7
Johann Heinrich Pestalozzi

Johann heinrich pestalozzi

Embed Size (px)

Citation preview

Johann Heinrich Pestalozzi

PESTALOZZI

• Naceu en 1746 en Zúric (Suíza).

• Foi un dos primeiros pensadores ó que se podería denominar "pedagogo" no sentido moderno do termo.

• A súa pedagoxía céntrase na educación infantil e escolar e menciona o sistema pestalozziano co nome de "educación moi elemental".

PESTALOZZI

• Consiste en facer que o proceso de crecemento humano (sensitivo, intelectual e moral) siga o curso evolutivo da natureza do neno, sen adiantarse artificialmente ó mesmo.

• A educación é coma unha "axuda" que se lle dá

ó neno neste proceso para que se realice ben, e a actividade educativa e docente é vista como unha "arte".

PESTALOZZI

• Para el o método de ensinanza debe adaptarse ó desenvolvemento mental do neno en cada momento dado. O coñecemento debe avanzar desde unhas intuicións confusas, a unhas ideas claras e distintas.

• El mesmo tratou de divulgar o seu método e, de feito, en varios países europeos se fundaron Escolas Pestalozzianas, entre eles España.

PESTALOZZI•As influencias da súa ensinanza tamén atinxen á Educación Infantil na actualidade:

- Darlle importancia ó desenvolvemento do neno. - Poñer en práctica a organización de experiencias e actividades por medio do xogo. - Valorar as actividades espontáneas do neno. - Facer énfase na exercitación das actividades manuais. - Considerar a exercitación no debuxo como un medio para perfeccionar progresivamente a man, o que lle sirve de base para a escritura.

PESTALOZZI- Exercitar a linguaxe por medio da conversación sinxela,

para despois aprender a ler. - Destacar a utilidade dos exercicios corporais combinados

cos cantos. - Sinalar como vital o desenvolvemento do neno nos seus

primeiros momentos coa familia, en especial coa nai. - Darlle importancia á afectividade desde o mesmo momento

do nacemento do neno. - Destacar o desenvolvemento social do neno,

primeiramente na familia e posteriormente na escola. - Considerar importante a creación de institucións para

atender a aqueles nenos carentes de recursos económicos.

PESTALOZZI

• Algunhas das súas obras relacionadas ca Educación Infantil son:- Cartas sobre educación infantil (1819). - Como Gertrudis ensina ós seus fillos (1801).