9
LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO: O acomodadorde Marcial Suárez JESÚS AMBOAGE GARCÍA 1. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN INICIAL.- Primeiramente falamos na aula sobre a súa relación actual co cine, a frecuencia coa que acoden a el e lembranzas positivas e negativas das súas experiencias nas salas de cine. Tamén falamos sobre ese antigo cine de Pontecesures, onde está situado, como era, se ouviran falar aos seus familiares sobre el, como se imaxinan que era... O obxectivo final da lectura é que nos proporcione ideas para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures, polo que deben intentar comprender ben todo o contido do texto. 2. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL SOBRE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO TEXTO (ANEXO II): Formúlolles algunhas cuestións sobre vocabulario, norma léxica, coñecementos sobre a estrutura dun texto narrativo e sobre a época , o lugar e os feitos que se narran, sen axudarlles nas respostas nin ofrecerlles estratexias para que eles as resolvesen autonomamente. 3. LECTURA INDIVIDUAL EN SILENCIO DO TEXTO E RESPOSTA INDIVIDUAL E SEN AXUDA DO PROFESOR AO CUESTIONARIO DE COMPRENSIÓN LECTORA (ANEXO IV) 4. LECTURA EN ALTO POR PARTE DO PROFESOR E EXPLICACIÓN DALGUNHAS ESTRATEXIAS QUE LLES PODEN AXUDAR A COMPRENDER UN TEXTO NARRATIVO. REVISIÓN DAS SÚAS PROPIAS RESPOSTAS (ANEXO V). Propóñolles que revisen con outra cor as respostas que eles mesmos puxeron. Reflexionamos sobre algúns elementos centrais da historia, non só do argumento senón tamén do tempo, perspectiva narrativa, temas... 5. CORRECCIÓN ENTRE TODOS DO CUESTIONARIO. Avaliación por parte miña dos resultados. 6. PROPOSTA DE TRANSCODIFICACIÓN: DA LECTURA Á ESCRITURA: Consiste na segunda parte da miña avaliación. Trátase de saber en que medida o alumnado pode aplicar o que comprendeu da lectura na creación dun texto propio doutra natureza. Propóñolles que redacten un epitafio para o proganista, o acomodador- enterrador Macabeu, coma se quen o redactase fose o narrador da historia, recollendo os seus sentimentos. Posteriormente propóñolles que seguindo o que lles aportou a lectura, pensen o cuestionario que elaborarían eles/as para entrevistar ao acomodador xubilado de Pontecesures. ANEXO I: CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL

Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO: “O acomodador” de Marcial Suárez

JESÚS AMBOAGE GARCÍA

1. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN INICIAL.-

Primeiramente falamos na aula sobre a súa relación actual co cine, a frecuencia coa que

acoden a el e lembranzas positivas e negativas das súas experiencias nas salas de cine.

Tamén falamos sobre ese antigo cine de Pontecesures, onde está situado, como era, se

ouviran falar aos seus familiares sobre el, como se imaxinan que era...

O obxectivo final da lectura é que nos proporcione ideas para entrevistar ao

acomodador xubilado de Pontecesures, polo que deben intentar comprender ben todo o

contido do texto.

2. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL SOBRE DIFICULTADES

INTRÍNSECAS AO TEXTO (ANEXO II):

Formúlolles algunhas cuestións sobre vocabulario, norma léxica, coñecementos sobre a

estrutura dun texto narrativo e sobre a época , o lugar e os feitos que se narran, sen

axudarlles nas respostas nin ofrecerlles estratexias para que eles as resolvesen

autonomamente.

3. LECTURA INDIVIDUAL EN SILENCIO DO TEXTO E RESPOSTA

INDIVIDUAL E SEN AXUDA DO PROFESOR AO CUESTIONARIO DE

COMPRENSIÓN LECTORA (ANEXO IV)

4. LECTURA EN ALTO POR PARTE DO PROFESOR E EXPLICACIÓN

DALGUNHAS ESTRATEXIAS QUE LLES PODEN AXUDAR A COMPRENDER

UN TEXTO NARRATIVO. REVISIÓN DAS SÚAS PROPIAS RESPOSTAS

(ANEXO V).

Propóñolles que revisen con outra cor as respostas que eles mesmos puxeron.

Reflexionamos sobre algúns elementos centrais da historia, non só do argumento senón

tamén do tempo, perspectiva narrativa, temas...

5. CORRECCIÓN ENTRE TODOS DO CUESTIONARIO.

Avaliación por parte miña dos resultados.

6. PROPOSTA DE TRANSCODIFICACIÓN: DA LECTURA Á ESCRITURA:

Consiste na segunda parte da miña avaliación. Trátase de saber en que medida o

alumnado pode aplicar o que comprendeu da lectura na creación dun texto propio doutra

natureza. Propóñolles que redacten un epitafio para o proganista, o acomodador-

enterrador Macabeu, coma se quen o redactase fose o narrador da historia, recollendo os

seus sentimentos.

Posteriormente propóñolles que seguindo o que lles aportou a lectura, pensen o

cuestionario que elaborarían eles/as para entrevistar ao acomodador xubilado de

Pontecesures.

ANEXO I: CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL

Page 2: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

NOME E APELIDOS:

1. Nos anos previos á educación primaria, era habitual que teus pais che lesen contos,

poemas ou outros textos infantís?

a) Case todos os días

b) Con certa frecuencia

c) Case nunca

d) Nunca

2. Dirías que existe hábito de lectura no teu ámbito familiar máis próximo?

a) Moito en todos os membros.

b) Moito en algún membro.

c) Algo en todos os membros.

d) Algo en algún membro.

e) Nada

3. Dende que aprendiches a ler na escola, les pola túa conta libros, xornais ou revistas

non obrigados polo profesorado?

a) Cando estaba en primaria si, pero agora non.

b) En primaria non, pero agora si, con frecuencia.

c) En primaria non, pero agora de vez en cando.

d) Nunca.

4. No caso de que leas pola túa conta, que tipo de lecturas son da túa preferencia? Podes

marcar varias opcións:

a) Novela ou conto

b) Poesía.

c) Textos de carácter científico (bioloxía, historia, física, tecnoloxía...)

d) Xornais

e) Prensa deportiva

f) Outro tipo de revistas (sinalar cales)

g) Textos de internet (blog, wikipedia....)

5. Das lecturas obrigadas dende a escola, houbo algunhas que che resultaron

pracenteiras?

a) En xeral os textos que teño que estudar para a materia de..................

b) Algún que outro texto que teño que estudar na materia de......

c) En xeral as novelas ou contos da materia de galego/castelán

d) Algunha das novelas ou contos da materia de galego/castelán (indica algunha)

6. Anotacións do profesor:

Page 3: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

ANEXO II: AVALIACIÓN INICIAL DE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO

TEXTO

NOME E APELIDOS:

DIFICULTADES CO CÓDIGO LINGÜÍSTICO:

1. Explica o significado de:

BUFARDA

REMORSO

RENQUEANTE

ARREO

GAIOTE

GUIZOS

GABÁN

MORNA

CICHADA

2. Que cres que indican as frases feitas:

FABAS CONTADAS

FACERLLE UNHA XUDIADA A ALGUÉN

HABER UNHA BABILONIA NUN LUGAR

3. Como poñerías estas palabras ou expresións en galego normativo?

UNHA IRMÁ DIL

DIRON AS SETE

TEÑO QUE ENCOMENZAR

SEN QUITARLLE A VISTA A NAIDES

DIFICULTADES COAS REFERENCIAS CULTURAIS LATENTES NO TEXTO

1. Sabes algo de Allariz?

2. A que se dedica o acomodador nun cine? E o operador?

3. Viches en foto ou en película algún cine antigo dunha vila galega ou española?

4. Como se anunciaban antigamente as películas nestas vilas?

5. Que tipo de narradores pode haber nun relato?

6. Saberías inventar un exemplo de "elipse" ou salto temporal nun relato?

7. Un texto narrativo pode incluír tamén descricións? Inventa algún exemplo.

8. Un texto narrativo pode incluír reflexións ou digresións do autor? Inventa algún

exemplo.

TEXTO: O acomodador, Marcial Suárez, ed. Diario 16, Vigo, 1992

Page 4: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

ANEXO III:

Page 5: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez
Page 6: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

ANEXO IV: CUESTIONARIO INICIAL DE COMPRENSIÓN

NOME E APELIDOS:

1. COMPRENDER O LIDO:

a) Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, razoando a resposta no

caso de seren falsas:

-O narrador do relato non interveu na historia que nos conta.

-Ao inicio o narrador expón como era o cine de Allariz cando era novo, non como era

cando escribiu o relato.

-A hora de entrada ao cine anunciábase cun timbrazo que duraba uns 10 minutos.

-Había dous tipos de entradas: as do galiñeiro, máis baratas, e as das butacas, máis

caras.

-Como o galiñeiro sempre se enchía, ao final mandaban xente para completar o patio de

butacas.

b) Por que un día tardou en comezar a función? Quen mandou que se retrasase?

c) Cal foi o castigo adoptado polo acomodador para o Arturo?

d) En que consistiu a trasnada que tramaron os rapaces para vingarse do acomodador?

e) Repetiuse máis veces este castigo con outros rapaces?

f) A que outros traballos se adicaba o acomodador?

2. ORGANIZAR A INFORMACIÓN:

a) Elabora un cadro-resumo no que distingas as partes nas que se pode dividir o

relato e os feitos que se contan en cada un deles:

PARTE Nº Dende…Ata… FEITO QUE SE CONTA (CADA UN NON PODE SUPERAR AS

DÚAS LIÑAS)

Page 7: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

3. INTERPRETAR O CONTIDO:

1. Que relación ten a expresión “fabas contadas” coa distribución dos

espectadores no cine?

2. Por que cres que os mozos do galiñeiro se dirixen ao acomodador en castelán

sendo que falaban habitualmente en galego?

3. Como explicas a referencia á carreira espacial de Rusia e os Estados Unidos

para explicar a duración do timbrazo que anunciaba o inicio da proxección?

4. Por que razón cres que o operador esperou a que chegase o Ricardiño para

que comezase a proxección?

5. Cales cres que son as razóns de fondo de que os mozotes do galiñeiro

comezasen a berrar porque non comezaba a película?

6. Cres que as medidas adoptadas polo acomodador para que calasen ese día os

mozos deron resultado?

7. Con que cres que o pasaban mellor os rapaces, co que sucede no local do

cine ou coa película? Selecciona unha frase dita por eles que xustifique a túa

resposta.

8. Cita brevemente os dous temas ou mensaxes máis importantes que che

pareza que transmite o autor con este relato:

-

-

9. Polo que se desprende do final do relato, suliña cales eran os sentimentos

dos rapaces, e do narrador en especial, cara ao acomodador.

RESENTIMENTO ODIO PENA DESPREZO

MEDO CARIÑO

4. XULGAR O LIDO:

1. Consideras xusto que os rapaces se vingasen de Macabeu? Por que?

2. Cres que é importante que haxa orde e disciplina no cine? E na escola?

3. Cres que o castigo do profesorado ao alumnado é necesario e proveitoso?

Pode evitarse? De que maneira?

4. Que medidas cres que se deben adoptar para mellorar a convivencia nun

centro de ensino?

Page 8: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

ANEXO V: ESTRATEXIAS QUE NOS PODEN AXUDAR A MELLORAR A

COMPRENSIÓN DO TEXTO

1. PARA A COMPRENSIÓN DO LIDO E PARA ORGANIZAR A

INFORMACIÓN.

-Fai unha lectura en silencio pausada.

-Se comprobaches que tes dificultades con algún vocabulario do texto, no caso

de que non teñas acceso a un dicionario, intenta sempre extraer o seu sentido

polo contexto. Tamén podes intentar lembrar palabras da mesma familia léxica

que che poidan axudar a supoñer o significado. En moitos casos, non

comprender palabras illadas non ten por que supor non entender o sentido global

da idea.

-Nun texto narrativo ten moita importancia decatarse cal é o narrador da historia

e que coñecemos todo o sucedido a través da súa visión.

-Fíxate tamén en que lugar e época transcorre a historia, intenta meterte nela

como un personaxe máis. Imaxina que tes que escenificar na clase o sucedido

con algúns compañeir@s máis. Como o farías?

-Nun texto narrativo a información do sucedido organízase de acordo a unha

secuencia temporal. Polo tanto tes que descubrir cal é a estrutura desa secuencia.

Para iso é moi importante que te fixes en cada inicio de parágrafo nos

indicadores temporais (adverbios de tempo, locucións adverbiais) e mais nos

tempos verbais. Suliña estas palabras e intenta pasalas a un esquema como o do

exemplo:

PARTE Nº INDICADOR

TEMPORAL

DENDE....ATA SUCESO OU CONTIDO DO FRAGMENTO

2 Un día... Un día.....coma

bestas!

O acomodador expulsa do cine a un dos mozos do

galiñeiro como castigo polo barullo que arman para

protestar pola tardanza na proxección da película

-No resumo dos sucesos intenta ser breve, aportando só os datos estritamente

necesarios para entender a historia.

-Repara en que nun texto narrativo soe haber partes máis descritivas (de espazos

ou personaxes), outras propiamente narrativas (onde sucede algo) e outras nas

que se fan reflexións ou digresións sobre o sucedido. Distíngueas ben no

esquema anterior.

2. PARA INTERPRETAR O TEXTO.

-Neste texto narrativo o suceso que se conta é autobiográfico: a perspectiva do

narrador e do autor coincide. Intenta revisar do esquema que fixeches antes que

apartados responden a unha reflexión do autor e cales a sucesos obxectivos.

-Nun relato sempre subxacen ideas de fondo sobre as que o autor/a nos fai

reflexionar. É o que se chama o tema e os motivos temáticos do relato. Para

descubrilos temos que ir máis alá do suceso e pensar por que ocorreu iso, que

consecuencias trouxo que ocorrese iso, que solucións aporta a un conflito, etc.

Os temas enúncianse con oracións breves aplicables a máis feitos que os que se

contan no relato que lemos e axúdannos a interpretar a fondo o texto. Algúns

exemplos son: "Os privilexios e as desigualdades sociais xeran conflitos", "A

Page 9: Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez

nostalxia dos recordos fai que episodios conflitivos se tingan de tenrura"... Pensa

ti algún máis, facéndote máis preguntas sobre o que ocorre no relato.

3. PARA XULGAR O LIDO

-Nun cadro esquematiza o que para ti estivo mal e ben no comportamento dos

distintos personaxes:

ESTIVO BEN QUE... ESTIVO MAL QUE...

MOZOTES DO

GALIÑEIRO

MACABEU

OPERADOR

-Intenta extrapolar estes comportamentos a outras situacións distintas da vida,

como por exemplo ao que sucede na escola, no fogar familiar...comparando as

reaccións deses personaxes cos que ti ves na vida real e extrae conclusións.

4. FINALMENTE, PARA COMPROBAR QUE ENTENDICHES BEN O

CONTO, IMOS ESCRIBIR ALGO:

-Comezaremos por pensar que ti es o escritor deste conto e queres ter unha

lembranza para o Macabeu unha vez que morreu. Redacta o epitafio que recolla

os sentimentos que o autor tranmite na parte final da historia. Lembra que ten

que ser moi breve, unha liña aproximadamente.:

-E para rematar, o obxectivo de toda esta actividade. Sabedes que aínda vive a

persoa que se dedicou a acomodador do cine da vila durante moitos anos. Agora

xa é unha persoa retirada. Que preguntas lle fariades se vos concedese unha

entrevista? Aproveitade todos os coñecementos e reflexións que extraestes da

lectura.