Upload
lolimanti
View
288
Download
3
Embed Size (px)
Citation preview
Érase unha vez, hai xa moito tempo, que no reino das cores había sete cabaleiros: o vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o anil e o violeta. Todos eran valentes e ousados, e estaban moi orgullosos da súa cor.
O Cabaleiro Vermello dicía:
A miña cor é a máis bonita. Mirade o lume, as cereixas,
as rosas vermellas e as fresas.
O Cabaleiro Laranxa respostáballe sempre:
Sí, pero o vermello é a cor do sangue, da guerra. Sen
embargo, a miña é a cor das laranxas e das mandarinas. É
unha cor suave, e mesmo parece que arrecende moi
ben.
Axiña interrompía o Cabaleiro Amarelo:
Que falsedade! Eu si son fermoso:
mirade o sol, o ouro, as margaridas,
os limóns e o mel.
Entón, o Cabaleiro Verde botábase a rir:
Vamos, vamos! Cando as plantas e as árbores están fortes e xóvenes, as súas follas son verdes. Mirade
os montes, os prados e os bosques. O mundo é
verde cando está vivo.
Pero o Cabaleiro Azul berraba:
Que tolería acabo de oír? Se de algunha cor é o
mundo, ese é o azul. Mirade o mar inmenso, e os lagos e os ríos. Azul mariño para a auga e azul celeste para o
ceo.
O Cabaleiro Anil dicía fachendoso:
Pero, de que cor son as uvas, os figos, as moras.? A cor Anil é
seria, solemne, magnífica.
Para rematar, dicía o Cabaleiro Violeta:
O violeta é unha cor chea de sentimento, de
emoción; é o ceo no solpor, o son suave
que producen os violíns. Só o seu nome
xa é pura poesía.
E cada un deles pasaba as horas diante doespello contemplando os reflexos da súa
cor; porque todos se crían o mellor e só vían defectos nos demais.
Un día, o Rei Branco e Negro, que era o señor dos sete cabaleiros, acompañado da Raíña Rosa, chamounos e díxolles:
Amados e valentes cabaleiros de cores: empezo a estar un pouco farto das vosas pelexas. EU, O REI BRANCO E NEGRO, mándovos que de agora en diante vaiades sempre xuntos e non discutades polas vosas diferenzas. É certo que somos diferentes, pero … que aburrimento se todo fora igual!
Mirade: axiña casará a miña filla, a princesa Rosa e Branca, e quero decorar a entrada do meupazo co máis fermoso que ninguén teña visto nunca.Déixovos este encargo, Cabaleiros das Sete Cores.
Cada cabaleiro comezou a pensar como contentar ao rei e só se lles ocurría adornaro pazo cun gran arco da súa cor. Na véspera da voda, reuníronse e, cando cada un explicou a súa idea, empezou a mesma discusión de sempre. Entonces, o Rei Branco e Negro saíu do seu cuarto e dixo aos seus soldados:
Atrapade a eses Cabaleiros fachendosos e levádeos onde non poida volver a velos nunca xamais.
Obedecendo as súas ordes, os soldados
atraparon aos Sete Cabaleiros de Cores.
E mandáronos máis aló das nubes.
Entón ocorreu algo que ninguén fora quen de imaxinar.
Algo marabilloso! Alí máis aló das nubes, formaron el arco máis bonito e esplendoroso que ninguén vira xamais: o arco da vella. Todos os cabaleiros, cada un coa súa cor, pero ao lado dos demais.
Entón os Sete Cabaleiros entenderon que o máis importante era a TOLERANCIA: Recoñecer o pluralismo, respectar a diversidade, compartir cos demais as diferenzas como algo positivo, beneficioso, enriquecedor.