10
CEIP VILAVERDE PROXECTO O NOSO CORPO 2011-2012

Proxecto do corpo 1ºa

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

PROXECTO

O NOSO CORPO1º

QUE SABEMOS?

2011-2012

Page 2: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

- “La comida va por un tubo” (Daniel).- “El corazón es el que bombea la sangre”

(Andrés).- “Vemos gracias a los ojos” (Manuel).- “Tenemos huesos dentro del cuerpo”

(Raúl).- “Tenemos una radio en la muñeca”

(Héctor).- “Dentro del cuerpo tenemos unos

pulmones que están protegidos por las costillas” (Gadea).

- Dentro de la oreja tenemos un martillo” (Martín G.)

(Aquí hai moita diversidade de opinión, non opinan o mesmo)- “Hay unos tubos que son los que llevan el

aire al pulmón” (Laura).- “La sangre circula por unos tubos que se

llaman venas” (Carlos).- “Todo lo que hacemos nos lo manda el

cerebro” (Daniel).- “Los polvos tienen como un polvo dentro

que es de lo que están formados” (Martín G.).

(Non pensan todos o mesmo)- “Podemos escuchar con las orejas” (Raúl).- “Con la nariz podemos oler y respirar”

(Álex).- “Los pelos tienen como un músculo y eso

es lo que hace que sudemos” (Héctor).(Causou unha revolución e quedaron en investigalo)

2011-2012

Page 3: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

QUE QUEREMOS SABER?- Onde está o martelo que temos?- Temos unha radio no corpo?- Que é o húmero?- Porque temos músculos nos pelos?

(se é certo, porque hai moitas dúbidas).

- Temos un tobogán no noso corpo?- Como se moven os ollos?- Como crece a barriga da mama

cando está embarazada?- Porque nos caen os dentes?- De onde ven a sangue? Cara onde

vai?- Como e porque crece o noso

corpo?- De que está feito o pulmón?- Que fan as cordas vocais?

2011-2012

Page 4: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?- Nos libros- En Internet- Na biblioteca- Preguntando ós maiores- Nas películas- Nos vídeos- Pensando moito- No blogue do cole

2011-2012

Page 5: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

QUE FACEMOS COA INFORMACIÓN?

- Dialogamos en gran grupo e

intercambiamos a información.- Consultamos os libros e os materiais

que trouxemos os nenos e as nenas.- Publicarémola no noso blogue.- Faremos un libriño con todo- Elaboraremos un mapa mental- Escribiremos todo o que

aprendemos no mural do proxecto

2011-2012

Page 6: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

QUE APRENDEMOS?- Os ósos forman o esqueleto, que é a parte máis dura do noso Corpo. Grazas a eles, podemos manternos en pé. Os ósos son moi lixeiros, pero moi sólidos. Algúns protexen as partes delicadas do corpo. Teñen todo tipo de formas e tamaños: poden ser moi longos, como os dos brazos, planos ou pequenos como os dos pés. Entón podemos dicir que si que temos un martelo, que é un oso moi pequeño que está dentro do noso oído, uns osos chamados radio e cúbito que se atopan situados no brazo. Tamén contamos cun numerosas articulacións, que é o punto de encontro entre dous ou máis ósos, como a cóbado, a cadeira, , etc.

- O percorrido que fai o alimento dende que o comemos pódenos explicar a existencia ou non dun tobogán no noso corpo. O primeiro paso no proceso da dixestión é meter a comida na boca e mastigar cos dentes, mesturalo co cuspe para que o ablande e tragalo. Esa comida triturada descende a través dun canle chamado esófago, é o que podemos comparar cun tobogán, xa que fai que a comida baixe por aí ata chegar ó estómago. Este músculo con forma

de bolsa aplasta a comida ata facela papilla. Esta papilla segue descendendo e removéndose. A parte útil para o noso corpo faise tan fina que pode pasar ó sangue, e o que non é útil sae en forma de pis e caca.

2011-2012

Page 7: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

- O noso cerebro controla todo o corpo. Sempre está funcionando, aínda que esteamos durmindo. Está dividido en varias partes e cada unha delas ten unha función específica. Unha zona traballa cando pensamos ou sentimos emocións; outra rexe o funcionamento dos músculos; outra zona sente o que tocamos; outra que dirixe os ollos, outra os oídos, etc. O noso cerebro tamén está conectado ó resto do corpo por moitos “cables” que lles chamamos nervios. Conducen as mensaxes dende o cerebro a outras partes do corpo e estas de volta ó cerebro.- Para que cada un de nós naceramos, papá tivo que poñer unha pequena semente chamada espermatozoide, e mama unha chamada óvulo. Fórmase así un feto que vai crecendo durante 9 meses dentro da barriga da mamá. A barriga vai crecendo porque o bebe tamén crece grazas ó alimento que lle chega da nai a través dun tubo que é o cordón umbilical. - A partir dos 6-8 meses, aparecen os primeiros dentes, e xa ó chegar ós 2 anos e medio temos a primeira dentadura completa que consta de 20 pezas. Pero cando nos achegamos ós 6 anos, a boca crece, faise máis grande e os dentes de leite son reemprazados un a un por pezas definitivas, 36 en total. Entre os dentes de leite existen espazos baleiros debido a que os definitivos serán de maior tamaño, polo que as mandíbulas están preparadas para iso.- Sabemos que cando nos cortamos sae sangue, pero queremos saber para que serve ese sangue. Cada unha desas gotas de sangue fai un recorrido por todo o noso corpo, a través dos chamados vasos sanguíneos, para repartir osíxeno e nutrintes. No centro atópase o corazón, que é o que bombea o sangue a todo o corpo. O sangue volve ó corazón cando ten que ser depurada. O corazón está formado

2011-2012

Page 8: Proxecto do corpo 1ºa

CEIP VILAVERDE

por dúas metades: a parte esquerda que bombea a sangue para que circule por todo o corpo a través das arterias. Cando a sangue que contén dióxido de carbono regresa ó corazón a través das venas, faino polo lado dereito.- Ó crecer prodúcense moitos cambios e ata que cumprimos 20 anos o corpo cada vez máis alto vai cambiando de forma. Crecemos porque os nosos osos fanse máis grandes e longos, sobre todo os das pernas. Un detalle curioso é que cando durmimos polas noites, o noso corpo está crecendo!- Os pulmóns son os órganos encargados do proceso da respiración. O noso corpo respira constantemente a través da boca e da nariz, xa que precisamos do aire para estar vivos. O aire que inspiramos entra en ambos pulmóns. Estos envían algo á sangue: osíxeno. Expulsamos a parte que non é boa mediante a expiración. Os pulmóns son elásticos e esponxosos, de cor rosado e están protexidos por unha capa fina chamada pleura.

- As cordas vocais témolas na garganta e son as que ó vibrar producen o son e ó mesmo tempo déixannos falar

2011-2012