Upload
carlos-pina-lopez
View
177
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
EKOS
Naceu a finais do 2006; comezaron versionando a grupos coñecidos, pero pronto foron temas propios. Tocan garage, metal e rock e contan con cinco membros.
BANDA DE MÚSICA DE RIANXO
Creouse no 2002; toca música xeralmente instrumental, de varios xéneros; conta con varios membros e pódense unir máis en calquer momento.
VAI DE RODA
Naceu coma unha entidade sen ánimo de lucro en decembro do 2004. Tocan música tradicional e fixeron algunhas aparicións na televisión en programas da TVG. Contan cunha escola de música e baile tradicional.
ALEIVOSÍA
Naceu a mediados dos ‘70 como unha especie de escola. No 2006 ampliouse a dous grupos (adultos e infantil) e creouse un grupo de gaita e percusión. Dende o 2008 pasaron a formar parte da asociación Fogo Fatuo. Tocan música tradicional.
MUSTANG
Adícanse a facer versións de cancións de rock dos ‘80 e ‘90 en formato acústico. Conta con catro compoñentes.
ABANICO
Presentouse o 11 de xaneiro do 2002. Componse de 12 membros e adícanse a tocar en verbenas, espectáculos e festas bastantes tipos de xéneros musicais.