3
O segredo de Marco Polo de Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) despois de dedicarse ao ensino durante uns 20 anos, agora traballa como escritor e editor na editorial Galaxia. Autor de varias obras para adultos premiadas como a obra Spam (premio Blanco Amor 2005) ou As palabras da néboa (premio García Barros 2007); tamén conseguiu galardóns en novelas infantís como Un bosque cheo de faias e O ceo dos afogados (as dúas premio Frei Martín Sarmiento). Esta novela sitúase na república de Venecia do século XIII. O segredo de Marco Polo conta a historia dun soldado veneciano que ama en segredo a principessa. Esta foi acollida na casa do Dogo porque os seus pais morreran, pero non é princesa. A pesar de ser fillo do Primo Xeneral e, polo tanto, estar relacionado co Dogo, sabe que este enlace non é posible; pois a principessa xa está comprometida. Aínda así, e superando os obstáculos que lle saen ao camiño, tentará achegarse.

O segredo de marco polo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: O segredo de marco polo

O segredo de Marco Polo de Francisco Castro

Francisco Castro (Vigo, 1966) despois de dedicarse ao ensino durante uns 20 anos, agora traballa como escritor e editor na editorial Galaxia. Autor de varias obras para adultos premiadas como a obra Spam (premio Blanco Amor 2005) ou As palabras da néboa (premio García Barros 2007); tamén conseguiu galardóns en novelas infantís como Un bosque cheo de faias e O ceo dos afogados (as dúas premio Frei Martín Sarmiento). Esta novela sitúase na república de Venecia do século XIII. O segredo de Marco Polo conta a historia dun soldado veneciano que ama en segredo a principessa. Esta foi acollida na casa do Dogo porque os seus pais morreran, pero non é princesa. A pesar de ser fillo do Primo Xeneral e, polo tanto, estar relacionado co Dogo, sabe que este enlace non é posible; pois a principessa xa está comprometida. Aínda así, e superando os obstáculos que lle saen ao camiño, tentará achegarse.

Page 2: O segredo de marco polo

Ademais, este soldado non quere ser soldado, senón que lle gustaría viaxar polo mundo adiante; por iso cando un estraño lle abre a súa casa desinteresadamente e cóntalle as súas marabillosas aventuras, empeza a crer que el tamén vai viaxar lonxe da Venecia que tanto aborrece. Ademais, ao coñecer este individuo, a vida do soldado empezará a cambiar; el comezará a saber quen é el en realidade e, aínda por riba, comezará o verdadeiro achegamento á principessa. Existen diversos elementos que dan verosimilitude á obra como as guerras contra os xenoveses, ademais de que o personaxe de Marco Polo (o estraño) é un personaxe histórico que existiu de verdade e que a maioría das cousas que di son auténticas; no libro di que marchou con Nicolo e Mafeo, que tivo relacións como mensaxeiro do rei de Mongolia e moito máis; a maior parte do que se menciona sucedeu na realidade. Os temas desta novela son o amor que ten o soldado cara á principessa e como o destino e as clases sociais fan que as nosas vidas estean condicionadas. O soldado non quere ser soldado, pero como o seu pai é o xeneral do exército do Dogo e quere que algún día el o sexa tamén, ten que achantar e obedecer. A principessa, pola súa banda, está comprometida con alguén a quen non quere, pero tamén se ten que reprimir e obedecer. Tamén se podería considerar como un tema o odio que o pai do soldado Marco, o Primo Xeneral, manifesta cara ao estraño que lle conta as súas viaxes ao soldado; a este, Marco Polo cáelle ben, pero como ao seu pai non, prohíbelle ter algún tipo de achegamento. Ao principio o soldado non entende esta animadversión, pero mentres a acción se vai desenvolvendo, chega a comprendelo. O libro ten unha longa introdución dunhas 50-60 páxinas que é un tanto anódina, xa que o que fai é describir a vida do soldado en Venecia e todos os soños que ten coa súa amada non correspondida. Despois de ir á casa daquel individuo que coñeceu accidentalmente (ou non), a “aventura” comeza e é cando a situación se pon interesante. Os protagonistas son Marco, o soldado que non o quere ser e sofre polos seus amores; a principessa Naia, e Marco Polo, o descoñecido

Page 3: O segredo de marco polo

que lle abre as portas da súa casa a Marco. O antagonista, por moi estraño que pareza é o Primo Xeneral, é dicir, o pai de Marco. Tamén debo citar a Turana, que é a criada da casa que Marco e seu pai pouco usan, e tamén a Buffana que é a escolta de Naia (que primeiro se mostra como antagonista, pero que en realidade non o é). As descricións feitas por Francisco Castro nesta novela son tan boas que poñen o lector na situación dos personaxes e polo tanto experimenta os seus estados de ánimo. Hai descricións de Venecia e das súa canles, das aventuras de Marco Polo, dos sentimentos dos personaxes... Todas estas son subxectivas, xa que as descricións están matizadas cos pensamentos e emocións dos personaxes. Así, as descricións marabillosas de Naia están influídas polo que pensa Marco; tamén os trazados das horribles, escuras, sucias e aburridas rúas de Venecia teñen impostas a súa ideoloxía. O narrador está en terceira persoa omnisciente, é dicir, coñece todo o que pensan e senten os personaxes. Está narrado en pasado e existen diversos escenarios, tanto abertos coma pechados, desde os corredores do cuartel ata as canles venecianas. A lingua empregada é moi sinxela e a novela é fácil de entender porque está ben redactada. Esta novela gustoume moito, porque aínda que o comezo resulta moi lento e non atrae moito, ao pasar esas páxinas a aventura é moi bonita; ademais dos valores que se dan. Xa tiña lido outro libro deste autor (Chamádeme Simbad), pero este gustoume bastante máis con claridade. Os sentimentos, a trama, o misterio fan desta obra un bo pasatempo nas horas de lecer.

Miguel Ángel Boado Fernández 3º ESO B