13
¿QUE É A “POESÍA SOCIAL”? É UNHA TENDENCIA POÉTICA DOS ANOS 40, 50 E 60. PROPONSE TRANSFORMAR O MUNDO. TEN UN CARÁCTER CRÍTICO CO MODELO SOCIO-ECONÓMICO CAPITALISTA PRETENDE CHEGAR Á MAIORÍA, POLO QUE ESTÁ DESPROVISTA DE COMPLICACIÓNS FORMAIS.

Poesia social

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Poesia social

¿QUE É A “POESÍA SOCIAL”?

É UNHA TENDENCIA POÉTICA DOS ANOS 40, 50 E 60.

PROPONSE TRANSFORMAR O MUNDO. TEN UN CARÁCTER CRÍTICO CO MODELO

SOCIO-ECONÓMICO CAPITALISTA PRETENDE CHEGAR Á MAIORÍA, POLO

QUE ESTÁ DESPROVISTA DE COMPLICACIÓNS FORMAIS.

Page 2: Poesia social

¿CALES SON OS TEMAS QUE TRATA?

ANTICAPITALISMO INTERNACIONAL SOLIDARIEDADE COS POBRES E COS

TRABALLADORES O DEREITO DOS POBOS A VIVIR EN PAZ E

EN LIBERDADE

Page 3: Poesia social

POETAS SOCIAIS SIGNIFICATIVOS DOUTRAS LITERATURAS

B L A S D E O T E R O

G A B R I E L C E L A Y A

P O E S Í A E S P A Ñ O L A

M A R I O B E N E D E T T I

P O E S Í A H I S P A N O A M E R I C A N A

P R É V E R T

P O E S Í A F R A N C E S A

Page 4: Poesia social
Page 5: Poesia social

A POESÍA SOCIAL NA LITERATURA GALEGA

R O S A L Í A D E C A S T R O- C r i t i c a a s c a u s a s e

c o n s e c u e n c i a s d a e m i g a c i ó n

C U R R O S E N R Í Q U E Z- A n t i c a c i q u i s m o

- C r í t i c a a n t i c l e r i c a l

R A M Ó N C A B A N I L L A S- L o i t a a g r a r i s t a .

P R E C U R S O R E S D A P O E S Í A S O C I A L E N G A L I C I A- C u l t i v a r o n a p o e s í a d e d e n u n c i a s o c i a l

- P o l a é p o c a n a q u e e s c r i b i r o n , n o n o s p o d e m o s i n c l u í r n a e s c o l a d a p o e s í a s o c i a l

Page 6: Poesia social

POETAS PROPIAMENTE SOCIAIS EN GALICIA

L U Í S S E O A N EF a r d e l d e e x i l i a d o

- E p o p e i a a n ó n i m a d a e m i g r a c i ó n

L O R E N Z O V A R E L AL o n x e

- A a n g u s t i a d o d e s t e r r ot i n g u i d a p o l a s a u d a d e

P O E T A S D O E X I L I Oa n o s 4 0

- D e b i d o á r e p r e s i ó n f r a n q u i s t am o i t o s e s c r i t o r e s e s t á n e x i l i a d o s e n A m é r i c a

C E L S O E M I L I O F E R R E I R OO s o ñ o s u l a g a d o

L o n g a n o i t e d e p e d r aV i a x e a o p a í s d o s a n a n o s

P O E T A S S O C I A I S E N G A L I C I AA n o s 5 0 e 6 0

- A l i t e r a t u r a g a l e g a r e c u p é r a s e p a u l a t i n a m e n t ee n G a l i c i a t r a s a a p a r i c i ó n d a e d i t o r i a l G a l a x i a

Page 7: Poesia social

CELSO EMILIO FERREIRO

Pertence á xeración poética de 1936

Publica as súas primeiras poesías antes da guerra

Participa na creación das primeiras iniciativas culturais e políticas galegas da posguerra.

Combina a liña intimista e a social.

Na súa poesía destaca a presenza de termos simbólicos antitéticos.

Page 8: Poesia social

O SOÑO SULAGADO (1954)

Liña temática intimista: a perda da infancia, o paso do tempo, a angustia existencial...)

Liña social: as consecuencias da Guerra Civil, a represión, a emigración, o antibelicismo...)

CANTIGA DE AMOR CICAISA liberdade endexamais se acada

e nós, os homes, nunca tivemos azas.As nosas almas sempre están coutadas

e de xionllos rendidas. Hai espadas.Hai mulleres e fillos. Tamén patrias.Tamén economía. Tamén fábricas.

(Ouh, que gozo morrer nas guerras santaspor mitos, por bandeiras, por palabras

-baixo palabra de honor- palabras sacras.)

Europa ten trescentos millóns de almas,en cada ialma un mundo, en cada corpo un mandria.

Fusiles, bombas, cañóns, tanques, escadras-de mar e vento- policías, gardas,

sociedades anónimas, comanditas, limitadas,xuzgados, xefaturas, alfándegas.

As nosas maus sempre estarán atadas.Meu corazón, ¿onde se foi a esperanza

dos verdes anos i aquelas brancas,fondas, tenras, outas inquedanzas?

Page 9: Poesia social

LONGA NOITE DE PEDRA (1962)

Os seus versos convertéronse en bandeira de loita antifranquista.

No libro predomina a liña social: a crueldade da guerra, defensa dos marxinados, defensa da lingua...

Tamén incorpora a liña intimista: a infancia, a saudade...

IRMAUSCamiñan ao meu rente moitos homes.

Non os coñezo. Sonme estraños.Pero ti, que te encontras alá lonxe

máis alá dos desertos e dos lagos, máis alá das sabanas e das illas,

como un irmán che falo.Se é túa a miña noite,

se choran os meus ollos o teu pranto,se os nosos berros son igoales,

coma un irmau che falo.Anque as nosas palabras sexan distintas,

e ti negro e eu branco,se temos semellantes as feridas,

coma un irmau che falo.Por enriba de tódalas fronteiras,por enriba de muros e valados,se os nosos soños son igoales,

coma un irmau che falo.Común temos a patria,

común a loita, ambos.A miña mau che dou,

como un irmau che falo.

Page 10: Poesia social

VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS (1968)

Libro escrito ao longo da súa negativa experiencia na emigración en Venezuela.

Crítica aos emigrantes galegos enriquecidos que explotan aos seus irmáns e esquecen a súa orixe.

A xeito de S.O.S.falo na madrugada:

Pechai tódalas portase que xa ninguén saia.

Sen a seiva nutriciaesmorecen as gallas.Arbre antigo, Galicia,

fendérono as machadas.Unha póla no mundo,

outra póla na casa.A póla de alén mar

é só unha metáfora. O pobo quere terra

coma Anteo na fábula.A terra quere pobopara ser fecundada.Nunca virá de fóra

remedio ou esperanza.Se o noso pobo morre

quedámonos sen patria,pois patria e pobo son

o mesmo, en dúas palabras. Pechai tódalas portase que xa ninguén saia.

Page 11: Poesia social

“DIGO VIETNAM E BASTA” (viaxe ao país dos ananos)

Digo bomba de fósforo.Apenas digo nada.Digo lombriga e larvade carne podrecida.Digo nenos de nápalm,terror de noite e selva,fedor de cidade e cloaca.Fame, suor, aldraxe,pugas de aceiro, antropofaxia.Digo guerra bestial,terror de terra, crime, lume, lava,estoupido, verdugoe mortandade en masa.Digo gas abafante.Apenas digo nada.Digo yanqui invasor,depredador de patrias.Digo plutonio, pentágono,esterco bursátil, palanca,Presidente, gadoupa,chuvia, amargura, baba.Digo petróleo, ferro,mineral, trampa,lobo, caimán, polaris, cóbrega,miseria, diplomacia.Digo devastación que USA, usa.Apenas digo nada.Digo Viet Nam i está xa dito todocunha soia palabra.Viet Nam e basta.

Page 12: Poesia social

XERACIÓN POÉTICA DE 1936

ESCRITORES NADOS ARREDOR DO ANO 1910.

FORMADOS NA CULTURA REPUBLICANA DOS ANOS 30

VIVEN DE NOVOS O DRAMA DA GUERRA CIVIL, COA SÚA CARGA DE MORTE, PERSECUCIÓN E EXILIO.

AÍNDA QUE COMEZAN A PUBLICAR NOS ANOS 30, OS SEUS PRINCIPAIS LIBROS PUBLÍCANSE A PARTIR DOS ANOS 50.

AUTORES DESTA XERACIÓN

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO

X. M.DÍAZ CASTRO

PURA VÁZQUEZ

MARÍA MARIÑO

CELSO EMILIO FERREIRO

Page 13: Poesia social

SIMBOLISMO NA POESÍA DE CELSO EMILIO FERREIRO

TERMOS SIMBÓLICOS POSITIVOS

REFERIDOS Á CLARIDADE: luz, alborada, amencer, branco.

REFERIDOS Á ALTURA: vento, bandeira.

EVOCAN UN PASADO FELIZ E UN FUTURO EN LIBERDADE

TERMOS SIMBÓLICOS NEGATIVOS

REFERIDOS Á ESCURIDADE: noite, sombra, negro...

REFERIDOS A ESPAZOS PECHADOS E PROFUNDOS: pozo, túnel, cadea...

EVOCAN O PRESENTE DA DITADURA FRANQUISTA E EVOCAN O MEDO, OPRESIÓN, INXUSTIZA...