………..............................5• “ O ARO”……………………………………………………………………………………..6• “ A MONECA DE PAO…………………………………………….………………………..9• “ A PEDRIÑA”………………………………………………………………………………12• “ AS BRUXAS ”……………………...……………………………………………………..14• “ PASE MI SI ”……………………………………………………………………………...16• “ O CASTELO DE CAROZOS ”………………………………………………………….19• “ O FÍO ”……………………………………………………………….............................20• “ O TIRAPEDRAS ”………………………………………………………………………. 22• “ A PULGA ”………………………………………………………………………………..24• “ AMO – ATÓ ”……………………………………………………….........................…..27• “ XOGO DE MANS ”………………………………………………………………………30• “ O PATEIRO ”……………………………………………………………………………..31• “OUTROS XOGOS: BOLICHE, CHAPAS, TABAS, CANICAS……………………….33
• Autores:Carla, Fernando, Andrea, Carla L. F.,Eva, Alexis, Andrea B., Uxía, David,Daniel, Breogán, Ana, Asunción, Lucía Mª, Laura, Miriam, José Mª, Alejandro,xunto coa colaboración dos seus avós, avoas, pais, nais …
• Mestra: Ánxela D.M.