19
SEGUNDO TRIMESTRE A parte da que xa nos examinamos no primeiro trimestre non entra, pero o que ven nestas fotocopias si. Os contidos van moi resumidos porque imos con moito retraso TEMAS 2 e 3 Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX. Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación. Introdución: En 4º da ESO estudamos a Idade Contemporánea, é dicir, a Idade na que estamos hoxe en día. E porqué estudamos historia Contemporánea?. Porque así poderemos entender mellor o mundo no que vivimos. A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789, o momento no que a burguesía tomou as rendas do poder por primeira vez. O século XIX é o século da burguesía xa que conseguirá impoñer o tipo de política, de economía e de sociedade no que sae máis beneficiada. No primeiro trimestre vimos o Antigo Réxime, o que había xusto antes da Revolución Francesa: - A poboación non era igual ante a lei. A sociedade dividíase en privilexiados e non privilexiados, algo que viña xa da época feudal. A clase dominante era a nobreza. - A soberanía tíñaa a monarquía. O rei ou raíña concentraba os tres poderes (lexislativo, executivo e xudicial). Era a época do Absolutismo. - A economía era tradicional e de subsistencia. 1

Temas 2 e 3 segundo trimestre

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Temas 2 e 3 segundo trimestre

SEGUNDO TRIMESTRE

A parte da que xa nos examinamos no primeiro trimestre non entra, pero o que ven nestas fotocopias si.

Os contidos van moi resumidos porque imos con moito retraso

TEMAS 2 e 3

Transformacións políticas e socioeconómicas no século XIX.

Revolución industrial. Liberalismo, nacionalismo e imperialismo: activismo

revolucionario para a transformación de Europa. Novo modelo social e

movemento obreiro. A exclusión das mulleres do espazo público e a súa

loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.

Introdución:

En 4º da ESO estudamos a Idade Contemporánea, é dicir, a Idade na que estamos hoxe en día. E porqué

estudamos historia Contemporánea?. Porque así poderemos entender mellor o mundo no que vivimos.

A Idade Contemporánea comeza coa Revolución Francesa en 1789, o momento no

que a burguesía tomou as rendas do poder por primeira vez. O século XIX é o século da

burguesía xa que conseguirá impoñer o tipo de política, de economía e de sociedade no

que sae máis beneficiada.

No primeiro trimestre vimos o Antigo Réxime, o que había xusto antes da Revolución

Francesa:

- A poboación non era igual ante a lei. A sociedade dividíase en privilexiados e non privilexiados, algo

que viña xa da época feudal. A clase dominante era a nobreza.

- A soberanía tíñaa a monarquía. O rei ou raíña concentraba os tres poderes (lexislativo, executivo e

xudicial). Era a época do Absolutismo.

- A economía era tradicional e de subsistencia.

- No século XVIII os ilustrados e ilustradas criticaron estas características do Antigo Réxime, poñendo

as bases do que no século XIX será o liberalismo.

Tamén vimos como xa durante o Antigo Réxime comezou en Gran Bretaña o que chamamos Revolución

Industrial. A máquina de vapor, inventada xa no século XVIII, acabará revolucionando a forma de producir e de

transportar os bens.

No século XIX prodúcense unha serie de cambios económicos, políticos e sociais que son característicos da

Idade Contemporánea. Iso é o que se estuda nos temas 2 e 3:

1

Page 2: Temas 2 e 3 segundo trimestre

- Cambios económicos: a Revolución Industrial. Xa a tratamos no primeiro trimestre. Prodúcese unha

revolución na forma de producir e nos medios de transporte que cambian por completo o mundo occidental. A

economía xa non será de subsistencia e tradicionial, senón que será comercial e capitalista.

- Cambios políticos: as Revolucións liberais. A burguesía é a clase dominante do século XIX. Tomará

as rendas do poder a través de revolucións. Acabará co absolutismo e instaurará un novo sistema político no

que a soberanía a terá o pobo.

- Novas ideoloxías: liberalismo, nacionalismo e imperialismo. Xurde o nacionalismo, empézase a

reivindicar que as fronteiras dos Estados coincidan coas fronteiras raciais, lingüísticas, históricas etc., ben

sexa para separarse un territorio ou para xuntarse varios. Por outra parte, a burguesía crerá que o seu

poderío económico demostra que son unha civilización superior ás demais e que teñen o deber de civilizar

outros continentes (e de paso explotalos economicamente): xurde o imperialismo.

- Cambios sociais: a revolución industrial e os cambios políticos, producirán enormes cambios na

sociedade. Agora o pobo ten a soberanía e hai igualdade ante a lei. Pero o que parece algo positivo para

toda a poboación, resultou ser positivo só para os máis adiñeirados: a burguesía. A sociedade xa non se

dividirá en privilexiados e non privilexiados, xa non haberá estamentos; pero agora haberá unha división en

clases sociais, na que a clase traballadora sairá enormemente prexudicada.

O liberalismo político:

Cando a burguesía se decatou de que os reis absolutos non ían

cambiar a fondo o sistema político, económico e social, xurdiu a

necesidade de alcanzar o poder para conseguir realizar cambios

profundos e acabar co Antigo Réxime. Chamamos revolucións

burguesas ao proceso de conquista do poder por parte da burguesía.

O exemplo mais claro foi a Revolución Francesa (1789).

O liberalismo político foi o pensamento no que se apoiaron as revolucións burguesas. Esta ideoloxía política

deriva do pensamento ilustrado: foron os pensadores da ilustración os que aportaron os principais conceptos do

liberalismo como a separación de poderes (Montesquieu) o a soberanía nacional (Rousseau).

Os principios que defende o liberalismo son:

- Igualdade xurídica e dereitos naturais. O liberalismo considera, en

teoría, que todos os individuos deben ser iguais ante a lei e ter os

mesmos dereitos, ao contrario do que sucedía no Antigo Réxime, no que había

privilexios reservados a determinados estamentos. Defenden que hai unha

serie de dereitos fundamentais que teñen todos os seres humanos e que toda

sociedade e sistema político debe defender e protexer. Estes dereitos

naturais son a liberdade1, a propiedade e a igualdade ante a lei. Pero na práctica limitaron dereitos como o

político, xa que o sufraxio quedou reservado aos homes que tiñan unha determinada capacidade económica

(sufraxio censatario), deixando fóra ás mulleres e a determinados grupos pola súa cor ou etnia.

1 Liberdade de movementos, de residencia, de pensamento, de opinión, de relixión, de reunión, de asociación, de traballo, de empresa, de mercado...

2

Page 3: Temas 2 e 3 segundo trimestre

- Soberanía nacional. Fronte á soberanía real (do rei) de orixe divino

característica das monarquías absolutas do Antigo Réxime, o liberalismo

defendeu a idea da soberanía nacional, é dicir, a soberanía a ten o pobo.

- Separación de poderes.

Fronte á concentración de poderes do

Antigo Réxime, o liberalismo defendeu a

limitación do poder e a súa división funcional en tres grandes

áreas: executivo, lexislativo e xudicial, exercidas por distintas

institucións: Goberno, Parlamento e Tribunais. Con este sistema

pretendíase impedir as arbitrariedades e os abusos do poder.

- Constitucións escritas e declaracións de

dereitos. A garantía dos dereitos e liberdades e os poderes do Estado deben estar recollidos

por escrito en solemnes Declaracións de dereitos e fundamentalmente nunha constitución ou

lei suprema da organización do Estado. A primeira constitución foi a dos EE.UU en 1787,

seguida das constitucións da Francia Revolucionaria e a Constitución española de 1812.

O liberalismo é a expresión ideolóxica dos intereses das clases burguesas, convertidas nos grupos dominantes

da sociedade no século XIX grazas ao desenvolvemento e expansión da revolución industrial e o triunfo das

revolucións políticas.

Co paso do tempo o liberalismo dividirase en dúas tendencias:

O liberalismo doutrinario, que defende os intereses da clase alta: soberanía nacional con sufraxio

censatario.

O liberalismo democrático, que defende os intereses das clases medias: soberanía popular e sufraxio

universal.

O capitalismo:No Antigo Réxime había un sistema económico tradicional e de subsistencia. A produtividade era baixa e a

meirande parte do que se producía era para consumo propio e non para o comercio. A Revolución Industrial do

século XIX cambia totalmente o sistema económico. Agora a produción e a produtividade son moi altas e o comercio

aumenta vertixinosamente. Xa non é unha economía tradicional, pasando a ser unha economía

capitalista.

O capitalismo é un sistema de organización económica en que o protagonista é o capital. O

capital é todo o que nos vale para producir beneficios2: diñeiro, mercadorías, materias primas e

tamén terras, edificios, fábricas, etc. No capitalismo puro o Estado3 non regula a economía, non

é o goberno nin o parlamento o que di quén pode fabricar qué, cando, onde, etc. Quen regula a economía no

capitalismo é o mercado, é dicir a oferta e a demanda.

2 Producir beneficios = gañar cartos.3 O poder dun país.

3

Page 4: Temas 2 e 3 segundo trimestre

A oferta é a cantidade de bens ou servizos que se quere vender e a demanda é a

cantidade de bens ou servizos que a xente quere comprar. Se un ben escaso é moi

demandado (a demanda é alta e a oferta é baixa) sube o seu prezo. Como o prezo de

venta é alto, haberá máis empresarios dispostos a fabricalo. Ao fabricarse máis ese

ben aumenta a oferta, equilibrándose a balanza e diminuíndo o prezo.

Os partidarios deste sistema defenden que as persoas donas do capital, ou sexa capitalistas, están moi

motivadas a investir para obter beneficio e enriquecerse, creando así riqueza e postos de traballo. Malia isto, o

traballo é unha mercadoría máis , e está suxeito á lei da oferta e a demanda. A clase traballadora recibe un salario

máis alto ou tan baixo que pode chegar ao grao de explotación, en función do número de traballadores e

traballadoras e da cualificación que teñan.

O capitalismo foi defendido por economistas xa a comezos da revolución industrial, no

século XVIII. O economista máis coñecido é Adam Smith. Nos seus escritos defendeu a

liberdade como o principio que debe rexer a actividade económica. Argumentaba que o mercado

baseado no libre xogo da oferta e a demanda é a base da riqueza dos individuos e das nacións.

O Estado debe intervir só para impartir xustiza entre os particulares e garantir a liberdade

económica.

Nacionalismo:

O nacionalismo é unha das novidades do século XIX e algo moi característico dos nosos tempos. No Antigo

Réxime os territorios pertencían a un rei ou raíña e cambiaban de mans en función de herdanzas e matrimonios. No

século XIX o pobo terá a soberanía. O concepto de nación agora ten outro sentido. Algúns entendían que a nación

era algo cultural, que se foi creando ao longo dos séculos de forma involuntaria. Para estes a nación e o territorio

habitado por xente que comparte unhas tradicións, unha cultura, unha lingua, unha historia... Para outros a nación

sería máis ben algo que voluntariamente decide a cidadanía dun territorio para compartir as mesmas leis.

Isto provocou movementos nacionalistas separatistas e movementos nacionalistas unificadores:

Movementos separatistas:

- Así por exemplo Bélxica se separou dos Países Baixos en 1830.

- O Imperio Turco foise fragmentando ao longo de todo o século XIX: Grecia, Serbia, Romanía,

Montenegro, Bulgaria e Albania.

- Irlanda, que pertencía a Gran Bretaña comezou movementos independentistas, pero non

acadará a independencia ata o século XX.

Movementos unificadores:

- Italia. Italia estaba formada por múltiples Estados, pero compartían

unha mesma lingua. Sentíanse un mesmo pobo e acadaron a unidade

na segunda metade do século XIX (1861).

4

Page 5: Temas 2 e 3 segundo trimestre

- Alemaña. A principios de século Alemaña non existía. Era un territorio formado por 39 Estados.

Nun primeiro momento o que tiveron foi unha serie de alianzas políticas e económicas. Foise

conformando un sentimento nacionalista que acabou

conseguindo a unificación en 1871, nacendo o Imperio

Alemán, o II Reich, que se converteu nunha gran

potencia.

O Imperialismo:

Durante o século XIX as potencias europeas capitalistas e

industrializadas lanzáronse á conquista de territorios en Asia, África e Oceanía.

O país que conquista é a metrópole, e as colonias son os territorios conquistados.

O imperialismo non era algo novo, pois xa na Idade Antiga houbo grandes imperios e na

Idade Moderna, por exemplo, España e Portugal foron imperios impresionantes. Pero no

século XIX alcanzou a súa maior intensidade. Isto debeuse á industrialización. A diferenza

tecnolóxica entre as metrópoles e as colonias era moito maior. Os capitalistas da metrópole

aproveitaron o imperialismo para conseguir materias primas baratas para a súa industria e

novos mercados onde vender os seus produtos elaborados. Ademais estableceron unha

lexislación moi beneficiosa para eles, de forma que non tiveran que pagar tributos

aduaneiros para vender os seus produtos pero houbera trabas á importación dos produtos

das colonias que puideran prexudicar á industria da metrópole. A economía liberal de libre

mercado era libre só cando conviña á burguesía.

As potencias conquistaron lugares estratéxicos para controlar rutas marítimas e terrestre importantes, pero

tamén expandían o seu territorio simplemente para aumentar o seu prestixio e fortalecer o orgullo nacional. Tiñan

unha ideoloxía racista. Os occidentais estaban convencidos de que a raza branca era superior e que isto lles daba

dereito a dominar outros pobos, que consideraban atrasados e inferiores. Pensaban que tiñan a misión de civilizalos

e convertelos ao cristianismo. Parte deste pensamento aínda perdura agochado nalgunhas persoas, que senten que

os países occidentais (Europa e Norteamérica) son os protagonistas da historia e os posuidores da única cultura

válida.

O imperialismo acelerouse a partir de 1870. A carreira

colonial provocaba tensións entre as potencias, que se

reuniron e negociaron, repartíndose entre elas continentes

enteiros. Así, na conferencia de Berlín de 1885, o territorio

africano pasou a mans dos principais Estados europeos.

O imperio británico foi o maior. O seu momento de maior

esplendor foi durante o reinado de Vitoria I (1839 – 1901).

Posuíu colonias en todos os continentes e dominou puntos

estratéxicos para controlar as rutas marítimas (Xibraltar,

Suez, Hong Kong...). A India era a colonia máis importante.

Isto é a orixe de que o idioma inglés estea tan estendido

polo mundo.

5

Page 6: Temas 2 e 3 segundo trimestre

A segunda potencia foi o imperio francés.

España, polo contrario, foi perdendo territorios en vez de gañalos. A derrota máis desmoralizadora para España

foi a perda das últimas colonias en 1898, a mans dos EE.UU. que daquela eran aínda unha potencia emerxente e

non tiña o peso que ten hoxe en día. A derrota foi vivida en España como unha gran humillación e tivo gran

repercusión cultural e política.

O imperialismo explica a situación actual dos Países Subdesenvolvidos e

retrata de forma moi clara o carácter do liberalismo e do capitalismo. Unha vez

conquistado un territorio, iniciábase a súa explotación. Os colonizadores

apoderábanse das terras e convertíanas en grandes plantacións onde se

cultivaban produtos que non podían cultivarse en Europa (café, azucre, cacao,

té ou caucho) ou ben explotabana riqueza de minerais do seu subsolo (ouro,

carbón, diamantes...).

A poboación nativa proporcionaba man de obra barata e, en moitos casos,

era maltratada e sometida a situacións próximas a escravitude4.

A poboación occidental nas colonias, a pesar das correntes migratorias

cara as colonias, era pequena, comparada coa poboación autóctona. Pero a pesar de ser un grupo minoritario, eran

os que ocupaban os principais cargos e controlaban a economía: eran os altos mandos da administración, do

exército, os grandes propietarios agrícolas e os representantes e directivos das grandes empresas. A poboación

branca vivía nun barrio propio, apartado e luxoso.

A poboación nativa vivía nunha situación de pobreza e falta de dereitos, que contrastaba coas grandes

declaracións de dereitos liberais. A igualdade ante a lei que proclamaban coa boca moi chea, non era tan real na

práctica pois non incluía nin ás mulleres (a metade da poboación tanto da metrópole como da colonia), nin aos pobos

colonizados (a meirande parte da poboación do mundo).

Novo modelo social e movemento obreiro

O liberalismo terminou coa división social en estamentos

pechados, propia do Antigo Réxime. Ao acadar o poder

lexislan eliminando os privilexios feudais da nobreza e

declarando a igualdade ante a lei (aínda que xa sabemos que

tal igualdade só abranguía aos seres humanos que fosen

varóns e de raza branca). Desta maneira confórmase o que

chamamos a sociedade de clases. Os homes nacían iguais

en dereitos e obrigas, e a diferenza entre eles era unicamente

de carácter económico. Así por exemplo, cando se establecía

o sufraxio censatario, só podían votar os homes cunha

4 A trata de escravos e a escravitude fóronse prohibindo nos distintos países ao longo do século XIX. Pero por exemplo, nalgúns Estados de EE.UU. non se aboliu a escravitude ata ben entrada a segunda metade do século XIX. E unha vez abolida a escravitude, perduraron costumes e tratamentos moi próximos a ela.

6

Page 7: Temas 2 e 3 segundo trimestre

determinada capacidade económica, pero todo home que acadase esa capacidade económica entraba por dereito

nese censo e podía, xa que logo, votar.

No século XIX o grupo maioritario seguiu sendo o campesiñado, que foi descendendo segundo avanzaba o

século por mor da industrialización. Pero xurdiron novos grupos sociais que tiveron un gran protagonismo: a pequena

burguesía (clase media) e a clase obreira.

A situación do campesiñado era moi variada nos diferentes países de Europa. Onde peor era a súa

situación económica e social era en Europa do leste, onde moitos seguiron sendo servos ata

comezos do século XX. Isto terá moita importancia á hora de entender as revolucións comunistas

das que falaremos nos próximos temas.

Moitos destes campesiños acabaron emigrando ás cidades onde conformaron unha nova clase social, a clase

obreira, á que os marxistas chamaron proletariado. A clase obreira estaba formada por todas aquelas persoas que

traballaban na industria: homes, mulleres e tamén nenos e nenas. Realizaban tarefas que requirían

pouca cualificación; cobraban salarios reducidos, sobre todo as mulleres e os nenos, que apenas lles

permitían sobrevivir; as súas xornadas laborais adoitaban superar as 12 horas; traballaban

normalmente en ambientes insalubres e carecían de

seguridade social en caso de enfermidade, paro ou

xubilación.

A causa dos seus baixos salarios, os obreiros e obreiras vivían

ao día: os gastos cotiáns levaban todo o salario, polo que non

podían aforrar.

A falta de diñeiro dificultaba a instrución dos

fillos, pois tiñan que poñelos a traballar para

chegar a fin de mes. Isto bloqueaba toda posibilidade de ascenso social. A igualdade, como

vemos, era legal, non real. En teoría, a sociedade de clases tiña unha vantaxe con respecto á

sociedade estamental do Antigo Réxime: a mobilidade social, é dicir, a posibilidade de nacer nunha determinada

clase e ascender na escala social ao enriquecerse. A sociedade de clases capitalista premiaría o mérito persoal, a

valía intelectual e a capacidade de emprender negocios5. Pero a realidade é que na práctica as clases altas son

cada vez máis ricas e as pobres máis pobres.

A clase media ou pequena burguesía, estaba formada por xente moi

diferente: artesáns propietarios de talleres, donos de pequenas industrias,

pequenos comerciantes, postos intermedios da administración e o exército,

propietarios rurais, profesorado... Tiñan un nivel educativo superior ao das

clases baixas6. Distínguense principalmente por ter un nivel económico

superior ao dos campesiños e proletariado pero inferior ao da alta

burguesía e aristocracia.

5 En Estados Unidos chámanlle “O soño americano” (the American dream), termo creado no século XX por un historiador.6 En España, en 1860, case o 70% dos homes e máis do 90% das mulleres eran analfabetos. (G. Rueda).

7

Page 8: Temas 2 e 3 segundo trimestre

Aforraban para facerse cun patrimonio, investían na educación dos seus fillos e fillas 7 para que gozasen dun

mellor futuro e puidesen conseguir un ascenso social, e adoitaban ter opinións políticas moderadas.

A alta burguesía estaba formada polos grandes industriais, os banqueiros, os grandes comerciantes, os máis

altos postos da administración e o exército e algúns profesionais liberais

(avogados, notarios, médicos...).

Os burgueses vivían nas cidades, nos novos barrios do ensanche a nas

vivendas boas do centro. Eran os que controlaban a economía e a política.

E que foi da antiga nobreza?. A aristocracia xa non tiña privilexios.

Mantiveron os seus títulos e o prestixio social, de feito a burguesía intentaba

imitar o seu modo de vida. Pero perderon o dereito a cobrar impostos aos campesiños e pola contra tiñan que pagar

eles como todo o resto da poboación. Moitos venderon

terras e propiedades para manter o seu ritmo de vida. Algúns

intentaron investir nos novos negocios, aínda que non se

lles daba moi ben pois tiñan unha mentalidade rendista. Os

fillos e fillas dos aristócratas empobrecidos resignáronse a

casar cos dos burgueses adiñeirados para manter a sua

capacidade económica. Con todo, ata ben entrado o

século XX, os aristócratas continuaron ocupando os

postos máis prestixiosos na política, na xustiza, no

exército e na diplomacia.

Ante esta situación na que a clase obreira malvivía oprimida, xurdíu o

movemento obreiro: o conxunto de iniciativas colectivas levadas a cabo

polos traballadores e traballadoras asalariados co obxecto de mellorar as

súas condicións laborais e políticas.

As primeiras accións centrábanse en destruír as máquinas da

revolución industrial, ás que botaban a culpa da súa situación. Este

movemento coñécese como ludismo. Daquela os obreiros tiñan prohibido

asociarse. Ao longo do século XIX foron acadando o dereito legal a

asociarse e comezaron a xurdir os primeiros sindicatos.

A principal arma para loitar era a folga. Con este sistema de presión foron

loitando pola redución da xornada laboral, pola supresión do traballo infantil,

polo aumento dos salarios, polas melloras das condicións sanitarias nos

postos de traballo, a creación de seguros de paro, enfermidade, vellez, etc.

Tamén pedían o sufraxio universal, pois en moitos casos a burguesía

impoñía o sufraxio censatario. O sufraxio é outra arma fundamental da

cidadanía.

7 A educación dos varóns e das femias adoitaba ser diferente, como veremos.8

Page 9: Temas 2 e 3 segundo trimestre

Cara a mediados do século XIX, xurdiron dúas ideoloxías obreiras principais que daban impulso e organizaban

ao movemento obreiro: o marxismo e o anarquismo.

O marxismo:

É a máis importante teoría socialista. O nome vénlle do seu principal teórico: Karl Marx. A teoría

marxista afirmaba que nas sociedades industriais existe unha loita de clases entre a burguesía,

propietaria das fábricas e doutros medios de produción, e os obreiros e obreiras ou proletariado.

Marx propoñía que a clase traballadora levase a cabo unha revolución para destruír o capitalismo

e darlles o poder aos traballadores e traballadoras. Tras unha fase de ditadura do proletariado,

en que o Estado dominaría e regularía a sociedade, estableceríase a sociedade comunista, sen

clases sociais nin propiedade privada, e o Estado desaparecería.

Para conseguir isto Marx defendía a intervención das organizacións e partidos obreiros na loita

política. Isto deu orixe aos partidos socialistas, que se desenvolveron a partir de 1875.

O comunismo impúxose a través de revolucións en diferentes Estados do mundo, como veremos. Aínda que non

conseguiron chegar á fase na que o Estado se eliminaría. A finais do século XX a meirande parte dos países

comunistas foron abríndose en maior ou menor medida ao libre mercado, e nalgúns casos democratizándose.

O anarquismo:

O principal teórico foi Bakunin. Os anarquistas, ao contrario que os comunistas,

opóñense totalmente ao Estado incluso de forma provisional. Rexeitan a política, os

partidos políticos e a participación en eleccións. Organízanse por asociacións voluntarias

entre as persoas e defenden que a sociedade pode desenvolverse sen Estados nin

poderes superiores. Actualmente aínda existen grupos anarquistas que defenden estas

ideas. A meirande parte dos grupos anarquistas son pacíficos e pacifistas, aínda que tamén existen grupos que

defenden estas ideas coa violencia.

A división entre comunistas e anarquistas foi crucial en España durante a Guerra Civil. O bando de Franco tiña

unha unidade ideolóxica da que carecía o bando republicano, dividido entre demócratas, comunistas e anarquistas.

Esta división determinou tamén problemas á hora de asociarse a nivel internacional. A Primeira Asociación

Internacional de Traballadores (AIT), formada en 1864, desapareceu aos poucos anos polos desacordos entre

socialistas e anarquistas.

Os socialistas fundaron pola súa conta a II Internacional (a Internacional Socialista de 1889). Esta organización

creou algúns dos símbolos do movemento obreiro: a festa do Primeiro de Maio e o Himno Internacional.

O movemento obreiro acadou logros importantes. Os gobernos foron introducindo leis laborais para acabar cos

abusos dos empresarios: prohibiron o traballo infantil, concederon os primeiros permisos de maternidade,

impuxéronlle ás empresas a obriga de pagar seguros de accidente e reduciron a xornada de traballo a oito horas.

9

Page 10: Temas 2 e 3 segundo trimestre

A exclusión das mulleres do espazo público e a súa loita pola igualdade: sufraxismo e dereito á educación.

Cando os liberais falaban de igualdade xurídica e de dereitos naturais de todos os homes, referíanse

literalmente aos homes e concretamente aos homes das metrópoles. Non eran conscientes de estar discriminando a

ningún colectivo.

Nótese a diferenza:

"Os homes nacen e permanecen libres e iguais en dereitos”.Francia, 1789 "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos” Naciones Unidas, 1948

Ao longo da historia, independentemente do tipo de sociedade na que se viva (estamental ou clasista) ou do

tipo de economía no que se enmarque esa sociedade (tradicional ou capitalista), a muller sufriu o peso do patriarcado. Enténdese por patriarcado “aquela sociedade na que existe unha distribución desigual do poder entre

homes e mulleres, sendo os homes os que teñen maior poder”.

As mulleres sufriron o peso dos estereotipos e a a falta de liberdade, viviron nunha sociedade que lles nega ter

as mesmas oportunidades que os homes, cun menor acceso á educación que os homes, expostas á violencia da

sociedade e incluso da súa propia familia.

“Cara ao teu marido irá a túa apetencia e él te dominará” Antigo Testamento, Xénesis, 3,16 (ca.900aC)

“Existe un principio bo que creou a orde, a luz e o home, e un principio malo que creou o caos, a escuridade e a

muller”. Pitágoras (582 – 507 aC).

“É lei natural que a muller estea sometida ao marido” Confucio (ca 500aC).

Houbo mulleres que destacaron ao longo da historia, mulleres que conseguiron nadar contra corrente e

destacarse a pesar das trabas como o demostra o feito de que haxa mulleres destacadas xa na antigüidade como

Hiparquia8 ou Hipatia de Alexandría9. Pero aínda que houbo mulleres que loitando contra a misoxinia10 dominante

conseguiron destacar en todos os campos da vida, os seus logros quedaron ocultos á historia. En moitos casos as

súas achegas ao mundo da cultura ou da ciencia quedaron ocultas ou foron os homes do seu entorno os que se

apropiaron delas11. Isto podemos atopalo incluso no século XX e mesmo na actualidade12.

Cando ao comezo da Idade Contemporánea o pobo accede

aos dereitos políticos, pasando dunha situación na que a

soberanía a tiña unicamente o rei, a unha situación na que será o

pobo quen teña a soberanía e poida exercela a través do seu voto,

a muller será excluída do dereito a participar na vida política. Ao

proclamarse en 1789 en Francia a Declaración dos Dereitos do

Home e do Cidadán, esta non contemplaba como suxeito de

8 Hiparquia foi unha das primeiras mulleres filósfofas da historia. Viviu no século IV antes de cristo.9 Hipatia de Alexandría matemática e astrónoma que viviu entre os séculos IV e V10 Misoxinia: aversión ás mulleres ou falta de confianza nelas.11 https://soyunachicamala.wordpress.com/2015/05/08/10-escritoras-que-se-hicieron-pasar-por-hombres/12 https://www.bbvaopenmind.com/grandes-cientificas-en-la-sombra/

10

Page 11: Temas 2 e 3 segundo trimestre

dereito á muller, xa que coa palabra “home” non se refería á humanidade, senón só aos varóns. Esta discriminación

foi o que levou a Olimpia de Gouges a publicar como protesta en 1791 a Declaración dos Dereitos da Muller e da

Cidadá:

As nais, fillas, irmás, representantes da nación, piden ser constituídas en Asemblea Nacional. Por considerar que a ignorancia, o esquecemento e o desprezo dos dereitos da muller son as únicas causas dos males públicos e da corrupción (...)

1. A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos (...).

2. O obxectivo de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescriptibles da Muller e do Home; estes dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e, sobre todo, a resistencia á opresión.

3. O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación que non é máis que a reunión da Muller e o Home (...)

6. A lei debe ser a expresión da vontade xeral; toas as Cidadás e Cidadáns deben participar na súa formación persoalmente e por medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadás e todos os cidadáns, por ser iguais aos seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos e empregos públicos, según as súas capacidades e sen máis distinción que as das súas virtudes e os seus talentos.

Pero esta declaración é papel mollado. É só unha acción de protesta, non un documento legal. As asembleas

revolucionarias francesas negaron os dereitos políticos á muller e o Código Civil de Napoleón perpetuou a súa

inferioridade legal.

Moitas veces interprétase a loita feminista como un enfrontamento das mulleres contra os homes. Pero non é tal.

Houbo homes feministas dende o principio, que loitaron polos dereitos das mulleres.Como exemplo xa vimos no seu

momento os escritos do ilustrado Bieito Xerónimo Feixoo. Na época da Revolución Francesa podemos destacar

tamén ao marqués de Condorcet, por exemplo.

Os EE.UU. foron o primeiro país do mundo no que o feminismo cobrou forza. A mediados do

século XIX houbo una convención en Seneca Falls, no estado de Nova York, da que xurdiu

un movemento feminista cuxa principal líder foi Elisabeth Stanton. Moitas feministas

11

Page 12: Temas 2 e 3 segundo trimestre

norteamericanas colaboraron na loita pola abolición da escravitude e sufriron unha gran decepción cando, tras a

guerra de Secesión entre os estados escravistas e os abolicionistas, se reformou a constitución estadounidense para

incluír o voto de todos os homes sen distinción de raza... pero seguíaselle negando ás mulleres!. A misoxinia

demostrou ser máis forte que o racismo.

A primeira vez na historia que se concedeu o voto ás mulleres foi no estado de Wyoming en 1869, pero a

extensión a outros estados dos EE.UU foi moi lenta, e o mesmo coa extensión do voto das mulleres polo resto do

mundo.

Durante a segunda metade do século XIX

foron xurdindo asociacións feministas. O

nacente feminismo centrábase inicialmente

na reivindicación do voto para as mulleres,

xa que o voto é un instrumento de presión e

de poder. As asociacións sufraxistas

(favorables ao sufraxio ou voto feminino)

foron moi activas e a comezos do século XX

unha delas optou pola acción directa. As

sufraxistas máis radicais, encabezadas por

Emmeline Pankhurst, desafiaron a lei nas

súas protestas e, ao ser encarceradas,

responderon mediante folgas de fame, que

o goberno británico tentou impedir mediante

o bárbaro procedemento da alimentación por sonda. A tensión era moi

grande en 1914 e cando a guerra empezou o rei aministió á señora

Pankhurst e a todas as sufragistas arrestadas.

Ata o século XIX a defensa dos dereitos das mulleres non fora nunca

unha tarefa prioritaria. Algo que se mantén ata a actualidade. O socialismo,

por exemplo, priorizará a reivindicación da igualdade de clases antes que a

igualdade entre homes e mulleres, a pesar de que as condicións laborais

das mulleres traballadoras das industrias eran moitas veces inda peores

que as dos homes e en calquera caso

con peores soldos. As mulleres irán

adquirindo un maior protagonismo. A

forza do movemento feminista e a

coherencia dos seus argumentos

(resultaba cada vez máis difícil

defender a idea de que a muller non

está capacitada para votar) acabaría

antes ou despois acadando o triunfo.

Pero houbo cambios sociais

acelerados pola primeira guerra

mundial, entre 1914 e 1919. Durante a

12

Page 13: Temas 2 e 3 segundo trimestre

guerra moitos homes deixaron seus postos de traballo para ir a loitar. A muller incorporouse masivamente a eses

postos de traballo demostrando que era quen de levar a cabo tarefas que antes se reservaban unicamente aos

varóns.

Ao longo do século XX a muller vaise incorporando ao traballo fora da casa cada vez en máis sectores e vai

acadando o dereito ao voto lentamente nos distintos países. En Noruega en 1913, en EE.UU. en 1920... En Italia

estaba a piques de aprobarse cando en 1922 chegou o réxime fascista que eliminaría o sufraxio universal, así que as

italianas tiveron que esperar ata 1945. O mesmo pasou en España, onde as mulleres acadamos o voto durante a II

República e o perdemos coa ditadura franquista.

O máis sorprendente foi o caso de Francia, onde as primeiras peticións de sufraxio feminino plantexáronse a fins

do século XVIII e non se adoptou ata despois da II Guerra Mundial. A partir de entonces (mediados do século XX)

foise xeneralizando en case todo o mundo.

Tras a Segunda Guerra Mundial e co inicio das actividades das Nacións Unidas, en 1952, aprobouse a

Convención sobre os dereitos políticos da muller:

Artigo I. As mulleres terán dereito a votar en todas as eleccións en igualdade de condicións cos homes, sen discriminación algunha.

Artigo II. As mulleres serán elixibles para todos os organismos públicos electivos establecidos pola lexislación nacional, en condicións de igualdade cos homes, sen discriminación algunha.

...

Posteriormente as Nacións Unidas foron aprobando documentos relativos aos dereitos das

mulleres. Hoxe o voto feminino considérase un compoñente ineludible da democracia. A

pesar de todo, nin as declaracións nin as convencións son sinónimo de un respecto

efectivo na práctica dos dereitos e liberdades que proclaman. Unha cousa é a teoría e outra

a práctica. Está claro que o seu cumprimento é desigual e en moitos casos non se cumpre.

Pero como mínimo na teoría, a lexislación internacional ampara ás mulleres e marca o

camiño a seguir para chegar ao tipo de sociedade que desexamos: unha sociedade na que

as mulleres non sexan discriminadas nin sufran violencia polo feito de ser mulleres.

13

Page 14: Temas 2 e 3 segundo trimestre

Bibliografía:

Germán Rueda “El reinado de Isabel II” Historia 16.

Historia 4º de ESO Obradoiro Santillana 2008

http://www.amnistiacatalunya.org/edu/es/historia/inf-mujeres-hist.html

VV.AA. Historia Política y Social Moderna y Contemporánea UNED 2001

14