10
TRABALLO NO HORTO 14 de marzo de 2014

Traballo no horto

Embed Size (px)

Citation preview

TRABALLO NO HORTO

14 de marzo de 2014

DISTINTOS TRABALLOS NO HORTO

1. Facer os buratos para as froiteiras: maceira, pereira, ameixeira e laranxeiro.

2. Preparar os regos para plantar.Botamos follas e restos orgánicos para abonar a terra.

Hai tempo para todo: observar, cavar, conversar, xogar …Cada quen segue o seu ritmo pero todo o grupo colabora .

3. Facer os buratos co “plantador” seguindo as liñas na terra, así os regos saen máis dereitos. Plantamos uns pés de brócoli.

4. Plantar: a menta no sitio das aromáticas, o brócoli no tallón das espinacas e a cenoria ao carón das ceboliñas.

En febreiro fixemos o sementeiro de brócoli e agora puxémolas no horto. Houbo que sacar unha a unha e colocalas con coidado no rego.

5. Regar con coidado para non magoar as plantas.

Ao remate, recollemos todo e marchamos para a aula con grande satisfacción.

Traballo realizado polo alumnado de 4º de

Primaria do CEIP Barouta.

Elena, foi a nosa fotógrafa.

É un proxecto de “Horto ecolóxico” para o

curso 2013/14 subvencionado por Voz Natura.