8
Ramón Cabanillas Enríquez Carla González Silva 4ºC David González Sampayo 4ºC

Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Ramón Cabanillas Enríquez

Carla González Silva 4ºCDavid González Sampayo 4ºC

Page 2: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

ÍNDICE• Introdución.• Ramón Cabanillas e Irmandades da Fala.• Tipos de poesía: poesía lírica e poesía

narrativa.• Trazos da súa poesía.• Teatro.• Webgrafía e Bibliografía.

Page 3: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

IntroduciónRamón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados o 3 de Xuño de

1876 e faleceu no mesmo lugar o 9 de Novembro de 1959. Foi un poeta en lingua galega e foi considerado dentro da literatura galega como o enlace entre o Rexurdimento e a modernidade literaria do século XX. A crítica, xeralmente, encádrao ben nunha xeración intermedia, a chamada Xeración «Antre Dous Séculos», ben coma un membro máis da xeración literaria xurdida á luz das Irmandades da Fala. Emigrou en 1910 a Cuba e estudou no seminario de Santiago de Compostela.

Page 4: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Ramón Cabanillas e Irmandades da Fala -As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931 que desenrvolveu actividades políticas e culturais en Galicia.-Entre 1916 e 1920 Cabanillas ponse ao servizo da ideoloxía das Irmandades e convértese nun poeta netamente civil. A súa poesía perde a agrevisividade da súa fase pro-agrarista e adopta un didactismo encamiñado a dar a coñecer as grandes figuras da cultura galega, con obxecto de reivindicar o orgullo nacional galego.-O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente en `` A Nosa Terra ´´ converténdose na voz lírica do movemento.-Cabanillas rematou por aliñarse no sector máis conservador e menos político das Irmandades, o coñecido como Grupo Nós.

Page 5: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Tipos de PoesíaPoesía lírica

Na poesía lírica segue aos poetas do Rexurdimento Rosalía e Curros.

.Na súa poesía lírica aparecen composicións de tres tipos:

-De carácter intimista: referidas ao amor e á natureza.

-De carácter costumista: referidas a temas rurais cunha nova perspectiva crítica e humorística.

-De carácter cívico: que reflicten os postulados agraristas e, máis tarde, os nacionalistas.

.Os seus libros líricos máis importantes son No desterro (1913), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917) e A rosa de cen follas (1927).

Poesía narrativa Na súa poesía narrativa adopta de Pondal o tonmítico e prehistórico. Crea un pasado cheo deesplendor e augura un futuro esperanzador paraGalicia. A súa obra máis importante é Na noiteestrelecida ( 1926) , onde recrea o mundo dorei Artur e o tema da demanda do Santo Graal.Relaciónaos con Galicia, presentándoos cheosde fantasía e cristianizados. De carácter narrativo tamén é O bendito San Amaro (1925), poema en que se relata a lenda deste santo galego.

Page 6: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Trazos da súa poesíaNa súa poesía atopamos trazos propios dos autores do Rexurdimento, así como pegadas dos movementos poéticos de principios de século, sobre todo do Modernismo. Nos primeiros libros usa a lingua popular, pero a medida que avanza a súa obra, a súa lingua vaise facendo máis culta.Como motivos caracterizadores da identidade galega, aparecen nesta etapa temas como o idioma, o celtismo, a referencia ao modelo irlandés, etc.Cabanillas intenta escribir unha poesía mitificadora do pasado cunha perspectiva saudosista. Fai uso de símbolos e numerosas referencias eruditas, incluíndo o uso de versos cultos como o alejandrino.

Page 7: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

TeatroA man de SantiñaÉ unha obra na que se desenvolve

un tema amoroso e está ambientada nun pazo. Esta obra foi publicada no ano 1921.

O MariscalÉ unha obra que se inspira na historia do mariscal Pardo de Cela, presentado coma un heroe galego fronte ao centralismo dos Reis Católicos. Esta obra foi publicada en 1926.

Page 8: Ramón Cabanillas, traballo de Carla e David

Webgrafía e BibliografíaWebgrafíaWikipediaGoogle imaxesXerais

BibliografíaLingua e literatura 4º ESOProxecto Os Camiños do Saber