2

Click here to load reader

NotaDePrensa_ActividadExterna_Buño

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Nota de Prensa anunciando la actividad externa de Faite Dixit@l! en Buño con las 'redeiras' de Malpica y Corme sobre 'Uso de dispositivos móviles'

Citation preview

Page 1: NotaDePrensa_ActividadExterna_Buño

Comunicación da Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

AS ‘REDEIRAS’ DE MALPICA E CORME FORMARANSE NO USO DE DISPOSITIVOS MÓBILES GRAZAS Á INICIATIVA DA AMTEGA ‘FAITE DIXIT@L!’ ▪ Recibirán durante 25 horas, de forma presencial, os contidos dun módulo sobre

tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico

▪ A actividade terá lugar entre os días 3 e 7 de novembro no Centro de Desenvolvemento Rural de Buño

▪ Participan integrantes das asociacións de mulleres redeiras ‘O Fieital’ e ‘Illa da Estrela’

Santiago, 2 de novembro de 2014.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco da iniciativa de capacitación tecnolóxica ‘Faite Dixit@l!’, inicia mañá luns, 3 de novembro, en Buño (A Coruña), unha actividade formativa sobre o “Uso de Dispositivos Móbiles”. Este módulo, cunha duración de 25 horas, impartirase no Centro de Desenvolvemento Rural de Buño, ata o 7 de novembro e participarán 10 mulleres das asociacións de redeiras ‘O Fieital’ e ‘Illa dá Estrela, cubrindo a práctica totalidade das prazas dispoñibles na aula onde se desenvolve. Tipos de dispositivos móbiles, plataformas e aplicacións, configuración inicial e uso básico, xeolocalización, xestión do tempo, son algúns dos contidos que durante unha semana, en horario de tarde –de 16 a 21 horas-, recibirán as ‘redeiras’ das localidades de Malpica e Corme. Asociacións de Redeiras de Malpica e Corme As destinatarias desta actividade son as redeiras integradas nas asociacións ‘O Fieital’ e ‘Illa da Estrela’, un colectivo de mulleres considerado en risco de exclusión dixital tendo en conta o seu baixo perfil en competencias TIC, que as converte en grupo de interese como receptoras das actividades externas do proxecto ‘Faite Dixit@l!’ A selección dos contidos para esta acción coas ‘redeiras’ responde o interese posta de manifesto polo propio colectivo á hora de adquirir novas competencias dixitais, e correspóndese cunha actividade do mesmo nome das que levan a cabo, como parte de ‘Faite Dixit@l!’ a través aulas da Rede CeMIT, aínda que os contidos adaptaranse o perfil das destinatarias. ‘Faite Dixit@l’ A iniciativa da Amtega, en colaboración con Fundetec, ‘Faite Dixit@l!’ consiste nun programa de 140 actividades de capacitación tecnolóxica con máis de 1.800 prazas ofertaas fundamentalmente a través dos centros da rede CeMIT e cos seus usuarios como destinatarios. O obxectivo é ofrecer á cidadanía novas oportunidades de adquisición de competencias dixitais e de empoderamento TIC. ‘Faite Dixit@l!’ organzia tamén os ‘Faladoiros Dixitais’, espazos onde expertos en diversas materias TIC poñen en común as súas experiencias co fin de propiciar un debate sobre a mellora da capacitación tecnolóxica e dixital da cidadanía.

Page 2: NotaDePrensa_ActividadExterna_Buño

Comunicación da Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: [email protected]

INFORMACIÓN AOS MEDIOS

SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA