12
Festa da primavera Barouta, 27 de marzo de 2015

Festa da primavera 2015

  • Upload
    2tere

  • View
    336

  • Download
    4

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Festa da primavera 2015

Festa da primavera

Barouta, 27 de marzo de 2015

Page 2: Festa da primavera 2015

Cada ano, polo 21 de marzo, celebramos a Festa da Primavera plantando árbores e recitando poemas. Esta vez, como caeu en sábado, decidimos adialo para o 27 de marzo. Fixémolo cadrar coa despedida de trimestre.Antes do recreo, aproveitamos para ir ao horto a plantar. Cada curso tiña asinada unha árbore e tamén algunha planta aromática ou de flor. Puxemos froiteiras (figueira, ameixeira, cerdeira, mandarineiro), árbores ornamentais (marmelo de flor, acivro) e de froitos (castiñeiro, bidueiro, oliveira), menta, tomiño, romeu, xarxa, malva...Despois do recreo, xuntámonos todas as aulas, no 1º andar, a carón da Biblioteca, para recitar poemas. Houbo versos en galego (de Rosalía, Curros, García Tiejeiro...) , en castelán (de Alberti) e ata en inglés.Para rematar, unha canción “As árbores da fraga” e a proba dos froitos do horto, aínda que de momento só poden ser de goma, claro!Fixemos unha exposición con todos os traballos e máis cos libros de poesía e resultou un acto bonito.

Page 3: Festa da primavera 2015

Acivro, cerdeira e marmelo de flor

Observar, plantar e logo deixar todo recollido.

Aulas de 5º e 6º

Page 4: Festa da primavera 2015

É igual un mandarineiro ca un castiñeiro ou unha nogueira?

Observando as miñocas que tiña a nogueira no tarro.

Aulas de

3º e 4º

Page 5: Festa da primavera 2015

As aulas de 1º reflexionando:Son froiteiras, son de madeira, que son?

Page 6: Festa da primavera 2015

As aulas de Infantil, encheron de flores as macetas do seu parque de xogo. Que bonito se ve agora!

Page 7: Festa da primavera 2015

Nunha aldea pequeniñao que foron construír.Un colexio ben feitiñopara a todos instruír.

No medio e medio das leiras,moi pretiño San Amaro.Moitos anos aprendendo,outros moitos ensinando.

25 xa pasaronoutros máis están por vir.No colexio de Baroutatemos moito que dicir.

25 xa pasaronoutros máis están por vir.No colexio de Baroutatemos moito por vivir!

Composta polo grupo de 5º de Primaria, co gallo dos 25 anos do colexio.

Recital de poesía

Page 8: Festa da primavera 2015

Alumnado de Infantil

Page 9: Festa da primavera 2015

Alumnado de 1º e 2º

Page 10: Festa da primavera 2015

Alumnado

de 3º e 4º

Page 11: Festa da primavera 2015

Alumnado de 5º e 6º

Page 12: Festa da primavera 2015

E para rematar...

Algúns dos poemas recitados.

Feliz primavera!