19
RESTAURACIÓN, LIBERALISMO E NACIONALISMO.

Restauración, liberalismo e nacionalismo

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Restauración, liberalismo e nacionalismo

RESTAURACIÓN, LIBERALISMO E NACIONALISMO.

Page 2: Restauración, liberalismo e nacionalismo

NOVOS AVANCES POLÍTICOS (1815-1870)

En Europa e América, entre 1815 e 1870, producíronse acontecementos decisivos para a historia.

EN EUROPA:

Despois da derrota de Napoleón (1815), volveuse a impoñer o Antigo Réxime.

Revolucións constantes ao longo do século XIX que deron lugar a novos avances políticos (dereitos e liberdades).

EN AMÉRICA:

EE.UU ampliou as súas fronteiras cara ao oeste.

As colonias españolas conseguiron a independencia.

A cultura e a arte deste período histórico reflectiron as reivindicacións e cambios políticos.

Page 3: Restauración, liberalismo e nacionalismo

“O camiñante ante o mar de néboa” (1818), obra de FRIEDRICH simboliza a liberdade do individuo para enfrontarse ás dificultades e reflicte a mentalidade europea do século

XIX.

Page 4: Restauración, liberalismo e nacionalismo

A RESTAURACIÓN EN EUROPA E ESPAÑA: REGRESO O ABSOLUTISMO (1815-1820)

A Restauración consistiu no regreso ao sistema político do Antigo Réxime impuxérona as potencias europeas tras vencer a Napoleón. Con este propósito reuníronse no Congreso de Viena, onde se adoptaron os seguintes acordos:

1. Impoñer de novo as monarquías absolutas.

2. Reestruturar o mapa de Europa.

3. Formáronse dous sistemas de alianzas para cumprir os acordos do Congreso de Viena e prestar axuda a calquera rei ameazdo por un estalido revolucionario: a Santa Alianza, formada por Rusia, Austria e Prusia e a Cuádrupla Alianza, composta polos países da Santa Alianza e Gran Bretaña.

Page 5: Restauración, liberalismo e nacionalismo
Page 6: Restauración, liberalismo e nacionalismo

O REINADO DE FERNANDO VII

Tras on triunfo na Guerra da Independencia, o rei Xosé I (irmán de Napoleón) tivo que abandonar España e o trono foi ocupado por Fernando VII.

FASES DO SEU REINADO:

Restauración do absolutismo (1815-1820)

Recuperación das liberdades (1820-1823) tralo levantamento de Riego e Quiroga, restableciéndose a Constitución de 1812 e as liberdades.

Regreso ao absolutismo (1823-1833) etapa da promulgación da Pragmática Sanción que anulaba a Lei Sálica de Felipe V.

Page 7: Restauración, liberalismo e nacionalismo

LBERALISMO, NACIONALISMO E IDEAIS DEMOCRÁTICOS: AVANCE NOS DEREITOS

As revolucións que se produciron en Europa no século XIX debéronse a que moitos cidadáns non aceptaban a Restauración nin o regreso do Antigo Réxime. Estas

revolucións baseábanse en tres ideoloxías políticas: liberalismo, nacionalismo e democracia.

Page 8: Restauración, liberalismo e nacionalismo

O LIBERALISMODoutrina política que dfende as liberdades do individuo, ten a súa orixe nos principios da Ilustración. Na sociedade representaba os intereses da alta burguesía, que loitaba por manter os dereitos políticos conseguidos en Francia durante o proceso revolucionario. Os principios políticos que defenderon foron os seguintes:

o Elaboración dunha Constitución que recolle os dereitos e as liberdades das persoas.

o A monarquía constitucional como forma de goberno.

o A separación de poderes (executivo, lexislativo e xudicial).

o A soberanía nacional a través do sufraxio restrinxido.

o As liberdades individuais de asociación, expresión, prensa, relixión, reunión, etc.

Page 9: Restauración, liberalismo e nacionalismo

O NACIONALISMO

O nacionalismo é o dereito de todos os pobos a formaren nacións independentes e a crearen o seu propio Estado.

Os ideais que reivindicaron os movementos nacionalistas foron:

1. A nación debe estar formada por un conxunto de persoas unidas por lazos comúns (cultura, historia, lingua, límites territoriais ben definidas).

2. A soberanía nacional foi posible que todos os cidadáns se sintan parte integrante da nación.

3. Cada nación debe elixir a forma de goberno que desexe.

Page 10: Restauración, liberalismo e nacionalismo

A DEMOCRACIA

No século XIX a democracia era a doutrina que defendía a participación política de toda a poboación, co fin de acabar coas desigualdades sociais e económicas ocasionadas polo liberalismo burgués.

Tivo a súa orixe no rexeitamento das clases medias e baixas cara o sufraxio restrinxido. Os seus principos foron:

o O sufraxio universal masculino.

o Inclináronse pola república como forma de gobierno porque consideraban a monarquía incompatible coa democracia.

Page 11: Restauración, liberalismo e nacionalismo
Page 12: Restauración, liberalismo e nacionalismo

AS UNIFICACIÓNS DE ITALIA E ALEMAÑA

Ao longo da súa historia, Italia e Alemaña estiveron divididos en varios países, no obstante no século XIX xurdiron movementos nacionalistas en ambos os países que lograron as respectivas unificacións e o nacemento de dúas novas nacións.

Page 13: Restauración, liberalismo e nacionalismo

A UNIFICACIÓN DE ITALIA

O proceso iniciárono, desde o reino de Piemonte, o monarca Vítor Manuel II e o seu ministro Cavour. Comezou coa expulsión dos austríacos do norte de Italia (lombardía) e terminou coa conquista e anexión do resto do país: o reino de Nápoles, Veneto e Roma.

Italia converteuse nunha monarquía parlamentaria con capital en Roma

Page 14: Restauración, liberalismo e nacionalismo

A UNIFICACIÓN DE ALEMAÑAEmprendeuna Bismarck , chanceler de Prusia, que expulsou os austríacos do leste de Alemaña; despois Prusia intensificou as relacións económicas (unión aduaneira) con outros Estados alemáns e finalmente derrotou a Francia que tivo que cederlle os territorios de Alsacia e Lorena. Finalmente estableceuse o II Reich con Guillerme I como emperador.

Page 15: Restauración, liberalismo e nacionalismo

ESPAÑA: DA MONARQUÍA LIBERAL Á REPÚBLICA

O REINADO DE ISABEL II finalizou o absolutismo en españa e instaurouse unha monarquía liberal constitucional que tiña as seguintes características:

A Coroa seguía mantendo moito poder, aínda que limitado polas constitucións. A raiña contou co apoio dos moderados e dos progresistas.

Durante o seu reinado promulgáronse varias constitucións e impúxose o sufraxio restrinxido masculino.

Na súa monoría de idade gobernaron dous rexentes: María Cristina de Borbón (que tivo que facerlle fronte á Primeira Guerra Carlista) e o xeneral Espartero.

A partir da súa maioría aumentaron os problemas: novos partidos políticos que demandaban o sufraxio universal; a farsa electoral ou manipulación dos votos; problemas económicos resoltos coas desamortizacións; Finalmente triunfou un golpe militar (revolución de 1868) que obrigou á raíña a exiliarse.

Page 16: Restauración, liberalismo e nacionalismo

O SEXENIO REVOLUCIONARIOFoi o primeiro intento de establecer unha democracia en España. Neste período promulgouse a Constitución de 1869 , que foi a máis progresista do século XIX porque decretou, entre otras medidas, o sufraxio universal masculino.

Durante o Sexenio sucedéronse dous sistemas políticos:1. A monarquía democrática (1871-1873)

encabezada por Amadeo I .2. A república (1873-1874) que tivo que

enfrontarse ás reivindicacións de independencia de Andalucía, Levante e Cataluña, á división dos republicanos e a unha nova guerra carlista.

Nesta época estableceuse a unidade monetaria coa peseta. En decembro de 1874 produciuse un novo levantamento militar para promover o regreso dos Borbóns.

Page 17: Restauración, liberalismo e nacionalismo

AMÉRICA DURANTE O SÉCULO XIX

• A EXPANSIÓN DOS ESTADOS UNIDOSEn América do Norte os Estados Unidos consolidáronse e estableceron as súas fronteiras definitivas:o A conquista do oeste ata chegar ao Pacífico.o A Guerra de Secesión (1861-1865), terminou coa vitoria dos do norte e coa

prohibición da escravitude.

Duranye o século XIX América sufriu grandes cambios políticos e territoriais :

Page 18: Restauración, liberalismo e nacionalismo

AMÉRICA DURANTE O SÉCULO XIX

A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLAAs colonias iniciaron su proceso de independencia no reinado de Fernando VII, as causas foron:

o O nacemento dos Estados Unidos, a Revolución Francesa e a Guerra da Independencia española.

o O apoio económico ofrecido aos independentistas por Reino Unido, para acabar co monopolio comercial de España.

o Os desexos da burguesía crioula de controlar a política e a economía das colonias sen ter que depender de España.

Page 19: Restauración, liberalismo e nacionalismo

A INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

A principios do século XIX, militares como Simón Bolívar e o xeneral José de San Martín obtiveron vitorias sobre o Exército español.

Todas as colonias españolas, agás Puerto Rico e Cuba, conseguiron a independencia entre 1810 e 1825.

As novas nacións convertéronse en repúblicas e pasaron a estar baixo a influencia de Reino Unido e dos Estados Unidos.