14
OS RIOS COMO LUGARES SAGRADOS E DE CULTO NAS DISTINTAS RELIXI NS Departamento de Relixi n do CPI “Virxe da Cela“

Os ríos como lugares sagrados e de culto

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Os ríos como lugares sagrados e de culto

OS RIOS COMO LUGARES

SAGRADOS E DE CULTO

NAS DISTINTAS

RELIXIÓNS

Departamento de Relixión do

CPI “Virxe da Cela“

Page 2: Os ríos como lugares sagrados e de culto

A auga dos ríos foi desde antigo obxecto de gran veneración polas distintas relixións que vían neles unha fonte de purificación e de fertilidade, tanto física como espiritual. Considerouse ata como principio vital xerador e constitutivo de todas as cousas “a nai de todos os seres”. A auga limpa e purifica o corpo, o que lle dá un status simbólico e ata sagrado nalgúns casos, converténdoa en elemento clave nos cultos e cerimonias relixiosas. Prácticamente todas as relixións teñen un uso da auga do río en sentido ritual. Por iso, a maioría dos ríos, especialmente os que bañan cidades santas, como o Ganges ou o Indo… son tidos por deidades. A auga dos ríos asegura a destrución dos propios pecados, sendo as súas ribeiras un lugar ideal para practicar incineracións e cultos funerarios.

A AUGA DOS RÍOS: OBXECTO DE CULTO E PURIFICACIÓN

Page 3: Os ríos como lugares sagrados e de culto

No cristianismo o río Jordán é indisociable do bautismo dos cristiáns, que é o sacramento de admisión na Igrexa cristiá. Á persoa bautizada mergullábana completamente ou parcialmente nas súas augas . Este rito, ten a súa orixe nos textos do Evanxeo, onde se lé que Xesús foi bautizado por Xoán o Bautista con auga do río Jordán. Durante este rito, a auga representa a purificación e o rexeitamento do pecado orixinal. No Novo Testamento, a auga de vida representa o espírito de Deus e, polo tanto, a vida eterna.

O CRISTIANISMO: O JORDÁN

Page 4: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Unha das fontes máis copiosas do Jordán é a do río Banias,que nace ao pé do monte Hermón, debaixo dunha inmensa rocha que pode apreciarse na foto de abaixo. Diante da rocha construíu Herodes un gran templo en honor de Augusto. Xunto ao río Banias o rei Filipo, un dos fillos de Herodes, construíu unha capital dedicada ao César, que recibíu o nome de Cesarea de Filipo. Observade a xigantesca rocha na foto, e a gran gruta que era coñecida como porta do abismo, pois pensábase que o burato interior non tiña fondo. Dende aquí comezou a última viaxe de Xesús a Xerusalén

Nacemento do río Banias

“Rocha” e portas do inferno.

Page 5: Os ríos como lugares sagrados e de culto

DESEMBARCO DO APÓSTOLO SANTIAGO EN TERRAS GALEGAS

A TRAVÉS DO RÍO ULLA

Esta ruta marítimo-fluvial pola Ría de Arousa e o río Ulla conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do Apóstolo Santiago O Maior, logo do seu martirio en Xerusalén no ano 44. Antigas tradicións cristiás, reformadas por textos medievais, aseguraron que despois do martirio, algúns discípulos de Santiago recolleron o seu corpo decapitado e que o trasladaron a través de todo o Mediterráneo e da costa atlántica ibérica ata Iria Flavia, nas proximidades da actual vila de Padrón. Fixeron a travesía na soada 'barca de pedra', que quizais sería unha das naves preparadas para o transporte de minerais que unían Galicia con outras zonas do Imperio Romano.

A ruta do Mar de Arousa e o Río Ulla

foi pola que navegou "A Barca da Pedra"

Page 6: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Na igrexa de Santiago de Padrón consérvase o Pedrón. A tradición conta que nesa pedra se amarrou a barca do Apóstolo despois da longa viaxe polo río Ulla. Os dous discípulos que acompañaron o corpo de Santiago ata Galicia, Teodoro e Atanasio, tiveron que andar alerta para enfrontarse coa tenacidade da Raíña Lupa e a furia dos romanos acantonados na cidade de Dugium (preto de Fisterra). Co carro de bois que portaba o corpo do Apóstolo, vencidos os perigos, seguiron o seu camiño ata enterrar os seus restos no monte Libredón.

A Barca de pedra Monte Libredón

Page 7: Os ríos como lugares sagrados e de culto

OS RÍOS SAGRADOS NO HINDUÍSMO

Para a poboación hinduista da India a auga dos ríos é unha fonte de purificación e de fertilidade, tanto física como espiritual. Por iso, a maioría dos ríos indios, especialmente os que bañan cidades de tradición hindú, son tidos por deidades. A súa auga asegura a destrución dos propios pecados, sendo as súas ribeiras un lugar ideal para practicar incineracións e cultos funerarios, pois o deus do río levará as cinzas do defunto ata Siva, favorecendo iste a reencarnación.

Page 8: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Especialmente importante é a confluencia de dous ríos ou dun río co mar. Prayag, en Allahabad, onde se xunta o Ganges, o Yamuna e un mítico río subterráneo, o Saravasti, é considerado un lugar sagrado, Triveni Sangama (confluencia de tres ríos), ao que acoden moitos peregrinos.

Para os hindús, hai sete ríos sagrados: Ganges, Godavari, Kaveris, Narmadas, Sarasvatis, Sindhus e Yamuna. Segundo as súas crenzas, quen se baña no Ganges ou deposita parte do seu corpo (pelo, ósos do defunto) na ribeira esquerda do río, alcanzará o Svarga, o paraíso de Indra, Deus da tormenta.

Page 9: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Para 800 millóns de persoas, o Ganges é un lugar sagrado, o máis venerado da Terra. Morrer e ser incinerado nas súas beiras é a aspiración de calquera hindú. As súas augas lavan os pecados e axudan a romper o samsara, o interminable ciclo das transmigraciones. Beber delas é comulgar co absoluto.

Desde o seu nacemento a 4.200 metros de altura, nunha remota gruta de xeo do Himalaya ata a súa desembocadura na bahía de Bengala, o Ganges percorre 2.414 quilómetros e atravesa tres Estados da India (Uttar Pradesh, Bihar e Bengala). Ao seu carón viven máis de 150 millóns de persoas. O máis sorprendente, citado en case todos os textos sobre o río, é a suposta e misteriosa calidade antiséptica das súas augas: en Benarés, onde o río arrastra cadáveres en descomposición, os microbios parecen “esfumarse”. Din que o Ganges purifica.

Page 10: Os ríos como lugares sagrados e de culto

OS RÍOS SAGRADOS NO BUDISMO

No budismo os ritos están practicamente ausentes desta relixión cuxos adeptos buscan o espertar espiritual mediante a meditación e a sabedoría. Máis a auga dos ríos utilízase ,con todo, no marco dos funerais budistas: esta vértese ata desbordar nun recipiente situado ante os monxes e o corpo do defunto e istos recitan: “Como as choivas enchen os ríos e flúen cara ao océano, do mesmo xeito alcance o entregado ao defunto”

Page 11: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Río Bagmati: O río sagrado de Nepal

Nos funerais budistas, segundo a tradición, o cadáver debe ser mergullado tres veces no Río Bagmati antes da cremación. A cabeza do duelo (polo xeral o primeiro fillo) que acende a pira funeraria debe tomar un baño sagrado no Río inmediatamente logo da cremación. Moitos familiares que se unen á procesión do funeral tamén poden tomar un baño no río Bagmati ou rociar a auga bendita no seu corpo ao final da cremación.

A cidade de Katmandú xunto ao Val que leva o seu mesmo nome, está percorrida por dous ríos, o Vishumati e o Bagmati que separa á capital de Nepal da cidade de Patán. Este último é o Río sagrado de budistas ( e tamén de hindús), en cuxas beiras atopanse unha grande cantidade de templos. Alí é onde se suceden numerosas peregrinacións, ablucións diarias matinais e cremacións.

Page 12: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Os ríos do Paraíso no Islam

Allah describíu no Corán que os ríos flúen polos baixos do Paraíso: “E albricia aos crentes que obran correctamente que terán como recompensa xardíns por onde corren os ríos”. (2:25). “Eles alcanzarán os Xardíns do Edén por onde corren os ríos” (18:31). O Profeta Sallalahu aleihi wasalam falou dos ríos do Paraíso, Dixo que durante a súa viaxe nocturna (Isrá): Víu Os dous ríos ocultos, son ríos do Paraíso, e os dous ríos visibles son o Nilo e o Eúfrates.

Page 13: Os ríos como lugares sagrados e de culto

Para os musulmáns, a auga ten unha función purificadora. Existen tres clases de ablucións. A máis importante concerne ao corpo enteiro, é obrigatoria despois do acto sexual e recoméndase tamén previo á oración do venres e antes de tocar o Corán. Antes das cinco oracións diarias, o musulmán debe mollarse a cabeza, lavarse as mans, os antebrazos e os pés.

Page 14: Os ríos como lugares sagrados e de culto