1
Lingua galega e literatura, 4º ESO. A poesía de preguerra. 1. A transición ao século XX e a poesía das Irmandades. 1.1. Características. No incio do século, a poesía segue ancorada nos temas e nas formas do Rexurdimento. A transición protagonízana os formalistas da Xeración Antre dous séculos, especialmente Noriega Varela e Cabanillas, que entroncan co Rexurdimento, mais achegan innovacións. 1.2. Autores e obras. 1.2.1. Noriega Varela. Produción poética: Do ermo (Montañesas en 1904, ampliada e revisada en sucesivas edicións, a última en 1946). Dúas liñas, a segunda máis plural e valiosa: a) Poesía costumista: canta a dureza da vida campesiña e a ledicia das súas festas. b) Poesía intimista: b.1) lirismo da natureza, ton lírico e emotivo, tenrura diante do humilde; b.2) formalismo saudosista, sonetos de coidada musicalidade, con influencia do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes) e os poetas clásicos. 1.2.2. Ramón Cabanillas. Síntese e superación do Rexurdimento. A voz máis representativa na altura da conciencia cívica e da renovación simbolista e modernista. Dous tipos de poesía: a) Poesía lírica: con tres temáticas, a cívica (agrarista ou nacionalista), a intimista (conmoción ante a natureza, o amor…), e a costumista (os costumes como reivindicación das raíces). No desterro (1913), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917), A rosa de cen follas (1927). b) Poesía narrativa: aposta pola reconstrución dun pasado mítico, adaptando a “materia de Bretaña” para dignificar Galicia. Obra: Na noite estrelecida (1926), poema narrativo composto por tres partes ou “sagas” (A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant Grial, O soño do rei Artur). No estilo: simbolismo, adxectivación e riqueza modernistas, métrica con combinación de romances e alexandrinos. 2. As Vangardas galegas 1. Características. Desenvólvenas autores da Xeración do 25. Ademais de compartir os trazos das vangardas internacionais (agás a deshumanización): a) Coutan o sentimento, pero non renuncian a el. b) Asumen o rupturismo estético, pero sen cuestionar o proxecto galeguista interxeracional. c) Refugan o mimetismo: - a vangarda pura é plural; - o máximo representante, Manuel Antonio, acada un verdadeiro sincretismo persoal; - hai "vangarda autóctona". d) Danse a coñecer a través de manifesto propio ( Máis alá!) e de revistas (Alfar, Ronsel...). 2. Liñas e autores. 2.1. Vangarda pura. Cultivo dos -ismos occidentais. O exemplo máis claro: CUNQUEIRO: Poemas do si e non (1933). Dominio surrealista. 2.2. Liña simbolista-creacionista. Recorrencia a símbolos novos, imaxe múltiple, disposicións gráficas suxestivas, etc. MANUEL ANTONIO: De catro a catro (1928). Múltiples orixinalidades: temática (visión subxectiva existencial do mar), léxica (tecnicismos), imaxinativa (imaxes múltiples e simboloxía mariña), gráfica, rítmica... 2.3. Liña impresionista. Selección de sensacións, presente en simbiose cunha imaxinería humanizadora da paisaxe (animismo, hilozoísmo). Só parcialmente renovadora. AMADO CARBALLO: Proel (1927) e O galo (1928). 2.4. Neotrobadorismo (liña de non ruptura). Léxico e estruturas -paralelismo, refrán- de raíz medieval conviven con imaxes da nova sensibilidade do XX. BOUZA-BREY: Nao senlleira (1933). Adapta as formas medievais. CUNQUEIRO: Cantiga nova que se chama riveira (1933). Dona do corpo delgado (1950). Estiliza esas formas.

Poesía de preguerra (esquema)

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Poesía de preguerra (esquema)

Lingua galega e literatura, 4º ESO. A poesía de preguerra.

1. A transición ao século XX e a poesía das Irmandades.

1.1. Características.

No incio do século, a poesía segue ancorada nos temas e nas formas do Rexurdimento. A transición protagonízana os formalistas da Xeración Antre dous séculos, especialmente Noriega Varela e Cabanillas, que entroncan co Rexurdimento, mais achegan innovacións.

1.2. Autores e obras.

1.2.1. Noriega Varela. Produción poética: Do ermo (Montañesas en 1904, ampliada e revisada en sucesivas edicións, a última en 1946). Dúas liñas, a segunda máis plural e valiosa:○ a) Poesía costumista: canta a dureza da vida campesiña e a ledicia das súas festas.○ b) Poesía intimista:

■ b.1) lirismo da natureza, ton lírico e emotivo, tenrura diante do humilde; ■ b.2) formalismo saudosista, sonetos de coidada musicalidade, con influencia do

saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes) e os poetas clásicos.

1.2.2. Ramón Cabanillas. Síntese e superación do Rexurdimento. A voz máis representativa na altura da conciencia cívica e da renovación simbolista e modernista. Dous tipos de poesía:● a) Poesía lírica: con tres temáticas, a cívica (agrarista ou nacionalista), a intimista (conmoción

ante a natureza, o amor…), e a costumista (os costumes como reivindicación das raíces). No desterro (1913), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917), A rosa de cen follas (1927).

● b) Poesía narrativa: aposta pola reconstrución dun pasado mítico, adaptando a “materia de Bretaña” para dignificar Galicia. Obra: Na noite estrelecida (1926), poema narrativo composto por tres partes ou “sagas” (A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant Grial, O soño do rei Artur). No estilo: simbolismo, adxectivación e riqueza modernistas, métrica con combinación de romances e alexandrinos.

2. As Vangardas galegas

1. Características.

Desenvólvenas autores da Xeración do 25. Ademais de compartir os trazos das vangardas internacionais (agás a deshumanización):

a) Coutan o sentimento, pero non renuncian a el.b) Asumen o rupturismo estético, pero sen cuestionar o proxecto galeguista interxeracional.c) Refugan o mimetismo: - a vangarda pura é plural;

- o máximo representante, Manuel Antonio, acada un verdadeiro sincretismo persoal;

- hai "vangarda autóctona".d) Danse a coñecer a través de manifesto propio (Máis alá!) e de revistas (Alfar, Ronsel...).

2. Liñas e autores.

2.1. Vangarda pura. Cultivo dos -ismos occidentais. O exemplo máis claro:□ CUNQUEIRO: Poemas do si e non (1933). Dominio surrealista.

2.2. Liña simbolista-creacionista. Recorrencia a símbolos novos, imaxe múltiple, disposicións gráficas suxestivas, etc.□ MANUEL ANTONIO: De catro a catro (1928). Múltiples orixinalidades: temática (visión subxectiva existencial do mar), léxica (tecnicismos), imaxinativa (imaxes múltiples e simboloxía mariña), gráfica, rítmica...

2.3. Liña impresionista. Selección de sensacións, presente en simbiose cunha imaxinería humanizadora da paisaxe (animismo, hilozoísmo). Só parcialmente renovadora.□ AMADO CARBALLO: Proel (1927) e O galo (1928).

2.4. Neotrobadorismo (liña de non ruptura). Léxico e estruturas -paralelismo, refrán- de raíz medieval conviven con imaxes da nova sensibilidade do XX.□ BOUZA-BREY: Nao senlleira (1933). Adapta as formas medievais.□ CUNQUEIRO: Cantiga nova que se chama riveira (1933). Dona do corpo delgado (1950). Estiliza esas formas.