4
Carlos Vila Sexto nace na Coruña en 1977. Comezou a escribir dende que era pequeno. Deuse a coñecer como escritor ao gañar as edicións de 1992 e 1993 do certame literario “Nova 33” cos libros Alén de aventura e Gárgola. Despois de estudar cinema en Pamplona e en Los Ángeles, comezou a traballar como guionista de televisión, actividade á que se dedica desde hai catro anos. Dúas series de televisión foron guionizadas por este escritor que se desenvolve polos ámbitos literarios do suspense e terror. Gárgola é un libro de terror no que Jeremy ten un soño persistente moi estraño: unha tumba, unha rapaza , un home de gabán gris… Jeremy non está

Gárgola

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Gárgola

Carlos Vila Sexto nace na Coruña en 1977. Comezou a escribir dende que era pequeno. Deuse a coñecer como escritor ao gañar as edicións de 1992 e 1993 do certame literario “Nova 33” cos libros Alén de aventura e Gárgola. Despois de estudar cinema en Pamplona e en Los Ángeles, comezou a traballar como guionista de televisión, actividade á que se dedica desde hai catro anos. Dúas series de televisión foron guionizadas por este escritor que se desenvolve polos ámbitos literarios do suspense e terror.

Gárgola é un libro de terror no que Jeremy ten un soño persistente moi estraño: unha tumba, unha rapaza , un home de gabán gris… Jeremy non está disposto a seguir así, de forma que investiga sobre o seu soño, pero élle imposible; a cada paso que dá, alguén morre de xeito inexplicable. Aínda así si consegue adiviñar cousas sobre

Page 2: Gárgola

seu pai que nunca imaxinaría, informacións que de certa forma causaron todo o que lle está a acontecer a Jeremy. Agora el ten que cambiar, xa non pode asustarse, é hora de enfrontarse ao medo, de loitar, de vencer a Gárgola; debe ser o que seu pai nunca foi, valente.

No libro hai pouca variación de temas, xa que a acción está moi concentrada, pero si hai un tema principal, o medo: a única forma de vencer a Gárgola baséase en que Jeremy non pode ter medo. Outro tema importante é o pasado de seu pai, un pasado no que se converteu en asasino da súa familia.

O libro posúe unha introdución ao medo, ademais ten seis capítulos dentro dos cales hai distintas partes cuxos cambios se corresponden cos cambios do punto de vista do narrador. Estes capítulos conteñen a narración en si; pero, ademais, ten dous epílogos. Nun epílogo exponse a xuntanza de Jeremy coa súa familia despois de morrer e, noutro, a orixe da Gárgola.

Hai personaxes reais e imaxinarios. Entre os personaxes reais están Jeremy, seu pai, Benjy, Dorothy Ward,… Entre os imaxinarios están Alice (a pesar de que no seu momento foi real), o home do gabán gris e a Gárgola. Ademais, o vento está personificado, ten un poder sobre os personaxes e está mencionado en case todo o libro.

O libro carece de detalles e descricións, algo que axuda a que a trama sexa constante. Todo o libro está narrado en terceira persoa, salvo a introdución, que está en primeira. Hai poucas referencias de espazo e, ademais, estas son imaxinarias. Aínda así as referencias parécense moito a algunhas existentes na realidade: por exemplo “Smithsville” realmente non existe, pero si que hai un “Smithville” nos Estados Unidos. A lingua é moi doada e con ela créase un aire de misterio penetrante.

Page 3: Gárgola

O libro en conxunto é unha mostra de como o medo é algo que cambia as nosas vidas, fai que se poidan cometer actos horribles e impensables e que fai cambiar por completo a nosa personalidade. Pero non se para aí, eleva o morte a unha solución aos problemas terreais: Jeremy está implicado en moitas mortes, toda a súa familia está morta,… O seu pai é sospeitoso da morte dunha filla súa e da nai. Cando todo isto se lle vén enriba xa preferiu morrer e esquecerse de todo, xa non teme a morte, só quere que a Gárgola tamén morra.

Un elemento importante é que o libro non está visto soamente dende o punto de vista de Jeremy , de forma que conta máis do que Jeremy sabe.

O libro gustoume moito porque non se complicaba coas descricións de obxectos non fundamentais para a trama. Por outra banda, a acción desenvolvíase con rapidez e de repente, sen contar, aparecía algo que o lector non imaxinaba. Basicamente contaba moito en pouco tempo, algo que para min é fundamental nos libros de terror emisterio. Outra cuestión que me gustou foi que ofrecía un final diferente, no que non todo é perfecto e no que se dá outra idea da morte da que nós temos, afirmando incluso que é mellor que a vida, ao non sermos vulnerables ao medo.

NOELIA SÁNCHEZ MARTÍNEZ, 3º ESO B